www.galiciasuroeste.info

XUÑO

 

Xoves, 30 de xuño de 2011  

Mañana, 1 de julio, finaliza el período voluntario de pago de la Tasa de Alcantarillado ejercicio 2011

El primero de julio, es decir, mañana, finaliza el pplazo voluntario de pago d ela Tasa d eAlcantarillado del presente año. En el caso de que algún contribuyente no recibiera la carta de pago puede dirigirse a la Oficina de Xestión Tributaria (call Jose M. Andreini 6 Bajo) y solicitar un duplicado de la misma, ya que al  tratarse de deudas de carácter periódico y notificación colectiva (BOP 29/04/2.011) la no recepción en el domicilio de la misma no exime de la obligación de pago ni de la vía ejecutiva.

Se informa, además, que transcurrido el plazo de ingreso las deudas serán exigidas por el procedimiento de apremio y devengarán los recargos, intereses de demora, y demás conceptos exigibles.

 

Xoves, 30 de xuño  de 2011 

O Padroado Municipal Monte Santa Trega organiza visitas guiadas a este espazo

O Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecerá, nos meses de xullo, agosto e setembro, visitas guiadas que percorrerán o castro e demais elementos de interese do Monte Santa Trega.

Facilitar o coñecemento da riqueza histórica e paisaxística deste espazo figuran nos obxectivos desta proposta da Concellería de Patrimonio que realizará dúas visitas diarias cunha duración aproximada de 90 minutos. O punto de partida da ruta será o castro de Santa Trega e o itinerario a seguir contempla  a visita aos Petróglifos da Laxe Sagrada; Casa forestal e Vía Crucis, a súa orixe e historia, creación da Sociedade Pro-Monte, Pedra Furada, Ermida de Santa Trega, coa sua tradición relixiosa, cruceiro de San Francisco e Marcas Poveiras, finalizando no Museo Arqueolóxico (MASAT).

Os días e horarios de visitas serán de martes a sábado,  as 12.00 e as 19.00 horas; e os domingos, ás 12 do mediodía.

As persoas interesadas poderán apuntarse  na oficina de información turística do Trega, no mesmo castro nos minutos previos á visita ou enviando un correo electrónico a masat@aguarda.es

En caso de grupos ou para reservar visitas noutra franxa horaria será necesario facer unha reserva con anterioridade chamando ó 690 017 038.

 

Mércores, 29 de xuño  de 2011 

13 standas de A Guarda estarán presentes na  Guarda Outlet-Feira de Oportunidades de Ábaco que se abrirá o domingo, 2 de xullo

Coa presenza dos comerciantes que participarán na Guarda Outlet-Feira de Oportunidades , organizada por Ábaco, foi presentada na sede da asociación mencionada esta iniciativa que se celebrará o próximo sábado no Paseo Marítimo da Robaleira, coincidindo coa Festa da Lagosta.

Compareceron, xunto co presidente de Ábaco, Ángel Baz, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, e entre o público atopábanse os concelleiros Xan Lois Lomba Alonso, do BNG, e Beatriz Estévez Álvarez, de C.G.

Ángel Baz explicou que son 13 os stands que se montarán con distintas ofertas do comercio guardés e que se adscribirán por sorteo.

O alcalde da Guarda salientou o apoio do concello, na medida das posibilidades da institución local, en tempos de crise polas que estamos a pasar.

Sinalou, noutro momento, que a coincidencia da Feira coa Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, será positivo para o sector, pois sen dúbida serán moitas as persoas que achegándose ao porto visiten os stands, favorecendo tamén o movemento das persoas polo entorno portuario.

Animou a Ábaco a poñer imaxinación e ganas a esta iniciativa e desexou que a Feira coñecese un importante éxito.

Pola súa banda Montserrat Magallanes Álvarez quixo subliñar o empeño de Ábaco, e o apoio do concello, para desenvolver esta oportunidade comercial.

Noutro momento asegurou que desde o equipo de goberno do que fomra parte, antes e agora, sempre houbo un espíritu de colaboración coas asociacións. E fixo a concelleira, un apunte: A Guarda, tendo en conta o número de habitantes, “somos un dos concellos con maior número de comercios, que xeneran postos de traballo e, de aí, o noso apoio “.

 

Mércores, 29 de xuño de 2011

Partido de Fúbol – Tenis no campo do café-bar Bergantín

O sábado comeza, no campo do Bergantín, o partido de Fúbol - Tenis, modalidade deportiva innovadora e nada corriente por esta zona.

O lugar de xogo e no café-bar Bergantín, os dias 2 e 9 de xullo (ambos sábados), empezándose ás 16 horas. 

        O xogo trata de combinar o fútbol co tenis, nun campo de dimensións de 3 m. por 8 m. e dividido por unha rede de 1 m. de altura. A pelota será de fútbol e poderase xogar con calquer parte do corpo agás os brazos e as máns. As reglas do xogo daranse por escrito.

 

Martes, 28 de xuño de 2011  

Pecha a escola da Poza (Camposancos)

            Aguantou ata onde pudo. Malia os chamamentos para matricular alumnos na escola da Poza, co fin de evitar o seu peche, petición que se viu facendo nos últimos anos ante o dramático descenso de matrícula escolar, non foi posible e esta unitaria, igual que pasara coa de Salgueiró, xa non cumplirá o obxcectivo para o que se creou: servir de aula para os escolares máis pequenos da parroquia que pasarán a integrarse no Colexio de Ensino Infantil e Primario da Sangriña no curso 2011-2012.

            O curso rematou nesta unitaria con tan só cinco escolares, o que obriga ao seu peche.

 

Robos en A Guarda

Distintos robos fueron denunciados en  A Guarda estos días. En el colegio de de Infantil y Primaria de A Sangriña los ladrones que accedieron rompiendo el cristal de una ventana se llevaron distintos material electrónico e informático, aunque no se sabe qué día sucedieron estos hechos ya que los profesores abandonaron el centro el pasado viernes y regresaron el lunes.

También fue asaltada la Escuela Unitaria de A Poza, esta en la parroquia de Camposancos de donde se llevaron, igualmente, distinto material electrónico como un cañón proyector de imágenes.

            Además de estas denuncias, también se realizaron otras sobre la desaparición de vehículos, concretamente un coche Citroen y un ciclomotor.

 

Martes, 28 de xuño de 2011

O BNG insta ao Alcalde da Guarda a deixar o vitimismo co tema das dedicacións do concello

O Bloque Nacionalista Galego insta ao alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez  Freitas, a abandonar a actitude de vitimismo diante da proposta do BNG de recortar o 20% nas dedicacións do xoncello.

Nas conversas mantidas co PSOE, o BNG propuxo un recorte na cantidade global de cartos en dedicacións, pasando de 120.000 euros a 96.000 euros. O BNG entende que a distribución destes cartos, tanto en dedicacións exclusivas como parciais, é unha responsabilidade do propio grupo de goberno. Dende a formación nacionalista “nunca” se propuxo o recorte de ningún soldo en concreto, co cal non se entende a actitude do alcalde sobre o seu soldo.

O BNG presentou unha proposta razoábel, responsábel e acorde á situación actual de crise económica. Esta proposta é coherente co discurso que o BNG leva mantido na pasada lexislatura, onde foi moi crítico coa última dedicación parcial, aprobada uns meses máis tarde, e coas asignacións existentes. Algo que o BNG puxo de manifesto nas reunións co PSOE.

O BNG non coñece máis proposta do alcalde que a de 120.000 euros, co cal, nunca tivo a intención de negociar cifra algunha, soamente que a formación nacionalista asentise á súa proposta; asemade, o BNG non está disposto a mercadear con este tema.

Se nos fixamos nas retribucións da contorna e comparamos, hai que sinalar que o Concello de Tomiño fixo un recorte en adicacións dun 30%. O BNG na Guarda propón un recorte do 20%.

A formación nacionalista considera que coa proposta que puxo enriba da mesa garántese a gobernabilidade do concello e a asignación de soldos dignos para os políticos. A pretensión do alcalde e do PSOE de culpar ao BNG de intentar lograr o desgoberno municipal, non deixa de ser máis que unha cortina de fume para presionar ao BNG e non aceptar a proposta nacionalista. Tal responsabilidade será,en todo caso, de quen ten a Alcaldía, o PSOE.

A formación nacionalista lémbralle ao Alcalde que o 22 de maio o pobo da Guarda deixou claro que desexaba un cambio. "Animamos ao PSOE a facer unha reflexión sobre a actual situación política, abandonar a actitude de vitimismo e poñerse a traballar ante o panorama tan complicado no que vivimos", engadiu Xan Lois Lomba,  portavoz municipal do BNG.

O BNG di que non vai entrar nunha guerra de cifras que non beneficia a ninguén e entende que se debe valorar o traballo político cuns soldos dignos, pero isto non debe ser incompatíbel cunha actitude de responsabilidade e de exemplo na actual situación económica.

 

Martes, 28 de xuño de 2011 

Remeros de A Guarda consiguieron la tercera plaza en el campeonato de España de Remo Olimpico

Bajo un sol abrasador con temperaturas que rondaban los 45 grados, este fin de semana en Sevilla, los hermanos Óscar y Damián Alonso consiguieron la tercera plaza en el campeonato de España de Remo Olimpico en la modalidad de doble scull.

 

Martes, 28 de xuño  de 2011 

A fin de semana do 2 e 3 de xullo, A Guarda convertese no escenario gastronómico onde a raíña é a lagosta

Na explanada do porto e baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados os visitantes poderán degustar da lagosta cocida, á prancha ou en salpicón cuns acompañantes de luxo como é o viño albariño do Rosal e o roscón de xema.

Non hai que esquecerse que dende o ano 2007 a Festa da Lagosta converteuse na Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira adquirindo unha nova dimensión ó ofrecer diferentes pratos mariñeiros. Deste xeito búscase que tódolos visitantes coñezan os excelentes produtos do mar e, como non, o bo facer dos restauradores guardeses. Nesta edición haberá 6 restaurantes que ofrecerán máis de 25 pratos mariñeiros onde os froitos do mar son os protagonistas.

