|
|
Sábado, 30 de xullo de 2011 Jorge Otero Bouzas visitou onte o Campus de TomiñoJorge Otero Bouzas naceu en Nigrán o 28 de xaneiro de 1969. Procedente da canteira do Celta, debutou co primeiro equipo en 1987. Tras dúas boas tempadas, na terceira chegaría o descenso onde o Celta se mantivo durante 2 anos. Foi tras o ascenso do Celta a Primeira División en 1992 cando Jorge Otero empezou a chamar a atención do fútbol español, sendo seleccionado no once ideal da tempada pola revista “Don Balón”, situándoo como mellor lateral ezquerdo. As súas boas actuacións non pasaron desapercibidas para Javier Clemente, por entón seleccionador español, quen o faría debutar coa Selección Española no mundial de Estados Unidos. Despois de xogar no Celta e debutar coa Selección Española varios equipos chamaron ás portas de Otero e escolleu a opción do Valencia. Equipo no que coincidiu por primeira vez co que sería o gran valedor de Otero na súa carreira deportiva; Luis Aragonés. Con el foi subcampión de Liga no Valencia (1995/1996). Máis tarde, Aragonés levaríao para o Betis e despois para o Atlético de Madrid. Con Luis como técnico logrou alcanzar un regreso do Atlético a Primeira División. Finalizaría a súa carreira deportiva como futbolista profesional na tempada 2004/2005 con 36 anos de idade no Elche C.F.
Citas en Tomiño O campo da romaría dos cabalos de Piñeiro acolle hoxe a partir das once da mañá unha serie de actividades organizadas pola Asociación Cultural Raíces. Haberá busca do tesouro con nenos e pais, entrega de premios do mundialito, o Rei Midas con xogos e xantar nas mesas do merendeiro A Asociación de Veciños de Amorín organiza hoxe sábado unha actividade de bici e kaiak. Sairán ás dez dende o parque de Nosa Señora da Cabeza de Valença, darán un paseo en bicicleta ata Fiestras, onde collerán o kaiak para baixar dende Caldelas ata novamente o parque de Nosa Señora da Cabeza A Asociación de Mulleres de Tomiño “Paso a paso” organiza un obradoiro de piñatas hoxe sábado en horario de cinco a sete da tarde. O obradoiro vai dirixido tanto a nenos coma a adultos, e se celebrará no Campo da Feira. O prezo por participar para socios é de 50 céntimos,e para non socios dun euro. Os interesados deben anotarse o propio día no Campo da Feira.
Doazón de libros para a Asociación Veciños de Amorin A Asociación Veciños de Amorín, recolleu na Coruña, doce caixas de libros, doados por Bibliotecas Municipais da Coruña. Os libros, na maior parte de temática infantil e xuvenil, estarán a disposición de todos, en canto sexan inventariados. As doce caixas de libros doadas, pasarán a formar parte dos libros que, pouco a pouco, van conformando a biblioteca de Amorín.
Xoves, 28 de xullo de 2011 Medio Ambiente entrega ao concello de Tomiño as obras da bacía do río Cereixo, que permitiron mellorar a rede de colectores A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de entregar ao Concello de Tomiño as obras da rede de colectores, que repercutirán nunha mellora no estado da bacía do río Cereixo. Unha vez avaliadas as obras e comprobado que a execución dos traballos foi correcta, a xestión das actuacións hidráulicas instaladas pasa directamente a este municipio pontevedrés. O investimento destinado polo departamento que dirixe Agustín Hernández elevouse a 1,6 millóns de euros. Coa execución destas obras recuperouse o río Cereixo mediante unha tripla actuación: unha rede de saneamento de fecais, que supón actuar nunha lonxitude total de 17.153 metros; actuacións ambientais e recuperación do patrimonio cultural e etnográfico, que comprendeu a rehabilitación dun muíño e a restauración da Ponte Taborda, así como o acondicionamento da área recreativa de Lago da Pedra. A actuación centrouse na rede de colectores dos núcleos de Tebra, A Igrexa, A Bouzafría, O Carballal, O Porto, O Casal e Lubián. Esta rede verterá a un colector principal que discorre pola marxe dereita do río, levando as augas ao colector xeral de Tomiño. A rede de colectores estruturouse a través dun colector principal e un ramal que discorre pola berma da PO-334, cunha lonxitude de 3.840,21 metros e 111 pozos de rexistro que recollen as augas do resto dos ramais. As citadas actuacións supoñen un importante beneficio para os máis de 14.400 veciños do concello de Tomiño, xa que anteriormente o saneamento dos asentamentos de poboación da bacía do río Cereixo se realizaba a través de fosas sépticas individuais, sen que existira unha rede de recollida de augas residuais que permitirá a súa depuración. En definitiva, ademais da obra hidráulica, esta actuación tamén aportou a posibilidade de desfrute e coñecemento desta área de importante valor paisaxístico e ambiental por parte dos cidadáns, feito dificultoso anteriormente debido aos impedimentos de acceso a algúns tramos das marxes do río. Estas actuacións son consecuencia da preocupación do Goberno galego, a través da Administración Hidráulica de Galicia, consciente dos problemas de saneamento e depuración detectados nas rías galegas, co fin de minimizar e controlar as verteduras ao dominio público.
