www.galiciasuroeste.info

XUÑO

 

Xoves, 30 de xuño de 2011    

Roberto Rodríguez do Kaiak Tudense no Campionato de Europa de Piraguismo Junior e Sub23

Dende hoxe e ata o domingo celébrase en Zagreb o Campionato de Europa Junior e Sub23 de Piragüismo en pista.

A selección nacional conta coa presenza de nove padeeeiros sub-23 federados en Galicia que competirán co claro obxectivo de acadar metais en ata once categorías. Entre eles estará Roberto Rodríguez Lechuga do Club Kayak Tudense que integra o K4 1.000m, xunto a Francisco Cubelos Sánchez (Talavera Talak), Héctor Cubelos Sánchez (Talavera Talak) e Álvaro Bravo Bravo (Club Breogán do Grove).

 

Servizos Mínimo na Oficina de Emprego de Tui hoxe xoves

A Oficina de Emprego de Tui informa que hoxe xoves, 30 de xuño, vai estar servizos mínimos, debido á reordenación da rede de servizos informáticos.

 

Bando do alcalde de Tui sobre consumo de auga

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, emitiu onte un novo bando neste caso sobre o consumo de auga. No mesmo o rexedor explicaba que nos últimos tempos teñen comprobando que se rexistra un incremento continuo no consumo de auga potable da rede de abastecemento municipal, especialmente agravado no inicio da tempada de verán e coa chegada das altas temperaturas.

Por este motivo indica que cómpre que todos os cidadáns comprendan a necesidade de proceder a un uso racional da auga para garantir un subministro sen restricións e en óptimas condicións a todos os veciños do municipio.

En consecuencia, dende o Concello solicitan a colaboración dos cidadáns de Tui evitando o uso da auga da rede de abastecemento municipal para o rego de xardíns ou fincas, para encher piscinas, para o lavado de vehículos, etc.

Solicitan asemade que os consumidores eviten todo exceso no consumo de auga potable nos usos domésticos e industriais. Por último alcalde informa que Policía Local velará polo cumprimento destas medidas.

 

Revisión dos padróns do ORAL en Tui  

            O Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais, o Oral, informa que ata o 20 de agosto están realizando as revisións dos padróns das taxas de lixo, vados, auga e saneamento en Tui. En concreto os interesados poden facer as súas consultas ou reclamacións na planta baixa da Área Panorámica os luns, mércores e venres de 9 a 13.30h.

 

Presentación do “XXIII Campionato de España Absoluto de Kung - Fu”

Hoxe, xoves, ás 12.00 horas, presentarase no Salón de Plenos do Concello de Tui o “XXIII Campionato de España Absoluto de Kung-Fu”, organizado pola Federación Galega de Kung-Fu, coa colaboración do Centro Di-Som e do Concello de Tui.

Nesta presentación contarase coa presenza do alcalde, Moisés Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Kung-Fu, Carlos Alonso Martínez; o delegado do Departamento de Tai-Chi da Federación Galega de Kung-Fu, José Antonio Parada; o director do Comité Organizador do Campionato, Eduardo Jorge Méndez Sanjurjo, o presidente da Asociación Deportiva Di-Som e Máximo exponente do Kung-Fu a nivel europeo e nacional, José Luís Rodríguez Acevedo, e o campión do mundo de Kung-Fu, Julio Conde Montero.

Campionato

Máis de 400 deportistas de diversas idades e sexos, procedentes de toda España, competirán neste campionato que se celebrará no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Dende as 10.30 horas ata as 13.30 desenvolverase o campionato tanto por equipos coma de forma individual, nas categorías alevín, infantil, júnior, sénior e veteranos.

 

Mércores, 29 de xuño de 2011    

Comeza a ludoescola matinal de ACITUI

A  Asociación de comerciantes e industrias de Tui ,ACITUI , en colaboración co Concello de Tui  informa, que este venres, 1 de xullo, dará comezo a Ludo-escola  Matinal, dende as 11:30 ata as 13:30 horas  no Paseo da Corredoira de Tui.

Os nenos poderán disfrutar de luns a venres (excepto xoves) de diferentes talleres e xogos infantís.  Para poder participar na Ludo-escola  só é preciso presentar un ticket de compra de calquera  comercio asociado a ACITUI.

 

Actividades de Infotransxénicos Tui

O grupo Infotransxénicos Tui e o grupo de voluntariado de Pontevedra de GREENPEACE, realizaron durante os últimos meses distintas actividades nos colexios de Tui.

Entre esas accións estivo a proxección da curta de animación “El cuento de la buena soja”, unha función de teatro en parte dirixida, en parte improvisada, onde os mesmos nenos e nenas foron os actores. O remate da actividade consistiu na elaboración por grupos de traballo do remate da historia contada en “El cuento de la buena soja”.

Infotransxénicos Tui e GREENPEACE queren dar as grazas a todas as nenas e nenos que fixeron todos estes traballos e que con eles poñen o seu gran para facer este mundo un pouco mais ecolóxico.

 

Andrés Touza logrou 1 prata e 3 bronces no Campeonato de España de natación subacuática

Na fin de semana celebrouse en Valladolid o Campeonato de España de natación con aletas. No mesmo participaron 23 clubs de toda España representando a 10 comunidades autónomas. Entre eles estivo o club Baixo Miño.

O nadador residente en Tui, Andrés Touza Blanco, que competiu na Categoría masculina cadete, consiguió el Subcampionato de España na modalidade de 50 metros bialetas e 3 medallas de bronce en 50 metros apnea monoaleta, 100 metros bialetas e 50 metros superficie monoaleta.   

Mentres en infantil masculino Miguel González González  logrou un 6º puesto na modalidad de 50 metros bialetas e 7º posto na final de 100 metros superficie monoaleta.

Tamén competiu Bráis Fernández Pumar   que foi 15º en 50 metros superficie monoaleta e 17º en 100 metros monoaleta superficie.

 

Programación na Casa da Xuventude no verán

A Casa da Xuventude abre dende o luns e durante todo o verán só polas mañás de 10.15h a 14h. As actividades estival neste centro de información xuvenil comezan este venres co curso de Batuka.

Xa o luns iniciase o curso de blogs que se vai prolongar ata o 18 de xullo. No mesmo tamén quedan prazas vacantes.

Por último todos os mércores agosto van impartir un curso de customizado e pintado de roupa.

Esta información pódese ampliar na propia Casa da Xuventude na rúa Sanz ou no teléfono 986 60 0 568.

 

 Fomento adxudica o proxecto do tramo O Porriño-fronteira portuguesa do Eixo Atlántico de Alta Velocidade

O Ministerio de Fomento adxudicou á empresa Proxectos e Servizos o contrato para a redacción do proxecto construtivo de plataforma do tramo O Porriño-fronteira portuguesa do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

O orzamento da adxudicación, publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado, ascende a 457.840 euros.

O tramo obxecto do proxecto pertence ao Eixo Atlántico de Alta Velocidade, polo que se atopa incluído no Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEIT). Así mesmo, forma parte do proxecto prioritario nº 19 da Rede Transeuropea de Transportes.

O obxecto do proxecto é definir as obras necesarias para a implantación da plataforma no tramo O Porriño-fronteira portuguesa, dun 6,6 km de lonxitude.

A premisa de partida é o deseño dunha plataforma para dobre vía electrificada de alta velocidade ferroviaria, considerando ademais que a execución das obras minimice as afeccións ás circulacións actuais. A nova liña deberá permitir o tráfico exclusivo de trens de viaxeiros.

Por outra banda, a actual vía ibérica deberá manterse en uso para os tráficos de mercadorías e rexionais, polo que deberán definirse todas as actuacións necesarias para ese efecto.

O antecedente principal deste proxecto é o Estudo Informativo do citado tramo, o cal se atopa pendente de Declaración de Impacto Ambiental.

Deste xeito, Fomento adianta a adxudicación do proxecto á emisión da Declaración de Impacto Ambiental co obxectivo de acurtar prazos na actuación.

En todo caso, e como é preceptivo, todas as observacións que estableza a Declaración de Impacto Ambiental serán incorporadas durante a redacción do proxecto construtivo.

 

A aula da UNED de Tui acollerá un curso de verán titulado “Qué son e para qué serven as redes sociais?”

 “Qué son e para qué serven as redes sociais?” é o título do curso de verán da UNED que se vai impartir na aula de Tui. Vaise celebrar do 11 ao 15 de xullo en horario de 9 a 14 e de 16 a 18h. O curso emitirase ao través de videoconferencia dende Ponferrada tal e coma se recolle na web da UNED dos cursos de verán.

O Curso está organizado polo Campus Noroeste da UNED en colaboración coa Fundación Cidade da Enerxía e a Universidade de León. Trátase do primeiro Summer Course en Redes Sociais e primeiro Workshop de investigación en Análise de Redes Sociais. O curso trata o tema desde unha formulación orixinal en tanto que combina os formatos de Congreso e Curso de Verán. Tamén inclúe no seu parte final o primeiro Campus Party organizado no Campus Noroeste da UNED. Á súa vez, desenvolverase o tema desde unha tripla perspectiva; en primeiro lugar, farase unha aproximación xeral ao concepto e análise das Redes Sociais, en segundo lugar tratarase a relevancia das Redes Sociais para o Desenvolvemento Territorial, por último, tratarase a potencialidade das Redes Sociais para a Mercadotecnia Dixital.

Este curso de verán e workshop está dirixido a estudantes, investigadores e profesionais motivados pola metodoloxía da Análise de Redes Sociais e os tópicos máis emerxentes, tales como os aspectos de localización na rede, semellanzas entre actores, cohesión de relacións, transferencia de coñecemento, deseño da creatividade, optimización do rendemento, etc.

Con esta primeira convocatoria, preténdese facer un núcleo forte de investigadores e profesionais co obxecto de xerar un compromiso, mediante o cal se compartan experiencias e achados na optimización das relacións e dos recursos que se transfiren a través delas. Para tal fin, contarase coa presenza de Steve Borgatti, investigador coñecido a nivel mundial polas súas contribucións empíricas e teóricas.

O curso comezará o luns 11 de xullo  ás 9h coa recollida da documentación e unha hora despois terá lugar a inauguración. Comprende un total de 12 sesións teóricas e unha mesa redonda.

O curso conta con 35 horas lectivas, e 1,5 créditos ECTs, 3 créditos de libre configuración, e 3 créditos do Ministerio. O prezo é de 102€.  Pódese ampliar esta información en www.extensionuned.es/publico_actividad/2708.

 

Bando sobre a limpeza de solares e fincas no Concello de Tui

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, emitiu un bando, onte martes 28 de xuño,  sobre a limpeza de solares e fincas no casco urbano, dando conta da obrigatoriedade segundo a lei de telas limpas, xa que en caso contrario o Concello procederá á limpeza da mesma asumindo os custes os propietarios.

Explica o rexedor que en aplicación la Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local a protección da salubridade pública e a prevención de incendios é unha competencia municipal.

Engade que compraron que no municipio existen un numeroso grupo de solares, parcelas, fincas e terreos nos que non se efectúa unha limpeza periódica acumulándose maleza que amais de afectar ao ornato público –especialmente no noso conxunto histórico- é susceptible de prender lume e resulta tamén un foco de insectos e roedores provocando, en consecuencia, unha grave ameaza para a saúde e a seguridade das persoas. Salienta especialmente o risco de incendio nestas datas de inicio do verán.

Por outra parte que segundo o establecido na Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que os propietarios de terreos e solares teñen a obriga de mantelos en condicións de seguridade, salubridade e ornato público realizando os traballos e obras precisos para conservalos nestas condicións.

Para garantir a seguridade fronte a posibles incendios todas as parcelas ubicadas en zonas limítrofes con núcleos de poboación, edificacións, solares, instalacións de carácter industrial, etc, deben dispor dunha faixa de seguridade libre de residuos e maleza, cuxa distancia recollen as devanditas normas legais. Finalmente sinalar que os restos da limpeza deben ser retirados do solar ou finca e trasladados a un vertedoiro controlado.

En caso de incumprimento do anteriormente preceptuado, o Concello de Tui procederá, segundo o establecido na lexislación vixente, a executar subsidiariamente as actuacións oportunas, debendo asumir os custes o propietario.

 

Conmemoración del primer aniversario de la reposición del busto de Sócrates

El pasado 27 de junio se celebró la "Merienda Socrática" en conmemoración del primer aniversario de la reposición del busto de Sócrates, en Tui.

El acto estuvo organizado por el colectivo cultural Levada Libre, contando con la participación de amigos socráticos da Illa de Arousa, que deleitaron a los presentes con una una mejillonada.

 

Martes, 28 de xuño de 2011    

Tres medallas para o Club Remo Tui no Campionato de España de Remo celebrado en Sevilla 2011

Durante esta fin de semana levouse a cabo o Campionato de España de Remo no río Guadalquivir en Sevilla, no que o Club de Remo Tui alcanzou uns excelentes resultados.