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, destaca o esforzo realizado polo concello e establecementos colaboradores para ofrecer unha festa gastronómica baixo os mesmos estándares de calidade de pasadas edicións. Exemplo disto é o prezo da langosta que continúa a ser o mesmo dende varias edicións. Nesta edición incluíronse unhas novidades, entre elas o sorteo de viaxes nun catamarán polo río Miño, o impulso á Feira de Artesanía ou a aposta pola música tradicional galega que tamén será protagonista. 

Para os máis pequenos haberá xogos xigantes e hinchables e para todo o público destacar o espectáculo de acrobacias realizadas por una parella pendurada dun mástil na noitiña do sábado fronte a carpa da festa.

O pregón da XXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira terá lugar na Praza do Reló o venres, 1 de xullo ás 21 horas. O dúo “Os Campelos” serán os pregoeiros nesta edición.

 

Luns, 27 de xuño de 2011

O Club de Remo Robaleira impartirá un cursiño de remo para maiores de dez anos

O Clube de Remo Robaleira impartirá este ano un novo cursiño de Iniciación ó remo, logo de non poder organizalo o ano pasado por motivos de competición.

O curso comezará o luns 4 de xullo, nas inatalacións da sede social de Robaleira, a carón da Atalaia, os luns, mércores e venres, e poderán asistir rapaces e rapazas a partir de 10 anos, entre as 11:00 e as13:00 horas, tematando na 1º semana de Agosto.

O equipo deportivo afronta este cursiño con moitas gañas despois da boa tempada da canteira neste 2011 e planifica esta actividades de verán coa intención de atraer unha gran cantidade de xente nova.

A inscripción ao cursiño é totalmente gratuíta e sen ningún tipo de gasto. Desde o Club de Remo robaleira animans a probar neste deporte, coñecer o clube, e pasalo ben no tempo de lecer.

 

Sábado, 25 de xuño de 2011

O alcalde da Guarda asinou o Decreto coas delegacións do concello da Guarda nos edís do equipo de Goberno

Un Decreto asinado polo alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, asigna as delegacións das distintas áreas de organización municipal aos respectivos concelleiros do grupo de Goberno elexidos nas elección municipais do 22 de maio.

Turismo, Facenda, Comercio, Industria e Pesca, estan a cargo de Montserrat Magallanes Álvarez; Vías e Obras; Formación e Emprego; e Persoal corresponden a Miguel Ángel Español Otero; Servizos, Seguridade e Tráfico, son responsabilidade de Paulino Rodríguez González; dos Servicios Sociais, Xuventude e Sanidade ocúpase Mª Teresa Vicente Baz; Cultura, Educación,  e Novas Tecnoloxías, corren a cargo de Antonio Lomba Baz; Patrimonio, Deporte e Medio Ambiente son levados por Manuel Javier Crespo González, e de Igualdade encárgase Carmen Mª Castro González.

Dado que o Decreto foi asinado onte, 24 de xuño, a súa entrada en vigor prodúcese desde hoxe, independentemente da súa publicación no BOP.

 

Sábado, 25 de xuño  de 2011 

O alcalde replica á pretensión do BNG de rebaixar as dedicacións do concello nun 20 por cento

José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Gujarda, responde ás manifestacións do concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba Alonso, nas que este pide unha rebaixa do 20 por cento no gasto das dedicacións do concello.

Dende a pasada semana, explica o rexidor local, manteñen contactos co BNG de cara a constituir o futuro goberno municipal só con concelleiros socialistas. Antes do pleno da investidura, os nacionalistas xa manifestaron a súa decisión de non entrar a formar parte do goberno.

A realidade da pasada lexislatura, engade Domínguez Freitas, puxo de manifesto a necesidade de seguir contando, alomenos, con dúas persoas con dedicación exclusiva e outras dúas con dedicación parcial, que na práctica foron totais, e houbo xestión e traballo de abondo que o xustifican, e que obrigou a que concelleiros e concelleiras que non tiñan dedicacións fixesen un esforzo suplementario. Un goberno con menos dedicacións non xestionaría axeitadamente os intereses deste pobo.

O compromiso para esta lexislatura é manter o mesmo nivel de traballo e xestión, asegura o alcalde, quen subliña que “queremos estar con dignidade e traballar arreo por este pobo: non viñemos á política para enriquecemos pero tampouco para cobrar menos que nas ocupacións públicas ou privadas que tiñamos antes, que é o que pretende o BNG. Por iso puxemos enriba da mesa unha proposta semellante ó que percibimos ata agora: 120.000 euros brutos, cantidade á que hai que descontar o IRPF e a seguridade social”.

As conversas co BNG están estancadas porque os nacionalistas, continúa a explicar o rexidor, pecháronse en que hai que reducir as retribucións salariais nun 20 por cento. Sen ningunha xustificación. Decidírono así como tamén puideron determinar o 10, o 30 ou o 50 por cento, e anima aos concelleiros do BNG que se fixen na contorna, noutros concellos próximos, mesmo en concellos onde goberna o BNG. Esa pretensión inicial de manter os 120.000 euros anuais, que o equipo de Goberno estaba disposto a negociar, está por debaixo da media dos concellos da zona que teñen un orzamento semellante.

Pero non é o fundamental as comparación cos outros concello, senón “o convencemento  que temos de que para seguir gobernando este pobo é necesario o mesmo nivel de esforzo, de entrega, de traballo e de persoas. Pode que a pretensión do BNG sexa lograr o desgoberno municipal obrigando a que nos vaiamos ós nosos empregos e que veñamos firmar catro papeis ó Concello cando poidamos”.

Remata o comunicado o alcalde explicando, para que o saiba a cidadanía, “que o alcalde e o resto de concelleiros do equipo de goberno non cobraron nunca os desprazamentos e as dietas para facer xestións municipais. No meu caso concreto son ducias de miles de quilómetros que fixen co meu coche particular e que afrontei do meu peto. E engadir que este goberno municipal xa se rebaixou voluntariamente os seus salarios unha media do 5%, cando se produciu a baixada de soldos dos funcionarios”.

 

Venres, 24 de xuño  de 2011 

O Castelo de Santa Cruz compite no 1% Cultural

A Lei de Patrimonio Histórico establece a obriga de destinar o 1% dos fondos que o Estado aporta nas obras públicas en traballos de conservación e mellora do Patrimonio Histórico Español. Para participar nas convocatorias do que se coñece como o “un por cento cultural” é indispensable que o inmoble sobre o que se pretende actuar estea declarado Ben de Interese Cultural (BIC), como é o caso do Castelo de Santa Cruz.

Hai xa algún tempo que o grupo de goberno traballa na consecución dunha subvención do un por cento cultural para o Castelo de Santa Cruz. En días pasados, o alcalde e o concelleiro de Patrimonio desprazáronse ao Ministerio de Cultura, entrevistándose coa directora xeral de Belas Artes, a quen lle fixeron entrega dun exemplar do proxecto. O pasado martes, a Comisión de Patrimonio de Pontevedra informaba favorablemente o proxecto redactado, condición sine qua non para seguir a súa tramitación en Madrid. O día 5 de xullo, a Comisión Interministerial (de Cultura e de Fomento) resolverá a que proxectos lle concede a axuda solicitada, esperando desde o concello estar entre eles.

A pesar da intervención hai uns anos da Consellería de Cultura, hai baluartes e outras partes da muralla do Castelo de Santa Cruz que están derrubados, polo que se considera prioritario proceder a súa restauración, para despois levar a cabo tarefas de desbroce e pavimentado, de tal xeito que reúna no futuro condicións para ser unha gran área de disfrute público.

O título do proxecto que presenta o Concello da Guarda é “Proxecto Básico e de Execución de Posta en Valor do Castelo de Santa Cruz”, no que se contempla completar a superficie pechada do castelo coa reconstrucción da cara sur do Baluarte da Guía, a cara leste do Baluarte de Santa Trega, parte da cortina sur (entre os baluartes de Santa Trega e San Sebastián), así como a cara oeste do Baluarte de San Sebastián. Ademais destas obras de reconstrucción de baluartes e murallas, o proxecto contempla o desbroce de malezas e o seu tratamento e a poda de árbores. Haberá tres zonas diferenciadas: a do parque botánico, o camiño de ronda que irá pavimentado en xabre, e a praza de armas con pradeira natural. Asimesmo contémplase o alumeado con luminarias de empotrar no chan, nas paredes e balizas. O total do proxecto ascende a 1.033.931,14 euros.

Ramatado este proxecto, e como queira que o Centro de Interpretación que constrúe a Consellería de Cultura estará finalizado, o Castelo de Santa Cruz cumplirá as tres funcións básicas para as que se ten traballado:  ser un BIC completamente restaurado, ser o centro de referencia das Fortalezas Transfronteirizas ó albergar o Centro de Interpretación, e ser o gran parque público que a cidadanía da Guarda tanto demanda.

 

Venres, 24 de xuño de 2011

O BNG na Guarda esixe unha baixada do 20% no gasto en dedicacións no Concello

En reunións mantidas entre o grupo municipal do BNG e o PSOE, o BNG deixou claro que non aceptarán manter o gasto en dedicacións que se tiña ata o momento.

Ante a pretensión PSOE de manter as mesmas retribucións salariais que na pasada lexislatura, o BNG pon enriba da mesa unha redución do 20%, pasando de 120.000 € a 96.000 €.

“Atendendo á responsabilidade política, que sempre guiou as súas iniciativas, o Bloque Nacionalista Galego fai unha proposta razoábel. Nesta oferta temos en conta que no goberno dunha localidade como a nosa é necesario ter persoas liberadas. Pero tendo en conta os cambios acontecidos, despois das pasadas eleccións do 22 de maio, e no contexto de crise que vivimos a día de hoxe, queda claro que o gasto en dedicacións non pode ser o mesmo” explicou o portavoz nacionalista Xan Lois Lomba.

Para o BNG esta modificación dos salarios dos políticos non debe afectar á gobernabilidade do concello da Guarda, adaptándose ao novo marco político e social.