Patxi Salinas visitou o Campus de Fútbol de Tomiño Francisco Salinas Fernández, máis coñecido como “Patxi Salinas” nado en Bilbao e futbolista nternacional coa Selección Española absoluta creceu xunto co seu irmán, o tamén futbolista Julio Salinas, no barrio bilbaíno de San Adrián. Disputou cerca de 450 partidos en Primeira División co Atletic Club de Bilbao e co Celta de Vigo entre os anos 1982 e 1998. Co Atletic Club conseguiu dúas ligas (1982/1983 e 1983/1984) e unha Copa do Rei (1984). Tamén foi internacional coa Selección Española en tres ocasións. Patxi Salinas colgou as botas en Balaídos ós 34 anos de idade e deu paso ao banquiño para facerse cargo dos xuvenís do Celta. Tras desvincularse do club celeste, Patxi dirixiu o Gramanet, de Segunda B e exerceu de director deportivo do Rápido de Bouzas ata febreiro de 2010. Actualmente é o técnico do Ourense de Terceira División.
Xoves, 28 de xullo de 2011 O concello de Tomiño organiza un obradoiro de BTT O Concello de Tomiño organiza un obradoiro de BTT “Máis que Bici”, que se desenvolvera no mes de agosto e dende o 26 de xullo está aberto o prazo de incripción. Está destinado a mozos e mozas maiores de 17 anos. O curso consistirá na aprendizaxe de aspectos básicos como cambio de rodas, montaxe de cadea, mantemento e uso das catalinas e piñóns. Ademáis o curso permitirá coñecer lugares pouco frecuentados de Tomiño dende o río Miño ata a Serra do Argallo, rutas cunha dificultade baixa ou media. Segundo a concelleira de mocidade, Eva Martínez, “esta actividade mestura deporte con mocidade e turismo. Un xeito diferente de disfrutar do noso patrimonio.”
Éxito da Semana Cultural de San Campio a piques de rematar para pasar a testemuña ás festas da gfin de semana O sábado, 22 de xullo, a tradicional mallada de treboadas galego-portuguesas reuniu a máis de 120 bombeiros das cinco treboadas participantes, abaratando o numeroso público a praza do Telleiro, igual que as terrazas dos tres establecementos hosteleiros. Os asistentes vibraron con son dos bombos ata a medianoite. O domingo as distintas exibicións de baile e areobic a cargo do grupo Bailas Moza? e dos nenos e nenas da parroquia fixeron as delicias dun público entregado que aplaudiu a marabillosa posta en escena onde non faltaron os máis vistosos efectos de son e luces. O luns foi o día dos e nenos e nenas e dende logo a asistencia do público infantil superou as máis optimistas previsións da Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros. Ademais de inchables, festa de pompas e animación, o televisivo persoaxe de “Bob Esponja” fixo realidade o soño das decenas de nenos que bailaron, riron e fixeron longas colas para fotografarse con el. As risas inundaron a lúdica e festiva xornada chea de ilusión e fantasía. Hoxe, día 29, comenzará a tradicional Romaría de San Campio de Lonxe que como tódolos anos reúne a un inmenso número de peregrinos e devotos de Santo. Festas de San Campio O venres, día 29, será a Treboada Baixo Miño a que percorrerá durante todo o día a parroquia e animará co seu ritmo o inicio da festa profana.Pola noitiña é tradición achegarse ata Figueiró para degustar o tradicional e famoso cordeiro asado ademais doutras viandas típicas destas festas (callos,empanadas). A verbena correrá a cargo das orquestras Acordes e Ciudadevigo. O sábado a Agrupación Musical de Goián fará entrada ás 10 da mañá para posteriormente ofrecer un concerto no lugar de costume, e acompañará á procesión trala misa solemne das 12:30 horas. Pola noite Gran Verbena coas orquestras Marazul e San Francisco de León. O domingo, día 31, será a banda de Coruxo e a orquestra Solamérica as que pecharán estas magníficas festas do Santo máis miragreiro do Baixo Miño. Tódolos días haberá amplias zonas de aparcamento habilitadas para facilitar o estacionamento tanto de turismos como de autobuses.