Na mañá do sábado o barco 4 Scull conseguía clasificarse na fase eliminatoría, en primeira posición dando o seu pase a final que se levaría a cabo pola tarde, xornada na que o representante tudense se proclamou “Campión de España na categoría 4 con Timonel de Veteranos”, estando formada a tripulación por Severino Pazos, Javier Alvarez, Ramón Vilar e Rui De Sousa coa Timonel Beatriz González. Unha medalla de ouro lograda despois dunha regata dura e moi intensa ata o final da mesma, que se resolveu a favor do equipo tudense.

            Na categoría 4 Scull o Club Remo Tui proclamábase Subcampión de España. A tripulación formada por Carlos Felgueiras, Alberto Ledo, Luis Moroño e Manuel Alonso conseguía a medalla de prata despois de ceder o ouro por poucas milésimas ao equipo Labradores de Sevilla.

            Na regata 8 con Timonel os de Tui conseguían estar na final entrando en meta en segundo lugar. Regata moi dura, xa que todos os remeiros viñan de facer nos instantes previos as finais exitosas na categoría 4 con timonel e 4 Scull.

            Na mañá do domingo, recuperados do impresionante desgaste fisico do día anterior (excesiva calor 40º de temperatura, e desgaste físico) na categoría 8 con Timonel o Club Remo Tui volvía conseguir ser Subcampión de España. A tripulación formada neste caso por Carlos Felgueiras, Alberto Ledo, Luis Moroño, Manuel Alonso, Severino Pazos, Javier Alvarez, Ramón Vilar e Rui de Sousa coa timonel Lidia Pazos disputarón unha regata ao límite onde  acadaron unha saborosa medalla de prata, sendo o equipo de Donosti o merecido campión.

            A tripulación ao completo atópase satisfeita cos resultados acadados despois do duro e intenso traballo ao longo de todo o ano, que aínda sendo veteranos combinan o seu traballo cos adestramentos diarios deste duro deporte. Ese traballo deu os seus froitos segundo referimos anteriormente e que se resume en 3 medallas: 1 medalla de Ouro  e 2 medallas de Prata.        

            Desde o Club agradecen a todos os patrocinadores a súa axuda e felicitan a toda a tripulación polos seus merecidos triunfos.

 

A Biblioteca Municipal ofrece de novo o servizo de “Bibliopiscina” nas piscinas municipais: “Mergullate nos libros”

Como nos cinco anos anteriores a Biblioteca Pública Municipal de Tui ofrece aos usuarios da Piscina Municipal o servizo de “Bibliopiscina” para facilitar aos bañistas a posibilidade de achegarse no seu tempo de lecer á lectura, como unha alternativa de ocio ideal para este tempo de verán.

Esta iniciativa presentada baixo o lema “Mergúllate nos libros” tenta achegar o libro e a lectura como unha oferta para o tempo de lecer para todas as idades e para todos os sectores sociais, así na escolma que se presenta se buscan unha grande diversidade de títulos e de formatos e temáticas. Con tal motivo os responsables da Biblioteca Municipal teñen realizado unha escolma de títulos para nenos e adultos, tanto en galego coma en castelán, que resulten de fácil lectura.

Para acceder a este servizo bibliotecario non cómpre ningún tipo de carné da Biblioteca senón que posúe un acceso libre e gratuíto, e tampouco supón custe adicional algún para as persoas que acceden ás Piscinas Municipais.

A posta en marcha desta iniciativa por sexto ano ven avalada pola boa acollida que suscitou entre os bañistas en anteriores edicións, estando previsto renovar a colección de libros depositada na “Bibliopiscina” no vindeiro mes de agosto.

Para a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, esta iniciativa de extensión bibliotecaria evidencia, nunca nova oportunidade, o traballo de promoción do libro e a lectura como ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento persoal e social e como unha alternativa enriquecedora para o tempo de lecer que leva adiante este Concello a través da Biblioteca Pública Municipal.

Achegar os libros aos lugares onde está a xente e ofertalos como un elemento normalizado da vida persoal e colectiva contribúe de xeito eficaz a acadar unha normalización da lectura entre os nosos veciños, incrementando a súa afección polo libro.

 

Comezo da Ludo-Escola Matinal de Acitui

A  Asociación de comerciantes e industrias de Tui ,ACITUI , en colaboración co Concello de Tui  informa, que o vindeiro venres 1 de xullo dará comezo a Ludo-escola  Matinal, dende as 11:30 ata as 13:30 horas  no Paseo da Corredoira de Tui.

Os nenos poderán disfrutar de luns a venres (excepto xoves) de diferentes talleres e xogos infantís.   Para poder participar na Ludo-escola  só é preciso presentar un ticket de compra de calquera  comercio asociado a ACITUI,

*Recordar tamén, que o pasado xoves xa deu comezo a ludo-escola de serán de 19.00 a 21.00 horas no mesma corredoira e de luns a venres con variedade tamén de xogos e talleres.

 

Onte comezou o horario de verán na Casa da Xuventude

Onte comezou o horario de verán na Casa da Xuventude. Este centro xuvenil abre só polas mañás de luns a venres de 10.15h a 14h.

 

Horario das piscinas municipais

As piscinas municipais de Tui permanecen abertas de luns a domingo de 13 a 20.30h. O prezo da entrada é 1,50€ para menores de idade e xubilados e 2€ para adutlos.

Hai bonos de 30 baños cun prezo de 35€ para menores e xubilados, e 40 euros para adultos.

 

ACITUI continua coa Ludoescola

Esta tarde de sete a nove continua no Paseo da Corredoira a Ludoescola posta en marcha de novo neste verán por ACITUI. Na mesma os nenos disfrutarán de diferentes actividades.   Para participar na mesma os nenos e nenas teñen que presentar un ticket de compra de calquera  comercio asociado a ACITUI

 

Servizos Mínimo na Oficina de Emprego de Tui este xoves

A Oficina de Emprego de Tui informa que este xoves, 30 de xuño, vai estar servizos mínimos, debido á reordenación da rede de servizos informáticos.

 

Remataron as prazas do Campamento urbano de Tui

Os Servizos Sociais do Concello de Tui informan que xa non quedan prazas vacantes para os campamentos urbanos que van realizar este mes de agosto. De todos os xeito para os campamentos urbanos durante uns días anotarán en lista de espera, por si se producen vacantes, no campamento urbano. Os interesados deben chamar ao 886 12 59 98  ou ao 607 58 27 19 de 9 a 2 e de 4 a 7h.

    

Presentación do Campionato de España de Kung-Fu e Tai-chi

Este domingo a partir das 11.30h celébrase no novo pavillón municipal de Tui o XXIII Campionato de España absoluto de Kung-Fu e Tai-Chi. A presentación desta competición terá lugar este xoves ás 12h no salón de actos do Concello de Tui.

 

Sábado, 25 de xuño de 2011    

Celebración do Corpus en Tui presidida polo bispo da Diocese

Este domingo celébrase a festividade do Corpus Christi en Tui cunha misa que terá lugar ás 11h na Catedral presidida polo bispo da Diocese Monseñor Quinteiro Fiuza. Ao remate celebrarase a procesión que partirá da Catedral irá pola Praza de San Fernando, rúa Seixas, Ordóñez, Paseo da Corredoira ata o Palco da Música onde haberá unha alfombra floral, e volverá pola rúa Ordóñez, Seixas e Praza de San Fernando ata a Catedral.

 

A Emoción dos viños hoxe sábado na Catedral

Hoxe sábado celébrase no Claustro da Catedral da iniciativa “A emoción dos viño” organizada pola Asociación Galega de Sumilleres, AGASU. Será entre as catro da tarde e ás nove da noite.

Da mesma falaban no programa “Día a Día” da Radio Municipal, Marina Cruces e Antonio Portela de AGASU e Manuel Areal enólogo da adega portuguesa “Quinta do Val da Perdis”.

Esta iniciativa xurde despois de ter feito hai uns meses unha cata na Sala Capitular, e propuxeron facer esta nova cata na que se van dar cita 24 adegas. A entrada ten un prezo de 5€, e ao acceder ao claustro recibiran unha copa coa que os interesados se achegarán aos distintos adegueiros para probar os seus viños.

As adegas que van estar presentes son de Ribeira Sacra Algueira, Guímaro, Régua, de Rías Baixas Forja do Salnés, Benito Santos, Do Ferreiro, Zárate, Lusco, Trisquel, Remesal, Canónigo Areal, de Valdeorras Valdesil e Rafa Palacios, de Ribeiro estará Coto Gomaríz, Pazo Casanova e Luís Anxo. Xa Monterrei Quinta Muradella e Jose Luís Mateo, do Bierzo estarán os viños de Raúl Pérez. Mentres de Portugal estarán Dorado, Quinta do Vale da Perdis, Quinta do Infantao, e Álvaro Castro, e de Cebreros de Ávila estará Mark Guisar.

 

As piscinas municipais están abertas

Lembramos que as piscinas municipais de Tui están abertas de luns a domingo de 13 a 20.30h. O prezo da entrada é de 1,50€ para menos de idade e xubilados e 2€ para adultos.

Tamén hai bonos de 30 baños cun custe de 35€ para menores e xubilados e 40€ para adultos.

 

Campus de Verán no Liceo Casino e Festa infantil e Enxebre

O Liceo Casino de Tui organiza un Campus de Verán que se vai celebrar de luns a venres de 8.45h a 14 horas nos meses de xullo e agosto. Vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

A oferta por unha parte contempla obradoiros de medio ambiente, xogos cooperativos, lectura, decoración, inglés, reciclaxe ou cociña entre outros. Xa no ámbito deportivo ofértase futbito, tenis, baloncesto, psicomotricidad, pimpón, danza clásica e moderna, buceo con snorkel, canoa, paintball, tiro con arco, donuts-wake,etc.

As persoas interesadas poden acadar máis información na conserxería do Liceo Casino, no 986 60 12 69 ou no correo electrónico liceocasinotui@gmail.com

Por outra para o próximo sábado día 2 a Xunta Directiva do Liceo Casino organiza unha Festa Infantil a partir das oito da tarde. A mesma haberá un inchable xigante e discoteca para os cativos. Será nas pistas polideportivas desta sociedade.

Amais o mesmo sábado a partir das nove e media da noite terán unha Festa Enxebre para as familias no recinto exterior do casino cunha merenda-cea amenizada por un grupo de gaiteiros. A partir das 23.30h actuará o grupo H2O coa cantante María Rúa. No menú haberá tortilla, polbo, pementos de Padrón, churrasco, criollos, pan, patacas fritas e cachelos, roscas, rosquillas, viño tinto do país, refrescos, auga, café e licores. O prezo por persoa é de 17,5€ para maiores de 12 anos, e de 8€ para nenos de 6 a 12 anos, para os menores de 5 anos é gratis.  As reservas poden realizarse ata o martes no 986 60 12 69 de 16.30 a 20.30h.

 

Nicolás Lorenzo Montes presenta os obxectivos da nova Concellería do Conxunto Histórico e Rehabilitación

Unha das principais novidades do novo goberno municipal de Tui que preside o alcalde Moisés Rodríguez Pérez é a creación dunha nova concellería denominada “Conxunto histórico e rehabilitación” que foi encomendada ao concelleiro Nicolás Lorenzo Montes. A creación desta nova área de goberno da cumprimento ao compromiso electoral de que o casco antigo tudense sería obxecto dunha especial atención do goberno municipal. A creación desta delegación municipal é a primeira demostración deste compromiso.

O concelleiro Lorenzo Monte aborda esta nova concellería cunha gran ilusión por considerar que posúe un carácter estratéxico para o Concello, por canto o conxunto histórico amais do principal referente de identidade tudense é o fundamental recurso turístico do noso municipio e a súa posta en valor suporá non só unha mellora das condicións de vida dos seus veciños senón tamén darlle novo valor ao turismo tudense.

Esta nova concellería marcouse a curto prazo coma obxectivos, no que está xa traballando, o Novo plan de limpeza; Plan de peonalización do conxunto histórico, para o que de inmediato se realizará un novo padrón de residentes con vehículos para regular o seu acceso, e Plan de accesibilidade, tanto ao conxunto histórico como aos principais edificios de interese patrimonial; Control de ruídos e horarios dos establecementos de hostalería para favorecer a convivencia entre os usuarios e residentes desta zona monumental.

A máis longo prazo a concellería que dirixe Nicolás Lorenzo Montes pretende, entre outros temas, abordar a Creación do Centro de Interpretación do Conxunto Histórico, no edificio do cárcere vello; Posta en valor do sistema amurallado da cidade; Estudio da viabilidade da rehabilitación do teatro principal; Nova sinalización turística, e Incrementar os investimentos da Área de Rehabilitación Integral como ferramenta básica no traballo de revitalización do conxunto histórico

Certamente, engade o concelleiro Lorenzo Montes, son moitos e moi diversos os aspectos a abordar nesta concellería que posúe un carácter transversal pois as súas actuacións coinciden con outras áreas de goberno.

