|
|
Mércores, 29 de xuño de 2011 La Guardia Civil detiene a un matrimonio luso por denunciar un falso atraco en Tomiño Los arrestados simularon ser víctimas de un robo con violencia e intimidación que nunca se produjo. La Guardia Civil ha detenido a dos ciudadanos de origen luso residentes en Tomiño a los que se les imputan los ilícitos penales de simulación de delito y denuncia falsa. Los arrestados, M.M.G.G.S, de 42 años y R.A.M.S., denunciaron el pasado 30 de mayo ser víctimas de un supuesto robo con violencia e intimidación sufrido en su vivienda, ubicada en Tomiño. En su declaración ante los agentes de la Guardia Civil aseguraron que dos individuos habrían entrado ese mismo día en su piso haciéndose pasar por técnicos de una compañía y, que tras maniatar a la mujer, se dieron a la fuga con un botín superior a los 80.000 euros en joyas y dinero en metálico. La investigación realizada por el Equipo de Policía Judicial de la Guardia Civil de Tui ha posibilitado determinar que no se produjo el robo denunciado y que tampoco existen los efectos que los declarantes habían citado como sustraídos. Se barajó en un principio la posibilidad de que el objetivo de estos hechos fuera pretender el cobro fraudulento de alguna indemnización por parte de la compañía aseguradora de la vivienda. Sin embargo ésta no era la supuesta intención de los detenidos; que ni siquiera presentaron parte ante la compañía ni tenían contratada esa cobertura por robo. La colaboración del Centro de Cooperación Policial y Aduanera de Tui-Valença do Minho con la Policía Judicial de la Guardia Civil posibilitó agilizar el intercambio de información entre los dos países y conocer las supuestas motivaciones de los arrestados. Su intención podría ser la de intentar justificar la falta de pago a presuntos acreedores en las dos riberas del Miño. Los detenidos fueron puestos en libertad con cargos con la obligación de presentarse cuando les requiera el Juzgado de Instrucción Número Dos de Tui, encargado del caso.
Martes, 28 de xuño de 2011 Exposición de fotografías antigas en Goián Más de setecentas fotografías compoñen a exposición que este xoves ás nove da noite vai ser inaugurada nas antigas escolas de Goián, na praza Antonio Fernández. A mostra titulada “Xentes e Costumes de Goián” está organizada polos veciños de Goián. Poderá visitarse ao longo de todo o mes de xullo.
Jaime Pichel presenta o III Slalom de Tomiño (Informa Rubén Casaleiro Pintos) O vindeiro sábado 2 de xullo terá lugar o terceiro slalom de Tomio, as probas cronometradas terán lugar pola tarde a partir das 16:00 e os adestramentos as 13:00. Calcúlase que a proba finalizará sobre as 19:00, hora na que se procederá á entrega de premios diante do concello. O lugar de celebración será o mesmo que en edicións pasadas, no centro de Tomiño, pero cunha variante, que se amplía o trazado considerablemente, nun 60% para ser máis exactos, o que sen dúbida fai máis atractiva a proba tanto para pilotos coma para espectadores. As medidas de seguridade serán exemplares como de costume, con valado de formigón e valo metálico en todo o trazado para garantir a máxima seguridade para todos. O prazo de inscripción está aberto ata o día 29 do de xuño, coa publicación da lista de inscritos o día 30. Contarese coa presenza de pilotos de nome como Alberto Meira e outros non tan coñecidos, pero por suposto igual de válidos e con ganas de demostrar que nun slálom o que contan son unhas mans hábiles e calquera se pode levar o gato á auga. A organización desexa e traballa para que esta proba sexa unha festa do motor e continuar co esforzo de mellorar ano tras ano. (Entrevista na Radio Municipal de Tui: http://www.youtube.com/watch?v=XhxdSpOsyWw)
Luns, 27 de xuño de 2011 Curso de pandereta en Amorin A Asociación Veciños de Amorín vén de organizar un curso de pandereta, que se realiza na Casa dos Mestres de Amorín, todos os venres, de 21 a 23 horas. Quince persoas, de todas as idades, da parroquia de Amorín e de fóra, forman este grupo de alumnos e alumnas, que aprenden a tocar e a cantar, nun magnífico ambiente de camaradería. A Asociación Veciños de Amorín anima a que as persoas que o desexen se incorporen a este curso, pois aínda se está a tempo.