Martes, 26 de xullo de 2011 Actividade de bici e kayak polo río Miño A Asociación Veciños de Amorín, organiza unha actividade de bici e kayak para o vindeiro sábado dia 30 de xullo. Ás 10:00 da mañán, sairán do parque da N. Sra da Cabeça (Portugal) dando un paseo en bicicleta ata Fiestra (fronte a Caldelas de Tui) pola beira portuguesa, facilitando aos participantes, as bicis, os cascos e todo o que sexa necesario. Unha vez chegados, á ribeira de Fiestra, os monitores proporcionarán os kayaks, chalecos e cascos, para poder navegar polo tramo do rio de Caldelas de Tui, que é moi tranquilo. No traxecto, faranse paradas nas praias ou lugares que merezan a pena para facer fotos, observar a natureza e disfrutar da paisaxe do Miño. O tempo estimado para o percorrido é de hora e media. Desembarcarase na Praia da Nosa Sra da Cabeza, aproveitaremos o parque para xantar e pasar parte da tarde. O prezo desta actividade é de 17 € para adultos e 15 € para nenos (os que non sexan socios terán que pagar 20 e 17 euros respectivamente) Notas: - Será recomendable que cada participante leve unha pequena mochila con algo de bebida unhas chocolatinas ou froitos secos para repoñer forzas durante percorrido. - É recomendable levar unha roupa de reposto por si nos mollamos. - Recomendable levar roupas de secado rápido. - En días de moito sol recomendable gorro e gafas de sol. - Ter en conta protección solar por si fai moito sol. - A idade mínima para participar é de 11 anos. Todos os menores deberán ir acompañados dun familiar.
Sábado, 23 de xullo de 2011 O concello de Tomiño acolleu unha reunión informativa do grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño O Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño celebrou unha reunión informativa destinada aos sectores agro, gandeiro e forestal co fin de achegarlles os contidos do Programa Leader 2007-2012. As axudas deste plan que xestiona fondos europeos están dirixidas a apoiar proxectos que impliquen a introducción de novas técnicas de produción, a proxectos que recuperen variedades tradicionais, os relacionados co apoio a novas producións, os que afecten a producións extensivas en áreas ambientalmente sensibles, os que estén dirixidos a mellorar a eficiencia enerxética das explotacións e os vinculados coa aplicación das TIC nas explotacións. Tamén son subvencionables os proxectos que impliquen a posta en valor de superficies de montes veciñais en man común ou de asociacións de propietarias/os, sempre que sexan actuacións singulares, os proxectos de transformacións e comercialización de produtos agrarios e forestais, e os de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nestes sectores. A convocatoria de axudas abriuse o 21 de decembro do 2009 e pecharase o 1 de setembro do 2013. Dende a súa apertura lévanse subvencionado, dentro da medida de dinamización dos sectores agrarios, gandeiros e forestal, dous proxectos de implantación de kiwi amarelo, dúas empresas de biomasa, un proxecto de mel de monte veciñal, un invernadoiro de cristal, a micorrización de diversos montes comunais do Val Miñor, e a recuperación ambiental e paisaxística de diversos ámbitos forestais de alto valor natural, social, educativo e recreativo. Na tarde de onte achegáronse polo auditorio máis de 60 persoas interesadas e susceptibles de solicitar axudas. Tamén estiveron presentes e o Alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira do Rosal, Mª Carmen Alonso e a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, que é ademáis a presidente en funcións do Grupo de Desenvolvemento. A alcaldesa, Sandra González, na súa intervención fixo fincapé no “bo funcionamento do Grupo de Desenvolmento que dende o 2009 leva difundido e xestionado o Programa Leader con moito acerto”. Ademáis animou “a tódolos sectores, e en particular ao agrario, gandeiro e forestal a aproveitaren a ocasión e presentaren algún proxecto susceptible de ser subvencionado buscando sempre a dinamización e innovación do sector, sobre todo nestes tempos de crise”.
Maté visita o Campus de Fútbol de Tomiño o día 26 de xullo Javier Maté, mítico entre o celtismo, defendeu a portería do Celta durante 12 temporadas. Maté naceu en Aldealengua de Santa María (Segovia) o 17 de outubro de 1957. Internacional xuvenil coa selección sub-18 española formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, club co que debutou na Primeira División. Era a Tempada 1978-79 e Maté, tivo a oportunidade de gozar dun pracido debut, coa vitoria (5-1) ante o Racing de Santander, xogando ao lado de Isidro, Wolff, Del Bosque, Santillana e Jensen. Na seguinte tempada, o xogador probaría sorte co Burgos, tamén en Primeira División, de onde daría o salto definitivo ao Celta a onde chegaría con 24 anos. Javier Maté foi o porteiro titular do Celta na década dos 80, onde todos os nenos e nenas daquela época sabían que a aliñación do Celta comezaba sempre por Javier Maté. En 1991, xogou o seu último partido co Celta, aínda que seguiría no equipo, ata a súa retirada definitiva en 1993. Tras deixar o fútbol en activo, continuou ligado ao Celta, chegando a adestrar o Celta B. Desvincularíase do club celeste para tomar as rendas como técnico do Coruxo C.F. Na actualidade é o director deportivo do Rápido de Bouzas.
Xoves, 21 de xullo de 2011 Curso de piñatas en Tomiño A Asociación de Mulleres de Tomiño “Paso a paso” organiza un obradoiro de piñatas que vai ter lugar este venres 22, o sábado 23 e o sábado 30 deste mes en horario de cinco a sete da tarde. O obradoiro vai dirixido tanto a nenos coma a adultos, e se celebrará no Campo da Feira. O prezo por participar para socios é de 50 céntimos,e para non socios dun euro. Os interesados deben anotarse o propio día no Campo da Feira.