Por outra banda, informa o concelleiro que os traballos de redacción do Plan Especial do Conxunto Histórico avanzan ao ritmo desexado de tal forma que confía en acurtar os prazos de entrega deste documento, que será a principal ferramenta para a protección y conservación do noso conxunto monumental.

Xa dende agora Nicolás Lorenzo Montes solicita de todos os veciños de Tui e especialmente do conxunto histórico a súa colaboración para lograr que este lugar de referencia da nosa cidade resulte un lugar idóneo para vivir e para visitar e do que todos os tudenses nos sintamos orgullosos.

 

Venres, 24 de xuño de 2011    

O concello de Tui conmemorará o CXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia

A concellería de Cultura do Concello de Tui conmemorará o CXX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcan un singular fito na historia de Galicia, ao seren o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.

O programa destes actos comezará hoxe, venres, cun recital poético a celebrar ás 20.30 horas na Igrexa de San Domingos no que participará o poeta Alfonso Pexegueiro e no que se realizará a lectura de poemas do libro “A cidade sen roupa ao sol”, de Marga do Val, en recoñecemento ao seu recente premio da critica, e contará coa actuación musical dos tudenses Fofinski & the Chinaski.

O programa continuará o sábado ás 22.00 horas no Parador de Turismo “San Telmo” que recuperá logo de cento vinte anos o menú ofrecido como acto de clausura dos Xogos Florais. Trátase dunha ampla carta, propia dos banquetes burgueses daquela época, que recupera este anaco da nosa cultura, neste caso gastronómica.

O cartel anunciador deste conmemoración do CXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia é obra do artista e gravador Enrique Maté.

Alfonso Pexegueiro

Alfonso Pexegueiro (19-4-1948 Angoares-Ponteareas, Pontevedra), iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 coa creación do Grupo de Comunicación Poética "Rompente", salientando a publicación do seu poemario “Seraogna” (1976) como un fito na poética en galego polo seu carácter renovador. Entre 1976 e 1978 traballou na redacción da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundador en 1980 xunto con outros escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi o seu secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, Encontros de Escritores vascos, cataláns e galegos. Deu numerosos recitais de poesía. E colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.

En 1997 participou no Festival Internacional do Teatro Grec de Barcelona con Blasfemias de silencio: unha antoloxía de poemas levados á escena e recitados pola actriz Lina Lambert mais polo autor, acompañados pola arpista da Orquestra Sinfónica de Barcelona Magdalena Barrera, con dirección de Teresa Vilardell.

En 2005 edita un CD sobre A illa das mulleres loucas (que acompaña ao libro editado por Galaxia), con música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa).

Neste último ano ten posto en marcha un espectáculo de voz, música e danza arredor do seu poemario “A illa das mulleres loucas” representado en diversas cidades de Galicia nos últimos meses.

   OBRA PUBLICADA

-          [1997] Seraogna. Rompente. Pontevedra, 1976. Xerais. Vigo

-          [1978] Mar e naufraxio. Cíes. Pontevedra. Premio da Crítica Galicia 1978.

-          [1979] Círculos de auga. Madrid. Akal.

-          [1981] Relatos para salferir. Xerais. Vigo. Llibres del Mall, 1985, co título El Desert de Nabalpam. Co mesmo título, Espiral Maior, 2003.

-          [1983] O pabellón das hortensias azuis. Edición de autor. Vigo.

-          [2004] A illa das mulleres loucas. Barcelona: Llibres del Mall,edición bilingüe catalán-galego, 1984, e castelán-galego, 1986. (Beca do Ministerio de Cultura, 1981). Galaxia; esta edición leva un CD, música de Anxo Pintos (Zanfona) e Quico Comesaña (arpa).

-          [1988] Fantasía (extracto) del jefe de los lagartos. Carpeta en serigrafía co pintor José Freixanes. Barcelona.

-          [1991] Desatinos dun maldito. Xerais. Vigo.

-          [1994] El lago de las garzas azules. Lumen. Barcelona.

-          [1995] ¿Serán os cisnes que volven? . Xerais. Vigo.

-          [1998] Hipatia. Vigo. Xerais.

-          [2000] Blasfemias de silencio (inclúe: Círculos de auga, 1979; Mar e naufraxio, 1978; O pabellón das hortensias azuis,1983; ¿Serán los cisnes que vuelven?, 1995; O reiseñor dos Balcáns, 1999). Xerais.

-          [2004] Dados blancos. Caballo de Troya. Mondadori. Madrid.

-          [2005] O lago das garzas azuis (Conto de Europa, Nenos de África). Xerais. Vigo. Este libro vai ilustrado con debuxos do pintor Xosé Freixanes.

Xogos Florais

Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado integramente na nosa lingua, e que organizados pola Asemblea Rexionalista Galega premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador sinalando que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia".

Na cidade de Tui unha Xunta Rexionalista integrada por Manuel Fernández de Herva, como presidente,  xunto a Eduardo Caballero Canals, o coengo Antonino Cerviño González, Juan Areses Alonso, o tamén coengo Manuel Lago González, Juan Ávarez Cordero, Indalecio Rodríguez de Córdoba, Justo Salvador Fortes, Leoncio Comesaña González, Vicente García Rivera e Martín Díaz Spuch, organizaron, como representantes do Consistorio dos Xogos un amplo programa que supuxo incluso o traslado das festas patronais de San Telmo. Do amplo programa desenvolvido salienta o propio acto dos Xogos, xunto a un concurso de gaiteiros, un banquete “rexionalista” ou a función solemene de San Telmo na Catedral tudense coa actuación da orquestra catedralicia dixirxa polo mestre Manuel Martínez Posse.

Banquete dos Xogos Florais

A vella cidade de Tui recuperou no pasado ano a celebración do “banquete rexionalista” que tivo lugar na nosa cidade o 26 de xuño de 1891 como remate daquel acontecemento cultural.

Grazas a unha iniciativa conxunta do Parador de Turismo “San Telmo” e a Concellería de Cultura do Concello tudense pódese recuperar este banquete en homenaxe á cultura e a lingua galega que tivo lugar no Teatro Principal tudense como acto de clausura dos Xogos Florais de Galicia o 26 de xuño de 1891. Naquel banquete participaron sesenta persoas e tomaron a palabra, entre outras personalidades, Enrique Lens, o poeta tudense Díaz Spuch, Manuel Lago González, Salvador Cabeza de León, o presidente da Xunta Rexionalista de Tui, Manuel Fernández Herba, xunto con Alfredo Brañas e, finalmente, Manuel Murguía.

Desta volta o 25 de xuño ás 22,00 horas coa iniciativa do Parador de Turismo “San Telmo” Tui acollerá de novo este banquete en homenaxe á cultura e á lingua galega, recuperando integramente a carta daquel acto de 1891. En concreto o menú foi, e será de novo, o seguinte:

            - sopa fina

            - raxo con cogordos

            - salmón á alicantina

            - polos salteados

            - lagosta á rusa

            - pastel de pichós

            - filetes á xardineira

            - xeados

            - pavo con cogordos

            - budin con ron

            - pastelón á inglesa

Todo acompañado con “viño vello da terriña”, “xerés”, “campagne” e para rematar “puros da Habana”.

As persoas interesadas en participar neste banquete, que será servido na modalidade de “buffet libre”, poden retirar o correspondente convite no Parador de Turismo de Tui a un prezo de 39,00 euros, xa persoalmente ou realizar a reserva a través do teléfono 986.600.300 ou do correo electrónico: tui@parador.es

 

ACITUI pon en marcha a Ludoescola e un rastro

Esta tarde de sete a nove continúa no Paseo da Corredoira a Ludoescola posta en marcha de novo neste verán por ACITUI. . Na mesma os nenos disfrutarán de diferentes actividades.   Para participar na mesma os nenos e nenas teñen que presentar un ticket de compra de calquera  comercio asociado a ACITUI

Por outra parte mañá o Paseo da Corredoira acolle o primeiro Rastro organizado pola Asociación de comerciantes e industrias de Tui en colaboración co Concello de Tui. Terá lugar tanto mañá sábado coma o domingo de 10 a 22h. Repetirase cada cuartos fin de semana de mes.

 

Actividades en Pexegueiro

               O Centro Cultural de Pexegueiro acolle mañá sábado a partir das sete e media da tarde Xogos Populares por equipos. Ás dez da noite terán sardiñada e churrascada gratis para socios organizada pola Asociación Sociocultural e xuvenil O Mosteiro.

 

Festas na honra a San Xoán en Paramos

            En Paramos rematan esta noite ás festas na honra a San Xoán. Farano con verbena cos grupos Atrévete e Xuntanza. Organiza estes festexos a Comisión de Festas de San Caetano.

 

Xoves, 23 de xuño de 2011    

Jesús Beamonde, director do CEIP nº2, xubílase tras 36 anos coma docente

Onte remataron as clases para os alumnos de infantil e primaria. No CEIP nº2 este final de curso ten un cariz especial xa que supón tamén a xubilación do seu director Jesús Beamonde Planilla tras 36 anos na docencia, 28 anos coma profesor no CEIP nº2 e 11 ao fronte deste centro.

En declaracións á Radio Municipal de Tui indicaba o director do CEIP nº2 que as cousas cambiaron moito nestes 36 anos. O seu primeiro destino foi no Colexio da Xunqueira en Pontevedra. Tamén cambiaron moito os propios nenos.

Tras 28 anos no centro Jesús Beamonde sinte o CEIP nº2 coma a súa segunda casa, e di que aínda xubilado seguirá pasando polo colexio.

 

Curso de Repostaría en Vigo para inmigrantes e retornados encadrado dentro do Plan de Formación da Secretaría Xeral de Emigración

A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui informa que dentro do Plan de Formación da Secretaría Xeral de Emigración vaise impartir un Curso de Repostaría en Vigo.

O curso ten como destinatarios aos inmigrantes e emigrantes retornados, e ten como obxectivo coñecer e aplicar as técnicas básicas de repostería e, no seu caso, de conservación, para obter sobremesas elementais.

O número de prazas e de 15, e a actividade está cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo en un 20% pola Secretaría Xeral de Emigración. Concederanse bolsas de asistencia de 6€/día.

As datas de realización serán do 27 de xuño ao 13 de xullo de luns a venres, de 9 a 15h e de 15 a 17h con 40 horas teóricas e 60 prácticas.

O temario será:

                TEMA 1: Manipulación de alimentos.

                TEMA 2: Elaboracións básicas de repostería.

                TEMA 3: Técnicas de procura de emprego.

                TEMA 4: Prácticas profesionais non laborais.

A inscrición poderá formalizarse na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com, no apartado dedicado ó Plan de Formación.

Para máis información os interesados poden dirixirse á Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui, en horario de 9:00 a 14:00, ou á Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia no teléfono 981650008 ou no correo electrónico formacioncehosga@gmail.com

 

O Remo do Miño logrou 11 medallas de ouro, dúas pratas e un bronce no Campionato Galego de remo olímpico

Na fin de semana celebrouse en Castrelo do Miño o Campionato Galego de remo Olímpico no que o Club Remo do Miño de Tui se impuxo en case todas as probas. Os de Tui conseguiron 11 medallas de ouro, 2 de prata e 1 de bronce.

En Skiff absoluto Feminino dobre podio para as tudenses por unha parte Nuria Domínguez lograba a medalla de ouro, e a súa compañeira de club, Marta Cochón facíase coa prata. Amais Marta Cochón lograba o ouro en Skiff Senior B Feminino. Esta remeira, que provén do banco fixo, debido a súa excelente progresión foi convocada pola selección Española, para formar equipos para os próximos campionatos do Mundo de seniors B.

As féminas lograron outro ouro neste caso no Catro Scull Absoluto Feminino, nunha embarcación tripulada por Nuria Domínguez, Marta Cochón, Anna Yuchenko e Jenifer das Dores.

Na categoría masculina Javier González facíase coa prata no Skiff Senior masculino. Unha excelente regata para este remeiro que volveu á competición tras dez anos sen remar, e que chegou a encabezar a regata ata os últimos metros.

Mentres o Dous Con Temoneiro Absoluto masculino, de Javier Martínez, Isaac Prada e Paula Prada coma temoneiro facíase coa medalla de ouro tras dominar a proba dende a saída proclamándose así campións galegos.

Tamén ouro e por tanto Campionato Galego para o Catro Scull Absoluto Masculino de Francisco Javier Álvarez e Cristián Fernández, que pese a ter o temón roto non deron opcións aos seus rivais.

E outro ouro chegaba da man de Jesús González, Francisco Javier Álvarez, Cristián Fernández, Alfonso Riveiro e Jorge Cruz coma temoneiro no Catro Con Sernior Masculino, que se fixeron co campionato galego con autoridade.

E dominaron a regata de principio a fin Jesús González, David Prada, Jorge Andrés Carvalho e Yaho Izquierdo no Catro Scull Senior Masculino logrando a medalla de ouro e por tanto o Campionato Galego.