Venres, 24 de xuño de 2011 Concerto de aniversario da Agrupación Musical de Goián Este sábado as 20.30 horas, a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto con motivo do seu 13º aniversario. A cita será no audiorio de Goián onde a banda, e baixo a batuta de David Pérez Trigo, interpretara un repertorio variado. A andaina da Agrupación Musical de Goián comeza no ano 1994 como unha actividade extraescolar da ANPA do colexio C.E.I.P. pintor Antonio Fernández ed Goián, impartíndose clases de solfexo. En xuño de 1996 cómpranse os primeiros instrumentos, para que o día 27 de xunio de 1998, e na praza da Igrexa de Goián, a Agrupación Musical de Goián presentase ó público oficialmente esta formación, sendo apadriñada pola “Banda de Música Xuvenil de Chapela” e a “Agrupación Musical de O Rosal”. Esta agrupación está formada por 45 músicos e conta cunha escola na que 12 mestres imparten clase a case 70 alumnos. Do 12 al 19 de agosto do ano 2000 visitou Valencia para facer un intercambio coa banda de música “Societat Centre Artistic Santa Cecilia de Foios” que devolveron a visita no ano 2001. En setembro do ano 2000 participou no 3º Festival Internacional de Música dos Templarios na cidade de Tomar (Portugal). Ata o dia de hoxe, a Agrupación Musical de Goián ten tocado en actos culturais e festas populares nas provincias da Coruña, Ourense, Pontevedra, Valencia, Madrid e no país veciño, Portugal. Tamen actuou dúas veces no programa da TVG “Galicia Enteira”. Participou no 1º, 2º, 3º , 4º e 6º Certame Provincial de Bandas de Música, organizado pola Deputación de Pontevedra, sendo a banda máis nova no primeiro certame e conseguindo un Segundo Premio no terceiro e o Primeiro Premio e Mención de Honra no cuarto e sexto certamen celebrados en octubre dos anos 2004 e 2006 respectivamente.Neste ultimo certame o director, Carlos Díaz Álvarez, lograba o premio “Manuel Quiroga” ao mellor director. Cabe destacar os cursos realizados para a formación impartidos, entre outros, polos músicos: Angelines Galán, Profesora de clarinete do Conservatorio Profesional de Madrid; José Luis Represas Carrera, Saxofón solista da Banda Municipal de A Coruña e compositor; Quinteto de Metales Luur Metalls coa colaboración de Fred Mills (Ex trompetista do quinteto Canadian Brass) e realizou concertos cos músicos convidados Eduardo Nogueroles, Santiago Blanco (trombón solista da J.O.N.D.E. e actualmente trombonista na Orquestra de Chicago), Esteban Valverde (mestre no conservatorio profesional de música de Vigo) ou Bart Picqueur (dompositor e director). No mes de abril de 2003 grava o seu primeiro traballo discográfico. No mes de xullo do 2005 fai un intercambio coa banda de música de San Martín de la Vega (Madrid) En en abril 2007 o que viña sendo director dende a súa fundación, Carlos Díaz Álvarez, cédelle o posto a César Núñez Pérez que dirixirá a banda ata finais do ano 2008 collendo a batuna en xaneiro de 2009 o actual director, David Pérez Trigo.
O concello de Tomiño abre o prazo de inscripción do Campus de Fútbol O Concello de Tomiño pon en marcha un ano máis o Campus de Fútbol. O prazo de inscripción pecharase o vindeiro día 4 de xullo. As datas para a realización do campus están fixadas do 18 ao 30 de xullo en horario de mañán (de 10 a 13.30 horas) e desenvolverase nos campos da Carballa e do Regatiño. A actividade vai dirixida como vén sendo habitual a nenos e nenas de 4 a 15 anos. O campus contempla dúas seccións, unha máis teórica relacionada coa alimentación e o correcto estiramento antes de xogar, e outra máis práctica na que se pretenden acadar contidos como Aspectos técnicos como superficies de contacto, control, condución, pase, tiro; Tácticas de xogo (profundidade, relación, espazo/tempo); Traballo específico de porteiros, e Hábitos deportivos como flexibilidade, hidratación, descanso, control de enerxías/esforzo. Como novidades este ano redúcese o prezo de incripción que pasa a ser de 50 euros e descontos se se trata de irmáns. A novidade fundamental do Campus é que os organizadors son os clubs de base do Concello de Tomiño, tanto o Goián como o Tomiño e o Clube Femenino. Isto permite unha reducción importante dos custes, tanto na colaboración do Concello como na achegas familiares. Con estas novas a Concellería de Deportes buscar reducir o custo do campus pensando sobre todo na facenda das familias de Tomiño sen renunciar a esta actividade deportiva. A súa reponsable, Cristina Martínez asegurou que “o deporte de base será unha aposta fundamental do novo goberno, pero feito sempre en colaboración coas entidades do Concello para responder ás súas propostas e iniciativas como se vai facer no caso do Campus. Sería moi doado contratar o campus e pagar, pero está mellor xestionado colaborando coas entidades de Tomiño e supondo un aforro importante para todos“. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, apunta que ademáis “para Tomiño o campus suporá unha inversión que revertirá no propio municipio de xeito que as compras (equipamentos e alimentación) se realizarán nos comercios do concello.” Sinalou que “no primeiro día da inscripción xa hai máis de 20 nenos e nenas e vin moita xente polo concello a pedir follas de inscripción”.