Mércores, 20 de xullo de 2011 Reunión informativa do programa LEADER para os sectores agrogandeiro e forestal o xoves en Goián Mañá xoves ás 20h vaise celebrar no Auditorio de Goián unha reunión informativa do LEADER. Na mesma os responsables deste programa informarán aos promotores da zona de todas as posibilidades de axuda, á vez que lles responderán ás dúbidas que poidan ter ao respecto. No acto intervirá o xerente do AGDR MAIV-BAIXO MIÑO, Marco Antonio García Rodríguez, e a presidenta en funcións, Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño. Tamén asistirán diversos rexedores e concelleiros da bisbarra, como os alcaldes de Oia e O Rosal, que amosarán así o seu apoio ao programa e á labor que se fai dende a nosa asociación en prol do desenvolvemento rural da bisbarra. Un dos principais obxectivos dinamizadores do Leader Galicia 2007-2013 é o aumento da competitividade dos sectores agrario, gandeiro e forestal. Na procura dun Desenvolvemento endóxeno e sostible do noso territorio rural, tanto a nivel económico e social como medioambiental, este programa promove a xeración de sinerxías que permitan o fortalecemento e a diversificación produtiva do tecido empresarial e da actividade económica, especialmente das pequenas e medianas empresas, que permitan acadar a elevación das rendas e do benestar social dos seus habitantes, a fixación da poboación do rural e a valorización e conservación do noso patrimonio natural e cultural. As axudas do Plan Leader Galicia 2007-2013 ao sector primario están dirixidas a apoiar proxectos que impliquen a introdución de novas técnicas de produción, que teñan como obxectivo a recuperación de variedades tradicionais, os relacionados co apoio a novas producións, os que afecten a producións extensivas en áreas ambientalmente sensibles, os que estean dirixidos a mellorar a eficiencia enerxética das explotacións e os vinculados coa aplicación das TIC nas explotacións. Tamén son subvencionables os proxectos que impliquen a posta en valor de superficies de montes veciñais en man común ou de asociacións de propietarias/os, sempre que sexan actuacións singulares, os proxectos de transformacións e comercialización de produtos agrarios e forestais, e os de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nestes sectores. Dende a apertura da convocatoria de axudas no territorio integrado na Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo-Baixo Miño lévanse subvencionado xa, dentro da medida de dinamización dos sectores agrario, gandeiro e forestal, dous proxectos de implantación de kiwi amarelo, dúas empresas de biomasa, un proxecto de mel de monte veciñal, un invernadoiro de cristal, a micorrización de diversos montes comunais do Val Miñor, e a recuperación ambiental e paisaxística de diversos ámbitos forestais de alto valor natural, social, educativo e recreativo.
Subvención ó Club Deportivo Miño O deputado Pablo Baquero Álvarez entregou o 19 de xullo unha colaboración económica deportiva da Deputación de Pontevedra, por contía de 2.500 euros, ó Club Deportivo Miño de Goián (Tomiño). Esta colaboración procede da liña de axudas que concede a entidade provincial para apoiar a actividade dos clubs náuticos da provincia, concretamente para o deporte base.
Martes, 19 de xullo de 2011 O recoñecido arquitecto portugués Nuno Portas visita Tomiño acompañado da súa familia O Concello de Tomiño organizou unha recepción institucional o pasado sábado a familia Portas. Esta familia era orixinaria do barrio de Sanomedio onde tiñan unha casa e unha capela que foi doada ao bispado. Varios membros da familia emigraron a Lisboa onde se asentaron e fixeron fortuna destacando ao arquitecto Nuno Portas, pai do actual ministro de negocios extranxeiros portugués, Paulo Portas e do deputado no parlamento europeo Miguel Portas. Nuno Portas é actualmente catedrático de arquitectura na Universidade do Porto. O seu curriculum contempla dende ter participado nos tres primeiros gobernos saídos do 25 de abril ata ser o encargado de obras tan importantes como o Planeamento Intermunicipal de Madrid, o Primeiro Plano da Exposición do 98, do Plano Estratéxico Metropolitano de Barcelona, o Plano de Ordeamento de Santiago de Compostela ou das Nacións Unidas, pasando por ter recibidos premios como o Sir Patrick Abercormbie de Urbanismo concedido pola Unión Internacional de Arquitectos. O acto consistiu nunha recepción por parte da Corporación na Casa Consistorial aproveitando a conmemoración dos 100 anos da capela de Sanomedio. Na recepción a Alcaldesa destacou que “a familia Portas é un exemplo da emigración a Lisboa, que comezou xa alá polo século XVI e que foi enchendo a capital do veciño Portugal de galegos traballadores e honrados”. Tamén incidiu en que “a sociedade portuguesa enseguida integrou os fillos destes galegos de arraigo. Son galegos, agora portugueses, xeracións que abriron unha fiestra máis entre Galiza e Portugal”.
Luns, 18 de xullo de 2011 II Ciclo de Cine no Torreiro de Amorin A Asociación Veciños de Amorín, proxectou o pasado venres, 15 de xullo, a primeira película do II Ciclo de Cine no Torreiro, coa asistencia de máis de 120 persoas que disfrutaron coa película de animación G Force. Repartíronse palomitas de balde entre os cativos e cativas asistentes. Colaboran nesta proxección MR Dixital e o Concello de Tomiño. O vindeiro venres 22, proxectarase a película “Avatar”, ás 20:00 horas.
