Venres, 15 de xullo de 2011
O vicepresidente
da República Dominicana visita A
Guarda
Os vindeiros días 18 e 19 de xullo visitará A Guarda o
vicepresidente da República Dominicana, Rafael Alburquerque, acompañado
da súa dona.
O 19 de xullo será o día dedicado aos actos oficiais. Ás
12,00 horas terá lugar no Concello a recepción oficial na que estarán os
membros da Corporación e outras autoridades, e ás 13:00 horas a comitiva
oficial visitará a Praza de Sto. Domingo de Guzmán. Ámbolos actos son
públicos e, xa que logo, abertos a toda a cidadanía que queira asistir.
O alcalde da Guarda invita, de maneira especial, a todos
os guardeses que tiveron e teñen unha especial vinculación coa República
Dominicana, porque residiron ou residen naquel país ou porque teñen
algunha relación con aquelas terras.
Recorda o rexidor local que A Guarda está irmandada
dende o ano 2005 con Santo Domingo, de xeito que estes actos
reafirman e manteñen vivo o espírito do irmandamento.
Venres, 15 de xullo de 2011
GP
Ciudad de Vigo de Atletismo con atletas del Baixo
Miño
Se celebra mañana, sábado, en el estadio de Balaídos
de Vigo, una de las pruebas de más relevancia que se
pueden ver en nuestra comunidad en el mundo del
atletismo. En esta 32ª edición del GP Ciudad de
Vigo, participarán algunos de nuestros atletas: el
decatleta olímpico David Gómez tendrá que escoger
entre la pértiga, la jabalina, la longitud y los 100
ml, para centrarse en hacer una buena marca en
alguna de estas especialidades que certifiquen su
recuperación tras un período marcado por las
continuas lesiones y molestias que viene sufriendo;
la tudense Leticia Fernández, que se acaba de
proclamar subcampeona de España junior este fin de
semana en Xátiva (Valencia) en los 1500 ml y 4ª en
los 3000 ml, correrá en Vigo los 3000 ml junto a
atletas de un gran nivel internacional como la
portuguesa Jessica Augusto, actual campeona europea
de croos; y por último el guardés Sergio Rodríguez
participará en los 100 ml y en el salto de longitud,
donde compartirá pasillo y foso con gente como Jean
Marie Okutu, actual recordman gallego con 7m94cm y
un habitual en los podios de los Campeonatos de
España absolutos
Será para todos ellos, su último ensayo antes del
Campeonato Gallego Absoluto, que se celebrará en
Ferrol el sábado siguiente.
Campeonato Gallego
de Combinadas
Por su parte, en Pontevedra, Iván Rodríguez
Maceiras, participará en el Campeonato Gallego de
Pruebas Combinadas, en las cuales se ha centrado
este año, y donde ha participado con la selección
gallega. A priori, Iván es el favorito para hacerse
con el título en categoría juvenil, pero seguro que
intentará mejorar sus marcas personales, ya que se
encuentra en un gran momento de forma, como indica
su marca personal en altura de 1m89cm que saltó el
fin de semana pasado en Pontevedra en la IV Jornada
del Circuito Gallego
Venres, 15 de xullo de 2011
Balance da
campaña de doazón de sangue na
Guarda
Dende o Concello
da Guarda informan dos
resultados da pasada campaña de
doazón de sangue realizada os
días 8 e 9 de xullo de 2011.
Como vén sendo
habitual esta vila destaca en
solidariede, aínda que desta
volta rexistrouse un descenso no
número de doazóns.
Durante o día 8
de xullo achegáronse á unidade
móvil 46 persoas das cales
puideron donar 40. Mentras que o
día 9 achegáronse 33 das que
doaron 31. De todas estas
doazóns, 11 eran novos doantes.
Desde o concello
animan aos veciños da vila a
seguir colaborando e sumarse a
esta iniciativa, beneficiosa
para todos, e máis necesaria
aínda se cabe nos meses de
verán, nas que os hospitais
demandan unhas 500 doazóns
diarias para toda Galicia.
Xoves, 14 de xullo de 2011
Las huellas de
La Barraca 2011 visita A Guarda
con la obra de Títeres El
Caballero de Olmedo
El Aula de Teatro de la
Universidad de Murcia será la
responsable de subir hoy a las
tablas, a las 21 horas y en el
auditorio de S. Benito, El caballero de Olmedo,
de Lope de Vega. Una historia de
amor, celos y muerte que los
espectadores podrán ver en un
montaje que incorpora los
títeres, por primera vez, al
proyecto Las huellas de La
Barraca. Una decena de
localidades gallegas -Vilaboa,
Ribadeo, Betanzos, A Guarda, O
Barco de Valdeorras, Carballo,
Lugo, Arnoia y Muros-,
acogerán
la representación entre el 11 de
julio y el 3 de agosto y que hoy,
jueves, se escenificará en A
Guarda.
Galicia se suma, un año más, al
proyecto Las huellas de La
Barraca, organizado por Acción
Cultural Española (AC/E), que
está dedicado en 2011 a “La
Barraca en la Universidad” con
el objetivo de recordar el
estreno en 1932 de La vida es
sueño, de Calderón de la Barca,
en el Claustro de San Bernardo
de Madrid, representada por
Federico García Lorca y sus
actores.
Tres compañías de teatro no
profesionales representarán
obras de Lope de Vega, Juan del
Encina y Tirso de Molina en el
marco del proyecto diseñado por
Acción Cultural Española (AC/E)
que da la oportunidad a los
grupos universitarios de
realizar una gira por toda
España con sus propuestas.
Los seis grupos no profesionales
de teatro -dos hispanoamericanos
(Colombia y Chile) y cuatro
autóctonos (Murcia, Valencia
y Madrid)- que participan este
año en el programa fueron
seleccionados de entre los 30
proyectos que se presentaron al
concurso convocado por AC/E en
torno a esta temática
El modelo de financiación para
poder llevar a cabo este
proyecto descansa en tres
soportes: AC/E, las compañías de
teatro de las Universidades
seleccionadas y las
instituciones locales que se van
a visitar. AC/E ha concedido una
ayuda a la producción de las
obras, una bolsa de viaje a los
componentes de los grupos
universitarios y asume los
gastos de desplazamiento,
transporte, cartelería y
difusión del proyecto. Cada
Universidad aporta la producción
de los montajes, siempre bajo
los criterios de movilidad que
puso en práctica La Barraca. Las
administraciones locales asumen
los gastos de alojamiento,
manutención y preparación de los
espacios abiertos o cerrados. De
esta forma es posible preservar
otra de las peculiaridades de La
Barraca, que fue ofrecer sus
representaciones de manera
gratuita.
Xoves, 14 de xullo de 2011
A Guarda honra á Virxe do Carme con tres días de festexos
A
Guarda celebra esta vindeira fuin de semana as festa sen honor da Virxe do
Carme, que comezarán xa mañá, venres, co pasarrúas que fará o grupo de
gaitas da Gándara, “Boalleira”, e ás 22.30 horas terá lugar a primeira das
verbenas coas orquestras “Pasarela” e “Arena”.