EL PP de Tomiño lamenta las dificultades puestas a la Fundación Celta de Vigo para organizar el campus de verano de fútbol El Partido Popular de Tomiño lamenta que la Fundación Celta de Vigo haya decidido trasladar el Campus de Verano de Fútbol fuera de Tomiño, previsiblemente en O Rosal, ante las trabas puestas por la alcaldesa y su equipo de gobierno para ceder las instalaciones de A Carballa y O Regatiño. En los últimos años la Concejalía de Deportes venía coorganizando con la Fundación Celta de Vigo este Campus en el que participaban unos 200 niños y niñas de la comarca, habiéndose consolidado como referente, con la implicación, en la parte docente, de jugadores profesionales procedentes del Club celeste. Este año, el Concello de Tomiño, según fuentes próximas a la Fundación, retiró no sólo la colaboración económica sino que también se negó a ceder las instalaciones deportivas para que el citado Campus pudiese celebrarse con aportaciones privadas. En otras ediciones la financiación procedía de las aportaciones de los propios inscritos, de patrocinadores privados y del propio Concello. Según el portavoz del PP local, Pablo Baquero, con independencia de que puedan surgir otras iniciativas similares (como la que se está poniendo en marcha desde los clubes de Goián y Tomiño) lamentan que la Fundación Celta de Vigo deje de organizar en esta localidad un evento que, según reconocían los propios implicados, era uno de los que más éxito y reconocimiento tenía dentro de la provincia. El gobierno del BNG se está equivocando, a juicio de Baquero, a la hora de establecer prioridades, manteniendo actividades mucho menos consolidadas y eliminando las que le otorgaban relieve a Tomiño, como por ejemplo este evento o la Fiesta del Kiwi, pero, sobre todo, critica el hecho de negar la utilización de unas instalaciones que hasta la fecha no se le habían negado a nadie.
Festas na honra a San Pedro en Forcadela Esta fin de semana celébranse festas na honra a San Pedro en Forcadela, Tomiño. Mañá sábado a verbena estará amenizada polos grupos Suevia e Talismán. Xa o domingo ás 10h entrarán o recinto de festa se fará un pasarrúas a Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes. Ás doce celebrarase Misa solemne con sermón e procesión. Xa pola tarde terán as tradicionais poxas e verbena co trío Solara.
Sardiñada e churrascada na Praza do Seixo A Comparsa Estrelas da Noite organiza mañá sábado, a partir das oito da tarde, unha sardiñada e churrascada na Praza do Seixo. Estará amenizada pola charanga Air Jalisia.
Xoves, 23 de xuño de 2011 Comuneiros ofrecen en aluguer unha finca A Comunidade de Montes de Sobrada cede en aluguer un terreo de 13.000 m2 totalmente pechados, con dúas cámaras frigoríficas, un galpón, pozo de auga e unha nave de uns 70 m de longo por outros 10 m de ancho de chapa sanwish, totalmente pechada en perfecto estado. O lugar atópase na zona de Torrón,na "antiga finca das perdices".