O BNG entende que se debe valorar o traballo político cuns soldos dignos, pero isto non debe ser incompatíbel cunha actitude de responsabilidade e de exemplo na actual situación económica.

 

Venres, 24 de xuño de 2011  

Los voluntarios de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja entregarán los diplomas a los alumnos del taller de estimulación de memoria por la finalización del curso

Desde el año 2003, voluntarios y voluntarias de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollan un taller de estimulación de memoria para personas mayores de 65 años. Desde entonces, son muchos los usuarios que han participado en estos talleres con un alto nivel de satisfacción, tanto por su parte como del equipo de voluntarios que desarrollan la actividad en el Club de Jubilados y Pensionistas de A Guarda y en la Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño, prueba de ello ha sido el incremento de personas asistentes a las actividades.

Entre los objetivos del taller de estimulación de memoria se destacan potenciar la conservación de la capacidad y agilidad mental de los destinatarios, mediante el mantenimiento de sus capacidades psíquicas, además de promover las relaciones interpersonales e intergeneracionales, mejorando, de esta forma su autoestima.

Con esta entrega de diplomas, que tendrá lugar el día 28 de junio a las 17 horas en el Centro Cultural de A Guarda, Cruz Roja reconoce el esfuerzo realizado por los  participantes y voluntarios del taller. En el acto estarán presentes el presidente comarcal de la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño, algunos de los miembros del comité comarcal, la concejala de Servicios Sociales del Concello e A Guarda, el presidente del Club de Jubilados y Pensionistas de A Guarda, asistiendo también las usuarias acompañadas por un familiar o amigo. Tras la entrega de diplomas se invitará a los asistentes a un tentempié que será el broche final del taller de estimulación de memoria hasta el próximo mes de Octubre.

Este proyecto está enmarcado dentro de las actividades desarrolladas por la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño con personas mayores, tales como el taller de alfabetización, charlas de productos de apoyo, entrega de productos de ahorro energético, excursiones culturales y de convivencia, el programa de respiro familiar, ponte na onda, talleres de utilización del teléfono móvil y teleasistencia móvil, y el taller de gimnasia de mantenimiento, y el recientemente iniciado Taller de Teatro Leído…etc.. hasta la fecha han participado, en los diversos programas de personas mayores, más de 150 personas, actuaciones que no se podrían haber llevado a cabo sin la colaboración de los y voluntarios de Cruz Roja.

 

Venres, 24 de xuño de 2011  

Primer Campeonato de Dardos con Dianas de Pelo

Mañana, sábado, a las 16 horas se celebrará, en el Pool Chaos el Primer Campeonato de Dardos con Dianas de Pelo de toda la zona del Baixo Miño. A diferencia de las Dianas con las que normalmente se juega, la Radical Darts, estas son de pelo, no son electrónicas por lo que se hace el recuento manualmente.

El juego al que se competirá será al 501, y la inscripción costará 15€ por jugador ,pudiendo inscribirse todas las personas que quieran hasta una hora antes del comienzo del encuentro.

Los premios están calculados en función de un número de personas, las ideales serían 30, pero los premios subirán o bajaran en función del número de inscritos: 1º Premio: 200 euros, 2º Premio: 125 euros, 3º Premio: 75 euros y 4º Premio: un jamón.

 

Xoves, 23 de xuño de 2011

Hoxe celébrase o Festival de Fin de Curso do Conservatorio Elemental da Guarda

            O Centro Cultural da Guarda acolle hoxe, ás 20 horas, o Festival de Fin de Curso do Conservatorio Elemental de Música da Guarda.

            Sairán ao escenario, en primeiro lugar, is alumnos de Preparatorio e seguirán Educación Auditiva e Vogal, Guitarra Clásica, Guitarra Eléctrica, Violín, Piano, Vento-Madeira, Vento.Metal, Violín e Viola e rematará nos alumnos de Gaita Galega.

 

Xoves, 23 de xuño  de 2011 

Premio de la ONCE en A Guarda

El pasado 19 de junio el vendedor de la O.N.C.E. Prudencio González Franco vendia cupón que resultó premiado con 6.483,33 euros, y que al afortunado le había costado un euro. Se desconoce quien fue ese afortunado con una cantidad que sin duda le vendrá aún mejor en tiempos de crisis.

 

Xoves, 23 de xuño  de 2011 

Aclaracións do alcalde da Guarda respecto á problemáticas das 21 licencias

Diante das informacións aparecidas en diversos medios relativas ao asunto das 21 licencias da Guarda e máis concretamente á multa coercitiva que tivo que aboar o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas fixo unha serie de consideracións ao respecto.

A primeira delas é que a multa coercitiva é persoal, é dicir, foi aboada do peto do propio Domínguez Freitas e non polo Concello.

En segundo lugar o rexidor expón que dada a proximidade das eleccións municipais, era bo non meter en precampaña o asunto das 21 licencias e, polo tanto, tampouco o da multa coercitiva. Tódolos grupos da anterior corporación tiñan, explica, o compromiso de actuar unidos neste tema e actuar en defensa dos afectados por entender que, en todo caso, son víctimas dun erro administrativo.

Sinala o alcalde en terceiro lugar “que variei o meu criterio cando tiven constancia do distinto trato que a Xunta de Galicia lle dispensaba a concellos con semellante problemática, en función da cor política”. En rolda de prensa en Santiago, a principios de maio, en compañía de Mar Barcón, “denunciamos como en Barreiros ou Fisterra a Xunta de Galicia non  pide a execución das sentenzas e na Guarda si. Pero nin siquera aquí mencionei o tema da multa”.

Continúa o comunicado afirmando alcalde que entendendo que é a súa obriga, procurou evitar, cos medios legais ao seu alcance, o derrube de máis vivendas (tres foron derrubadas pola APLU en decembro do 2009). Para iso o Concello traballa na aprobación dunha modificación puntual que, amparándose na nova figura de núcleo rural común, puidese darlle cobertura legal a algunha das vivendas afectadas; por outro lado, trabállase tamén nun novo PXOM, que lle daría cobertura a outras. Considera o alcalde que non sería lóxico e congruente estar tramitando estas figuras de planeamento e non tentar evitar o derrube, e da Xunta demanda axilidade na tramitación.

Reafírmase o alcalde no que sempre manifestou:  o Concello actuou conforme á legalidade, as licencias foron dadas con informes favorables e  os afectados son persoas que, amparadas en licencias, executaron as súas vivendas. Son víctimas, en todo caso, dun erro administrativo. Por iso, di, “síntome ó lado delas e incluso asumo determinados custes. Agardo que todos traballemos na mesma liña”.

No seu escrito Domínguez Freitas recorda que das 21 licenzas só dúas foron outorgadas por el mesmo, concretamente a da multa coercitiva é unha licenza de maio de 2001 (cando José Manuel Domínguez Freitas xa deixara a Alcaldía na que estivo entre 1999 e 2000), e a vivenda está situada na parroquia de Camposancos .

Finalmente o alcalde da Guarda reclama para A Guarda “a mesma consideración que se ten para outros concellos. A cidadanía non entende como a Xunta insta á execución  na Guarda e non o fai noutros lugares”.

 

Mércores, 22 de xuño  de 2011 

Representación da obra A Raíña Catarina e as súas fillas no IES A Sangriña

O Teatro do Falabarato do IES A Sangriña vólvenos ofrecer a representación da obra A Raíña Catarina e as súas fillas. Será mañá, mércores, no instituto, ás doce e media da mañá para o alumnado de 1º e 4ºde ESO, e ás oito da tarde para as familias e todas as persoas que queiran asistir.

 

Mércores, 22 de xuño de 2011 

Experiencia inolvidable en Lugo para el Hockey Liña de A Guarda

Como en las últimas dos ediciones, este pasado fin de semana el equipo de A Guarda Hockey Liña acudió a Lugo a disputar el Torneo Arde Lvcvs, enmarcado en las fiestas del mismo nombre. Organizado por el Hockey Línea Lugo el Torneo contó con un nivel digno de ver y para un equipo inexperto como el de A Guarda, señalan desde este club, este tipo de experiencias resultan de lo más enriquecedoras, disfrutando de un fin de semana rodeados de jugadores de Hockey de los que es posible aprender. El equipo de A Guarda, único en la provincia, acudió a Lugo con una formación compuesta por: Marcos Cividanes (portero), Alberto Álvarez, Eduardo García, Guillermo Verde, Mª José Fernández, Javier Pimentel, Manuel Rodríguez, Antonino Comesaña, Carmen María Fernández, Fernando Vicente, Ana Fernández y Miguel Fernández; los resultados del torneo fueron los siguientes:

CPLM (Madrid) 11; A GUARDA HL 4

LVCVS veteranvs (Lugo) 9; A GUARDA HL 3

LUGO HL 9; A GUARDA HL 2

Pese a los resultados desfavorables el conjunto guardés regresó orgulloso de Lugo, puesto que solamente el poder estar allí significaba ya un premio. Por otra parte no hay mejor escuela que aprender con los mejores: en este caso equipos de Liga Plata Nacional y Liga Élite femenina.

Desde el Club Agradecen a todos ellos las muestras de ánimo y cariño que recibieron, pero al mismo tiempo lamentan que la falta de instalaciones adecuadas a nuevos deportes corte la progresión de jóvenes deportistas guardeses.

Desde el Hockey Liña de a Guarda dan las gracias a Carlos Ouro de Lugo HL por su apoyo, a los colaboradores, que pese al duro momento económico que se atraviesa, ayudan a este deporte, gracias que hacen extensibles a todos y cada uno de los equipos participantes en el torneo, por la acogida y por hacerles sentir "uno más" en la gran familia de Hockey línea y sobre todo y por encima de todo dan las gracias a los jugadores del equipo de A Guarda, donde cada año que pasa aumenta la plantilla.

 

Martes, 21 de xuño de 2011 

El regatista povoense Serafim Goncalves se hace con la victoria en las tres mangas de la IV Xuntanza de Vela do Pasaxe

            Este pasado fin de semana se disputó la IV Xuntanza de vela do Pasaxe en Camposancos (A Guarda) , regata multiclase organizada por el Club Alagua y la Federación Gallega de Vela.