O
sábado, será a Banda de Música Unión de Lantaño que comezará a xornada co
pasarrúas matinal. Ás 11 de mañá sairá a procesión coa imaxe da Virxe desde
a igrexa parroquial da Guarda para dirixirse á explanada da lonxa, onde se
oficiará a Misa solemne cantada pola Agrupación Coral Polfónica da Guarda,
e, ao remate dos oficios relixiosos, realizarase a Ofrenda Floral aos
Náugrafos, regresando en procesión a imaxe da patrona dos mariñeiros á
parroquial.
Ás 19
horas comezarán as regatas de gameliñas e as 20 horas verbena coas
orquestras “Aramio” e “Meneíto”.
O
domingo, ás 20 horas, estará na carpa do porto o grupo de acordeóns
“Mascarenhas” que ofrecerá un concerto e, de seguido, pechará estes festexos
o grupo folk “Lareira”.
Xoves, 14 de xullo de 2011
O BNG considera
inadmisíbeis as declaracións do
alcalde da Guarda sobre as
retribucións por dedicacións
Ante as declaracións do alcalde da Guarda e secretario
do PSOE, J.M. Domínguez Freitas, o BNG quere puntualizar unha serie de
cuestións, tales como que a utilización do termo “mesquindade” para
dirixirse ao BNG é cando menos cuestionábel. Tendo en conta que
“mesquindade” significa falta de xenerosidade, o BNG sempre tivo unha
actitude máis que responsábel co PSOE intentando chegar a un acordo que
fixese viábel dedicarse á acción de goberno cuns salarios acordes á
situación.
Nas reunións mantidas entre o BNG e o PSOE, a pretensión
do grupo socialista foi sempre a de manter as dedicacións que tiñan na
anterior lexislatura, 120.000 €. Ante isto, o BNG propuxo a cantidade de
96.000 €. O PSOE “xamais” puxo na mesa outra cifra distinta, soamente
argumentos amosando a imposibilidade de gobernar sen a cantidade de
120.000 €.
O martes, día 5, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois
Lomba, recolle a documentación do pleno no que, sorprendentemente,
aparece unha nova proposta de 114.000 €. O mércores día 6, o portavoz do
BNG recibe unha chamada do alcalde solicitando unha reunión para
intentar chegar a un acordo, amosando unha total falta de respecto á
formación nacionalista, dado que a nova proposta do PSOE xa ía na orde
do día do pleno. Nun acto máis de responsabilidade, o BNG accede a ter
esa reunión ao día seguinte. Nesa reunión, o BNG expón unha nova
proposta de 102.000 € co fin de acadar un acordo para poñer a andar a
lexislatura, proposta que foi rexeitada polo PSOE.
Así, celébrase o pleno extraordinario de organización o
venres, día 8 de xullo. Diante da proposta do PSOE, o BNG fai pública a
súa proposta de recortar a partida de adicacións parciais e totais nun
15%. Proposta que foi rexeitada, unha vez máis, polo alcalde e o seu
grupo. Co cal a mesquindade haberá que achacala a outros e non ao BNG.
En canto as cifras que manexa o alcalde da Guarda, tanto
en número de dedicacións como dos cartos para as mesmas, o BNG sinala
que nunca entrará a discutir a distribución do goberno municipal, dado
que é potestade de quen goberna, e será o alcalde quen terá que deixar
claro se ten dedicacións parciais ou non. Comparándoas con concellos
limítrofes, o BNG asegura que son bastante máis altas e con menos horas.
Nos concellos gobernados polo BNG tamén se traballan máis horas das que
aparecen nos contratos.
Sobre a actitude do BNG en diferentes concellos, os
nacionalistas din que mellor é non entrar a valorar, imaxinando que o
PSOE está ao tanto do que está a suceder cos seus compañeiros de Tomiño.
Dende o BNG aconsellan ao alcalde se centre no Concello da Guarda que
bastante ten con iso.
O BNG insta ao rexedor local, J.M. Domínguez Freitas, a
que deixe de utilizar a demagoxia para desacreditar ao BNG, en tanto non
consegue os seus propósitos políticos, cando insinúa que existe un
acordo da oposición para marcar os soldos. En definitiva, que reflexione
se a causa da actual situación non é máis ben a súa incapacidade para
chegar a acordos con outras forzas políticas ou a algún problema de
carácter interno. En todo caso, o BNG sempre poñerá os intereses da
Guarda por diante dos intereses particulares.
Desde a formación nacionalistas esíxese ao alcalde da
Guarda unha rectificación pública diante do comunicado emitido por el
mesmo o pasado 8 de xullo cheo de descualificacións e insinuacións
impropias contra o BNG, lembrándolle que ou ten un cambio de actitude co
BNG, actúa con máis respecto, ou vai ter moi difícil chegar a acordos
con esta formación política.
Polo tanto, dende o BNG instan unha vez máis ao alcalde,
J.M. Domínguez Freitas, a abandonar a actitude vitimista, a asumir a
actual situación política e dedicarse a gobernar que é o compromiso que
asumiu co pobo da Guarda.
Mércores, 13 de xullo de 2011
A Xunta publicou
onte no Diario Oficial de
Galicia (DOG) a declaración de
impacto ambiental da variante da
Guarda
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a
aprobación do expediente de información pública e o estudo de impacto
ambiental da VAC Tui- A Guarda, no treito IV: variante da Guarda.
A Xunta de Galicia, tras realizar un estudo comparativo
de alternativas, optou pola segunda que discorrerá polo mesmo corredor
que a alternativa 1 (inicialmente proposta). A principal modificación é
que a alternativa seleccionada ten un túnel de 500 metros de lonxitude,
comprendido ese os puntos quilométricos 10+749 e 11+249, o que implica
unha minoración de afeccións tanto dun punto de vista paisaxístico como
de ocupación de terreos.
Coa opción elixida, ademais, o movemento de terras é
ostensiblemente inferior e se enviará a vertedoiros 860.000 metros
cúbicos menos que coa alternativa 1, feito que supón un importante
aforro de superficie de vertedoiro nunha zona ambientalmente sensible.
Cómpre sinalar que a maior parte das alegacións
recibidas solicitan a adopción da alternativa segunda fronte á primeira,
pola minimización de afeccións que supón, tanto dende o punto de vista
paisaxístico como de ocupación de terreos.
A declaración establece os condicionantes ambientais que
deberán terse en conta nesta actuación para a súa correcta integración
no medio ambiente, como son a protección da atmosfera e dos niveis
sonoros, o coidado das augas e leitos fluviais e dos solos, así como a
xestión de residuos e vertidos.
Outro dos aspectos que se terán en conta para executar
este vial é a protección da fauna, vexetación e hábitats naturais, e do
patrimonio cultural. A empresa que leve a cabo a construción desta
variante tamén deberá definir medidas de integración paisaxística e
restauración, un programa de medidas correctoras e un programa de
vixilancia ambiental.
Trazado
O investimento estimado pola
Consellería de Medio Ambiente para este tramo ascende a máis de 25
millóns de euros (26.475.064).