Venres, 15 de xullo de 2011 O Concello de Tomiño e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia animan aos veciños e veciñas a doar sangue O Concello de Tomiño e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia veñen de promover unha campaña en favor da doazón de sangue. Este ano calcúlase que se van precisar arredor de 30.000 doazóns polo que dende ambas entidades se animan aos veciños e veciñas de Tomiño que así o desexen a doar. Este ano preséntase complicado a nivel de reservas de sangue polo que sería moito máis preciso se cabe a doazón masiva. A recuperación de moitos enfermos vai depender da maior ou menor participación de voluntarios. Pola importancia humanitaria deste ano, o Concello de Tomiño participa activamente na difusión das estadías da unidade móbil que estará o luns 18 na praza do Seixo de Tomiño e o martes 19 na praza Pintor Antonio Fernández de Goián. En Tomiño estará en horario de mañán de 10h00 a 14h00 e de tarde de 16h00 a 21h00. En Goián estarán só de tarde de 16h00 a 21h00. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, animou “a participaren o maior número posible de veciños e veciñas en favor dunha causa tan importante que nos afecta a todos. Estou segura que ante a chamada de emerxencia do Centro de Transfusións, Tomiño responderá de xeito solidario como fixo sempre”.
Semana Cultural de San Campio en Figueiro Gregorio Alvarez Pereira, presidente do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, será este ano o pregoeiro da VI Edición da Semana Cultural de San Campio en Figueiró. Persoa moi activa no mundo do asociacionismo veciñal e cultural, e moi querida en Valladares, Gregorio Álvarez goza do recoñecemento de Figueiró. Con moito esforzo, con moito máis cariño e coa máxima imaxinación, sen rebaixar o máis mínimo a calidade desta Semana Cultural, a Xunta Directiva fai una invitación a tódolos veciños, parroquias lindeiras e visitantes a que se pasen por Figueiró e disfruten da programación pensada para todos os gustos e idades. A organización agradece aos socios a súa colaboración, ás empresas de Figueiró, de Tomiño e de Goián, polas súas aportacións, así como ás administracións públicasm xa qye sen elas sería imposible o desenvolvemento desta Semana Cultural. ( Ver programación completa)
Malabares, cinema, romaría do cabalo,e unha festa da empanada e da cervexa, ofertas de lecer na fin de semana en Tomiño Repasamos as citas que temos para esta fin de semana en Tomiño. Son variadas e inclúen un espectáculo de malabares, cinema, unha romaría do cabalo,e unha festa da empanada e da cervexa.. Por unha parte dentro das actividades que para este verán organiza a Asociación de Comerciantes de Tomiño, ADETO, ás nove e media desta noite haberá malabares na Praza da Mina Por outra banda ás dez desta noite no torreiro de Amorín, comeza segundo Ciclo de Cine organizado pola Asociación de Veciños de Amorín. Vaise proxectar a película “G-Force, licenza para espiar”. En Sobrada celebran mañá sábado de dez da mañá a doce da noite a primeira Festa da Cervexa e da Empanada. Organiza a Comisión de Festas do Cristo de Sobrada 2011. Por último este domingo, ao longo de todo o día, celébrase en Piñeiro, a décimo sexta Romaría do Cabalo. En caso de choiva aprazarase para o domingo seguinte.
Xoves, 14 de xullo de 2011 Actividades infantís programadas por Adeto para o verán A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño (ADETO) programou un amplo calendario de actividades gratuítas para o verán, dirixidas a tódolos nenos a partir de 3 anos, non necesitando de inscrición para participar nelas. Os martes e xoves dos meses de xullo e agosto, de 10:30 a 12:30 horas, haberá actividades infantís (xogos e talleres), na Praza de Goián e no Parque da Feira, que irán rotando polas prazas. En caso de choiva as actividades non se suspenderán, senón que se trasladarán, respectivamente, ao Auditorio de Goián e á Casa da Cultura de Tomiño. Os venres de xullo e agosto, entre as 21:30 e 22:30 horas, haberá actuacións de malabares (na Praza da Mina, o 15 de xullo); maxia (na Praza de Goián, o 22 de xullo), contacontos (na Praza do Seixo, o 29 de xullo) e paiaso (na Praza do Seixo, o 19 de agosto). Ademais, este verán ADETO inaugura os seus novos inchables recibidos por medio de subvencións. ADETO desexa que as actividades deste ano 2011 sexan do gusto de tódolos nenos e os anima a que se acheguen a Tomiño para disfrutar destas alternativas nas vacacións estivais.