En una soleada tarde con un viento racheado de entre 11 y 15 nudos, 11 embarcaciones navegaron en el campo de regatas de O Pasaxe.

El evento constó de 3 mangas, de dos vueltas cada una, teniendo el inicio a las 17:00 horas, y finalizando a las 19:30, dando paso al habitual tentempié de confraternización de los participantes.

La mayor parte de la flota la formaban barcos locales. Destaca la participación del regatista povoense Serafim Goncalves, en cuyo palmarés cuenta con varios campeonatos de Portugal en la clase Laser, y cuya experiencia le sirvió para hacerse con la victoria en las tres mangas.

El viento reinante al inicio de la primera manga dificultó el inicio de la primera salida, causando varios DNS entre los participantes. La manga se desarrolló sin incidentes, con la espectacularidad que ofrecen los barcos de la clase predominante (470), por su velocidad, maniobra y algún que otro vuelco.

En la segunda manga, el tándem formado por los favoritos locales Roberto Barreiro y Cristina Domínguez tuvo problemas pasando a la cuarta posición, y empatando a puntos con la tripulación más novel del club, formada por Brais Acevedo y Julio Patricio, lo que le dio más emoción a la regata al quedar abierta la lucha por la segunda posición en el desarrollo de la tercera manga.

La última manga se desarrolló conforme a las previsiones de favoritos, siendo el Laser “Delta Cafés”, y los 470 “Ziggelmayer” y “Yellow Bios” los que quedaron en las tres primeras posiciones.

Entre las actividades previstas por el Club Alagua, la próxima para estas aguas será la del III Crucero Internacional del Río Miño, los días 16 y 17 de julio, además de la regata de kayak el día 2 del próximo mes, para las que se espera una gran afluencia de participantes.

 

Martes, 21 de xuño de 2011

Los peregrinos siguen llegando al albergue de A Guarda

            Continúan llegando peregrinos al albergue de A Guarda, uticado en la primera planta del pabellón número 2 del antiguo colegio Rodríguez Sinde, justo por donde pasa el Camiño Portugués por la Costa.

            Si el viernes pasado llegaba un peregrino portugués a pie, cruzando el Miño en el ferri, además de otros once en bicicleta, ayer partieron de esta localidad dos peregrinos jienenses que iniciaban la ruta xacobea en A Guarda, y otros dos eslovacos, que procedían de Porto (Portugal) y que después de cubrir la etapas portuguesas iniciaban en A Guardael recorrido gallego.

            El Camiño Portugués pola Costa está señalizado con flechas amarillas, pero en los ayuntamientos por los que discurre (A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona y Nigrán) aún no se recibió por parte de la Xunta la señalización oficial (azulejos y conchas en bronce), pese a que hace un año se oficializó el recorrido, supliéndose esta falta de señales con la labor emprendida desde los mismos ayuntamientos que marcaron la ruta y recuperaron senderos.

            El albergue de peregrinos de A Guarda cuenta con 36 plazas, duchas y aseos adaptados, cocina y amplio patio. Los peregrinos, que llevan la credencial, que también se les sella, abonan cinco euros por pernoctar y utilizar los servicios que ofrece este albergue, el único público en el Camino Portugués por la costa. Otros albergues de carácter privado están en los municipios de Oia y Baiona. Recientemente se inauguró el albergue de Viana do Castelo, que es uno de los puntos que se eligen para iniciar este Camiño y también tiene albergue Esposende.

 

Martes, 21 de xuño  de 2011 

Tapas de botella e envases para axudar a Diogo Farinhoto

O neno  Diogo Farinhoto  naceu hai dous anos sen a man dereita en Caminha. Para axudalo a ter unha  vida normal  necesita dunha prótese e hai unha empresa disposta a darlla  a cambio de 18 toneladas de tapas.

O concello  da Guarda, despois de pórse en contacto con representantes da cámara  de Caminha,  vai colocar uns puntos de recollida de tapas plásticas (valen practicamente as de todo tipo de envases)  e  envases  sempre que estes conteñan  os números  2,4 e 5 dentro dun triángulo e posteriormente as remitirá ao concello de Caminha. Estes puntos de recollida estarán ubicados no ferry e na Alameda.

            Diogo naceu en 2009 sen a man dereita. Desde entón os seus pais están nunha loita constante para conseguir que teña a man que lle falta, neste caso unha man mioeléctrica. E a través dun simple xesto será posible conseguilo: só é cuestión de acumular tapas plásticas de botellas de todo tipo, e envases, neste caso que conteñan nun triángulo os números 2, 4 ou 5. Son envases como os dos champús, iogurts líquidos, deterxentes, productos de beleza, manteigas, colacao, entre outros.

 

Martes, 21 de xuño  de 2011 

Usuarias de la Fundación las Samaritanas en el spa Talaso Atlántico, dentro del programa Saúde e benestar de la  Diputación de Pontevedra

La Fundación Las Samaritanas, con sede en A Gándara (A Guarda) agradecen la estancia, que calificaron de “maravillosa e inolvidable” durante 5 días en el Spa Talaso Atlántico Atlántico, de Oia, una actividad que contó con la subvención de la Diputación de Pontevedra, dentro del programa “Saúde e Benestar”.

Tanto las usuarios del programa como la presidenta de la Fundación dan “miles de agradecimientos al trato tan amable y cariñoso recibido por parte del personal del Spa, y a la muy buena organización de Viajes Iberia”, un agradecimiento que hacen especialmente extensible “al grupo de compañeros que hemos conocido y a la monitora Mª Carmen que nos han hecho sentir como una familia”.

 

Sábado, 18 de xuño  de 2011 

Curso A Arte de Seducir

A “Asociación Érguete Baixo Miño” en colaboración co “Centro Quérote” de Vigo, organiza o Curso A Arte de Seducir, que terá lugar o mércores día 29 de xuño, no local social do colectivo da Guarda, en horario de 11.00 a 13.00 horas, dirixido a todos aqueles adolescentes, entre 14 e 18 anos, interesados en mellorar as súas habilidades sociais e as dotes para ligar.

A sedución non é outra cousa que unha habilidade persoal entre tantas, independentemente do físico, atractivo, estatus. Espertar interese en alguén, desexo e incluso o namoramento non é algo doado de conseguir, din desde Érguete que para elo ofrecen este curso, no que se darán uns consellos para mellorar o comportamento e actitude cara aos demais.

Entre outros temas, traballarase a Afectividade e as Primeiras relacións; Habilidades de comunicación; Expresión de afectos; Igualdade de xénero, e Fortalecemento da autoestima.

 

Sábado, 18 de xuño de 2011

Convocatoria de Asamblea Anual Ordinaria del Sporting Guardés

La Junta Directiva del Club Sporting Guardés convocó aAsamblea Anual Ordinaria que se celebrará hoy, sábado, en el salón de actos del Centro Cultural de A Guarda.

La primera convicatoria será a las 12.00 del mediodía, siendo la segunda a las 12.15 horas, con el siguiente orden del día: 1.- Lectura y aprobación del acta anterior; 2.- Balances social y deportivo temporada anterior; 3.- Balance económico temporada anterior; 4.- Dimisión actual directiva; 5.- Presentación y elección de candidaturas a nueva Junta directiva y 6.- Ruegos y preguntas.

 

Sábado, 18 de xuño de 2011 

El Club A Guarda Hockey Liña se desplaza a Lugo

Un año más se celebran en Lugo las fiestas del Arde Lvcvs y con ellas la tercera edición de su Torneo de Hockey Línea, al que ha sido invitado el Club A Guarda Hockey Liña, que competirá con equipos de varios lugares del país, así como un equipo de "veteranos" de Lugo y como no: las chicas de As Meigas, también de Lugo. Debido a la situación geográfica, escasez de medios y demás problemas que van solucionando poquito a poco, dicen desde el club, este tipo de Torneos siempre son algo especial por la acogida que desde siempre han tenido en Lugo, Medina o cualquier lugar al que han acudido, y que les sirve, también, para intercambiar experiencias con jugadores de otros lugares y sobre todo poder jugar con gente de tan alto nivel posibilitando seguir aprendiendo.

 

Venres, 17 de xuño de 2011 

Iván Maceiras participa en el Campeonato de España Juvenil

El extraordinario atleta rosaleiro Iván Maceiras, participará este fin de semana en el Campeonato de España Juvenil que se celebra en Granollers. Iván está inscrito en las pruebas de 100 ml y salto de longitud, pero además, en el ochtalon (pruebas combinadas), por lo que deberá pensar si renuncia a alguna de las pruebas para centrarse en una en concreto.

Recordemos que Iván Maceiras ya participó este año en el Campeonato de España de Federaciones de pruebas combinadas en Arona (Canarias), donde fue 6º.

Sergio Rodríguez en el Campeonato Gallego Promesa

El atleta guardés Sergio Rodríguez, disputará este sábado en las pistas de Balaidos, en Vigo, el Campeonato Gallego Promesa, donde apurará sus opciones en las pruebas de salto de longitud, 100 y 200 ml, de hacer una marca que le acerque al Campeonato de España Promesa que se celebrará el primer fin de semana de julio. Además habrá participación de los rosaleiros Jonathan Correa y Brais Otero en los lanzamientos de jabalina y peso respectivamente, así como de Miguel González Carrera, inscrito en 100, 200, longitud y triple salto, todos ellos del Suárez Marquier.

 

Venres, 17 de xuño de 2011

A Guarda prepárase para a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

A Festa da Lagosta celebrarase na Guarda os días 2 e 3 de xullo no recinto portuario. A lagosta continúa a ser a protagonista indiscutible aínda que a afamada calidade da gastronomía guardesa fixo ampliar a oferta de pratos mariñeiros dende varias edicións. Grazas ó aumento da oferta gastronómica, con novos produtos do mar e típicas sobremesas, conséguese achegar a festa a tódolos gustos do público e revalorizala.