O trazado ten a súa orixe no punto quilométrico 8+980 do
Treito III da V.A.C. Tui– A Guarda. No pk 9+045 atópase o enlace que
permite a conexión cara o sur coa estrada Vigo-Tui (PO-552) e o futuro
Parque Empresarial de A Guarda– O Rosal.
Para o acceso ao parque deséñanse dous viais que se
conectan, respectivamente, cos ramais de entrada e saída do tronco da
variante. No punto 10+222 é necesaria a construción dun paso sobre a A
Guarda-Fornelos (PO-353) e entre os puntos quilométricos 10+749 e 11+249
proxéctase un túnel de 500 metros de lonxitude, conseguindo así que os
movementos de terra se reduzan considerablemente e mellorar a pendente
lonxitudinal. O trazado finaliza no punto 11+710.91, cunha glorieta de
nova construción e radio de 25 metros que conecta á variante coa A
Guarda– Baiona (PO-552).
VAC Tui- A Guarda
A Vía de Alta Capacidade Tui- A Guarda está dividida en
3 treitos, ademais da variante da Guarda. O Treito I: enlace Tui- enlace
PO-325, de 3.900 m; o Treito II: enlace PO-350-enlace Goián, de 10.500
m, e o Treito III: enclace de Goián-enlace de A Guarda, de 10.200 m.
Actualmente están en execución os treitos I e III desta
vía de alta capacidade, estando executados nun 17,07% e nun 30,16%,
respectivamente. O grado de execución das unidades relativas ao
movemento de terras representan o 60% no primeiro treito e o 70% no
terceiro.
Con respecto ao treito II, no DOG do 17 de xaneiro de
2011, faise pública a resolución pola que se aproba o expediente de
información pública e definitivamente o estudo comparativo de
alternativas da vía de alta capacidade Tui- A Guarda, treito II: enlace
PO-350-enlace Goián, adoptando como alternativa seleccionada para o seu
desenvolvemento en posteriores fases do proxecto a alternativa sur, coas
excepcións establecidas tras a análise das alegacións e informes
presentados no trámite de información pública.
Actualmente está en redacción o proxecto de trazado cuxa
previsión é que este rematado a principios do mes de xullo de 2011,
estando previsto que o proxecto construtivo este elaborado no próximo
mes de setembro.
Mércores, 13 de xullo de 2011
XX Concurso de Figuras de Area - Praia do Muíño - 17
xullo 2011
A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda informa da celebración
do XX Concurso de Figuras de Area o vindeiro domingo 17 de xullo na praia do
Muíño.
Como en edicións
anteriores tódolos participantes recibirán un agasallo e os gañadores das
categorias recibirán un vale para canxear nas librerías da Guarda.
PROGRAMA
De 11:00 -
12:00: Inscripcións por categorias:
Categoría
vermella (3-5 anos)
Categoría
gris (6-9 anos)
Categoría
amarela (10-12 anos)
Categoría
azul (13-16 anos)
Categoría
verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes)
De 12:00 a
13:00: Concurso de figuras de area
Ás 13:00:
Entrega de agasallos a tódolos participantes
Ás13:30: Entrega
de premios ó 1º e 2º de cada categoría
Organiza: Concello da Guarda
Colabora: Anabam e Erguete Baixo Miño
Patrocina: Frigo, Auga Sana, La Caixa e Novacaixagalicia
Mércores, 13 de xullo de 2011
Novas
tecnoloxías empregadas para os
desbroces en zonas de difícil
acceso
Informa Miguel Reboredo.-
Esta máquina vai desbrozar unha
franxa de cincuenta metros ó
redor do pico San Francisco
sempre que se poda, senón
faránse os labores manualmente
(ver Plano que te achego), tamén
é de subliñar que a roza ou poda
é de 3.6 hectáreas.
Ditos traballos son unha
iniciativa da Consellería do
Medio Rural a través do Servicio
de Prevención e Defensa contra
Incendios Forestais.
Por outra banda dita actuación
ten permiso da Comisión
Territorial de Patrimonio
dependente de la Delegación
Provincial de Cultura e Turismo
A aula CeMIT do
concello de A Guarda organiza un
curso de alfabetización dixital
na semana do 18 ao 23 de xullo
A Aula da Rede
de Centros para a Modernización
e Inclusión Tecnolóxica da Xunta
de Galicia, Rede CeMIT, do
Concello de A Guarda organizará
un curso na vindeira semana, que
se desenvolverá os días 19, 20,
21 e 22 co título
“Alfabetización dixital: Busca
de emprego a través de
Internet”, co que se introducirá
aos usuarios na búsqueda de
emprego utilizando os medios que
Internet pon ó noso alcance. O
horario será de 9:00 a 10:30
horas.
Outros cursos
que tamén se impartirán durante
este mes de xullo terán lugar os
días 26, 27, 28 e 29 coa
impartización de “Alfabetización
dixital: Folla de Cálculo”,
para utilizar a Folla de Cálculo
como pode ser OpenOffice Calc ou
Microsoft Excel destinadas a
contabilizar gastos, crear
facturas e presupostos. O
horario será de 9:00 a 11:00
horas.
Para inscribirse ou para
solicitar máis información sobre
as citadas actividades poden
dirixirse ao Aula CeMIT de A
Guarda situada no Centro
Cultural, primeiro andar, tamén
a través da páxina web
https://cemit.xunta.es/, ou
chamar ao teléfono 986.61.18.50,
e mesmo enviar un correo
electrónico ao enderezo
cemit.aguarda@xunta.es
Martes, 12 de xullo de 2011
Al cobro los
impuestos de Bienes Inmuebles
Desde el pasado día 1 de julio y
hasta el próximo 1 de septiembre
de 2011 se encuentran al cobro
los recibos del Impuesto sobre
Bienes Inmubles Urbanos 2011 y
del Impuesto sobre Bienes
Inmubles Rústicos 2011.
En el caso de que algún
contribuyente no recibiera la
carta de pago puede dirigirse a
la Oficina de Xestión Tributaria
(C/ Jose M. Andreini 6 Bajo) y
solicitar un duplicado de la
misma, ya que al tratarse de
deudas de carácter periódico y
notificación colectiva (BOP
27/06/2.011) la no recepción en
el domicilio de la misma no
exime de la obligación de pago
ni de la vía ejecutiva.
Se informa, además, que
transcurrido el plazo de ingreso
las deudas serán exigidas por el
procedimiento de apremio y
devengarán los recargos,
intereses de demora, y demás
conceptos exigibles.
Martes, 12 de xullo de 2011
Comunicado da concelleira Beatriz Estévez Álvarez de Convergencia Galega
Señores Corresponsais dos diversos medios de
comunicación, tanto escrito como oral e dixital que vos dedicades a plasmar
as noticias do noso entorno, e os veciños estén informados do que acontece
no seu concello, estas verbas son para manifestar que gustaríame que se
narrara realmente o que se dí ou o que acontece na realidade, neste caso no
pleno celebrado o venres 8 de xullo do 2011 no concello de A Guarda.