Oito con temoneiro Absoluto masculino formado por Alfonso Riveiro, Cristian Fernández,  Isaac Prada, David Prada, Yago Izquierdo,  Andres Carbalho, Javier González, Miguel Martínez, e como temoneiro, Jorge Cruz, conquistaba de novo o Campionato Galego.

Tamén medalla de ouro para Yago Izquierdo en Skiff Senior B Masculino, para André Diz en Skiff xuvenil. Outra medalla de ouro chegou da man do Catro Scull Xuvenil masculino de André Diz, Ivan Madarnas, Ivan Agrafojo e Jorge Cruz.

Mentres o Catro Sen Senior Masculino de Rubén Castelo, Isaac Prada, Miguel Martínez e Javier González tivo que conformarse coa prata. E o dobre Scull Xuvenil Masculino de  Ivan Madarnás e Iván Agrafojo obtivo unha medalla de prata.

Este deportistas partiron xa cara a Sevilla onde na fin de semana se celebra o Campionato de España. Amais Jesús González, Nuria Domínguez, Marta Cochón, Yago Izquierdo e Andrés están concentrados coa selección española, e Andrés Carvalho coa selección portuguesa para preparar os equipos que participaran nos próximos campionatos do Mundo e clasificatorias para a Olimpíada de Londres.

 

O Club Remo Tui logra tres medallas de ouro en vetaranos no Campionato Galego

O club Remo Tui proclamouse na fin de semana campión galego na modalidade de veteranos en banco móbil nas modalidades de 8 con timonel, 4 con timonel e 4 scull.

Este resultados permiten ao club de veteranos de Tui competir esta fin de semana no Campionato de España en Sevilla.

Toda a tripulación está ilusionada de cara a este campionato onde, a priori, o nivel de competición é moi alto pero agardar lograr bos resultados ao igual que en edicións anteriores.

 

Celebracións de San Xoán en Tui

            Hoxe celébrase a Noite de San Xoán é dando cumprimento á tradición esta noite non faltarán nin as sardiñadas nin tampouco as fogueiras, sen esquecernos doutras costumes típicas desta data coma a recollida das herbas de San Xoán.  Repasamos as previstas no noso entorno

            En Riomuíños van celebrar hoxe a partir das 19.30h o San Xoán, terán brasas e quen queira poderá levar sardiñas para asar. Haberá música ambiente e non faltará á fogueira.

            A Asociación Cultural Xuntanza de Randufe organiza para esta tarde unha saída para recoller as herbas de San Xoán. Será ás oito dende a Casa Cultural.

            En Chans, tamén en Randufe, esta noite terán sardiñas con pan de millo e chourizada. A parte musical correrá a cargo de Kiko Carballo e do grupo de Gaitas de Xuntanza. Os máis cativos terán inchables e sortearanse tres ceas e unha ruta a cabalo. A organización corresponde á Asociación de Veciños de Randufe.

            En Rebordáns celebran hoxe o San Xoán coa I Festa do Chourizo a partir das nove da noite. As racións de chourizo, pan e viño terán prezos populares. Logo non faltará á fogueira fronte ao colexio de Rebordáns. Organiza a Asociación Xuvenil Furabolos.

            En Paramos celebran hoxe e mañá festas na honra a San Xoán. Comezan hoxe a partir das nove da noite con sardiñada amenizada pola Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos, e as doce prenderán a tradicional fogueira de San Xoán. Xa mañá venres haberá verbena amenizada polo grupos Atrévete e Xuntanza. Organiza estas actividades a Comisión de Festas de San Caetano.

 

O Concello retira as pancartas no casco urbano para velar pola boa imaxe da cidade

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, adoptou a decisión de non permitir a colocación de pancartas anunciadoras no casco urbano para así velar pola boa imaxe da cidade, xa que considera que este é un dos aspectos que hai que coidar se queremos promocionar unha boa imaxe turística.

Precisamente por este motivo o Concello retirou as pancartas anunciadoras instaladas en distintos lugares do municipio, e non permitirá de agora en diante a súa colocación en lugares coma as bandeiras que hai no Paseo da Corredoira onde en ocasións chegaba a haber 5 ou 6 que afeaban notablemente esta zona da cidade.

Para que os eventos e festexos se poidan seguir anunciado o rexedor municipal anunciou a colocación dun panel informativo. Amais tamén deu conta que se van restaurar o antigos taboleiros onde se anunciaba a programa do cine en Tui e nos mesmos se van colocar indicadores da dirección do conxunto histórico.

 

Ata o 30 de xuño segue aberta a exposición “165 anos de Ensino Medio en Tui”

Ata o vindeiro 30 de xuño continua aberta ao público a exposición conmemorativa dos 165 anos da fundación na nosa cidade dun Instituto de Bacharelato, que comezou a funcionar no curso 1845/46 que co titulo de  “165 anos de ensino medio en Tui” está organizada conxuntamente entre a Concellería de Cultura tudense e os IES “San Paio” e Francisco Sánchez, e na que colaboran o Instituto “Sánchez Cantón” de Pontevedra, o Museo Pedagóxico de Galicia e o Museo Diocesano de Tui.

Ata agora teñen sido numerosos os veciños e os grupos de estudantes que se achegan ata a Sala Municipal de Exposición para efectuar a través dos obxectos expostos e dos paneis informativos unha “viaxe” por este século e medio de existencia na nosa cidade dun instituto.Con esta mostra reivindicase a antigüidade do ensino medio en Tui, salientando que foi unha das primeiras cidades de Galicia en contar cun centro educativo destas características, pois só Lugo tivo un instituto anteriormente, en 1842, e no referido ano 1845 comezan os de Santiago, Ourense, Pontevedra e Tui, namentres que A Coruña deberá agardar a 1862.

Para a Concellería de Cultura do Concello de Tui trátase de salientar este aniversario que sitúa á nosa cidade como un dos primeiros lugares de Galicia en contar cun centro de ensino medio é reivindicar a historia da nosa cidade, a súa vocación educativa e cultural.  Congratúlase polo traballo conxunto realizado entre os Institutos de Ensino Secundario de Tui e a Concellería de Cultura na organización desta mostra que estará aberta ao público ata o 30 de xuño.

Breve historia

Nado a instancias do concello, o instituto de Tui, radicado no desamortizado convento de San Francisco (hoxe seminario menor) foi un instituto de terceira clase no que quedarán integradas as cátedras de latinidade e filosofía (que viña sostendo o concello), que se financiará coas matrículas dos seus propios alumnos, cos fondos das cátedras integradas e cunha subvención municipal para cubrir o posible déficit.

Os compoñentes do primeiro claustro foron: don Francisco Martínez e don Juan Santos Villa (presbíteros, catedráticos de latín, xa exerceran no estudo público que antes sostiveran cabido e concello), don Pedro Miguel Caravelos (colexial, ex-reitor do colexio maior de Fonseca en Santiago), don Juan Ramón Costas (presbítero), don Juan José Domínguez (estes dous últimos xa foran catedráticos no colexio de filosofía que sostiña o concello), don Manuel Silva (que sería tamén o primeiro secretario), don José Mouriño e don Juan Antonio Rodríguez Bustillo. Director titular foi don Telmo Maceira que, polo seu traslado á corte, dende marzo de 1846 foi auxiliado polo director interino don Pedro Sobral. Na lista de matriculados (20 alumnos de 1º, 31 de 2º,14 de 4º) son maioría os tudenses, da propia cidade e da diocese, pero tamén hai representación de Cambados, Ferrol ou Salamanca. A creación do Seminario en 1850 no mesmo edificio é, posiblemente, a causa da súa desaparición naquela data.

Haberá que agardar ata a II República para contar cun novo centro creado, no ano 1933 en Tui, como colexio de 2ª ensinanza subvencionado polo Estado. Chega unha das épocas máis gloriosas do ensino medio tudense e figuras como as de Ferro Couselo ou Benito Prieto ensinan nas aulas de San Domingos. Actividades extraescolares, clases de balde fóra de horario para obreiros e artesáns, exposicións de traballos, revista escolar Tude... A pesares das presións do Concello unha orde ministerial de 1939 clausura esta segunda etapa.

Haberá que esperar ao decreto de 19 de maio de 1950 que crea o instituto de ensinanza media e profesional de Tui, modalidade agrícola gandeira. É o inicio dun período que, sen interrupcións, chega aos nosos días, no que contamos con dous Institutos de Ensino Secundario: “San Paio” e “Francisco Sánchez”.

 

Mércores, 22 de xuño de 2011    

Programación de verán Casa da Xuventude

A Casa da Xuventude ten xa pechada a programación de actividades que oferta este verán.

A primeira delas será un curso de creación de blogs que comeza o 4 de xullo, e logo a partir do 1 de xullo impartirase un curso de batuka. Para os dous está aberto o prazo de inscrición.

E xa no mes de agosto a Casa impartirá unha actividade de pintura en camisetas e customizado en roupa en complementos.

Lembramos que a Casa da Xuventude mantén o seu horario habitual ata este venres, e xa o luns abrirá só polas mañás de 10.15 a 14h.

 

José Luís Bouza amosa na RMT a súa satisfacción polas medallas no Europeo de Piragüismo

Logo de regresar de Belgrado onde participou na fin de semana no Campionato de Europa de Piragüismo o padeeiro tudense mantivo onte á mañá unha conversa con Jose Font e Justi Peixoto no programa Día a Día da Radio Municipal de Tui.

Nesa entrevista Jose Luís Bouza amosouse hoxe moi contento dos resultados acadados na fin de semana coas dúas medallas, unha de bronce en C1 1000m e outra de prata en C1 5000m no Europeo de Piragüismo, amais de polo bo estado de forma que ten arestora tras a operación de ombreiro á que se someteu o pasado mes de setembro, xa que pensaba que a recuperación lle ía custar máis.

            Con respecto a súa participación no Campionato de Europa de Piragüismo da fin de semana recoñecía que o importante son os mil metros porque é a distancia olímpica, pero tamén lle fai ilusión a prata acadada nos 5 mil metros que lle da praza xa para o Mundial.  A súa estratexia nestas regatas foi ir de menos a máis cunha espectacular progresión ata lograr estar nos primeiros postos.

Jose Luís Bouza explicaba que para lograr estes resultados adestra entre 4 e 5 horas ao día ao que se suma coidarse o resto da xornada, xa que estes resultados son froito do esforzo realizado.

A próxima meta para Bouza é o 13 de agosto na Pista de Verducido onde se medirá con David Cal en C1 1000 metros. O gañador da regata será quen teña praza no Mundial nesta disciplina e distancia.

Hoxe o concello de Tui brinda unha recepción oficial, ás 12.30h, tanto a Jose Luís Bouza, coma a Diego Piña e Víctor Rodríguez pola súa participación no Europeo de Piragüismo. Onte á noite cando chegaron ao aeroporto de Vigo foron recibidos polo alcalde de Tui e polo concelleiro de deportes.

 

ACITUI pon en marcha a Ludoescola e un rastro

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, informa da posta en marcha de dúas novas iniciativas.

Por unha parte este xoves poñen en marcha a Ludoescola. Vaise celebrar polas tardes, de luns a venres, de 19 a 21h no Paseo da Corredoira. Na mesma os nenos disfrutarán de diferentes actividades .   Para participar na mesma os nenos e nenas teñen que presentar un ticket de compra de calquera  comercio asociado a ACITUI

Por outra parte a Asociación de comerciantes e industrias de Tui informa que en colaboración co Concello de Tui os cuartos fins de semana de cada mes   vaise celebrar un Rastro Paseo da Corredoira. O primeiro rastro terá lugar este sábado 25 e domingo 26 de 10 a 22h. Todas as persoas interesadas en participar deben pórse en contacto con ACITUI  no teléfono 986 60 75 56  ou no correo electrónico  acitui@acitui.com .

 

Primeiras reunións do novo Concelleiro de Deportes do Concello de Tui cos representantes do deporte tudense

O luns á tarde tivo lugar na sala de Concelleiros do Concello de Tui a primeira reunión de  Nicolás Lorenzo Montes como Concelleiro de Deportes. Ese primeiro encontro mantivoo con Enrique Míguez e José Ignacio Bugarín, dous dos deportistas máis laureados de Tui, como recoñecemento á súa traxectoria no deporte tudense. Lembrar que Enrique Míguez participou en 8 campionatos do mundo e tres Olimpíadas (Los Ángeles 84, Seúl 88 e Barcelona 92), acadando a medalla de bronce nas primeiras Olimpíadas e José Ignacio Bugarín foi Subcampeón do Mundo de Remo e participou nas Olimpíadas de Barcelona 92. Nesta reunión intercambiáronse impresións sobre o estado actual do deporte na cidade, así como as posibles necesidades que os clubs demandan do Concello.

A continuación, xa no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo mantivo unha reunión cos representantes dos clubs deportivos do Concello de Tui, onde o novo Concelleiro explicou as liñas de traballo que se queren seguir durante os próximos catro anos, entre as que destaca o apoio institucional aos clubs, aumento na transparencia das subvencións deportivas, creación dunha regulamentación no uso das instalacións do Concello e a mellora do mantemento desas instalacións.