Na Festa da Lagosta, que ten coma escenario a explanada do Porto baixo unha carpa de 1.000 metros cadrados, poderanse degustar a lagosta e demais produtos comodamente en mesas e cadeiras. Os restaurantes e demais expositores ocupan stands diferenciados na carpa.

Nesta edición participa un restaurante máis polo que se amplía a variedade de pratos mariñeiros. Finalmente, seis restaurantes ofrecerán a lagosta cocida, á prancha ou en salpicón, que demostra que a lagosta continúa sendo a protagonista entre máis de 25 produtos e pratos mariñeiros. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña esta exquisitez é o roscón de xema, sobremesa típica guardesa creada en 1953 por un pasteleiro local. Outros produtos son as filloas e os bastóns do peregrino.

Ademais de aumentar a oferta gastronómica, cada edición mudan as actividades para o entretemento e ocio dos visitantes. Esta ano destaca a música tradicional galega para acompañar a cita. Polas mañás un grupo de gaitas recorrerá as principais rúas da vila e do porto. Pola noite as actuacións musicais serán as protagonistas, o sábado co grupo de música folk feminino “Habelas hainas” e o domingo co grupo de música tradicional furtiva “Tanto nos ten”.

A festa contará novamente ca Feira de Artesanía na rúa do Porto e  os nenos poderán participar en diferentes actividades como xogos xigantes e hinchables. Ademais no entorno do porto instalarase unha feira de oportunidades.

A novidade deste ano é a oferta de paseos fluviais nun catamarán que percorrerá as augas do Miño. Os asistentes á festa gastronómica participarán no sorteo das viaxes. Esta iniciativa xorde cando A Guarda recibiu da Comisión Europea o Premio EDEN 2010, que recoñece este concello como Destino de Excelencia Turística, e que premia as paisaxes naturais da desembocadura e as iniciativas en materia medio ambiental e de sostenibilidade. Para amosar os valores naturais premiados o concello procura dar a coñecer as paisaxes a través dun atractivo paseo nun catamarán polo río Miño.

 

Venres, 17 de xuño  de 2011 

Presentación do X Rock Guardés o día 24 na Gua Gua

A Gua Gua acollerá o vindeiro venres, día 24, a Festa Presentación do Concerto X Rock Guardés a partires das 23.30 horas, coa participación dos grupos Electric Pink Band, Frakaso Skolar e  MALCOLM X, grupos todos da comarca.

A entrada ten un custe de 3 euros e a racadación destinarase integramente a celebración do X Rock Guardés que se desenvolvera o 9 de xullo no porto da Guarda, enmarcado no programa das Festas do Carme, onde unha vez máis todas as Bandas Xuvenís de músicas alternativa da localidade e arredores que queiran  poderán demostrar o que saben facer.

 

Venres, 17 de xuño  de 2011 

Contratación laboral temporal de dous socorristas para o servizo de salvamento e vixilancia das praias do concello da Guarda

            O concello de A Guarda selecciona dous socorristas para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias  do Concello, durante dous meses e medio a xornada completa.

            As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro do Concello en horario de 9:00 a 13:00 horas de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 horas os sábados, ata o día 23 de xuño data na que remata o prazo para a presentación de instancias. (Bases completas)

 

Prazo de matriculación para os alumnos que vaian seguir estudos no Conservatorio de Música elemental da Guarda

Unha Resolución da Alcaldía sinala os prazos de matriculación para os alumnos que vaian cursar estudos no ano académico 2011/2012 no Conservatorio de Música Elemental de A Guarda.

Os alumnos que xa estiveron matriculados no curso 2010/2011, o prazo extenderase do 1 ao 7 de xullo, ámbolos dous incluídos.

Os Alumnos de novo ingreso matricularanse entre o 8 e o 13 de xullo, ámbolos dous incluídos.

A matriculación farase nas oficinas do Conservatorio entre as 10:00 e as 13:00 horas das datas sinaladas, onde se poderán recoller os impresos e a lista da documentación a presentar.

 

Martes, 14 de xuño de 2011    

Concierto del Coro Clásico de Vigo este viernes en A Guarda

           La iglesia parroquial de Santa María de A Guarda será el escenario del concierto que ofrecerá, mañana, viernes, a las 21 horas, el Coro Clásico de Vigo.

           Esta distinguida coral, dirigida por Joaquín Carvajaly acompañada al órgano por Fernando Sequeiros, interpretará entre otras piezas, el <Réquiem> de G.Fauré y distintos motetes para la segunda parte del concierto. Destacar la actuación de los solistas Aída Domínguez, Alfredo Álvarez, Ramón López y Elena Areal.

 

Martes, 14 de xuño de 2011    

Un  percorrido polas institucións democráticas levará a usuarios de San Xerome a Bruxelas

Un grupo de dezaseis  mozos (8 deles do Centro San Xerome),  de Galicia e Portugal iniciaron no mes de xaneiro un percorrido polas distintas institucións democráticas que os levaron dende o seu municipio, pasando polas institucións autonómica, nacionais e cun destino final:  Bruxelas. O vindeiro  luns, dia  20, o grupo reunirase con representantes da Comisión Europea que atenden os asuntos específicos da discapacidade.  A saída será o domingo 19, e o regreso o  martes 21 de  xuño.

Este proxecto está subvencionado pola Unión Europea dentro do programa Juventud en Acción. Gracias a este financiamento o grupo de mozos pode coñecer persoalmente as institucións que nos representan e que se encargan das cuestións directamente relacionadas coas  súas necesidades.

Estes encontros teñen a forma de reunión de traballo cos representantes das entidades. No concello da Guarda foron recibidos polo alcalde e a Concelleira de Benestar Social; e os participantes portugueses mantiveron esa reunión cos respectivos representantes da correspondente cámara municipal. En Santiago de Compostela o encontro de traballo realizouse na dirección Xeral de Discapacidade. En Madrid fixérono con representantes da Subdirección General de Coordinación y Ordenación  da Dirección General de Coordinacion de Políticas sectoriales sobre la discapacidad.

Na reunión de Bruxelas os participantes nesta experiencia serán informados do funcionamento da Comisión Europea e nunha segunda parte  serán recibido por Inma Placencia da Unidad "Derechos de las personas con discapacidad" Direccion General de Justicia de la Comisión Europea.

Desde o San Xerome consideran que con esta iniciativa, á vez que reciben coñecementos sobre as diferentes institucións, estes organismos tamén se quedan co que aportan as persoas con discapacidade, segundo manifestan os responsables cos que se teñen entrevistado.

O percorrido continúa cunha segunda rolda de encontros nos mesmos estamentos onde despois de coñecer o seu funcionamento pasaremos a plantexar as nosas propias propostas.

Para mais información poden consultar o blog do grupo http://democracia.sanxerome.com

 

Martes, 14 de xuño de 2011

Roubo con danos materiais na lonxa da Guarda

Responsables da Lonxa de Peixe da Guarda percatáronse, pouco antes das nove da mañá de onte, da rotura do cristal do almacén deste recinto, e que nos petos que están no interior da lonxa, onde o público deposita os donativos das imaxes do Santísimo, Virxe do Carme e San Antonio, forzaran as pechaduras, aparecendo totalmente baleiros.

Os danos ocasionados foron a rotura da cristaleira, a rotura das pechaduras dos tres petos, e a racadación que tiñan os petos que non se pode precisar; normalmente cada dous meses os representantes das Comisións de Festas, pasan a  retirar a recadación que oscila entre os 30 e 40 euros.

 

Martes, 14 de xuño  de 2011 

Murcia 2011.  Destacada actuación da Selección galega de Atletismo e Baloncesto con presencia  de deportistas do San Xerome

Esta fin de semana tivo lugar en Murcia o Campionato de España de seleccións autonómicas ,  a expedición galega estivo composta por  40 deportistas e 15 técnicos da Federación,  nas especialidades de: atletismo masculino e feminino,  fútbol sala masculino,  baloncesto masculino e feminino,  e natación masculina e feminina. O San Xerome estivo representado  por   1 técnico  e 10 deportistas (fútbol sala, atletismo masculino e  baloncesto feminino)

A competición estivo organizada pola FEDDI  (Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual)

O equipo masculino de   atletismo onde a destacada actuación  de Borja Cadilla nas probas de fondo,   e as puntuación obtidas polo resto de compañeiros (3 do Club San Rafael,  1  do R. Chapela,  1 de Juan  XXIII, e 1  de Aspanaex) fixeron posible acadar  o primeiro posto.

O equipo de baloncesto feminino,  formado por  1 técnico  (David Parada),  e 5 deportistas  do noso  Club (Amparo, Rosalía, Vanesa, Maite Barros e Maite Santos), Ana Belén de Aspanaex e Begoña do R. de Chapela,  fixeron unha espectacular competición, acadando o segundo posto. Perderon tan so a final contra a Selección de Castela a Mancha.

Remata así con este  boa noticia a tempada deportiva, que se reiniciará no mes de setembro. Noraboa a deportistas e adestradores Voluntarios   pola excelente campaña.

 

Luns, 13 de xuño  de 2011 

Concierto del Coro Clásico de Vigo, el viernes, en la parroqual de A Guarda

El próximo viernes, día 17, a las 21 horas la Iglesia Parroquial de a Guarda acogerá un concierto a cargo del Coro Clásico de Vigo.

Constará de 2 partes; en la primera se interpretará el Requiem de Gabriel Fauré y en la segunda distintos motetes muy espectaculares.

 

Sábado, 11 de xuño de 2011    

O luns entregaranse no IES A Sangriña os premios do V Certame de Poesía Xela Arias

A Dirección e o Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES A Sangriña convoca a entrega de premios do Certame de Poesía Xela Arias na súa V Edición, que terá lugar o luns, día 13 de xuño, a partir das catro da tarde no salón de actos do instituto. 

Neste acto literario,  o alumnado do grupo de teatro do  instituto ofrecerá un recital de poemas de Xela Arias.