Queremos deixar claro, que por parte de
Converxencia Galega, en ningun momento pedimos que se rebaixaran os salarios
nun 30%, como se reflexa nalgún medio informativo, senón, que xa que os
salarios do alcaldes e demais componentes do goberno que teñan adicación
exclusiva ou parcial, non están lexislados, xa que non existe ningunha lei
laboral nin convenio colectivo como calquer traballador, dende Converxencia
Galega, tendo en conta que a unica referencia legal aproximada que existe e
que se pode usar como baremo, como é a de funcionarios, tomando a lei
7/2007 do Estatuto Basico do Empleado Publico e o Real Decreto-Lei 8/2010,
de 20 de maio polo que se adoptan medidas extraordinarias para a reducción
do déficit público.
Tomando como referencia dita lexislación e
no que basamos os nosos numeros, obtendo como resultado un emolumentos de
arrededor de 85.000 €, os que facemos referencia, non os 80.000 € que
comenta algún outro xornal.
Entendemos e asi o explicamos no Pleno, de
que como somos novos e non sabemos realmente as necesidades básicas que
necesita o noso concello, os seus presupuestos e outras materias de plans de
inversións, así como tampouco o tempo que se precisa para unha efectiva
laboura de seguimento e control de todolos aspectos da función a desenrrolar
polos concelleiros asalariados e poder xustificar o ter duas exclusivas e
dúas parciales, esa e a primera cifra que barallamos podendo variarla no
transcurso de tres a seis meses, tras facer unha valoración exhautiva da
situación financiera do nos Concello.
Ademais se é verdade como din, nas distintas
declaracións feitas nos medios de comunicación por parte do Sr. Alcalde, que
manifesta que no caso das dedicacións parciais, os concelleiros adican
moitas mais horas que as que realmente se reflexan, que teña a valentía de
non seguir maquillando dita contratación como parcial senon que as poña coma
dedicacións exclusivas.
Queremos remarcar de novo que a nosa
alternativa é unha proposta aberta ao debate e revisión en calquer momento
en que as circunstancias o precisen, e que este tema debería estar regulado
por Lei Estatal para tódolos cargos electos. Esta máis que claro que os
grades partidos ata o de agora non quixeron entrar no tema, pero a realidade
é que tiveron máis de trinta anos para lexislar.
Sábado, 9 de xullo de 2011
A oposición tumba
as retribucións propostas polo
alcalde da Guarda en concepto de
dedicacións exclusivas e
parciais
De momento o grupo municipal
socialista queda sen soldo ao
votar a oposición en contra da
proposta da Alcaldía, que
establecía as dedicacións
exclusivas e parciais así como
as retribucións correspondentes.
O Grupo de Goberno presentara
unha última oferta segundo a cal
reducíanse as retribucións nun 5
por cento con respecto ao que
viñan cobrando durante o último
ano o alcalde e os concelleiros,
e segundo a cal o alcalde
pasaría a ter 14 pagas anuais
cunha retribución bruta anual de
44.761,36 euros (3.197 euros por
paga); primeiro tenente de
alcalde, dedicación exclusiva,
cunha retribución anual bruta de
32.833,08 euros (2.345 euros por
paga); segunda tenente de
alcalde, dedicación parcial,
cunha retribución anual bruta de
18.208,26 euros (1.300 euros,
por paga), e o concelleiro
delegado de Servizos, Seguridade
e Tráfico, tería retribución
anual bruta de 18.208,26 euros
(1.300 euros por paga).
Con todo esta redución non
convenceu á oposición. Beatriz
Estévez Álvarez, de Converxencia
Galega, mantivo que o gasto
total das dedicacións exclusivas
e parciais debería estar nos
85.000 euros, xustificándose na
crise que se vive. O BNG, que
inicialmente solicitaba un
diminución do 20 por cento do
total que percibían anualmente
os edís con dedicación, total ou
parcial, que supuña que pasarían
a cobrar en conxunto 96.000
euros, puxo sobre a mesa,
finalmente, unha redución do 15
por cento inamovible, que se
traducen en 108.000 euros
anuais.
Fany Iglesias, portavoz do
Partido Popular, por motivos de
austeridade e da crise pola que
está pasando o concello,
explicou que votaría en contra
da proposta da Alcaldía ao
considerar que é necesario un
maior axuste salarial por parte
dos membros do goberno local.
Na súa intervención, o alcalde,
José Manuel Domínguez Freitas,
considerou “de absoluta
mezquindad discutir por 20-25
mil euros anuais” e aludiu a
concellos próximos que non teñen
goberno socialista, senón do BNG
ou do PP (Baiona, Salceda,
Tomiño), e onde as retribucións
son superiores á proposta da
Alcaldía da Guarda <alí valen
todo tipo de dedicacións e todo
tipo de contías e aquí na Garda
non valen 114.000 euros”.
Recordou que a experiencia da
pasada lexislatura xustifica
manter as mesmas dedicacións que
entón, e subliñou que a
voluntariedad dos concelleiros
con dedicación parcial, pero que
na práctica foron como de
dedicación total, e a dos edís
que non percibían retribucións,
pero que se dedicaron o labor
institucional coma se as tivésen,
permitiron realizar xestións
frutíferas <aquí ninguén estivo
pasando o tempo, hai xestión
feita ao longo destes catro
anos>.
Neste sentido, Miguel Español
baseouse en cifras,
contradicindo ao portavoz do
BNG, quen se refería nalgunha
ocasión aos resultados do 22 de
maio, no sentido de que os
guardeses rexeitaban as
dedicacións que se fixeran ao
non otorgarlle aos socialistas
mayoría absoluta. Español Otero
quixo explicar que os resultados
non foron consecuencia do que
cobraban os edís, senón que hai
outras lecturas que os explican.
Falou Miguel Español, de aforros
considerables no Goberno
socialista que se traducen en
máis de 500.000 euros durante a
anterior lexislatura. Aforro en
auga, en lixo e en
electricidade, por citar só tres
exemplos. E dirixiuse a Fany
Iglesias, para dicirlle que <eu
me poría coloreado pensando que
lle estás marcando ti o salario
ao alcalde da Guarda e ao seu
equipo de Goberno, cando ti
dentro de moi pouco vas pasar a
cobrar, entre dietas e salario,
case o dobre do alcalde da
Guarda por ir de aprendiz de
política ao Parlamento Galego>.
Pasando á votación, e como
anticiparon os distintos grupos,
PP, BNG e Converxencia Galega,
todos os edís votaron en contra
da proposta da Alcaldía (9
votos), fronte aos oito do grupo
de Goberno, polo que a proposta
non prosperou.
Posición do alcalde da
Guarda e secretario xeral da
Agrupación Municipal Socialista
Seis mil euros anuais (dezaseis
euros día) é a cantidade que
provocou que no pleno de onte
non foran aprobadas as
retribucións do alcalde, do 1º
tenente alcalde, da 2ª tenente
alcalde e do concelleiro de
Servizos: as dúas primeiras en
réxime de dedicación total e as
outras dúas parciais. Dezaseis
euros que son pouca cousa para
as arcas municipais e que, pola
contra, van provocar a perda dun
concelleiro dedicado á xestión
municipal.