Sábado, 18 de xuño de 2011 Santiago Vergara cualificou de “inoportuna” a subida nas retribucións que cobrarán a alcaldesa e o Concelleiro de Urbanismo O portavoz socialista no Concello de Tomiño, cualificou de “inoportuna” a subida nas retribucións que cobrarán a alcaldesa e o Concelleiro de Urbanismo. Segundo Santiago Vergara, non é fácil de entender que se fale de austeridade, subíndose o salario máis dun 8%. Vergara tamén apuntou que o aforro que se vai conseguir coa redución de dedicacións exclusivas non é de 52.000 euros como foi anunciado na prensa. A realidade é que se vai a aforrar xusto a metade do anunciado, uns 26.000 euros sobre o que xa estaba orzamentado para este ano. O importe das dedicacións parciais tamén foi criticado polo portavoz socialista, que considerou que unhas retribucións de 16.000 euros anuais por 25 horas de traballo á semana supón un alarde de xenerosidade, cando para moita xente ese é o salario por xornadas de 40 horas semanais. No referido ao incremento das retribucións dos cargos de confianza, Vergara dubidou da súa legalidade e anunciou que pedirá informes de intervención e secretaría, por entender que esa subida debería facerse no marco da RPT que o Concello debe negociar cos traballadores. A ese respecto, Vergara manifestou que confía que tamén se lle aplique un incremento do 8 % a tódolos traballadores do Concello para a aprobación de RPT. O voceiro socialista, que se abstivo na votación do salario da alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, votou a favor da diminución da contía a cobrar por asistencia a pleno e comisións nun 16 %.
El PP dice que la alcaldesa del BNG aprovecha la mayoría absoluta para subirse su sueldo El Partido Popular de Tomiño muestra su indignación con la alcaldesa del BNG y su equipo de gobierno cuya primera medida ha sido subir el sueldo tanto de la regidora como de Uxío Benítez. Sandra González pasará a cobrar 42.000 euros anuales brutos, lo que supone un incremento de más de 7.000 euros en la retribución que venía percibiendo y el concejal de urbanismo se incrementa su sueldo en más de 6.000 euros brutos hasta alcanzar el importe de 35.000 euros anuales. El nuevo portavoz del Partido Popular, Pablo Baquero, califica de “paripé” la bajada de un 5% realizada por Sandra González y por Uxío Benítez en sus sueldos hace unos meses, siguiendo la recomendación de la Federación Gallega de Municipios y Provincias. Se trata, a juicio del Partido Popular, de una medida de Sandra González que utiliza el rodillo de la mayoría absoluta para beneficio propio, en una época en la que es necesario dar ejemplo con la contención de salarios y gasto público, según Baquero, “la alcaldesa queda sin autoridad moral para pedir a funcionarios y trabajadores que contengan sus salarios”. Para el PP, tampoco es un buen ejemplo hacia los vecinos y vecinas de Tomiño, en un ayuntamiento en donde el número de desempleados supera las 1.500 personas. “Con esta actitud se desprestigia a toda la clase política, ya que en este caso, se puede afirmar que lo primero que ha hecho la alcaldesa en Tomiño, tras tomar posesión, ha sido subirse su sueldo. La reducción del gasto en dedicaciones exclusivas (de cinco a dos) que a “bombo y platillo” ha vendido estos días Sandra González no es tal, ya que se han triplicado las dedicaciones parciales, pasando de una a tres”. Finalmente, Pablo Baquero también critica la consignación de 20.000 euros para la contratación de una secretaria externa adscrita a la alcaldesa, función que muy bien podría ser desempeñada por el propio personal del Concello: “Sandra González pasa a costarnos anualmente, a los contribuyentes, más de diez millones de las antiguas pesetas, lo cual es a todas luces una inmoralidad y máxime en los tiempos de coyuntura económica adversa que vivimos”.
O concello de Tomiño achega o patrimonio arqueolóxico aos escolares do CRA de Tomiño Un ano máis coa chegada do periodo estival dende a Concellería de Turismo programáronse visitas guiadas para nenos e nenas do Concello. Este ano escolléronse aos escolares do CRA Mestre Manuel Garcés (Colexio Rural Agrupado) de Tomiño. As visitas se sucederon ao longo de tres días, martes 14, xoves 16 e venres 17 xuño, pasando polo conxunto arqueolóxico máis de 150 nenos e nenas. Previamente á visita se desenvolveu un obradoiro formativo no cal de xeito didáctico se lles explicou as sociedades prehistóricas e os petrogrifos, de forma que resultase comprensible a visita no monte. Estes obradoiros resultaron moi animados xa que se fixeron a través de xogos participativos para os nenos e nenas. Seguido ao obradoiro se fixo a visita aos petrogrifos onde os cativos puideron tomar contacto directo co patrimonio. Como recordo a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, fixolles entrega dun puzzle dos Bolechas no Monte Tetón. Con esta actividade se busca, segundo a Alcaldesa, “trasmitir valores aos nenos e nenas de Tomiño porque serán eles os que se encargarán no futuro da conservación do noso rico patriminio, por iso temos que ensinarlles xa de pequenos que é o que temos e porqué debemos conservalo. En fin, facelos partífices da nosa historia”.