Contarase tamén coa presenza da profesora e escritora Marga do Val, premio da crítica 2010 polo libro de poemas A cidade sen roupa ao sol e premio da AELG de tradución por Randea do alento de Herta Müller. Marga do Val ofrecerá unha conferencia para  aproximarnos á obra de Xela Arias así como á importancia da literatura feminina dos  últimos anos en lingua galega.

Finalmente  entregaranse os premios do Quinto Certame de Poesía Xela Arias: premio da modalidade A: Victoria Pérez Gascón do IES Xesús Taboada Chivite, de Verín (Ourense); 2º premio da modalidade A: Paula Collazo Castiñeira do Colexio Obradoiro, da Coruña; 1º premio da modalidade B: Laura Ramos Cuba do IES Perdouro de Burela (Lugo); 2º premio da modalidade B: Elisabeth Rey González do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela; 3º premio da modalidade B: Pablo Lomba Riego do IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra); Mención especial para Miriam Dourado Carabel do IES Ponteceso de Ponteceso (A Coruña).

As persoas asistentes, recibirán como agasallo o libro, publicado pola Deputación de Pontevedra, cos poemas gañadores da terceira e cuarta a edición.

 

Escolares dos centros de ensino público da Guarda interpretan cadros de Alicia Alonso

Escolares dos colexios da Sangriña, Rodríguez Sinde e Solanas partiicpan nun proxecto  conxunto dos Equipos de Normalización  e Dinamización Lingüística co fin de coñecer a arte a través dos artistas da zona. Preténdese que este proxecto, que este ano está dedicado á pintora Alicia Alonso, continúe en cursos sucesivos.

Despois de coñecer á artista en persoa, os nenos e nenas de infantil e primaria, elexiron os cadros  e recreáronos baixo o seu punto de vista.

Alicia Alonso visitou cada un dos colexios, e quedou gratamente sorprendida polos traballos e a expresividade de cada cadro., dándose o colecitovo de profesores as grazas pola súa dedicación neste proxecto.

A exposición está aberta no Centro Cultural ata o xoves, día 16, en horario de 5 a 8 da tarde os días laborais e hoxe, sábado, de 10 a 13 horas.

 

Sábado, 11 de xuño  de 2011 

Hoxe constitúese a nova Corporación da Guarda na que Domínguez Freitas repetirá como alcalde

Hoxe, ás 12 do mediodía, celebrarase no concello da Guarda o Pleno Extraordinario de constitución da nova Corporación que se iniciará, co punto 1. Constitución da Mesa de Idade e continuará con 2. Comprobación de credenciais e personalidades dos electos; 3. Xuramento ou promesa e toma de posesión dos concelleiros; 4. Elección do alcalde, 5. Xuramento ou promesa e toma de posesión do alcalde

 

Festas de San Antonio no porto da Guarda

            A Guarda comeza hoxe as festas de San Antonio que teñen como marco xeográfico o porto. Durante a mañá o Gryupo de Gaitas da Terceira Idade fará un petrcorrido polas rúas do pobo anunciando esta celebración.

            Pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Saudade 73 e Kamelot.

            Mañá, domiingo, a banda de música La Delicias de Caeiro terá ao seu cargo o pasarrúas e acompañará, deseguido, ao estandarte ata a igrexa parroquial, onde se oficiará, ás 11.30 horas, a Misa Solemne, cantada polo Coro Parroquial, con Sermón, saíndo posteriormente a procesión.

Pola tarde actuará a banda de música La Delicias de Caeiro.

  

O guardés fundador de Wild Child Radio entrevistado no programa Pecado Mortal

O guardés Samuel Torres "Chamu", fundador e director da emisora Wild Child Radio, foi entrevistado por Paco Jimenez no programa Pecado Mortal, de Menorca. Este programa de radio de rock emítese en directo na FM en Menorca, e en diferido mediante numerosas emisoras a través de internet.

Na entrevista, trátanse cuestións tale como se creou esta emisora (Wild Child Radio), como foron os seus inicios, a súa filosofía e ideoloxía, como é o traballo do equipo e dos programas, os proyectos de futuro da emisora, e o novo rumbo que esta tomará a partires dos próximos meses, entre outras.

 

Sábado, 11 de xuño de 2011

O BNG non impedirá a investidura do candidato do PSOE na Guarda, desbotando a posibilidade de chegar a un pacto de goberno

O Bloque Nacionalista Galego tomou a decisión de non impedir a investidura do candidato do PSOE, José Manuel Domínguez Freitas, desbotando a posibilidade de participar no goberno municipal.

A organización nacionalista celebrou unha asemblea local na que houbo numerosas intervencións por parte da militancia e na que se tomou a determinación de non impedir a investidura do candidato do PSOE.

Dende o BNG desbotouse a posibilidade de chegar a un pacto de goberno, abrindo a posibilidade de chegar a acordos puntuais para sacar adiante aspectos programáticos nos que se priorice o gasto social, a aposta polos sectores produtivos e a defensa da lingua e da cultura de Galicia.

“No BNG actuamos con responsabilidade, tendo en conta de que forma somos máis útiles para os veciños e veciñas da Guarda e como poderemos desenvolver mellor o programa co que nos presentamos a estas eleccións municipais. Iníciase un novo tempo político sen maiorías absolutas no que o diálogo vai ter que ser unha constante. O BNG vai poñer os intereses das maiorías sociais enriba da mesa ante calquera proceso de negociación que se teña que afrontar” dixo, Xan Lois Lomba, candidato á alcaldía e portavoz municipal do BNG na Guarda.

O BNG defende novas políticas desde os concellos, “de acordo co que defendimos durante a campaña electoral”. O BNG non avalará, por tanto, políticas de dereita desde os gobernos municipais e si políticas nas que se aposte polos nosos sectores produtivos e as maiorías sociais.

Os acordos tomados pola asemblea do BNG son consecuencia da posición adoptada polo Consello Nacional do BNG a pasada semana, no que se acordou impedir a entrada do PP nos gobernos municipais deixando en mans de cada localidade a posibilidade de chegar a acordos co PSOE, en todo caso, o BNG favorecerá a gobernabilidade.

 

Venres, 10 de xuño de 2011

O documental “Vikingland” do guardés Xurxo Chirro na Competición Internacional do FIDMarsella

O documental galego “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro e producido por Fílmika Galaika, forma parte da Competición Internacional do prestixioso FIDMarsella, cuxa 22ª edición se desenvolverá entre o 6 e o 12 de xullo.

O certame francés é un dos festivais de referencia no ámbito da non ficción, e ao longo da súa historia consolidouse como unha cita imprescindíbel para comprender as mutacións do cinema contemporáneo e a crecente hibridación entre os rexistros narrativos e documentais. A
estrea mundial de "Vikingland" terá lugar en Marsella no marco do festival o venres 8 de xullo e contará coa presenza do director, Xurxo Chirro.

Sinopse

Luís Lomba “O Haia”, un mariñeiro da Guarda que traballaba nun ferry entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt, gravou a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros durante diversas travesías, entre o outono de 1993 e o inverno de 1994. Ese material de arquivo é a base de Vikingland, ensaio experimental sobre a emigración galega no Norte de Euopa que toma como inspiración o Moby Dick de Herman Melville.
Biofilmografía do director

Xurxo Chirro (A Guarda, España, 1973) é licenciado en Historia da Arte pola USC e traballou para a Axencia Audiovisual Galega e o AGADIC, organismos da Xunta de Galicia. Investigador, documentalista e crítico de cinema, colaborou con varios xornais e revistas e coordinador do libro Manoel de Oliveira (USC, 2004). Como guionista e director é autor dos filmes Os señores do vento (2008), 36/75 (2009), 13 pozas (2009) e Cellular Movie (2010).

 

Venres, 10 de xuño  de 2011 

Deportistas do Centro San Xerome coa selección galega de atletismo

Este fin de semana (10,11 e 12 de xuño),  dez deportistas do Club San Xerome: Borja (Atletismo), Dani, David e Pablo (Fútbol sala),  Vanesa, Maite Barros, Maite Santos, Amparo e Rosalía (Baloncesto) xunto co adestrador David Parada, defenderán a Selección galega  no Campionato de España de seleccións autonómicas.

Esta será a última actividade deportiva desta tempada, despois da participación o pasado domingo, 5 de xuño , na III Carreira popular de Amorín (Carreira pola integración), na que participaron sete atletas do Club san Xerome, e na que Amparo foi segunda na sua categoría; e na  celebración  o mércores, 8 de xuño,  da fin de tempada coa habitual actividade de piragüismo no Tamuxe  xunto con voluntarios do IES A Sangriña e do Centro San Xerome, e na que participaron  non só deportistas senón tamén usuarios dos tres sectores do centro de discapacitados da Guarda. A  actividade foi gratuita gracias á xestión dos profesores do IES A Sangriña, Amalio, Alberto e Bea.

Adxuntamos fotografías da Carreira de Amorín donde aparecen os nosos deportistas no podium coa Alcaldesa de Tomiño  (fotografía facilitada pola organización da carreira), e da actividade de piragüismo no Tamuxe (fotografía feita por José Morais)

 

Xoves, 9 de xuño de 2011    

ÁBACO abre o prazo de inscrición para a Feira de Oportunidades

Ábaco que solicitara unha reunión á Mesa Local de Comercio do concello da Guarda para levar a cabo unha feira de oportunidades para este ano, e que se celebrou onte coa aprobación por unanimidade da proposta, informa que a mesma realizarase os días 2 e 3 de xullo no Paseo Marítimo do porto da Guarda (a partir da Casa do Salazón), en horario de 11 da mañá ata as 10 da noite.

O prazo de inscrición estará aberto desde hoxe, xoves, ata o venres 17 de xuño, para todo o comercio guardés, socios de Ábaco e non socios.

En breve realizarase, na oficina de Ábaco, unha reunión previa onde se dará lectura as bases polas cales se rexerá o funcionamento desta actividade e se definirán todos os aspectos importantes da mesma.