Na súa intervención agradeceu o traballo que realizan os clubs deportivos co deporte base tudense e remarcou que será unha prioridade do departamento de deportes o apoio aos máis cativos.

Ao rematar a reunión, tanto Nicolás Lorenzo, coma o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez que agradeceu a presenza de tódolos clubs, trasladáronse ata o aeroporto de Vigo para recibir a José Luís Bouza, padeeiro do Kayak Tudense, que acadou a medalla de prata na categoría C1 5.000 metros e bronce en C1 1.000 metros do Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas que se celebrou en Belgrado a pasada fin de semana.

 

Recepción no Concello de Tui a deportistas tudenses

O Concello de Tui vai brindar esta mañá dúas recepcións a deportistas tudenses. En primeiro lugar ás 12.30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, o Alcalde, Moisés Rodríguez e o Concelleiro de Deportes, Nicolás Montes, recibirán a José Luís Bouza, Diego Piña e Víctor Rodríguez pola súa participación no Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas de Belgrado, disputado a pasada fin de semana.

José Luís Bouza acadou a medalla de prata na categoría C1 5.000 metros e a medalla de bronce na C1 1.000 metros. Os seus compañeiros do Kayak Tudense Diego Piña e Víctor Rodríguez participaron na categoría K2 500 metros e K2 1.000 metros, quedando as portas de entrar nas finais.

           Logo á unha o Alcalde e o Concelleiro de Deportes recibirán aos integrantes do Club Baloncesto Tui “Alevín” xa que recentemente se proclamaron Campións Galegos na súa categoría, na final a catro disputada no pavillón Lorenzo de la Torre de Santiago de Compostela.

 

Mañá ábrese o prazo de inscrición para o Campamento de Verán do Concello de Tui

Mañá ábrese o prazo de inscrición para o Campamento de Verán que un ano máis pon en marcha o Concello de Tui ao través da Concellería de Servizos Sociais, e nesta ocasión coa colaboración da Concellería de Deportes, que moi probablemente asuma o ano que ven a organización desta actividade.

O Campamento de Verán divídese en dúas modalidades, unha acuática e outra urbana. A acuática terá un total de 70 prazas a distribuír nas actividades de piragüismo, remo e esquí acuático para nenos e nenas de 6 a 15 anos, e piscina a partir dos 3 anos.

O campamento urbano ten este ano por título “A Volta ao mundo”, no mesmo os cativos realizarán obradoiros, actividades culturais, inmersión en lingua inglesa e practicarán baloncesto, fútbol e balonmán. Contará con soporte dixital a través dun blog no que os participantes e os pais poderán seguir a súa evolución.

O prezo por participante é de 10 euros, e a inscrición debe realizarse a partir de mañá xoves, ás 9.30h, na Área Panorámica. Este ano só se permite tres inscricións por persoa salvo que sexan irmáns.

Para participar no campamento haberá dous autobuses que recollerán aos nenos polas parroquias e os levarán ás actividades. Este ano ampliouse o número de autobuses xa que o ano pasado quedou demostrado que un era insuficiente.

O Campamento foi presentado no día de onte polo alcalde, Moisés Rodríguez, os concelleiros de Deportes e Cultura, Nicolás Lorenzo e Vanesa Rodríguez, e as técnicas dos Servizos Sociais Paula Guerreiro e Olga Hermida.

O alcalde de Tui nesa presentación felicitou as traballadores das servizos sociais por esta actividade, e destacou que é importante que os nenos no verán sigan tendo oferta de actividades e practiquen deporte. Agarda amais Moisés Rodríguez que se poida seguir apostando por este campamento en vindeiros anos e se amplíen as actividades ofertadas.

A concelleira de Cultura destacou a importancia desta actividades para que os nenos tamén no verán continúen a súa formación. Mentres o concelleiro de Deportes explicou os pormenores do campamento e incidiu na novidade desta ano de propor unha volta ao mundo na que os nenos e nenas serán guiados por Willy Fog a través de distintas cidades.  Na rolda de prensa quedou tamén patente o agradecemento aos clubs pola súa colaboración e aportación de monitores.

 

Martes, 21 de xuño de 2011    

Conmemoración do 120 aniversario dos Xogos Florais de Galicia

Este venres e sábado conmemórase a celebración en Tui dos primeiros Xogos Florais de Galicia que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño de 1891, sendo os primeiros celebrados integramente en galego.

O programa, organizado pola Concellería de Cultura, comeza este venres ás 20.30h cun recital poético na Igrexa de San Domingos. No mesmo van participar, entre outros, o poeta Alfonso Pexegueiro, e vaise realizar unha lectura de poemas do libro “A cidade sen roupa ao sol”, de Marga do Val, en recoñecemento ao seu recente premio da critica. Tamén se contará coa actuación musical dos tudenses Fofinski & the Chinaski.

O programa continuará este sábado ás dez da noite no Parador de Turismo “San Telmo” coa recuperación do menú ofrecido, hai 120 anos, como acto de clausura dos Xogos Florais. Trátase dunha ampla carta, propia dos banquetes burgueses daquela época.

Naquel banquete participaron sesenta persoas e tomaron a palabra, entre outras personalidades, Enrique Lens, o poeta tudense Díaz Spuch, Manuel Lago González, Salvador Cabeza de León, o presidente da Xunta Rexionalista de Tui, Manuel Fernández Herba, xunto con Alfredo Brañas e, finalmente, Manuel Murguía.

O menú que se serviu naquela ocasión e que volverá servirse este sábado será o seguinte:

-sopa fina

-raxo con cogordos

-salmón á alicantina

-polos salteados

-langosta á rusa

-pastel de pichós

-filetes á xardineira

-helados

-pavo con cogordos

-budin con ron

-pastelón á inglesa

Todo acompañado con “viño vello da terriña”, “xerés”, “campagne” e para rematar “puros da Habana”.

As persoas interesadas en participar neste banquete, que será servido na modalidade de “buffet libre”, poden retirar o correspondente convite no Parador de Turismo de Tui a un prezo de 39,00 euros, ben persoalmente ou realizando a reserva a través do teléfono 986.600.300 ou do correo electrónico: tui@parador.es

 

José Luís Bouza logrou dobre medalla no Campionato Europeo de Piragüismo

O padeeiro tudense José Luís Bouza logrou esta fin de semana dobre medalla no Campionato Europeo de Piragüismo.

A primeira colleitouna o sábado ao mediodía en c1 sobre a distancia olímpica de 1000 metros onde logrou a medalla de bronce.

O padeeiro do Club Kaiak Tudense, cun tempo de 3´50’’065, ademais da medalla de bronce, consegue a súa mellor marca persoal nesta distancia. O de Tui, tan só foi superado polo alemán Sebastián Brendel cun tempo de 3´47’’155 e o romanés Losif Chirilia que para o crono en 3´49’’645.

A estratexia de José Luís nesta regata foi moi similar á empregada na eliminatoria na xornada do venres, de menos a mais, así ao paso polos 250 metros, Mergullador estaba en penúltimo lugar, gañando un posto ao paso polo 500, e presentando a súa candidatura ao podio ao paso polo 750, onde xa ocupaba o cuarto lugar. Os últimos 250 metros, cun espléndido final, tal e como nos ten afeito Mergullador, superou ao polaco Tomasz Kaczor, e a punto estivo de gañar outro banzo no podio, xa que nun apretadísimo final, tan só 425 milésimas separáronlle da medalla de prata.

Este resultado era un obxectivo non buscado nesta tempada, xa que Mergullador sufriu unha operación no ombreiro a comezos de setembro, que lle tiveron fóra dos adestramentos até finais de xaneiro, o que facía que conseguir estas marcas neste momento da tempada fose complicado.  Con todo esta medalla non garante a presenza de José Luís no mundial, xa que tal como indican os criterios de selección do comité da RFEP, o 13 de agosto terá lugar en Verducido un control sobre C1 1000 metros, no cal o vencedor defenderá as opcións de España de clasificarse para os JJ.OO. de Londres.

Xa onte domingo Bouza lograba a prata sobre a distancia de 5000 mil metros, unha regata na que ten o título de subcampión do mundo. Esta medalla si lle garante a súa participación no Campionato do Mundo sobre a distancia 5000 metros que a mediados de agosto terá lugar en Szeged.

Non tiveron tanta sorte os seus compañeiros de club Victor Rodríguez e Diego Piña que tanto no K2 500 coma 1000 metros non lograron o pase ás finais na xornada do venres.

 

Carlos Callón presenta mañá en Tui o seu libro de título retranqueiro en defensa do galego: En castellano no hay problema

Hoxe, martes, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística presenta en Tui o libro En castellano no hay problema (Edicións Xerais), un volume de título retranqueiro que cualifica como “unha obra de combate cívico na defensa do noso idioma”. O evento comezará ás oito e media do serán na Biblioteca Municipal de Tui, sala Félix Rodríguez, Edificio Área Panorámica (acceso pola traseira do edificio) e conducirao Ricardo Alonso.

Carlos Callón asevera que “deberiamos escribir colectivamente un libro que sexa continuación deste, que leve por título En galego, tampouco; porque iso é xusto o que queremos: que en Galiza non haxa problemas para vivirmos no noso idioma propio.”

O presidente da maior asociación cultural galega e recente Premio Vicente Risco de Ensaio denuncia nesta obra que “nestes momentos en Galiza só es libre de escoller lingua se escolles o castelán”, polo que demanda “medidas institucionais para corrixir esta inxustiza”. Para Callón, “a principal responsabilidade desta situación encóntrase na Xunta de Galiza”, polo que lle reclama ao actual presidente “que adopte o máis axiña posíbel a súa primeira medida en defensa do galego, xa que desde que tomou posesión hai dous anos non padecemos máis que constantes iniciativas súas en contra do noso idioma, porén nin un único adianto”.

No libro En castellano no hay problema ofrécese unha visión panorámica da situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Nas súas páxinas “rebátense algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analízase a situación do idioma, repásanse reivindicacións, preséntanse alternativas, convídase ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alértase das medidas que deberían adoptar os poderes públicos”. Por iso, En castellano no hay problema “é, en definitiva, un libro útil e operativo para a encrucillada en que se encontran a nosa lingua e a nosa cultura.”

 

Proposta da Casa da Xuventude de Tui

Curso de creacion de blogs

. De 14 a 35 anos

. 4, 6, 11, 13 e 18 de xullo de 10.30 a 13.30 

Curso de batuka

. De 12 a 35 anos

. Desde o 1 ao 19 de xullo

. Martes, xoves e venres de 11.00 a 12.30

Pintura en camisetas e customizado de roupa e complementos

. De 12 a 35 anos

. Desde o 3 ao 31 de agosto

. Mércores de 11.00 a 13.00

 

Sábado, 18 de xuño de 2011    

Mercadiño de Antigüidades en Tui hoxe sábado

O Paseo da Corredoira de Tui acolle hoxe sábado o viséximo Mercadiño de Antigüidades organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello de Tui. No Mercadiño daranse cita máis de 15 postos que abrirán dende ás dez da mañá ata ás nove da noite.

 

IX Marcha Mountain Bike Monte Aloia –Tui

Este domingo celébrase a IX Marcha Mountain Bike Monte Aloia organizada pola Asociación de Veciños “A Lavandeira” de Montiño, Rebordáns. 

A saída realizarase ás 9.30h dende o Parque do Montiño cara o centro de Tui onde percorrerán as rúas do conxunto histórico, dirixíndose a continuación cara ao barrio de Riomuíños, e entrarán no Parque Natural do Monte Aloia por Randufe e Rebordáns, chegando as espectaculares 6 eses. Xa no Monte Aloia os participantes contarán cun avituallamento sólido, para continuar ruta polos cortalumes de Malvas, Randufe e Pexegueiro para chegar de novo ao Parque do Montiño, onde disfrutarán duns pinchos logo do esforzo realizado.

 

A AAVV A Lavandeira convoca unha Ruta cultural de sendeirismo

A AAVV A Lavandeira convoca unha Ruta cultural de sendeirismo para este domingo a partir das 10 da mañá dende o Parque do Montiño.  Neste caso o percorrido ten unha dificultade media e a distancia a percorrer será de 10 km pasando polo conxunto histórico de Tui e a Ponte Internacional ata Valença.

 

III Festa do Socio da AAVV de Guillarei

            A Asociación de Veciños Virxe das Dores de Guillarei celebra hoxe sábado a súa terceira festa do socio. A partir das sete terán inchables para nenos de xeito gratuíto. Ás oito da tarde celebrarase misa na honra de socios e familiares falecidos, acompañada polo Coro Parroquial de San Mamede de Guillarei. Media hora despois actuará por primeira vez a Escola de Gaitas da Asociación de Veciños Virxe das Dores. Logo terán degustación a prezos populares de polbo á feira con pan e bebida. Prezo da tapa 8€ para non socios, 5€ socios. A AAVV convida á bebida. Rematarán con verbena amenizada polo grupo folclórico “A Nosa Xente” de Paramos, e no descanso invitarán aos socios de chocolate con rosca.