Xoves, 16 de xuño de 2011 A alcaldesa de Tomiño formou o novo goberno municipal, que reducirá dedicacións exclusivas e ata un 30 por cento dos gastos O novo goberno municipal de Tomiño, comezou xa a traballar o luns coa primeira sesión da Xunta de Goberno Local, na cal se aprobou a distribución do goberno e se tomaron varias decisións que estaban pendentes de cara o verán. A alcaldesa e os concelleiros mantiveron unha reunión co persoal do concello para presentar o equipo aos traballadores e informar da distribución das distintas delegacións. Así, a alcaldesa de Tomiño repartiu as delegación da alcaldia quedando Uxio Benitez, como concelleiro de Urbanismo, Facenda e Patrimonio; Francisco Campo, concelleiro de Obras; Xaquin Villadangos levará as areas de Medio Ambiente e Servizos municipais, Lois Vázquez será delegado de Medio Rural; Cristina Martínez, concelleira de Benestar Social e Deportes, Xosé María Regueiro, concelleiro de Cultura e Educación, Olga Orduña, levará as áreas de Seguridade e Tráfico, e Eva Martínez, será a responsabel das áreas de Comercio, Turismo e Mocidade. No vindeiro pleno, aprobarase tamén a composición de responsabilidades de goberno e adicacións para a proxima lexislatura. Co novo equipo de goberno, de maioria absoluta do BNG, o concello de Tomiño pasará de ter 5 adicacións exclusivas na anterior lexilatura a 2 que vai a ter nesta. Ademáis, haberá 3 adicacións parciais, que garantirán o servizo e atención aos veciños e veciñas. As persoas que ostentarán adicación exclusiva serán a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e Uxío Benítez. Por outra banda os concelleiros Xaquin Villadangos, Lois Vazquez e Cristina Martínez terán adicacións parciais a súa labor do concello. Con esta nova distribución e coa reducción de adicacións, permitiráse ao concello reducir notablemente os gastos en adicacións, aproximadamente en 52000 €/anuais o que ven sendo un 30% menos que na anterior lexislatura.
Sardiñada popular de San Xoán en Figueiró Figueiró congregará, na contorna do albergue de peregrinos parroquial, a cantos desexen participar na Sardiñada Popular de San Xoán, organizada polo colectivo Fonte dos Carreiros, que se celebrará o sábado, día 18, a partir das 20 horas. Haberá sardiñas, pan de millo e tinto do país a tres euros.
O BNG elixe a Uxío Benítez deputado Provincial polo partido xudicial de Tui Uxío Benítez resultou elixido deputado provincial nunha multitudinaria asemblea celebrada na tarde do martes en Tui. O acto no que participou a militancia do BNG da comarca do Baixo-Miño xunto cos militantes de Salceda de Caselas, Porriño e Mos elixiron ao actual tenente alcalde de Tomiño como deputado provincial polo Partido Xudicial de Tui. Na súa intervención diante da asemblea Uxío Benítez destacou que “os resultados acadados nas pasadas eleccións municipais nas que o BNG se situou como a segunda forza política nos Concellos que conforman o Partido Xudicial de Tui, fan posíbel que por primeira vez os nacionalistas contemos con un Deputado Provincial por esta circunscrición”. Noutro momento da súa intervención o novo deputado nacionalista destacou como un gran valor o traballo colectivo da militancia do BNG e comprometeuse diante da asemblea a seguir traballando con entusiasmo para que o nacionalismo consolide e incremente posicións para mellor defender os intereses da inmensa maioría da sociedade. Uxío Benítez foi concelleiro de Urbanismo, Facenda e Patrimonio do concello de Tomiño na pasada lexislatura. Na actualidade segue sendo o responsable destas concellarías no goberno de maioría absoluta que preside a nacionalista Sandra González.