Para máis información da campaña, as persoas interesadas poden pasar pola oficina da asociación situada na rúa Ireira, 9 – baixo da Guarda, ou chamar aos nº de teléfono 986 610 887 – 699 240 467, e mesmo enviar un correo electrónico ao enderezo: info@asociacionabaco.es

 

Mércores, 8 de xuño de 2011

Cruz Roja organiza un monográfico de Técnicas de Animación y tiempo de ocio

Desde la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollaremos los próximos días 23 y 24 de Junio en horario de 09:00 a 14:00 un monográfico sobre “Técnicas de animación y tiempo de ocio” con una duración de 10 horas teóricas y 10 horas prácticas a desarrollar en los talleres de verano de las aulas de Cruz Roja.

El juego es considerado el principal medio de aprendizaje para los niños; algunos lo consideran como el trabajo más serio durante la infancia, es la manera más natural de experimentar y aprender; favorece el desarrollo del niño en diferentes aspectos: en su desarrollo socio emocional, ya que le permite expresar sus emociones y aliviar tensiones pues le proporciona placer y alegría. Es un medio que le permite socializar ya que entra en contacto con otros niños y con los adultos, aprendiendo a respetar normas de convivencia y a conocer el mundo que lo rodea. Cumple un rol muy importante en el desarrollo de su personalidad;  en su desarrollo psicomotriz, pues le brinda la oportunidad de ser activo y explorar a través de su cuerpo y sus movimientos con toda libertad; en su desarrollo cognitivo, al jugar, el niño aprende y estimula sus capacidades de pensamiento, entre ellos, la atención, memoria y el raciocinio. El juego permite que el niño haga uso de su creatividad, desarrolle su imaginación y posibilita el aprendizaje significativo puesto que la actividad lúdica capta el interés y la atención del niño.   La acción formativa tiene los siguientes contenidos; ocio y tiempo de dinámicas de grupo; expresión plástica, animación deportiva, expresión musical ; Bibliografía de especial interés; Programación de las actividades.

En este curso pueden participar de forma gratuita cualquier persona de la comarca. Interesados anotarse en la sede de Cruz Roja en A Guarda o llamando al 986 61 46 09/ 606 34 84 71.

 

Mércores, 8 de xuño  de 2011 

La Asociacion Cultural y Juvenil Trisquel organiza un viaje de fin de curso a Madrid

Con salida el día 24 a las 5 de la mañana desde A Guarda y un recorrido que pasará por O Rosal, Tomiño y Tuy., la Asociación Cultural y Juvenil Trisquel organiza un viaje de fin de curso a Madrid con visita panorámica de Madrid, el primer día: el segundo día:, será al Parque Warner y el tercer día al Zoo – Acuario.

El viaje, con un coste de 219 euros por persona,  incluye autocar de lujo, comida, cena y alojamiento del primer día, pensión completa del segundo día y desayuno y comida del tercero, además de la Póliza de Seguro de Viaje, el cual se realizará si se alcanza un número mínimo de asistentes.

Los teléfonos de reservas  y ampliar la información son el 986 62 26 65 – 675 80 08 69. pudiéndose llamar entres las 9.30 de la mañana y las 13:30 de la tarde. Las plazas son limitadas.

 

Martes, 7 de xuño de 2011    

Inauguración de nova exposición en a+b

Este sábado ás sete da tarde será inaugurada na Galería a+b na rúa Galicia da Guarda unha exposición de esculturas de Paulo Neves. A mostra poderá visitarse ata o 19 de xullo.

 

Martes, 7 de xuño  de 2011 

Viaje a Granada para apoyar al Celta

La Peña Celtista Baixo Miño organiza un viaje a Granada, para asistir al partido de vuelta del play-off.

El precio del viaje es de 50 €, programándose la salida de A Guarda, el viernes a las 22 horas (10 de la noche), y el regreso al terminar el partido.

Las reservas se pueden hacer en la Cafetería Oasis, Muebles Salcidos o llamando a los teléfonos 986-62-73-80 y 690.659.870 y el límite para hacerlas, es mañana miércoles, a las 20 horas.

 

Martes, 7 de xuño de 2011

Tino Baz no Alalá da TVG

            O cantautor guardés Tino Baz será o protagonista mañá, mércores, do programa que emite a TVG a partires das 22.20 horas.

            Tino Baz, a voz masculina de máis sona que deu A Guarda, levará a través das ondas os seus poemas feitos canción e a alma e os sentimentos feitos voz.

 

Martes, 7 de xuño de 2011 

Fútbol-tenis no Café-Bar Bergantín o 2 e 9 de xullo

O céspede da Cafetería Bergantín incorpora, este ano, unha nova modalidade deportiva: o Fúbol - Tenis, que explican desde a organización como unha experiencia innovadora e nada corriente por estes lares, de xeito que non se sabe que aceptación pode ter, pero como iniciativa aí vai estar. O lugar de xogo e no cafe-bar Bergantín, os dias 2 e 9 de xullo (ambos sábados) sendo as 16 horas o comezo do torneo. 

        O xogo trata de combinar o fútbol co tenis, nun campo de dimensións de 3 m X 8 m,  dividido por unha rede de 1 m. de altura. A pelota será de fútbol e poderase xogar con calquer parte do corpo agás os brazos e as máns. 

 

Luns, 6 de xuño de 2011 

Novena plaza para Robaleira en el campeonato de España de Trainerillas

Informa Herme Martínez.- Este pasado fin de semana se celebró el campeonato de España de Trainerillas en aguas de Vilaxoán, con la participación deñ Club de Remo Robaleira, terceras de Galicia, que defendieron el pabellón autonómico, en las regatas del sábado, quedando en cuarta posición en la tanda clasificatoria, lo que nos relegó a la tanda de Consolación celebrada ayer, domingo, donde estaban en juego las plazas 6º a 10º  quedando en una discreta novena posición.

Las primeras plazas fueron para  S. D. Samertolameu de Meira (Galicia), en primer lugar, Getaria, (Guipuzcua) y San Juan (Guipúzcua).

En la categoria Juvenil masculina la primera plaza se fue para Astillero (Cantabria), la segunda para S.D. Tirán (Galicia) y la tercera para Vilaxoán, (Galicia).

En la categoría reina Seniors, la primera plaza repitió S.D. Astillero  (Cantabria), la segunda plaza tambien se fue para Cantabria S.D.R. Pedreña, y la tercera se quedó en Galicia  para la S.D. Tiran.

Con esta regata llega a su final la temporada de remo.

En estos momentos el Club de Remo robaleira prepara el cusillo de verano,  para niños del que en su momento se informará.

 

Luns, 6 de xuño de 2011

Selección de un bolseiro  para a realización de prácticas de turismo no Padroado Municipal Monte Santa Trega da Guarda

            Convocase proceso para a selección dunha bolsa de práctica de turismo, durante 3 meses, para a promoción turística do Padroado Municipal Monte Santa Trega da Guarda, destinadas a Diplomados en Turismo ou Técnico superior en Comercialización e Información Turística. Todos os interesados poderán recoller as bases e solicitude no Rexistro Xeral do Concello da Guarda ata o 11 de xuño en horario de 9: 00 a 13:30 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.

(Ver Bases completas)

 

Luns, 6 de xuño  de 2011 

Piden el apoyo del Baixo Miño a las aspiraciones del Celta en su regreso a la Primera División

La Peña Celtista Baixo Miño, ante el play-off que jugará el R. C. Celta en esta semana, pide a todos sus socios y simpatizantes del club, que engalanen los balcones y ventanas con banderas, bufandas o cualquier elemento que se identifique con el club, y acudan a Balaidos para dar el empujón definitivo en el ascenso a Primera División.

La Peña recuerda que saldrá el autobús para Balaidos, una hora y media antes del partido y que el equipo necesita ese gran apoyo y la energía de todos los aficionados para ser  equipo de PRIMERA, y para ello es preciso también una afición de PRIMERA.

 

Sábado, 4 de xuño de 2011 

A Feira do Libro chega este domingo ó Porto da Guarda

       A Feira do Libro celébrarase este domingo 5 de xuño, tras verse necesariamente aplazada a causa da choiva. Ante as favorables prediccións para este findesemana, mantense a ubicación no Porto da Guarda, aínda que o programa de actividades veuse modificado parcialmente. Informamos a continuación do programa definitivo:

11h.                        Apertura da Feira. As librerías poñen á venda os libros cun 20% de desconto.

                                Este ano o concello habilita un stand para a venda dos libros publicados polo concello 11-14h. a de 17.00h. a 20h.

12,30h.                  Espectáculo PIN PAN da Compañía Pés Ceibes.

16,00-18,00h.       Obradoiro “fai o teu monicreque de dedo”

18,00-20,00h.       Obradoiro “fai un boneco do teu personaxe de conto favorito”

19,00h.                  Merenda con Chocolate e Rosca para os asistentes.

20,00h.                  Peche da Feira

LIBRERÍAS PARTICIPANTES:

A GUARDA: ATLÁNTICA/LER/CERVANTES

O ROSAL: MULTINOVAS

TOMIÑO: NOVIDADES/ VETUSTA MORLA

GONDOMAR: LIBRAIDA

COLABORAN:

PASTELERÍAS: Rogelio, Do Muíño,  Morales, Estévez, Montserrat, Flor y Nata

RESTAURANTE LA PIZZICATA (A GUARDA)

CIMAPIR SL, Sistemas y Soluciones para la Construcción.

 

Sábado, 4 de xuño  de 2011 

Hoxe, no Centro Cultural, estrenarase a obra de teatro “O pensamento da lamprea”

Os alumnos da Escola Municipal de Teatro da Guarda convidan a todos a asistir hoxe, ás 20:30 horas ao Centro Cultural da Guarda, no estreno da obra de teatro “O Pensamento da Lamprea”

Sairán primeiramente ao escenario os actores máis pequenos cunha obra de, aproximadamente, 25 minutos de duración, e deseguido serán os adultos os que estarán no escenario.

 

Venres, 3 de xuño  de 2011 

La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño abre el plazo de inscripción para las actividades de verano

            Cruz Roja Española informa que desde su Asamblea Comarcal Baixo Miño pondrá en marcha el próximo 4 de julio sus actividades de verano. El plazo de inscripción ya está abierto desde el pasado 1 de junio.