 

Sardiñada en Caldelas

            A Comisión de Festas da Virxe da Rocha organiza hoxe sábado a partir das nove da noite unha sardiñada na ribeira de Caldelas.

 

XI Festa das Lavandeiras en Riomuíños

Hoxe celébrase a décimo primeira festa das Lavandeiras no barrio de Riomuíños.

O programa festivo comeza ás 10 da mañá con música acompañando ás lavandeiras que colocarán os concos no lavadoiro. A partir das once da mañá haberá un polbeiro e unha rosquilleira e media hora despois comeza o desfile dende a estrada ata o lavadoiro das lavandeiras vestidas coa roupa que levaban as súas nais e avoas, seguidas da Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui e do grupo de gaiteiros do río Tripes. 

A partir das doce comezará a lavada amenizada polo grupo de gaiteiros “Muiñeiros do río Tripes” e o grupo de baile da Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional do Tui. Ao mediodía farán un xantar ao aire libre, e xa pola tarde a partir das catro xogarase a fase final do Campionato de ra que comezou o pasado mes de abril.

Ás seis da tarde reunirase o xurado para  fallar o Certame de Tortillas outorgando un primeiro e segundo premio á de mellor sabor e mellor presenza. O terceiro premio sortearase entre todos os participantes. A festa rematará despois das nove cunha merenda cea. Ao longo do día terán exposición de artesáns.

 

José Luís Bouza se clasifica para la final del Campeonato de Europa Belgrado – Serbia -.

José Luís Bouza cumple con los pronósticos y se clasifica para la final directamente en la eliminatoria, evitando así palear en la semifinal de la tarde. Víctor Rodríguez y Diego Piña finalizan en cuarto lugar en la eliminatoria de k2 1000 metros y deberán buscar la final en la jornada de tarde.

Buzo finalizo en segundo lugar, siendo superado tan solo por el alemán Sebastián Brendel,  el tercer lugar y último que garantizaba el paso a la final evitando las semifinales, fue para el rumano Chirirla Losif. La regata de Buzo, fue de menos a mas, siendo el 6º al paso de los 250 metros, el paso por el 500 metros ya lo hizo en el segundo lugar, y a la altura del 750 ya encabezaba la regata, para finalizar en segundo lugar con un tiempo de 3´51”698, sin duda la mejor marca realizada por José Luis. En la otra semifinal consiguieron el paso a la final los actuales campeones olímpicos en C1 1000 y 500, el húngaro Atila Vadja, y el Ruso Masimin Opalev, con un tiempo de 3´55” el húngaro y 3´57” el ruso, en tercer lugar en esa eliminatoria fue para el bielorruso Aliaksandr Zhukouski.

Y si la regata de Buzo fue de menos a mas, al contrario fue la regata de k2 de Diego y Víctor, ya que encabezaron la regata hasta el 500 metros, siendo terceros al paso por 750 metros, perdiendo las opciones de entrar directamente en la final a la altura del 800 metros. Ahora habrá que esperar a la jornada de tarde para ver si consiguen el paso a la final. Entre tanto a las 13.00 horas palearan la eliminatoria de k2 500 metros.

 

La Cámara de Comercio de Tui organiza una misión comercial  para establecer posibles alianzas comerciales

Brasil se ha convertido en uno de los países importadores de vino más importantes del mundo, no en vano se encuentra entre los 20 primeros del ranking y se trata del único país de Latinoamérica en aparecer en estas primeras posiciones. Por este motivo, la Cámara de Comercio de Tui ha organizado una misión comercial inversa con importadores brasileños de vino con el objetivo de establecer posibles alianzas comerciales.

“Brasil cuenta con un gran potencial económico. Los dos eventos de carácter mundial que se van a celebrar durante los próximos años en el país carioca como son el Mundial de 2014 y las Olimpiadas en 2016 atraerán y congregarán a millones de personas lo que lo convierte en el escenario idóneo para que nuestros vinos puedan formar parte de la oferta turística y gastronómica del país”, comenta Gumersindo Alonso, presidente de la Cámara de Comercio de Tui.

Visita de importadores brasileños

Una delegación de importadores brasileños de vino formada por 11 personas visitarán un total de 20 bodegas de las denominaciones de origen gallegas para establecer posibles alianzas comerciales. La visita, que tendrá lugar del 10 al 17 de julio, está organizada por la Cámara de Comercio de Tui y se enmarca en el Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas. 

En palabras del presidente de la Cámara tudense, Gumersindo Alonso, “Galicia tiene mucho capacidad para conseguir colocar sus vinos en Brasil. Esta visita es una oportunidad para promocionar en el exterior los caldos de las diferentes Denominaciones de Origen Gallegas”.

La Cámara de Comercio de Tui está volcada con todos los sectores empresariales siendo el vitivinícola uno de los más importantes. Prueba de ello es que, durante los dos últimos años, la Cámara ya ha organizado visitas con importadores de vino procedentes de Estados Unidos y México en las que se firmaron importantes acuerdos comerciales con las bodegas locales.

 

Venres, 17 de xuño de 2011    

O alcalde de Tui asistiu á presentación do roteiro “Emocións na raia do Miño”

Moisés Rodríguez Pérez, alcalde de Tui, asistiu o pasado  mércores, 15 de xuño, no Palacio da Brejoeira, en Monçao, á presentación dos roteiros “Emocións na raia do Minho” que impulsados por este Palacio conta coa participación dos municipios de Valença, Monçao, Salvaterra e Tui. Na rolda de presa estiveron presentes o administrado do Palacio da Brejoeira, Emilio Sousa Magalhaes, acompañado polo director do Turismo Porto-Norte, Melchor Moreira, o alcalde de Monçao, o Vereador de Cultura e Turismo de Valença e un representante do Concello de Salvaterra.

O folleto presentado é resultado dunha iniciativa inédita promovida polo Palacio da Brejoeira, elemento patrimonial de primeira magnitude e que dende a súa apertura ao público –hai aproximadamente un ano- leva recibido máis de 25.000 visitantes, para o establecemento de roteiros polos municipios de Salvaterra, Tui, Valença e Monçao. Baixo o nome de “Emocións da raia do Miño” ofértase unha ruta de carácter patrimonial e outra natural polos elementos máis emblemáticos do patrimonio destes catro municipios miñotos.

O alcalde de Tui na súa intervención felicitou ao Palacio da Brejoeira como impulsores dunha iniciativa transfronteiriza de grande interese, pois tenta que os fluxos turísticos que reciben cada un dos participantes poida extender a súa presenza a outros enclaves destes roteiros. Moisés Rodríguez destacou tamén a importancia do turismo no que resulta esencial un traballo conxunto non xa entre os municipios veciños senón entre o sector público e o privado pois unicamente coa colaboración conxunta será posible realizar unha oferta atractiva e de interese.

O folleto comprende unha descrición dos municipios, acompañada de fotografías sobre a riqueza natural e patrimonial da zona. O programa sobre patrimonio comeza no Palacio da Brejoeira, ofrecendo de seguido a visita ao Centro Interpretativo do Castro de S. Caetano, centro histórico e murallas de Monção. O programa prosegue, do outro lado do río, co Pazo do Conde e de Dona Urraca – Murallas, en Salvaterra de Miño e a Catedral e casco histórico de Tui. O roteiro termina na praza-forte de Valença. O programa de natureza e lecer, ten como punto de partida o Palacio da Brejoeira, continuando con visitas ao parque das termas e balneario termal, en Monção, ao Parque da Canuda, en Salvaterra. De aquí segue  para o Parque Natural do Monte Aloia, en Tui, e o Mosteiro de Sanfins, observatorio avi-fauna e Ecopista do Rio Miño, en Valença.

 

O alcalde de Tui fai públicas as delegacións de competencias nos concelleiros do goberno municipal

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, fixo públicas onte as delegacións de competencias entre os membros do goberno muncipal:

Nicolás Lorenzo Montes: Área de Rehabilitación Integral (ARI), Deportes, Xuventude e Medios de Comunicación.

Vanesa Rodríguez Pereira: Cultura e Educación.

Dorinda Olga Montes Moldes: Parques e Xardíns, Mercado e Praza de Abastos.

Marcelino Enrique Cendón Vázquez: Facenda e Patrimonio Municipal.
Manuel González Vázquez: Limpeza e recollida de lixo, Cemiterio, Parque Móbil e Servizos Municipais.

Ángel Gutiérrez González: Seguridade Cidadá, Protección Civil, Tráfico e Medio Ambiente.

José Ángel Villaverde Rocha: Persoal, Alumeado Público, Formación e Emprego

Raquel Lorenzo Pimentel: Turismo, Comercio e Servizos Sociais.

En aplicación da lexislación vixente aquelas outras competencias non delegadas permanecen baixo a responsabilidade de Alcaldía.

Nas vindeiras xornadas o alcalde fará publica a composición da Xunta de Goberno Local que estará integrada polos Tenentes de Alcalde do Concello de Tui e as dedicacións que desempeñen os integrantes da equipa de goberno.

 

Hoxe abren as Piscinas Municipais de Tui

Hoxe, venres, día 17 de xuño, está previsto abrir ao público as piscinas municipais de Tui, que permancerán a dispor dos usuarios ata o 16 de setembro.

O horario de apertura será o mesmo que nos anos anteriores, dende as 13.00 ata as 20.30 horas, e os prezos establecidos son para Abono 30 baños: individual maiores de 18 anos 40€; lndividual menores de 18 anos e xubilados, 35€.

A entrada diaria terá un custe, para maiores de 18 anos, de 2€, e para os menores de 18 anos e xubilados 1.50€

 

En la Administración de Loterías nº 3 situada en el CC Haley de Tui se ha validado un boleto de 5+c de la Bonoloto premiado con 107.002 mil euros

Después del premio de La Primitiva de 138.000 del pasado sábado, la Bonoloto de este miércoles, 15 de junio, ha dejado en Tui otro premio de 107.002 euros correspondiente a un boleto de 5 más el complementario que ha sido sellado en la Administración de Loterías nº 3 situada en el CC Haley. La combinación ganadora ha sido la de los números 12, 13 32, 36, 42 46 complementario 28. En esta ocasión el premiado, cuya identidad aún no se conoce, selló un boleto de 7 euros para el miércoles, día 15. Desde la Administración de Loterías nº3 apuntan a que casi con toda seguridad el ganador es una persona de Tui o del Baixo Miño que el lunes por la mañana realizó gestiones en el centro urbano y aprovechó para sellar su boleto.

De nuevo la suerte recala en Tui

De nuevo la suerte ha recalado en la ciudad de la mano de la familia Sánchez Cardell que han repartido un nuevo gran premio en este caso de la Bonoloto, que se suma a los dados con anterioridad tanto en el Bonoloto como en la Lotería Primitiva, o en la Quiniela, y que hacen que esta familia sea probablemente la que más premios ha repartido en este tipo de juegos en España.

Juan A. Sánchez Cardell, gerente de la Administración nº3, ha mostrado su satisfacción recordando “la cantidad de premios de categoría superior que han sido sellados en sus establecimientos”. Añade que “es mucho dinero el que hemos dado entre todas las administraciones de loterías de Tui” que es algo a señalar “lo que hace de Tui la ciudad mas afortunada de España en este tipo de juegos”.

 

Xoves, 16 de xuño de 2011    

Primeiras xornadas de actividade do novo alcalde Moisés Rodríguez Pérez

O pasado sábado foi elixido como novo alcalde de Tui, por maioría absoluta, Moisés Rodríguez Pérez, no discurso pronunciado a continuación salientou a súa aposta pola búsqueda do consenso nos grandes temas que afecten ao noso municipio e apostou polas políticas sociais e a prol do emprego como ferramentas imprescindibles nestes momentos de crise. Esta sesión contou coa asistencia de numerosos veciños de Tui.

Unha das primeiras medidas tomadas polo novo Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, no seu primeiro día de exercicio das súas funcións como máximo mandatario tudense foi a reapertura da porta principal da Casa do Concello, facilitando así o acceso ao edificio municipal pola súa  tradicional ubicación na Praza do Concello, aínda que mantendo aberto o acceso dende a Rúa Párroco Rodríguez Vázquez pois esta é a única entrada accesible á Casa do Concello. Con esta sinxela medida o alcalde Rodríguez Pérez amosa a súa decisión de favorecer a participación e o acceso dos cidadáns á vida municipal.

Tamén ás 08,30 horas do luns Moisés Rodríguez acompañado polos concelleiros do goberno municipal mantivo unha xuntanza con todo o personal que presta os seus servizos na Casa do Concello para saudalos no inicio do seu mandato solicitando de todos os funcionarios a súa colaboración para manter o importante nivel dos servizos muncipais tudenses e para lograr, se cabe, unha excelencia na atención aos cidadáns, os auténticos destinatarios da acción do Concello. Unha xuntanza similar se realizou ás 14,00 horas nas dependencias da nave municipal de Guillarei, co personal de obras e servizos do Concello, visitando tamén as dependencias do Centro de Formación e o Obradoiro de Emprego.