Nas negociacións que mantivemos
co BNG a nosa proposta era a de
manter os 120.000 euros que
cobrábamos despois de ter feito,
o ano pasado, unha rebaixa do
5%; a do BNG foi de noventa e
seis mil euros (96.000 euros),
postura que mantiveron
inamovible a pesar de que lles
mostramos o noso interese en
negociar.
O martes convocouse o pleno
cunha proposta da Alcaldía de
cento catorce mil euros (114.000
euros) o que supoñía unha
rebaixa do 5% e mostraba o noso
interese en acadar un acordo. O
xoves, a noite, houbo unha nova
reunión co BNG. Propuxemos
rebaixar outro 5% e deixar a
cifra en 108.000 euros. Eles
puxeron enriba da mesa a súa
última cifra: 102.000 euros. Por
6.000 euros que non quixeron
ceder quedan sen soldo as catro
persoas antes citadas.
Defendemos a necesidade de
contar coas catro dedicacións
pola experiencia dos pasados
anos. Que Converxencia Galega
pida unha rebaixa do 30%, o PP
do 25 % e o BNG non estea
disposto a que se superen os
102.000 euros só pode
entenderse como unha estratexia
para eliminar unha dedicación
para que o goberno funcione
peor, para que A Guarda perda.
Cos 108.000 euros manteríamos
con gran esforzo as catro
dedicacións, supoñendo nalgún
caso que algún dos concelleiros
cobraría menos que no seu posto
na empresa privada.
Esta cifra de 108.000 euros é
sensiblemente inferior a dos
concellos dos arredores de
semellantes características ó
noso, tanto gobernados polo PP
como polo BNG. Aí están os
ejemplos de Tomiño, Salceda,
Baiona ou Porriño. E nós non
dubidamos de que tamén eles
tratan de axustar e de facer os
gobernos máis austeros ¿Por que
PP e BNG teñen dous raseiros tan
distintos para medir? ¿Por que o
que vale nalgúns concellos non
vale noutros?
O grave desta situación non é o
dano que nos causan ó grupo de
goberno, senón o que lle causan
ós guardeses e guardesas. PP e
BNG réxense polo principio de
canto peor, mellor. En
definitiva, hai un tufo
autoritario en todo isto;
pretenden no fondo que só poidan
adicarse á política os ricos, os
que poidan estar no concello sen
soldo.
A pregunta última que nos
facemos dende o PSdeG-PSOE é: se
son capaces de poñerse de acordo
e marcar os nosos soldos, ¿por
que non dan un paso adiante e se
convirten en grupo de goberno?
Desde o
BNG “O PSOE rexeita a nova
proposta do BNG de reducir o 15%
as dedicacións na Guarda”
No pleno extraordinario
celebrado onte ás nove da mañá,
o portavoz municipal do BNG, Xan
Lois Lomba, presentou unha nova
proposta de 102.000 € para
dedicacións dos políticos,
proposta que foi rexeitada polo
alcalde e grupo de goberno do
PSOE.
A nova proposta presentada polo
BNG significa pasar dos actuais
120.000 € a 102.000 € anuais,
que vai supoñer unha redución
duns 72.000 € en toda a
lexislatura.
“Atendendo á responsabilidade
política e co intento de chegar
a un acordo que permita a
gobernabilidade do concello, o
Bloque Nacionalista Galego
volveu facer unha proposta que
entra dentro do razoábel. Nesta
oferta temos en conta que no
goberno dunha localidade como a
nosa é necesario ter persoas
liberadas, a decisión do número
de liberados é unha decisión
única e exclusiva do alcalde e
do seu grupo de goberno. Os
cambios acontecidos, despois das
pasadas eleccións do 22 de maio,
e o contexto de crise que
vivimos, deixan claro que o
gasto en adicacións non pode ser
o mesmo” comenta o portavoz
nacionalista Xan Lois Lomba.
Para os nacionalistas esta
redución do 15% non pon en
perigo a gobernabilidade do
concello, toda vez que o PSOE
debe pensar unha reestruturación
do goberno municipal para
adaptalo á nova situación.
O BNG insta ao alcalde e ao seu
grupo de goberno a abandonar a
actitude vitimista que está
amosando nos medios de
comunicación. O pobo da Guarda
deixou claro, o pasado 22 de
maio, que non estaba contento co
Goberno en maioría absoluta do
PSOE.
Dende o BNG convidamos ao o Sr.
alcalde, Domínguez Freitas, a
reflexionar sobre o camiño que
está a recorrer, abocando a unha
situación insostíbel cunha
actitude que máis semella dunha
maioría absoluta que dun goberno
en minoría.
Asemade, solicitamos do grupo de
goberno do PSOE que atenda aos
esforzos que o BNG está a facer,
dentro da súa responsabilidade,
dado que pasou dunha proposta
inicial de redución do 20% a
actual 15 %.
O BNG considera que a nova
proposta de 102.000 € dá marxe
máis que suficiente ao PSOE para
constituír un grupo de goberno
sen renunciar a uns salarios
dignos para aqueles que se
dedican dun xeito exclusivo ou
parcial a gobernar; isto non ten
que ser incompatíbel cunha
actitude de responsabilidade e
de exemplo ante o actual
contexto económico que se está a
vivir.
Sábado, 9 de xullo de 2011
XVI Travesía a Nado Porto da
Guarda
O
Concello da Guarda asumiu a organización da XVI
Travesía a Nado Porto da Guarda que terá
lugar o sábado 6 de agosto ás 12 horas.
Esta edición da Travesía non será puntuable para o
Circuíto Galego de Augas Abertas.
A
inscrición comeza o día 11 de xullo e remata o 3 de
agosto. O regulamento determina o prodecemento para
formalizar a inscrición dos interesados.
A
Concellería de Deportes anima ós nadadores
profesionais e non profesionais a participar na XVI
Travesía a Nado Porto da Guarda.
Ver
Regulamento
Ver
Autorización para menores
Sábado, 9 de xullo de 2011
Aprazado o Festival de Baile Moderno de Xamaraina para o domingo
O Festival de Baile Moderno
de Xamaraina previsto para onte, venres, viuse aprazado polas inclemencias
atmosféricas anunciadas para toda a xornada do venres.
O Festival trasladouse a
mañá, domingo, ás 20.30 no Auditorio de San Bieito.
Xoves, 7 de xullo de 2011
El Club de la 3ª Edad celebra el domingo la “Festa dos
Avós”
El
Club de la 3ª Edad y Pensionistas de A Guarda, con la colaboración del
ayuntamiento, organiza para el domingo, día 10 de julio a partir de las 16
horas, la “Festa do Avó”, una cita que se celebrará en la carpa instalada en
el puerto, a la que están especialmente invitados los abuelos de A Guarda, y
socios.
En
el programa se menciona el baile, amenizado por el Trío Sabor; una
intervención del párroco de A Guarda, Jesús García Villadóniga, la
presentación de la Reina y Damas de Honor del Club de la 3ª Edad, que
desfilarán en las Fiestas del Monte, y la actuación del humorista Pepe
Suevos.
Habrá también sorteo , neva actuación del Trío Sabor y como vcierre de la
jornada, Pinchos, rosca y sidra.