Mércores, 8 de xuño de 2011 500 participantes o domingo na VI Regata Internacional Ponte da Amizade Este domingo dispútase en augas do río Miño entre Vila Nova de Cerveira e Goián a VI Regata Internacional Ponte da Amizade organizada pola Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, coa colaboración da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Na mesma van participar 500 deportistas, 350 masculinos e 150 femininos pertencentes a 13 clubs portugueses e 8 españois, cun total de 215 embarcacións. Pola mañá disputaranse as eliminatorias e pola tarde as finais. En xogo estará o trofeo do escultor José Rodríguez para os Oito con timonel juvenil masculino e 4 scull xuvenil feminino. Para facerse co trofeo é preciso gañar tres anos consecutivos ou cinco alternos. Amais a organización concederá medallas aos tres primeiros clasificados de cada regata, e trofeos aos vencedores de Oito con e 4 Scull.
Martes, 7 de xuño de 2011 O Concello de Tomiño asina un novo convenio co Instituto da Muller A Alcaldesa, Sandra González, e membros do goberno local recibiron onte á directora do Instituto da Muller, Laura Seara. A visita tiña como obxecto asinar un novo convenio do Programa Clara que terá unha duración de dous anos. O Plan Clara é un programa de igualdade de oportunidades dirixido a mulleres con dificultades especiais para a súa inserción social e laboral. O Instituto de la Mujer financiará con 82.000 euros este convenio no que se seleccionará un grupo de mulleres coas que se traballará o empoderamento a través dunha intervención psicosocial e formativa que as capacite para a súa autonomía e inserción. Para elo fomentarase a autoestima e a confianza así como a promoción para o emprego estable. En base aos bos resultados obtidos en Tomiño, se asinou este novo convenio ampliando a súa duración. Laura Seara se mostrou “moi satisfeita polos bos resultados do anterior programa en Tomiño no que se traballou con 20 mulleres. E desas 20 mulleres se conseguiron insertar laboralmente 5”. Segundo enfatizou a directora do Instituto de la Mujer “ se traballa con mulleres con dobre e tripla discriminación, e iso conleva a teñan un maior grao de exclusión social”. Laura Seara nas declaracións a prensa insistiu en que “falar de igualdade é falar de eficiencia e eficacia económica, sobre todo nestes momentos de crise económica xa que o 60% do persoal que sae das universidades son mulleres”. Pola súa parte, a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu a directora do Instituto de la Mujer “por colaborar connosco en mellorar a situación das mulleres en Tomiño, sobre todo aquelas que máis o necesitan”. Insistiu na importancia que tivo o programa na vida das mulleres que participaron nel e tomou as palabras que as usuarias lle transmitiron na clausura do anterior plan: “hai un antes e un despois do Plan Clara”.
Representación teatral en Tomiño o domingo Este domingo, 12 de xuño, ás 20:00h o Auditorio de Goián acolle dúas representacións teatrais a cargo dos alumnos/as da Escola Municipal. As obras que van pór en escena son “Mamá gatiña” e “Moita televisión”.
Sábado, 4 de xuño de 2011 Laura Seara , directora do Instituto de la Mujer, visita Tomiño o vindeiro luns 6 de xuño A Alcaldesa, Sandra González, e membros do goberno local recibirán o vindeiro luns 6 de xuño a Laura Seara, directora do Instituto de la Mujer, dependente do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. A recepción será ás 12h00 na casa consistorial e posteriormente terá lugar unha comparecencia aos medios de comunicación na que a alcaldesa e a directora do Instituto de la Mujer, explicarán en que consistirá o traballo en conxunto. Un dos motivos da visita, entre outras cousas, será asinar un novo convenio entre o Concello de Tomiño e o Instituto de la Mujer, a través do cal se renovará o Programa Clara nos próximos dous anos. O Plan Clara é un programa de igualdade de oportunidades dirixido a mulleres con dificultades especiais para a súa inserción social e laboral.