Mércores, 13 de xullo de 2011 O concello de Tomiño aposta pola formación cun curso de carpinteiro- ebanista e artesán O Concello de Tomiño segue a apostar pola formación como mellor método para a búsqueda de emprego e organiza un curso de carpinteiro-ebanista e artesán. O curso consta de 828 horas e comezou o pasado luns e rematará o 9 de decembro. Está dirixido a 15 persoas maiores de 16 anos con graduado escolar. Á nivel formativo as bases fundamentais son prácticas destacando a elaboración de mobres, ventanas e portas así como o tratamento de barnices e pinturas sobre a madeira. Con este curso, ademáis, o alumnado obterá a carta de artesán que permite por exemplo traballar nun obradoiro-artesán. O curso está organizado polo Concello de Tomiño e conta coa subvención por parte da Consellería de Traballo e Benestar e por parte do Fondo Social Europeo. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, enfatizou “a aposta do goberno local pola formación xa que é unha das eivas principais para acceder a un posto de traballo. Tal e como dixemos, o noso compromiso coa formación vai darlle prioridade a toda as accións formativas, subvencionadas ou non que melloran a empregabilidade dos veciños e veciñas” .
Página web de Terramiño La Federación de Asociaciones Terramiño, del Ayuntamiento de Tomiño, ha puesto en marcha su página web, en la que se recogerán las actividades de las ocho asociaciones integradas en esta Federación: Amorín, Barrantes Carregal, Currás, Pinzás, Sobrada, Taborda y Vilachán. En su agenda, se pueden consultar los eventos que se van organizando en las diferentes parroquias, así como otros servicios. La dirección de esta página es www.terramino.org
Luns, 11 de xullo de 2011 Guillerme Vázquez afirma que só o BNG ten políticas alternativas frente á falta de propostas dos partidos estatais para superar a crise O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez participou na 13ª Festa nacionalista do Baixo Miño, nun encontro con militantes e simpatizantes, acompañado pola Alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o Reponsable comarcal, Xosé Manuel Méndez. Na súa alocución, o portavoz nacionalista fixo un chamamento a participar activamente no día da Patria galega 2011 así como na gran mobilización organizada polo BNG en Santiago de Compostela baixo o lema Estamos con Galiza, a favor do pobo. Soberanía, Democracia e Traballo. Guillerme Vázquez tamén se referiu na súa intervención ao momento crítico que atravesa o noso país caracterizada polo alto paro, o colapso dos sectores produtivos, o estancamento demográfico e o espolio do noso aforro após a bancarización da caixa galega e amosou o seu convencento en que so “o nacionalismo galego ten alternativas frente á falta de propostas dos partidos estatais para resolver a crise”. O Bloque, única alternativa contra a crise Neste sentido, engadiu que, “nin PSOE nin PP poden resolvela porque continúan comprometidos coas políticas, de dereita e neoliberais, que están na orixe da propia crise”. O portavoz do BNG reiterou a súa aposta por unha mudanza profunda que en Galiza, afirmou, “só pode vir da man do Bloque Nacionalista Galego”. Día da Patria Galega: Encontro cívico nas rúas de compostela O voceiro do BNG asegurou que o Día da Patria Galega 2011 é unha excelente oportunidade para demostrarmos que o pobo galego ten enerxías de abondo para procurar unha saída galega e socialmente xusta á crise e fixo un chamamento a participacipar, de forma masiva, na manifestación que, como todos os anos, sairá da Praza da Alameda de Santiago de Compostela ás 12 horas, “tomemos civicamente as rúas para facermos ouvir a nosa voz e pormos de manifesto que aquí hai un pobo que non se resigna e que loita polo seu futuro” –dixo-. Guillerme Vázquez compartiu cos presentes o desexo de dotar a Galiza dun poder político consoante coa súa condición de nación porque o actual marco político -asegurou- segue marcado por unha evidente “ofensiva recentralizadora” que xa non serve. Para o voceiro do BNG, as decisións sobre os intereses galegos son tomadas en instancias moi afastadas de nós e cada día cun maior desprezo das nosas necesidades e “hai que ir cara á conquista da soberanía, non só para que o Goberno galego dispoña de competencias para reactivar a economía nacional, mais tamén para desenvolvermos en plenitude a nosa identidade nacional, desde a lingua até a cultura”. Guillerme Vázquez concluíu a súa intevención cunha “crítica mensaxe” dirixida á gran banca da que dixo, non é só económica, senón tamén da democracia e “as decisións non se adoptan nos consellos de ministros, senón nos consellos de administración da grande banca e das transnacionais”. Éxito electoral do BNG na Comarca do Baixo Miño Pola súa parte Sandra González, Alcaldesa de Tomiño agradeceu, a presenza do portavoz nacional do BNG nunha festa do nacionalismo consolidada nesta comarca na súa décimo terceira edición e lembrou os recentes resultados electorais que lle deron ao BNG a maioría obsoluta neste concello. González reiterou o seu agradecemento, especialmente, “á xente do BNG polo seu compromiso durante a campaña electoral” porque -dixo-, os resultados acadados son “unha victoria de todos e todas”. O responsable comarcal, Xosé Manuel Méndez coindiciu coa Alcadesa de Tomiño que grazas ao “traballo, adicación e empeño,” por primeira vez, o BNG convertíuse na segunda forza política da Comarca do Baixo Miño e duplicou o número de concelleiros e concelleiras.