Xoves, 7 de xullo de 2011
O alcalde da
Guarda reduce a súa retribución
anual nun
oito por cento
No Pleno de la
Corporación da Guarda, convocado
para mañá, venres, vaise tratar,
entre outros, a relación de
membros da Corporación que
desempeñarán o seu cargo en
réxime de dedicación exclusiva e
parcial e as retribucións que
lle corresponden. A proposta da
Alcaldía que se someterá a
debate e votación contempla,
para o alcalde-presidente,
dedicación exclusiva, cunha
retribución bruta anual de
44.761,36 euros; primeiro
tenente de alcalde, dedicación
exclusiva, cunha retribución
anual bruta de 32.833,08 euros;
segunda tenente de alcalde,
dedicación parcial, cunha
retribución anual bruta de
18.208,26 euros, e o concelleiro
delegado de Servizos, Seguridade
e Tráfico, terá retribución
anual bruta de 18.208,26 euros.
A suma de
tódalas dedicacións ascende a
114.010,96 euros, é dicir, o 5%
menos que o que percibían na
actualidade. No caso do alcalde
a reducción é dun 8%, pasando de
48.661,76 euros a 44.761, 36
euros.
Mantéñense o
mesmo número de dedicacións
exclusivas e parciais do mandato
anterior xa que, explican desde
o grupo de Goberno, “entendemos
que para gobernar ben e atender
os problemas diarios da
cidadanía é imprescindible
contar con ese mínimo número. A
experiencia da lexislatura
anterior puxo de manifesto que é
imposible facelo ben con menos
dedicacións. Aínda máis; a
xestión que se fixo foi grazas a
que as parciais se converteron
de feito en totais e a que os
concelleiros sen dedicación
traballaron arreo e ben nas súas
áreas”.
Os salarios
netos correspóndense cos que
cada un dos membros do equipo de
goberno percibían nos seus
traballos anteriores. “Pensamos
que en política hai que estar
con dignidade e remunerar
axeitadamente a quen traballa
polo público: un non vai por
enriquecerse pero tampouco para
estar peor pagado que no posto
de traballo do que provén”, di o
rexidor local.
A proposta que
se leva a pleno enténdese desde
o Gobernó local como razonable
e resiste calquera comparación
con concellos de poboación e
orzamento semellante dos
arredores. E conclúe o alcalde
engadindo que “consideramos que
cos tempos que corren procedía
facer o esforzo de reducción que
propoñemos, que se suma ao que
xa fixemos o ano pasado”.
Xoves, 7 de xullo de 2011
Las gestiones del
alcalde y concejal de Patrimonio
permitirán nuevas actuaciones en
el Castillo de Santa Cruz
El Ministerio de Fomento destinará 1.912.820,51 euros a
tres proyectos de recuperación del patrimonio histórico en la Comunidad
de Galicia, con cargo a los fondos que se generan para el 1% Cultural
por la contratación de obra pública. Esta partida ha sido aprobada por
los ministerios de Fomento y Cultura en la reunión de la Comisión Mixta
del 1% Cultural celebrada ayer en Madrid.
Esos fondos se distribuyen de la siguiente manera: 712.462,5 euros a la
rehabilitación de A Ponte Vella de Lugo; 424.909,65 euros a actuaciones
en la Fortaleza de O Castro en O Barco de Valdeorras (Ourense); y
775.448,36 euros a la puesta en valor del Castillo de Santa Cruz en A
Guarda (Pontevedra).
El presupuesto total de estas intervenciones asciende a
más de 2,5 millones de euros, de los que el Ministerio de Fomento aporta
el 75% y los ayuntamientos el 25% restante.
Castillo de Santa Cruz
Por lo que respecta a A Guarda, el Castillo de Santa
Cruz forma parte de las fortalezas transfronterizas del Baixo Miño,
fortificaciones que se ubican en el contexto histórico de la guerra de
restauración portuguesa que finaliza con la independencia de Portugal
tras la firma del Tratado de Lisboa de 1668. El nombre de Sana Cruz se
lo debe a D. Ávaro de Bazán, Marqués de Santa Cruz.
El objeto del proyecto es completar la superficie
cerrada del castillo con la reconstrucción de la cara sur del
baluarte de la Guía, la cara este del baluarte de Santa Tecla, la parte
de la cortina sur entre los baluartes de Santa Tecla y de San Sebastián,
así como la parte oeste de la cara del baluarte de San Sebastián.
Se procederá a la limpieza de todo elemento vegetal en
toda la fábrica de cantería, tanto en la parte exterior como en la
interior, en muros, baluartes y adarves. Al resto del arbolado se le
tratará formando un parque botánico y toda la superficie restante será
tratada para uso público.
Se proyecta un paseo continuo a lo largo de todo el
perímetro en las cotas del adarve. La zona central se proyecta como zona
de estancia, tanto en la parte residual de los adarves como en la plaza
de armas.
Se restaurarán también elementos sigulares, como el
pozo, la fuente y el palomar y se proyecta un sistema de iluminación y
señalización, además de la adecuación de las instalaciones de
electricidad, fomtanería y saneamiento.
1% Cultural
La Ley de Patrimonio Histórico de 1985 establece que el
1% del presupuesto total de ejecución de las obras públicas se destinará
a financiar los trabajos de conservación o enriquecimiento del
Patrimonio Histórico Español o de fomento de la creatividad. Las
actuaciones se realizan en inmuebles declarados de interés cultural o
similares.
O total do investimento ascende a
1.033.931,14 euros
A realización do
Proxecto Básico e de Execución de Posta
en Valor do Castelo de Santa Cruz foi
realizado polo estudo de arquitectura Arqab de Vigo, e permitirá rematar
coas obras realizadas xa hai algúns anos pola Consellería de Cultura,
actuando naquelas zonas que non se concluíron, o que permitirá destinar
este espazo a uso e disfrute de veciños e visitantes.
O total do proxecto ascende a cantidade
de 1.033.931,14 euros dos cales o Ministerio de Fomento, con cargo o 1%
cultural, aportará 775.448,36 € e o resto será aportado pola Consellería
de Cultura e o Concello da Guarda.
Mércores, 6 de xullo de 2011
Pleno
extraordinario da Corporación da
Guarda
O concello da Guarda celebrará, o día 8 de xullo,
venres, ás 9 da mañá, sesión extraordinaria
de Pleno da Corporación con 12 puntos na Orde do Día:
-
PUNTO 1:
Proposta da Alcaldía de fixación da periodicidade das sesións do Pleno
da Corporación.
-
PUNTO 2:
Proposta da
Alcaldía de retribucións por dedicacións exclusivas e parciais.
-
PUNTO 3:
Proposta da
Alcaldía de indemnizacións por asistencias a sesións do resto dos
membros deste Concello
-
PUNTO 4:
Proposta de
creación e composición das Comisións Informativas Permanentes
-
PUNTO 5:
Proposta da
Alcaldía relativa a designación dos concelleiros para formar parte do
Padroado Municipal do Monte Santa Trega.
-
PUNTO 6:
Proposta da Alcaldía relativa a designación dos concelleiros para formar
parte da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.
-
PUNTO 7:
Proposta da
Alcaldía de nomeamento de representantes da corporación nos Consellos
Escolares.