Tamén o pasado martes Rodríguez Pérez realizou unha visita ao casco histórico para revisar as vivendas e solares abandonados ou sen coidado para proceder a requirir dende o Concello aos propietarios para que efectúen as labores de limpeza ou mantemento a que están obrigados, colaborando na conservación deste zona monumental. Con esta medida o novo alcalde da cumprimento as súas manifestacións de que o conxunto histórico será unha das prioridades do seu goberno, reclamando a colaboración dos veciños para lograr entre todos este obxectivo.

E o mesmo martes o alcalde mantivo unha xuntanza cos representantes sindicais do personal municipal para trazar as liñas de traballo neste período de goberno municipal e de seguido cos concelleiros do grupo municipal do Partido Popular para perfilar o reparto de competencias do novo goberno municipal. Nos vindeiros días Moisés Rodríguez dará a coñecer a composición do goberno municipal tudense.

 

Sábado, 11 de xuño de 2011    

O martes presentarase Aloiada 2011

O próximo martes, día 14 de xuño, ás 12.00 horas, terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Tui, a presentación da actividade “Aloiada 2011”, organizada polos colexios CEIP Nº1 e Nº2 de Tui, en colaboración co Concello de Tui.

Á rolda de prensa asistirán o alcalde do concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o concelleiro de Deportes, o director do CEIP Nº2 e as coordinadoras da actividade e mestras destes colexios, Beatriz González, Mª Carmen Seves e José Alberto López.

Aloiada 2011

Os días 16 e 17 de xuño, máis de 90 alumnos de 6º de primaria dos colexios Nº1 e Nº2 de Tui gozarán de dúas xornadas de actividades na natureza nos Montes Aloia e Galiñeiro e no río Miño, realizando entre outras, sendeirismo, rappel, tirolina e piragüismo. No albergue xuvenil do Monte Aloia montaranse as tendas de campaña para durmir a noite do xoves.

 

Venres, 10 de xuño de 2011    

Mañá, sábado, clausura das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto

O Club Baloncesto Tui organiza o sábado 11 de xuño un torneo de clausura da tempada no que participarán tódolos rapaces e rapazas das categorías base.

Ao redor de 90 xogadores das distintas categorías do club, dende os 5 ata os 12 anos, disputarán partidos no Paseo da Corredoira, a partir das 10.30 da mañá ata as 13.30 horas, continuando pola tarde en horario de 17.00 ata as 20.30 horas.

Ao finalizar, e dende o palco da música, farase entrega das medallas ós participantes, así como unha mención especial ós equipos benxamín e alevín, xa que os primeiros obtiveron un meritorio quinto posto na liga da comunidade galega e os alevíns gañaron o campionato.

 

Estudantes españois da Escola Superior Gallaecia (Portugal) gañan o 1º premio do concurso de arquitectura relixiosa

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en convenio de colaboración coa Escola Superior Gallaecia, informa de que  4 estudantes desta escola universitaria, recibirán o 1º premio do concurso de Arquitectura Religiosa - "Arquitectura em Lugares Sagrados", organizada por TUREL “ Desarrollo y Promoción de la Cultura y del Turismo Religioso” e pola Arquidiócesis de Braga, co apoyo do Concello de Póvoa de Varzim e do Colexio de Arquitectos Portugueses.

Entre máis dun centenar de proxectos presentados ao concurso, procedentes de varias universidades portuguesas, o deseño ganador sobresaíu pola calidade do traballo presentado.

Os estudantes que gañaron o 1ºPremio foron Alba Temperan, de Vigo; Ismael Otero, de Pontevedra; Luis Comesaña, de Vigo, e Vicente Aparicio, de Vigo.

Todos os estudantes están no 3º curso (6º semestre) de Máster Integrado de Arquitectura e Urbanismo, da ESG/ Escola Superior Gallaecia.

Ademais do primeiro premio, ESG tamen foi galardoada cunha Mención de Honor polo proxecto presentado por outros 4 estudantes, tamen do 3º curso do Master Integrado de Arquitectura e Urbanismo: Eva Alvarez, de Tomiño; Laura Peña, de Porriño; Noelia González, de Porriño, e Paolo Dentori, estudiante italiano de Erasmus.

Os proxectos presentados a concurso por la Escola Superior Gallaecia, foron coordinados polos profesores, os arquitectos Nuno Pereira da Silva e Víctor Rosas Silva.

Cabe sinalar que os oito traballos presentados ao concurso polos estudantes da Escola Superior Gallaecia, foron finalistas, o que mostra a excelencia do traballo dos estudantes.

Os traballos están actualmente en exhibición no Auditorio Municipal de Póvoa de Varzim, en Portugal.

 

Xoves, 9 de xuño de 2011    

Entregada unha mención de honra ao garda civil Manuel Bugallo Fernández

O Concello de Tui procedeu onte á entrega ao Garda Civil Manuel Bugallo Fernández dunha Mención de Honra Especial concedida por un acordo unánime da Corporación Municipal do 28 de abril pasado. Esta distinción honorífica foille outorgada polo valor amosado por este axente no rescate que realizou dunha moza no río Miño o pasado 4 de abril, recoñecendo o seu valor e o seu esforzo no expresado rescate.

Onte, finalizado o último pleno da Corporación Municipal, o alcalde de Tui acompañado polo edís do Concello procedeu á entrega dunha placa onde se recolle esta “Mención honorífica especial”. Antonio F. Fernández Rocha destacou nas súas palabras  que “no rescate desta moza no río Miño hai unha serie de valores que o Concello de Tui quere destacar por medio da concesión desta Mención Honorífica Especial: o cumprimento do seu deber como servidor público a través das Forzas e Corpos de Seguridade, a súa entrega no desempeño do seu traballo e a súa xenerosidade e valentía”.

Tras a entrega da placa o axente Manuel Bugallo Fernández pronunciou unhas palabras de agradecemento por esta distinción en presenza da Corporación Municipal tudense e de diversas representacións da Garda Civil e Policía convidadas a este acto.

 

Atardecer musical con obras de Karolis Biveinis

Mañana, viernes, entre las 20.30 y las 22.00 horas, se celebrará un concierto en el Conservatorio Profesional de Música, de Tui, en el que los alumnos de este centro interpretarán obras de Karolis Biveinis, desde la música clásica, jazz, banda sonora hasta la agrupación de folk.

 

Mércores, 8 de xuño de 2011    

A proxección de Heroína aprázase para o mércores 15

A proxección da película Heroína dirixida por Gerardo Herrero, dentro da programación do cineforum “O cine que nos mira” prevista para hoxe mércores tivo que se aprazada unha semana. A película poderase ver por tanto o mércores día 15 ás 21h no Teatro Municipal e na proxección contarase coa presenza de Carmen Avendaño, en cuxa vida e loita contra o narcotráfico está baseada a película.

 

V Festival de Corais este venres no Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres a partir das seis da tarde o V Festival de Corais organizado pola Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.

Participarán catro agrupacións corais e un grupo de gaitas. Os primeiros en actuar será os membros da Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda baixo a dirección de Javier Domínguez Millán.

A continuación será a quenda da Coral Polifónica A Nosa Terra de Pereiras, Mos, baixo a dirección de Marisa González Monroy, e logo da Coral Polifónica de San Pedro de Domaio dirixida por Xosé Manuel Barbosa. Nesta cita estará tamén presente a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui baixo a dirección de Rebeca Sestelo Longueira. Nesta cita musical estará tamén presente o grupo de gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda baixo a dirección de Eduardo José Rodríguez.

   

O Tyde benxamín conquistou o Trofeo Illa de Arousa

Como xa informabamos o pasado luns un dos equipos da categorías base do Tyde fíxose esta fin de semana co Torneo do Campionato do fútbol da Illa de Arousa. Foi en concreto o Tyde benxamín quen se fixo coa Vitoria.

O Tyde benxamín foi un dos vinte equipos participantes no torneo dividido en catro grupos. Os de Tui foron superando os distintos partidos ata chegar a situarse entre os 4 mellores conxuntos que ían disputar as semifinais que foron moi igualadas. O Tyde enfrontouse ao Vista Alegre nun partido moi igualado empatados a 1 tanto que se acabou decidindo na tanda de penaltis a favor dos de Tui. Xa na final enfrontáronse ao Céltiga A que se impuxera na súa semifinal ao Mercatil por 2-0. Novamente a final entre o Tyde e o Céltiga A foi moi igualada rematando con empate a un tanto, polo que novo o equipo gañador se decidiu nos penaltis onde os de Tui se fixeron co Trofeo da Illa de Arousa.

  

Actividades na Casa da Xuventude

A Casa da Xuventude ten xa preparada a programación que vai levar a cabo nos próximos meses de verán. Así o explicaba a súa directora, Mónica Bugarín, na sección semanal que ten no programa Día a Día .

En primeiro lugar lembraba que hoxe e o próximo mércores se celebra o obradoiro de cócteles sen alcohol. Quedan prazas vacantes e os interesados poden anotarse aínda esta mañá.

Xa con respecto á programación estival en xullo van impartir un curso de creación de blog os días 4, 6, 11, 13 e 18 de xullo de 10.30 a 13.30h no que se ofertan 12 prazas para mozos de entre 14 e 35 anos. O prazo de inscrición ábrese hoxe.

Por outra parte por vez primeira a Casa da Xuventude vai impartir un curso de batuka que terá lugar martes, xoves e venres de 11 a 12.30h entre o 1 e 19 de xullo. Vai dirixido a mozos de 12 a 35 anos.

Por último lembraba Mónica Bugarín que a Casa da Xuventude manterá o seu horario habitual ata o 24 deste mes de xuño. E a partir do 27 deste mes abrirá de 10.15h a 14h.

Esta información coma sempre pódese ampliar na Casa da Xuventude na rúa Sanz de Tui ou no teléfono 986 60 05 68.

 

Martes, 7 de xuño de 2011    

Proxección de Heroína mañá mércores no cineforum

Maña mércores, ás 21h, proxectarase no Teatro Municipal de Tui a película Heroína dirixida por Gerardo Herrero, dentro da programación do cineforum “O cine que nos mira”. A entrada á película é gratuíta. Na proxección contarase coa presenza de Carmen Avendaño, en cuxa vida e loita contra o narcotráfico está baseada a película.

 

CEP, Cámaras de Comercio de Pontevedra, Eixo Atlántico, CEO e asociacións lusas solicitan audiencia ao novo Executivo portugués

Mañá mércores, ás 11.30h terá lugar na Cámara de Comercio de Tui unha rolda de prensa por parte dos presidentes da Confederación de Empresarios de Pontevedra, e dos presidentes das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Tui, Vilagarcía e Vigo, o secretario xeral do Eixo Atlántico; o presidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e das asociacións de empresarios de Oporto, Viana do Castelo e Braga. O obxectivo é solicitar conxuntamente unha entrevista co novo Goberno de Portugal, trala xornada electoral deste domingo.

O obxectivo é plantexar, unha vez máis, ás autoridades lusas que reconsideren a implantación das peaxes nas autovías do norte de Portugal.

Explican que dende o anuncio da súa entrada en vigor, prevista para o 1 de xullo do ano pasado, pero executada o pasado 15 de outubro, o empresariado da Eurorrexión defendeu que as peaxes nas autovías do norte supoñen un encarecemento do tráfico nun mercado natural, o que supón un ataque á competitividade e agrava as dificultades provocadas pola crise.

Lembran dende a CEP que esta postura común tivo o seu eco na Unión Europea grazas ás xestións iniciadas en Bruxelas ante o comisario competente para as cuestións de transporte, Siim Kallas, polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Luís de Grandes, a solicitude da CEP.

Os empresarios e institucións galegas e lusas solicitarán que, de ser imprescindible manter a peaxe, se simplifique ou unifique o sistema de pagamento.

  

Iván Alonso e Manuel Garrido estarán no Europeo de Maratón

Na primeira xornada do Campionato de España de Maraton en piraguismo disputada o sábado dous dos homes do Club Kaiak Tudense lograron xa a súa clasificación para o Europeo de Maratón que a finais de mes terá lugar en Francia. Trátase de Iván Alonso en K1 senior e Manuel Garrido en C1 sub 23.

Iván Alonso, en k1 senior, logrou a medalla de plata na súa regata, sendo só superado polo asturiano Manolo Busto. Ambos conseguiron avantaxar en máis de 3 minutos ao resto dos participantes nestes 32 km de competición e 7 porteo.

Manuel Garrido en C1 sub 23 e dobre campión mundial da categoría foi o claro dominador desta regata, estando sempre no grupo de cabeza, e cruzando en solitario á liña de meta.

Con respecto ao resto da participación tudense Jaime Sobrado finalizaba en quinto lugar en el k1 Sub23.

Xa na xornada do domingo os galegos Óscar Graña e Ramón Ferro, del Club Kaiak Tudense, proclamáronse Campións de España a de Maratón en C2, co que lograron tamén praza para o mundial.