Xoves, 2 de xuño de 2011 O IES de Tomiño celebrará o vindeiro sábado, día 4 de xuño, unha nova edición da súa Xornada de Portas Abertas O IES de tomiño celebra o sábado, día 4, unha xornada na que o Instituto abre as súas portas a toda a comunidade de Tomiño para amosar as súas instalacións e unha parte das súas actividades a quen queira visitalo. O Obxectivo da festa é contribuir a integrar o instituto como unha parte máis da vida social do Concello. Como novidade deste ano, os visitantes poderán quedar a comer. Haberá churrasco preparado polo alumnado de 4º de ESO, ademáis de postres caseiros e outras alternativas. O programa de actividades comezará ás 11:00 horas coas semifinais da Liga de Fútbol-Sala Mixto, no Pavillón; ás 12:00 horas terá lugar a apertura do Instituto podándose visitar as Exposicións dos departamentos didácticos; realizar visitas guiadas polo Instituto, participar en obradoiros e na Exhibición de bolos celtas na cancha de baloncesto e acudiro ao partido amistoso de Fútbol-Sala entre os equipos do IES de Coruxo e o IES de Tomiño, no pavillón. As actividades progrmadas continuarán coa partida de brilé con participación de todos os visitantes que o desexen; as finais Ping Pong, no gimnasio e a presentación das empanadas para o concurso, na cafetería. Ás 13:00 horas haberá figuras de ACROSPORT por parte do alumnado de 1º de Bacharelato no gimnasio e a final da Liga de Fútbol-Sala Mixto, no pavillón. Ás 14:00 horas xantar para o que se disporá de postos de venta de churrasco empanada a cargo do alumnado de 4º de ESO. Ás 16:30 reinicio das actividades coas exposicións, visitas guiadas e obradoiros; Campeonato de Badminton, no pavillón, e actuación do Grupo de Baile Tradicional Virxe do alivio na entrada do Instituto. Ás 18:30 hora comenzarán as actuacións musicais no escenario exterior coa Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal; a actuación de baile a cargo de alumnas de 1º e 2º de ESO e a actuación de break dance co grupo “Fusion Flow”. Ás 20:30 horas terá lugar o acto de clausura da Xornada de Portas Abertas coa entrega das orlas ao alumnado que remata etapa educativa: 4º de ESO, 2º de Bacharelato, 2º de Ciclos Formativos e PCPI, así como a entrega de premios. Haberá servicio de cafetería durante toda a xornada a cargo do alumnado de 4º de ESO, coa fin de recadar fondos para a súa viaxe de fin de estudos, e Radio Mocidade, a emisora de radio “on line” do Concello de Tomiño, realizará un programa de radio en directo durante a Xornada de Portas Abertas.
A Asociación Veciños de Amorío propón desprazar unha parada escolar de bus a un lugar máis seguro A Asociación Veciños de Amorín, presentou un escrito en nome dos pais dos alumnos de ESO do IES de Tomiño, que collen o autobús escolar en Amorín, na beira da estrada comarcal C-550, nun cruce perigroso. Solicitan que se traslade dita parada de autobús a unha zona próxima, (onde está situada a parada do autobús escolar que recolle aos nenos de Educación Primaria, que acoden ao C.E.I.P de Sobrada), localizada a uns douscentos metros, diante da Igrexia. Esta parada que se propón, dispón de fácil saída e non implica maior demora no tempo necesario para o traslado dos alumnos. Asimesmo, está desviada da estrada e situada nunha zona ampla, onde os escolares non estarían expostos ao perigro que supón a espera nunha estrada con alta densidade de circulación.
Mércores, 1 de xuño de 2011 Cine francés no Cineclub Poleiro Remata a undécima tempada do cineclub Poleiro que naceu en 1998, como unha das actividades da Asociación Cultural Eliseo Alonso do Baixo Miño. Mañá, xoves, proxectarase o filme Deixade de quererme do francés Jean Becker. Drama moi humano sobre unha crise existencial, o retrato dunha loucura posible e con actores de luxo. A película, que pecha a undécima tempada do cineclub Poleiro, proxectaráse no Auditorio de Goián, ás 21:30 horas. Deux tours a touer, conta a historia de Antoine, 42 anos, publicista e un home de éxito. Está casado con Cécile, ten dous fillos. Vive nunca fermosa casa non lonxe de París e mantén boas relacións cos veciños. A súa discreta relación con Marion non vai tan en serio como para perturbar a súa equilibrada existencia. Ata que un día, as cousas mudan. Durante unha reunión cun cliente importante, perde os papeis e, de paso, o proxecto. O seu socio proponlle que colla uns días de vacacións para descansar pero Antoine, está decidido a acabar dunha vez por todas e ofrece venderlle a súa parte. De volta a casa para a fin de semana comenza a destruir todo o que construiu durante anos. Nunha fin de semana arruina toda a súa vida. ¿A crise dos cuarenta?¡ Un ataque de loucura? Quen sabe. O cine cub Poleiroconta co apoio do Consorcio do audiovisual de Galicia a través da Federación de cineclubes de Galicia e da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño.
|
|
|