-
PUNTO 8:
Proposta da Alcaldía de nomeamento de representante na Cruz Vermella
Baixo Miño.
-
PUNTO 9:
Proposta da Alcaldía de asignacións a Grupos políticos
-
PUNTO 10:
Dar conta da Resolución da Alcaldía en materia de nomeamento de Tenentes
de Alcalde, de constitución da Comisión de Goberno, e nomeamento
dos membros da mesma.
-
PUNTO
11: Dar conta
da Resolución da Alcaldía en materia de delegacións.
-
PUNTO 12:
Dar conta da constitución dos Grupos Políticos municipais e designación
dos seus portavoces.
O sábado, 9 de
xullo, celebrarase el Festival X Rock Guardés
O X Rock Guardés, festival de música protagonizado por
grupos locais, incluído na programación das Festas da Virxe do Carme da
Guarda, contará coa actuación de sis bandas locales de variados estilos
musicais.
Ás 23:00 horas The Winning Numbers; ás 23:50 horas
Copenhague; ás 00:40 horas Malcolm X; á 01:30 horas Asegún e ás 02:20
horas Declaration of Hate.
Este festival que ten como escenario a carpa instalada
no porto da Guarda, con entrada gratuíta, abrirá as súas portas ás 22
horas, e contará cun posto no que se poderán adquirir pizzas e pasta ao
forno; Barra a prezos especiais, e un stand de camisetas éxfico art dis
www.exficoartdis.com
Máis información na páxina de Facebook: http://www.facebook.com/home.php#!/pages/Rock-Guard%C3%A9s/213321382027819
Mércores, 6 de xullo de 2011
Senderismo solidario a favor do Centro San Xerome
A Asociación Amigos do Sendeirismo, coa
colaboración da Asociación Veciños a Lavandeira, de Tui, o concello de Tui e
distintas casas comerciais, organizan a VIII Andaina Tudense Solidaria, que
cun percorrido de 32 quilómetros, terá lugar o próximo 23 de xullo, con
saída ás nove da mañá do Interfederado Remo, e un percorrido que tamén
pasará por Valença e Monçao, prevéndose chégar ao Parque de Salvaterra entre
as 13 e as 14 horas, para comer, e continuar por Caldelas para regresar a
Tui.
Esta Andaina descubrirá aos participantes
esa parte de Tui e da beira portugesa, que discorre polas marxes do Río
Miño.
O número máximo de inscricións limitouse a
300, e as credenciais que recibirán deberán selarse nos puntos de control
establecidos, dándose uns tempos máximos e mínimos de espera, que quen os
superen, no primeiro caso terán que retirarse, e no segundo, deberán
esperar.
Os avituallamientos, tanto sólidos como
líquidos, situaranse cada dez quilómetros.
As inscricións
formalizaranse enviando un e-mail a josemtato@gmail.com, teléfono 607 785
601, antes do 20 de xullo, sendo o prezo da inscrición de 12 euros, que se
ingresarán na conta 2080 0066 82 00000084857 de Novacaixagalicia. O 50 por
cento da inscrición será doada ao colexio San Xerome Emiliani.
Mércores, 6 de xullo de 2011
O BNG reclama
a reposición do alumeado público
na Senda Litoral e na subida dos
Outeiros
O
Bloque Nacionalista Galego
demanda que se arranxe o tramo
de alumeado público da Senda
litoral, así como a subida dos
Outeiros que leva semanas sen
funcionar.
O grupo municipal do BNG coñeceu
a situación de falta de alumeado
durante unha visita á zona
acompañados por veciños e
veciñas. Comprobouse a ausencia
total de iluminación pública nun
tramo da Senda litoral, así como
a subida dos Outeiros que
comunica coa estrada de
Circunvalación.
O BNG lembra que este tramo
estase a utilizar como lugar de
paseo e que son zonas illadas do
casco urbano. Ante tal situación
os veciños tiveron que tomar
medidas como a de acender as
luces exteriores dos seus
domicilios para poder dotar de
certa luminosidade á zona polas
noites.
“O pasado 8 de xuño presentamos
un escrito no rexistro do
concello da Guarda para que se
tomasen medidas ao respecto. Non
é de recibo que estes veciños e
veciñas non teñan iluminación na
rúa. Eles mesmos téñenme
trasladado o estado de
intranquilidade e de medo dado
que na zona téñense producido
unha serie de roubos e a falta
de iluminación acentúa esta
intranquilidade” comentou Xan
Lois Lomba, portavoz municipal
do BNG.
Para o BNG é inexplicábel que
case un mes despois non se teña
tomado ningún tipo de medida
para repoñer o alumeado público
nesta zona.
O BNG insta ao.alcalde e ao
grupo socialista a contestar aos
escritos que dende o BNG se
presentan no Concello na súa
labor de expresar as necesidades
dos veciños e veciñas, así como
de control e fiscalización do
traballo do goberno guardés.
O concello da Guarda informa
da parrilla de emisión de Radio
A Guarda
(107.8)
12:00--> Informativo da mañá
onde se trata a actualidade
guardesa asi como a autonómica,
nacional e internacional. Tamén
contén un espazo adicado a
información deportiva e
meteorolóxica.
12:00-15:00--> Música
ininterrumpida onde se
concentran os éxitos tanto de
hoxe coma de onte.
15:00--> Novo informativo que
presenta a mesma estrucura có
anterior e onde se inclúen os
sucesos de última hora.
18:00--> Informativo onde se
resumen as noticias máis
importantes do día da comarca.
19:00 (a partir da semana que
ven)--> “Paredes de música”,
espazo adicado a música dos 60,
70, 80 e 90 así coma os estilos
actuais máis alternativos.
20:00--> “A Guarda escoita”
programa musical adicado os
novos éxitos musicais.
21:00--> Ultimo informativo onde
se repasa todo o acontecido
durante o día.
Martes, 5 de xullo de 2011
Doazón de
sangue na Guarda o 8 e 9 de
Xullo
Los próximos días 8 y 9 de julio
estarán en A Guarda una unidad
móvil de donantes de sangre en
la plaza Avelino Vicente (prada
de autobuses), entre las 10 y
las 14 horas, y de 16 a 21
horas.
El sábado, en el mismo lugar y
con idénticas horas de comienzo,
pero solo hasta las 15 horas, la
Unidad Móvil volverá para
recoger la sangre de los
donantes.
El verano es una época en la que
es más difícil conseguir que la
gente se acerque a donar, cuando
las necesidades para toda
Galicia, de este líquido vital
ronda las 500 donaciones
diarias.
Martes, 5 de xullo de 2011
Charla sobre a Lei de Augas aprobada
polo Parlamento Galego no Centro Cultural da Guarda
O venres 8 de xullo, as 19 horas, o Centro
Cultural da Guarda acollerá unha charla que contará coa presencia de Manuel
Docampo Paradela, do Sindicato Labrego Galego, que falará da Lei de Augas de
Galicia, recentemente aprobada polo Parlamento Galego.