Sábado, 9 de xullo de 2011 II Ciclo de Cine no Torreiro de Amorín A Asociación Veciños de Amorín, organiza o II Ciclo de Cine no Torreiro, en Amorío, que se iniciará o venres, dia 15 de xullo, coa proxección de “G-Force, licencia para espiar”, película apta para toda a familia. A proxección comezará ás 22:30 horas.
Venres, 8 de xullo de 2011 O Bloque Nacionalista Galego celebra mañá, sábado, na Alameda de Goián a 13ª edición da Festa Nacionalista do Baixo Miño Un ano máis o BNG celebra o sábado 9 de xullo a Festa Nacionalista do Baixo Miño previa á celebración do Día da Patria Galega. A celebración terá lugar na Alameda de Goián a partires das 20h. e contará coa intervención de Sandra González -alcaldesa de Tomiño-, Xosé Manuel Méndez -Responsábel Comarcal do BNG e Guillerme Vázquez -Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego. A festa contará con música tradicional en directo e a actuación de Leo Arremecághona.
Mércores, 6 de xullo de 2011 O Concello de Tomiño ofrece por terceiro ano consecutivo visitas guiadas ao monte Tetón O Departamento de Turismo do Concello de Tomiño volve a apostar pola difusión turística do ecoparque do Monte Tetón. Nesta terceira edición se ofertan catro visitas nocturnas nas cales se percorrerán os petrogrifos de Portaxe e de Real Seco ambos na parroquia de Santa María de Tebra. As explicacións correrán a cargo de guías do Instituto de Estudos Miñoranos que nos falarán do mundo prehistórico pero tamén do astronómico engadíndose contidos acerca do cosmos. As visitas serán o 8 e 22 de xullo e o 12 e 26 agosto con saída dende a Casa do Concello ás 22h00. Esta actividade encádrase dentro do programa de difusión do ecoparque do Monte Tetón que xa foi iniciado este mes de xuño coas visitas de escolares do CRA Manuel Garcés. Con este proxecto o Departamento de Turismo busca promocionar o Monte Tetón a tódolos públicos, dende o infantil ao adulto dentro da súa liña de actuación de concienciación do coidado e valorización do noso patrimonio. Segundo a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “ Ante o éxito doutros anos e a demanda do público decidimos repetir as visitas. Apostar polas visitas guiadas ao Monte Tetón é apostar polo futuro do noso Concello, é apostar polo turismo da comarca. Ademáis estas visitas teñen unha vantaxe engadida, non son monotemáticas senón que nos achegan tanto o mundo arqueolóxico como o astronómico.Unha actividade que axuda aos veciños, veciñas e turistas a coñecer o patrimonio do Concello de Tomiño”. A concelleira de turismo, Eva Martínez, engadiu que “a promoción das visitas farase coa colaboración das casas rurais, hoteis e restaurantes do Concello xa que é aquí a onde se dirixen os turistas e é dende a hostelería dende onde se pode reconducir o turismo para que permaneza no concello”.
O Concello de Tomiño organiza dous cursos de piragua destinados a adultos e a nenos e nenas O Concello de Tomiño dende a Oficina de Información Xuvenil pon en marcha dous cursos de piraguas. Por un lado un de iniciación ás augas bravas para persoas maiores de 18 anos e menores de 35 anos e por outro lado un de iniciación á piragua para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e 14 anos . O curso de iniciación ás augas bravas dividirase en dous grupos que terán lugar por un lado o 22, 23 e 24 de xullo e o outro o 5, 6 e 7 de agosto en horario de tarde e realizaranse en varios puntos do río Miño. O de iniciación á piraugua, pola súa parte, realizarase os xoves de tarde dende o 14 de xullo ata o 1 de setembro en Goián. Para ambos as prazas son limitadas. A concelleira de mocidade, Eva Martínez, comentou que “mocidade e deportes priorizarán a dinamización neste novo goberno de todo o que teña que ver con actividades que poñan en valor o río”.