 

O CB Tui campión galego de minibasket

O C.B. Tui proclamouse na tarde do sábado Campión de Galicia de minibasket no torneo disputado en Santiago de Compostela. Na final os de Tui, dirixidos por Fidel del Campo impuxéronse por 67-73 ao Maristas de Lugo.

Por outra parte un dos equipos das categorías inferiores do Tyde F.C. gañou o domingo o Torneo Illa de Arousa.

 

Venres, 3 de xuño de 2011    

Hoxe inauguración da exposición 165 anos da fundación do Instituto de Bacharelato en Tui

            Á unha deste mediodía o Teatro Municipal de Tui acolle o acto oficial de inauguración dunha exposición conmemorativa dos 165 anos da fundación na cidade dun Instituto de Bacharelato, que comezou a funcionar no curso 1845/46.

            Para conmemorar este aniversario ábrese, na Sala Municipal da Área Panorámica, unha exposición titulada “165 anos de ensino medio en Tui”. A mostra está organizada conxuntamente pola Concellería de Cultura tudense e os IES “San Paio” e Francisco Sánchez, e na que colaboran o Seminario Menor “San Paio”, o Instituto “Sánchez Cantón” de Pontevedra, o Museo Pedagóxico de Galicia e o Museo Diocesano de Tui.

            O acto inaugural deste mediodía contará coa presenza do alcalde de Tui en funcións, Antonio Fernández Rocha,o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Areas, e os directores dos IES San Paio e Francisco Sáchez, así coma do alumnado destes centros educativos, que en días posteriores visitaran a devandita exposición.

        O obxectivo deste acto é reivindicar a antigüidade do ensino medio en Tui, salientando que foi unha das primeiras cidades de Galicia en contar cun centro educativo destas características, pois só Lugo tivo un instituto anteriormente, en 1842, e no referido ano 1845 comezan os de Santiago, Ourense, Pontevedra e Tui, namentres que A Coruña deberá agardar a 1862.

        Para o concelleiro de cultura en funcións, Moisés Rodríguez Pérez, salientar este aniversario que sitúa á cidade como un dos primeiros lugares de Galicia en contar cun centro de ensino medio é reivindicar a historia da cidade, a súa vocación educativa e cultural.  Congratúlase polo traballo conxunto realizado entre os Institutos de Ensino Secundario de Tui e a Concellería de Cultura na organización desta mostra que estará aberta ao público ata o 30 de xuño.

 

Clausura do curso académico na Aula da UNED en Tui

            Ás sete desta tarde o Salón de Actos da Aula da UNED de Tui, no antigo convento de Santo Domingo, vai acoller o acto académico de clausura do curso desta Aula na cidade, o primeiro dende a súa posta en marcha no outono pasado.

O acto contará coa presenza da directora do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, Beatriz Rodríguez López, a coordinadora da Aula da UNED de Tui, Margarita Pino Juste e o Alcalde de Tui en funcións, Antonio Feliciano Fernández Rocha.

            No mesmo van intervir ás autoridades e un representante dos alumnos desta aula. Logo procederase á entrega de diplomas. Para rematar a lección de clausura será pronunciada por Víctor Fernández Freixanes, escritor e director da Editorial Galaxia quen falará sobre “Os nomes das cousas. A importancia da lectura na era dixital”.

            A coordinadora da Aula da UNED en Tui, Margarita Pino, explicaba en declaracións á Radio Municipal de Tui que este primeiro curso se pecha cun balance moi positivo pola excelente resposta acadada as diferentes actividades que realizaron nos últimos meses.

            En canto ás expectativas de cara ao próximo curso agardan non solo con manter o número de alumnado senón incluso incrementalo dado o interese que teñen suscitado.

            Xa con respecto á xornada de clausura desta tarde venres amosaba o seu agradecemento a Victor Freixanes que pronunciará a lección de clausura, todas as facilidades dadas para a súa presenza mañá en Tui. Tamén agradecía á UNED de Pontevedra a colaboración para a realización deste acto de clausura xa que non son moi habituais, e neste caso faise unha excepción xa que se entende que contribuirá a promoción da aula local.

            De cara ao futuro explicaba Margarita Pino, a falta de falar coa nova corporación, a idea é promocionarse cara a Portugal, e que Tui sexa centro da UNED para Galicia e Norte de Portugal, o que dicía redundará en promocionar a cidade de Tui cara ao exterior. Tamén se tentará que dende Tui se impartan aulas para o resto de España e o exterior.

O acto de clausura desta tarde está aberto ao público en xeral.

 

Mañá celébranse as II Xornadas Educar Adolescentes

            Mañá van ter lugar en Tui as II Xornadas Educar Adolescentes organizadas polos Servizos Sociais do Concello de Tui. Celebraranse no edificio da Área Panorámica. O seu obxectivo é afondar no xeito máis adecuado de educar aos fillos que están na adolescencia.

            O programa previsto arranca ás 9.30h coa entrega da documentación. Ás 10h terá lugar a inauguración das xornadas por parte do alcalde en función, Antonio Fernández Rocha.

            Entre ás 10.15h e ás 10.15h impartiranse os obradoiro para pais e nais a cargo dos psicólogos Betina Represas e Alejandro Vaquetti. O título do obradoiro é  “Familia e adolescencia , como ser pais e nais dun adolescente”.

            Tras unha pausa a actividade retómase ás 12.15h cunha mesa redonda titulada “Sociedade e adolescencia. Reflexión sobre o que fan os adolescentes cando non están na casa”. Na mesma os poñentes van ser MªJosé Solleiro pedagoga e orientadora de Secundaria, Ismael Martínez González, adestrador Nacional de Balonmán, Olga Hermida Educadora familiar e Paula Guerreiro Técnica de  Prevención de drogodependencias.

            As conclusión e clausura das xornadas terán lugar á unha cuarto.

            Os interesados en participar nesta xornada poden dirixirse aos Servizos sociais do Concello de Tui no 986 60 36 25, na escola infantil La Camelia 986 60 08 67 ou no correo electrónico educando.adolescentes@hotmail.com.  A asistencia a xornada e gratuíta, pero a organización pide que quen queira asistir o comunique en calquera deses teléfonos, xa que é o único xeito de poder facer previsión de sitio e material.

 

Clausura das escolas deportivas municipais en Tui

            O departamento de Deportes do Concello de Tui, informa que esta fin de semana vai ter lugar a clausura das escolas provinciais e municipais de balonmán e patinaxes.

            Hoxe venres ás 16.30h, o novo Pavillón Municipal, acollerá a clausura das escolas de balonmán, das que neste curso 2010/2011 o formaron parte 200 rapaces e rapazas de todo o Concello.

            A clausura da escola de Patinaxe celebrarase o domingo, 5 de xuño, ás 18.30h no novo Pavillón Municipal. Os preto de 130 nenos e nenas que asistiron este ano ao curso, demostrarán as súas habilidades cos patíns nunha festa que terá como convidados os membros do club de Patinaxe Ribex do Porriño, que este ano quedaron subcampións galegos e oitavos de España, acadando así a clasificación para o Campionato de Europa. A entrada para ver estas actividades e libre e gratuíta.

  

Romaría de San Antón en Rebordáns

            Este domingo celébrase na Virxe do Camiño, en Rebordáns, a Romaría de San Antón. O programa previsto comeza ás 10.30h coa entrada no recinto de festas da charanga Airjalisia. Media hora despois comezará a venda de polbo a prezos populares. Ás doce está prevista misa solemne con procesión acompañada polo grupo de gaitas San Fins de Rebordáns. Ao remate celebraranse as tradicionais poxas. Ao mediodía terá lugar un xantar campestre, e a partir das cinco da tarde haberá xogos populares. O día péchase ás nove da noite coa actuación do grupo tudense “La Comandancia”.

 

VII Festa da Gula en Paramos

            A Comisión de Festas de San Caetano 2011 organiza esta fin de semana a VII Festas da Gula en Paramos. Comezan mañá sábado a partir das sete da tarde con festa amenizada polo grupo de cantareiras “Mistura” e o grupo folk “A Nosa Xente” de Paramos. O domingo terán festa todo o día no local veciñal no monte das Penizas.
  

Concentración esta tarde de “Democracia real xa” na Praza de San Fernando

            Ás oito e media desta tarde está convocada unha concentración na Praza de San Fernando de Tui por parte de “Democracia real xa”. Ao remate da concentración dirixiranse ata a Glorieta de Vigo onde farán unha asemblea.

 

Xoves, 2 de xuño de 2011    

Esta próxima fin de semana clausúranse as escolas provinciais e municipais de balonmán e patinaxe en Tui

O Departamento de Deportes do Concello de Tui, informa que nesta fin de semana realizaranse os actos de clausura das escolas provinciais e municipais de balonman e patinaxe.

O venres día 3, a partires das 16.30 horas, no Novo Pavillón Municipal terá lugar a clausura das escolas de Balonmán, que neste curso 2010/2011 acolleu a cerca de 200 rapaces e rapazas de todo o Concello.

A clausura da escola de Patinaxe celebrarase o domingo día 5, a partir das 18.30 horas e terá como escenario o Novo Pavillón Municipal. Os cerca de 130 nenos e nenas que asistiron ao curso demostrarán as súas habilidades cos patíns nunha festa que terá como convidados aos membros do clube de Patinaxe, Ribex de Porriño, que este ano quedaron subcampións galegos e oitavos de España, acadando así a clasificación para o Campeonato de Europa. A entrada para ver estas actividades é libre e gratuíta.

Programa

Parella de patinaxe artístico: Isaac Gregores e Andrea Baquero do Club Ribex Porriño

Avril Lavigne (Grupo I das Escolas Deportivas de Tui)

Latin lovers

Justin Bieber (Grupo II das Escolas Deportivas de Tui)

Las Lolitas

One Love Remix(Grupo III das Escolas Deportivas de Tui)

Individual de Aldara Vaquero, do Club Ribex Porriño

            Funcking Perfect (Grupo IV das Escolas Deportivas de Tui)

Show Rock and roll, do Club Rivex Porriño

Descubriendo la felicidad

Fragilidad

Show Protección do Club Ribex Porriño

Al límite

Entrega de Medallas

Clausura del curso: Danza Kuduro

 

Mércores, 1 de xuño de 2011    

500 participantes de toda la geografía gallega y Norte de Portugal en la la I Marcha Biciosa BTT

Cumpliendo con las expectativas generadas por la I Marcha Biciosa BTT celebrada el pasado 2010, este domingo se celebró en Tui la II Marcha Biciosa BTT organizada por la Peña Ciclista Biciosos Rias Baixas, en la que los 500 participantes llegados de todas partes de la geografía gallega y del Norte de Portugal tuvieron la oportunidad de pedalear por los caminos de la Sierra del Galiñeiro y del Parque Natural del Monte Aloia disfrutando, entre otras cosas, de las espectaculares vistas de la costa de Nigrán y Baiona con las Islas Cies como fondo y del propio Baixo Miño.

Con salida y llegada en el Complejo Deportivo de Rebordáns y con un recorrido total de 37,5 Km. no apto para piernas desentrenadas, hubo tiempo y lugar para todo: paseo de calentamiento por Rebordáns y buenos días a todos sus vecinos, subida hacia el Galiñeiro y Monte Aloia por caminos y pistas forestales, con un primer avituallamiento en mitad de la subida para reponer las primeras fuerzas perdidas, parada de rigor con un nuevo avituallamiento en el merendero del propio Monte Aloia, ya con 27 Km. en las piernas, para una vez repuestas las fuerzas afrontar el ya famoso descenso del Parque Natural, de prácticamente 11 Km., con trialeras y zonas muy técnicas con las que los más atrevidos y experimentados pudieron disfrutar del mountain bike en estado puro, existiendo igualmente alternativas a estas zonas para todos aquellos que así lo desearan. Al igual que en la edición anterior de la Marcha, la organización no olvidó a los acompañantes de los ciclistas, para los que se preparó una agradable ruta de senderismo por los parajes del Parque Natural.

La Marcha contó en todo momento con la colaboración de la Policía Local del Concello de Tui, Guardia Civil, Protección Civil y Cruz Roja además de multitud de voluntarios, siempre con el fin de velar por la seguridad y el bienestar de todos los participantes.

Una vez finalizada la marcha, los participantes recibieron un regalo conmemorativo de la misma y pudieron disfrutar de una merecida ducha en las instalaciones del Complejo Deportivo, acallando sus estómagos con la degustación de un sabroso cerdo al espeto cocinado en el propio complejo.

Como colofón final y después de despedir a todos los participantes, se celebró en este mismo lugar una comida entre todos los integrantes de la Peña y sus familias, reuniendo a más de 90 amigos a la mesa, que pudieron festejar, al igual que el año anterior, el éxito de una Marcha con una cuidada y trabajada organización con un objetivo principal, facilitar a los participantes un domingo de disfrute del Mountain Bike en todas sus facetas. A buen seguro los BICIOSOS se esforzarán en superarse y sorprender a los participantes en la próxima edición de la Marcha.