A lei de Augas de Galicia supón a
privatización de todas as augas de Galicia, ao pasar a mans privadas o ente
público Augas de Galicia. Ademais, a Lei de Augas fixa un prezo para a auga,
un canon que pretende establecer sobre toda a auga, a maiores do prezo do
subministro que establecen os concellos ou as entidades subministradoras.
Todas as vivendas terán que pagar o canon da
auga, independentemente de que a traída sexa municipal, da comunidade de
veciños e veciñas ou particular; tamén terán que pagar no caso de que a auga
proceda dun pozo propio ou se aproveite a da chuvia.
No caso de que a traída sexa municipal ou de
empresa subministradora, haberá que pagar a maiores o prezo de depuración e
de subministro. O prezo vén determinado cunha parte fixa, que corresponde ao
número de persoas que viven na vivenda; e unha parte variable, en función do
volume de auga consumido. Establécese unha cota fixa de 1,50 €
contribuínte/mes.
Os gobernos deben garantir o subministro e a
calidade da auga para o consumo a toda a poboación, con independencia de se
viven no rural ou en áreas urbanas, do grao de dispersión do asentamento. Os
gobernos tamén deben garantir, de xeito gratuíto, auga suficiente e de
calidade para os animais e para a agricultura entendida como actividade de
producción de alimentos para a poboación.
A auga é un ben básico para a vida e debe
ser considerado como un ben público e universal, que debe cumprir, antes de
nada, unha función social de alimento e de hixiene. Por iso, toda a
normativa sobre as augas debería prohibir que se privatice, se saque
beneficio ou se especule con ela.
A Lei de Augas de Galicia supón unha grande
agresión á realidade galega, concretamente as áreas rurais e dos pequenos
núcleos, onde as administracións sempre miraron para outro lado cando se
trataba de dar servizos. Agora que tratan de apropiarse dos acuíferos e
fontes, miran para o rural como unha reserva de augas de calidade coas que
facer negocio.
Martes, 5 de xullo de 2011
Aberto
o prazo de matrícula de
Bacharelato para persoas adultas
no IES A Sangriña
O IES
A Sangriña abre hoxe o prazo de matrícula para persoas adultas que
desexen seguir estudos de 1º de Bacharelato neste centro.
Somentes hai dous días para formalizar a matrícula: o 5 de xullo (hoxe)
e o día 6 (mañá, mércores).
Para
2º de Bacharelato o prazo de matrícula será os días 7 e 8 de xullo, é
decir, xoves e venres.
A partir do 1 de setembro os alumnos interesados poderán matricularse
en ESA, PCPI, e CUALE.
Venres, 1 de xullo de 2011
Xa
ondean as bandeiras azuis nas praias da Guarda
O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez
Freitas, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, izaron o
mércores 29 de xuño o distintivo Bandeira Azul nas praias de Area Grande e O
Muíño.
Dende mediados de xuño os servizos das
praias foron postos en marcha, como o servizo de socorrismo dos areais
distinguidos. As praias xa contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul
como os paneis informativos, o servizo de limpeza e de recollida de
residuos, as duchas e os aseos.
Así mesmo estase a traballar na mellora dos
accesos e na ubicación das pasarelas en ámbolos dous areais. Durante a
tempada de verán as praias de Area Grande e O Muíño ofertarán actividades
medio ambientais para nenos e se porán en marcha campañas de concienciación.
Trala concesión da Bandeira Azul de Area
Grande (anos 2009, 2010 e 2011) e de O Muíño (anos 2010 e 2011) o concello
continúa a traballar na mellora dos servizos esixidos polo distintivo e
deste xeito ofrecer ós veciños e visitante unhas praias e servizos de
calidade.
Venres, 1 de xullo de 2011
María José
cantará mañana en una boda muy
especial
Raúl y Mª Rosa
se casan mañana, sábado, a la
una de la tarde en la capilla de
Las Virtudes de Os Pendellos (A
Golada). Estos novios se
conocieron a través del programa
"Pensando en ti" de la Radio
Galega, por lo que el
presentador, Luís Rial, decidió
prepararles una boda inolvidable,
contando con la colaboración de
Pilar Varela y otras personas
relacionadas con RTVG. Desde
Radio Galega y la TVG llevan ya
una buena temporada
sorprendiendo a los novios con
todo tipo de regalos, serenatas
y apoyo para la boda.
Uno de esos "regalos" será la
actuación de María José, la
cantautora guardesa, invitada
por Luis Rial para participar en
este acontecimiento. María José
interpretará, en la capilla, las
canciones "Mis secretos", "Mi
poema de amor" y "Si supieras",
que son temas románticos que se
adaptan muy bien a la situación,
según explica la propia
cantautora que estará acompañada
por su sobrina y ahijada Lúa
Soto, que hará la segunda voz.
Venres, 01 de xullo de 2011
Tino Baz de novo
na Galega, desta vez no programa
da TVG2 “Eirado”
Informa Gustavo
González Rodríguez.- Mañá, sábado, ás 23.00
horas, o segundo canal da Televisión de Galicia (TVG2) emite o programa
cultural “Eirado” que contará con dúas intervencións musicais do
cantautor guardés Tino Baz.
“Eirado” é un programa no que teñen cabida as artes
plásticas, o espectáculo, o cine, as novas tecnoloxías, a literatura e a
arquitectura, entre outras propostas.
Pemón Bouzas é o encargado de conducir un espazo cuxo
nome pretende facer referencia a un lugar de encontro, xa que eirado é
unha palabra que se refire ao lugar onde as xentes das aldeas se
reuníana atardecida para comentar as tarefas do día e tamén para
celebrar festas. Así pois, o programa “Eirado” é un punto de encontro
dos artistas galegos de todas as disciplinas.
A XXI
Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira foi presentada en Viana de
Castelo
Na mañá do pasado martes, o Concello da
Guarda presentou a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira na súa XXI
edición ante os medios de comunicación portugueses en Viana de Castelo.
Novamente escolleuse esta vila
portuguesa como escenario da presentación en terras lusas pola
repercusión mediática, dado que a resposta dos medios de comunicación
que acoden á convocaroria publicitan e promocionan a festa gastronómica,
considerando desde o concello da Guarda a experiencia continúa a ser
positiva para a degustación nesta cita que ten lugar o 2 e 3 de xullo na
explanada da Lonxa do porto guardés.
A presentación tivo lugar no Hospital
Velho (actual oficina de turismo) no patio interior coñecido como Praça
da Erva. Neste espazo amosáronse a totalidade dos pratos e algunhas das
sobremesas que se degustarán os días 2 e 3 de xullo, sen esquecer a
lagosta.
A convocatoria foi realizada pola
vareadora de Cultura de Viana, quen apoiou coa súa presencia a
prensentación. A encargada da presentación foi a a concelleira de
Turismo, Montserrat Magallanes, quen describiu os pormenores da coñecida
festa gastronómica ante os nove medios de comunicación da prensa, radio
e xornais dixitais. O acto contou cunha representación dos restauradores
que apoiaron coa súa presenza este acto.
Desde o concello da Guarda agradeceron á
Cámara de Viana de Castelo o seu apoio, e á prensa, radio e televisión a
promoción que realizan da XXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.