Martes, 5 de xullo de 2011 Máis de 1.900 fogares tomiñeses sen internet poden acceder xa a este servizo Un acordo entre o Concello de Tomiño e a empresa Quantis permiten que 1.900 fogares tomiñeses que ata o de agora non tiñan posibilidade de conectarse a internet poidan acceder xa a este servizos. Tomiño é o primeiro municipio de Galicia en ofertar banda ancha por satélite aos veciños. A instalación e adquisición de equipos está subvencionada de forma íntegra polo Plan Avanza e Infraestruturas do Ministerio de Industria A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o director xeral da operadora de telecomunicacións Quantis, Aquilino Antuña, asinaron o pasado venres un acordo de colaboración en Madrid para facilitar o acceso a Internet de banda ancha por satélite aos veciños deste municipio. Esta tecnoloxía permitirá a máis de 1.900 fogares desta localidade que neste momento carecen de cobertura navegar a alta velocidade e, por tanto, realizar xestións administrativas e empresariais, así como acceder a contidos de lecer, televisión e radio. A empresa Quantis ofrece este servizo a través do satélite Hispasat 1E que orbita a máis de 36.000 quilómetros de distancia da terra. O acordo entre o Concello de Tomiño e Quantis permite aos cidadáns contratar e reservar os equipos xa na páxina web www.quantis.es ou o teléfono 902.995.588. Este convenio contempla a subvención íntegra da instalación e a compra dos equipos a través dos fondos do Plan Avanza e Infraestruturas do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. A instalación e a adquisición de dispositivos son gratuítos e consiste nunha parabólica e un receptor. As persoas interesadas poden contratar distintos paquetes desde 1 a 8 megas a partir de 25 euros e poden dispor dende xa deste servizo de banda ancha. O municipio de Tomiño convértese na primeira localidade da provincia de Pontevedra e Galicia en ofrecer a contratación e a instalación gratuíta deste servizo de navegación pola rede vía satélite. A firma deste convenio complementa o labor iniciado polo Concello na anterior lexislatura co proxecto Wimax e garante a cobertura de Internet na totalidade do municipio. Con esta nova tecnoloxía por satélite, contribúese a superar as dificultades de acceso a Internet que presentan algunhas zonas da localidade e facilítase a entrada dos tomiñeses á Sociedade da Información. No acto da firma do acordo, a Alcaldesa de Tomiño asegurou que este sistema completa perfectamente a tecnoloxía wimax do Concello, xa que hai zonas nas que este sistema non pode chegar. A tecnoloxía satélite é un paso máis cara á modernización e a posta das novas tecnoloxías deste goberno. Pola súa banda, o Director xeral de Quantis indicou que esta nova tecnoloxía representa un paso máis cara á consolidación da democracia dixital en España e destacou que esta solución establece a igualdade e a equidade no acceso a Internet entre as zonas urbanas e as do mundo rural.
A Concellería de Deportes oferta a Escola de Verán de Tenis A Concellería de Deportes do Concello de Tomiño oferta este verán a Escola de Tenis. Serán case dous meses de clases nas que poden participar dende nenos e nenas a partires dos 6 anos ata adultos sen límite de idade. A actividade está pensada para os dous meses de verán e levarase a cabo do 11 de xullo ao 31 de agosto. Este ano auméntanse os días lectivos e as clases serán os luns, mércores e venres na pistas de tenis municipais situadas ao lado do CEP Pedro Caselles Beltrán, salvo os días de choiva que se trasladará ao pavillón de Goián. A concelleira de Deportes, Cristina Martínez, apuntaba que “esta é unha actividade moi demandada polos veciños e veciñas de Tomiño e encaixa dentro das previsións da Concellería de ofertar maiores modalidades deportivas”. Pola súa parte, a alcaldesa, Sandra González, falaba de “implicación co deporte e co deporte para tódalas idades. Apostamos pola diversidade de actividades sen perder de vista a ampla variedade de públicos”
Sábado, 2 de xullo de 2011 Actividade de bici e kayak polo río Miño organizada pola Asociación Veciños de Amorín A Asociación Veciños de Amorín, organiza unha actividade de bici e kayak para o sábado, 30 de xullo. Ás 10:00 da mañá, sairán os participantes do parque da Nosa Señora da Cabeça (Portugal) nun paseo en bicicleta, ata Fiestra (frente a Caldelas de Tui) pola beira portuguesa. A organización facilitará aos participantes as bicicletas, os cascos e todo o necesario para este percorrido. Unha vez chegados, á ribeira de Fiestra, os monitores facilitarán os kayaks, chalecos e cascos, para poder navegar polo tramo do rio de Caldelas de Tui, que é moi tranquilo. No traxecto, faranse paradas nas praias ou lugares que merezan a pena para facer fotos, observar a natureza e disfrutar da paisaxe do Miño. O tempo estimado para o percorrido é de hora e media. Desemvarcarase na Praia da Nosa Señora da Cabeza, e aproveitarase a estadía no parque para xantare pasar parte da tarde. O prezo desta actividade é de 17 € para adultos e 15 € para os menores (os que non sexan socios terán que pagar 20 e 17 euros respectivamente) Recomendacións Será recomendable que cada participante leve unha pequena mochila con algo de bebida, unhas chocolatinas ou froitos secos para repoñer forzas durante percorrido. É recomendable levar unha roupa de reposto por si é necesario cambiarse. Recoméndase levar roupas de secado rápido. Se o día é de moito sol é recomendable gorro e gafas de sol. Débese ter en conta protección solar por se o día é soleado. A idade mínima para participar é de 11 años. Todos os menores deberán ir acompañados dun familiar.
Sábado, 2 de xullo de 2011 VII Festa homenaxe ao maior en Currás Os maiores da parroquia son os protagonistas da VII Festa homenaxe ao maior que este domingo organiza a Asociación de Veciños “Os Medos” de Currás. O programa de actos comeza ás doce do mediodía coa celebración dunha misa solemne, seguida de procesión, e da actuación do grupo Cacharela de Taborda. As dúas comezará un xantar ao aire libre con polbo, carne ao caldeiro, e empanada. Pola tarde actuará un conxunto musical, haberá bingo e outros xogos. |
|
|