            Las ludovermellas se desarrollarán en el CEIP Mestre Manuel García de Oia, en las dependencias del Omix de Tomiño y en el parque de O Montiño de A Guarda,  de 11.00 a 13.00 horas en A Guarda y Oia, y en Tomiño de 10.00 a 13.00 horas. Las actividades están dirigidas a niños con edades comprendidas entre los 5 y 12 años. La finalidad de estos talleres es hacer llegar a los participantes valores como solidaridad, tolerancia, cooperación, empatía, compañerismos y respeto, además de fomentar la interrelación entre niños de distinto grupo de edad.

Los objetivos que se pretenden conseguir son básicamente los siguientes: Promover la adquisición de nuevos hábitos lúdicos y educativos; Fomentar la participación; Promover la adquisición de valores y conductas positivas respecto a la vida grupal y a la convivencia, y Reforzar y favorecer la creación de redes interpersonales.

Estos talleres, de carácter gratuíto, serán realizados los lunes en Oia, martes y jueves en A Guarda y los viernes en Tomiño.

 

Venres, 3 de xuño de 2011 

María José Baz estará mañana en el Centro Cultural Novacaixagalica

Mañana, sábado, 4 de junio a las 19:00 horas tendrá lugar en la Sala de Conferencias del Centro Cultural Novacaixagalicia (Policarpo Sanz, 13) un recital poético-musical organizado por el grupo "Brétema".

En este acto participará María José Baz, cantautora guardesa que interpretará dos temas musicados por ella misma: "No te rindas", de autor desconocido, y "Monte Santa Tecla", poema de Aída Lomba, estrenado el pasado 27 de mayo con motivo del homenaje que la Agrupación Cultural Guardesa, presidida por Julia Sobrino, rindió a la poetisa autora del poema publicado en su primer poemario.

 

Dos artistas promueven en a Guarda “La Casa Taller”

La Casa Taller es un proyecto que promueven dos artistas plásticos en a Guarda, Daniel Alonso, escultor, y Gemma Marqués, pintora.

Esta inciativa consiste en humanizar una vieja casa marinera de finales del siglo XIX respetando su estructura, para reconvertirla en un perfecto lugar de trabajo y exposición abierta al público, y en una moderna vivienda, con las comodidades de una casa del siglo XXI.

La Casa Taller está situada  al lado del mar, entre el Paseo Marítimo y la calle Malteses emblema de la localidad. Las vistas y la luz, dicen los artistas, son inmejorables y se respira tranquilidad, y un ambiente óptimo para la creación y la inspiración 

 

Venres, 3 de xuño de 2011 

Festa da Bicicleta 2011 – A Guarda

O próximo sábado, día 4 de xuño, celebrarase a Festa da Bicicleta organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello da Guarda e o Club Ciclista Guardés.

A actividade dará comezo as 17.30 horas na Alameda, dende onde se iniciará un percorrido ao redor do Monte Santa Trega.

Unha vez terminado o percorrido desenvolverase na Alameda un sorteo de diferente material deportivo entre todos os participantes.

Recórdase a obrigatoriedade do uso do casco para todos os participantes na festa da bicicleta.

 

Venres, 3 de xuño de 2011

Espectáculo infantil o domingo ás 12.30 horas no Auditorio de San Bieito

No contexto da Feira do Libro, que se aprazou para este domingo, 5 de xuño, terá lugar o espectáculo PIN PAN da man da compañía Pés Ceibes. Trátase dun espectáculo de pantomima para todos os públicos, que achega á vila unha proposta novedosa e interesante.

Unha conmovedora historia de amor entre os dous títeres. A súa forza de vontade e sentimento romperá os fíos que os sosteñen. Ese amor vai ter a rivalidade entre os seus asesores. Pin-Pam é unha historia chea de humor e fantasía, recreado un ambiente máxico, un mundo evocador, onde calquera detalle pode ser unha metáfora para a realidade máis próxima.

 

Xoves, 2 de xuño de 2011

A Aula CeMit do concello da Guarda celebrará tres cursos de alfabetización dixital e unha charla informativa  no mes de xuño

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de A Guarda celebrará tres cursos e unha charla informativa durante o mes de Xuño.

            A Aula CeMIT de A Guarda acollerá os días 6, 7, 9 e 10 de xuño o curso de “Alfabetización dixital: Correo Electrónico Webmail”. Con esta actividade preténdese que ós participantes comecen a manexar o correo electrónico e, para elo, darase de alta unha conta de correo electrónico gratuíta que posibilitará a aprendizase e manexo da mesma, e unha vez rematado o curso, poderase seguir empregando. O horario desta actividade é de 10:00 a 11:30 horas. É imprescindible ter coñecementos básicos de informática para acceder a este curso.

            Os días 13, 14, 15, 16 e 17 de xuño celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, co que se pretende familiarizar ós participantes coa filosofía e uso de Internet. Aprenderase a visitar páxinas web, buscar información sobre calquera tema, ver vídeos e fotografías. O horario será  de 10:00 a 11:30 horas. Os requisitos para acceder a este curso son ter coñecementos básicos de informática.

            Os días 20, 21, 22, 23 e 24 de xuño celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Organización de viaxes empregando Internet”, co que se pretende amosar ós participantes as vantaxes de planificar as viaxes de vacacións empregando os diferentes recursos que Internet pon ó noso alcance. O horario será  de 9:00 a 10:30 horas. Os requisitos para acceder a este curso son ter coñecementos básicos de informática.

            As activades complétanse cunha charla sobre “Configuración da Ubiquiti Nanostation para conectar a Navegaguarda”

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de A Guarda, no Centro Cultural, chamar ao teléfono 986.61.18.50, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.aguarda@xunta.es

 

Xoves, 2 de xuño de 2011 

Un Curso AFD: Técnico de Sistemas Microinformáticos (538 H) impartirase polo Grupo San Benito

Informática San Benito, vai desenvolver entre o 21 de xuño e o 30 de novembro do 2011, un curso AFD da Conselleria de Traballo da Xunta de Galicia, para desempregados coa denominación de “Curso AFD: Técnico de Sistemas Microinformáticos”, dirixido a alumnos con FP2 Electricidade ou Electrónica, Bacherelato ou BUP.

O curso consta dos módulos seguintes: Elementos dun Sistema Microinformático, Sistemas Operativos, Instalación e Administración de Redes de Area Local, Diagnóstico e solución de Averias, e Varios módulos transversais como Igualdade, Creación de Empresas e Inserción Laboral. A Acción desenvolverase na Aula 01 das Instalacións que ten Informática San Benito, na Guarda.

Para máis información as persoas interesadas poden enviar un correo a info@sanbenito.es, ou o chamar ao teléfono 986 60 89 20. (Mías informaicón en  

http://www.sanbenito.es/Formacion.aspx

 

Mércores, 1 de xuño de 2011 

María F. García Orduna, do Club San Xerome, campiona de España de lanzamento de disco e xavelina

O campionato de España de lanzamento de disco e xavelina tivo lugar esta pasada fin de semana nas Pistas do Complexo deportivo Bahía Sur de San Fernando (Cádiz), organizado pola Federación española de deporte para persoas  con discapacidade intelectual (FEDDI).

Participaron un total de 51 Clubes e  291 atletas de todo o estado español.  San Rafael, Chapela e Aspanaex (Vigo),  e o San Xerome (A Guarda)  foron  os Clubes que representaron a Galicia.

O atletas do Baixo Miño,  tiveron unha destacada actuación tanto na categoría de competición (Luis, Borja, Javi, Amparo e María ), como na categoría adaptada (Maite e Francisco).

Importantísimas as dúas medallas de ouro acadadas pola atleta residente en San Miguel de Tabagón (O Rosal), María F. García Orduna, nas especialidades de lanzamento de disco e xavelina, completando a súa boa actuación cun  meritorio 5º  posto en lanzamento de peso.

Excelentes  os resultados e impresionante o traballo desenvolvido polos adestradores voluntarios  ó longo desta tempada nun ano no que o Club, ó igual que moitos outros,   sufriu  as consecuencias da  críse con importantes recortes nas subvencións  oficiais. De feito, a viaxe a Cádiz foi custeada integramente polos deportistas  e as súas familias.

 

Novas do Club de Remo Robaleira

A pasada fin de semá, celebráronse en augas de Bueu, a territorial Sur de Trainerillas, nas categorías Xuvenil masculina, Seniors masculina, e absoluta fémininas (xuvenís maiores de 16 anos e seniors compiten misturadas). O Club de Remo Robaleira, presentou dúas tripulacións, unha seniors masculina, e outra absoluta feminina, mentres que a tripulación xuvenil masculina, por compromisos coa Selección nacional, non puido estar presente, cedendo a parte dos remeiros ao Club Vilaxoán, para dar unha oportunidade aos remeiros guardeses. A tripulación senior masculina caía nas regatas de clasificación do sábado, mentres que a tripulación de femininas, composta por Silvia, Angela, Cris, Laura, Vanesa, Carla, Silvia Piloto con Iván á caña, acadaron a súa praza para o domingo, onde se clasificou en quinta posición para o Campionato Galego, co que se cumpriu o obxectivo fixado o principio da tempada.

 

Mércores, 1 de xuño  de 2011 

Gradiant visitará o xoves o Centro  San Xerome Emiliani

A actividade está enmarcada no proxecto “Tecnologías Especiales para Personas Especiales”, que cofinancia a FECYT (Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía).

Con estas visitas, GRADIANT trata de achegar as novas tecnoloxías AAL a un dos colectivos que máis partido pode sacarlles e que ó mesmo tempo estivo tradicionalmente alonxado das innovaciones técnicas. Neste caso, as tecnoloxías preséntanse ós alumnos e ós docentes a través de sinxelos e divertidos xogos (mover unha pelota coa mente, xogar co ordenador manexando o rato cos ollos ou a nariz).

A visita terá lugar mañá, xoves, a partir das 10.00 horas e ata as 13.00 horas