Índice

www.galiciasuroeste.info

 

A XUNQUEIRA - A RIBEIRA

A navegación de persoas e mercadorías polo río Miño

por Victoriano Rodríguez

anterior       seguinte

 

 

TRANSPORTE DE MERCADORÍAS

 

Aínda que o transporte de mercancías polo río Miño remóntase a tempos moi antigos; no século XIX o movemento tórnase moi intenso, debido a revolución industrial, asentándose nas ribeiras galegas todo tipo industrias: serradoiros, estaleiros, forno de transformación da pedra da cal, telleiras, almacéns de sal...

 

 

Edificacións do que foran almacéns da familia Español, e despois convento dos Xesuitas, tamén  se aprecia cantidade de embarcacións de todo tipo no porto do Pasaxe. Grabado:Revista Ilustración Gallega y Asturiana, 1879.

 

Todo o movemento das materias primas e saída de produtos elaborados era movido por vía fluvial. Os galeóns,       grandes veleros, vapores, que traían e levaban mercancías de, e para distintos portos de España atracaban para cargar e descargar principalmente no porto do Pasaxe onde descargarían e cargarían os produtos para as empresas alí asentadas e para trasladar as mercancías a lugares que non podían chegar estes, como a serraría e almacén de sal do Tamuxe, fornos da cal en Tui e Salvaterra... utilizaban as barcazas. A fábrica de elaborar tablilla da Armona dispuña de porto propio.

O tráfico de mercadorías máis habitual era entrada de sal do Sur, figos , pasas froita e azulexos de Levante, pedra de cal de Santander e carbón do Cantábrico. Os produtos que saían dos serradoiros do Pasaxe rumbo o Cantábrico eran: tablillas para facer caixas para o pescado; e cara as costas do Levante   tablillas  para embalaxes de figos pasas e froita; tamén saían cargamentos de tellas para toda España e ata cara as Américas.(ao Centro Galego da Habana.)

Era de tal importancia as cargas transportadas, que a modo de exemplo, en  abril de 1917 o semanario Heraldo Guardés  publica unha preocupante nota:” SE ACABÓ EL CARBÓN”. Desde el lunes de la presente semana, debido a la falta de combustible (carbón) deja de dar alumbrado, a las 12 de la noche, LA ELECTRICA GUARDESA, y si no se recibe dentro de breves días está amenazada la población de quedarse a oscuras.

 

 

Porto do Pasaxe de Camposancos en 1912, pode verse pola esquerda o vapor Galicia, no medio un dos asiduos: La Guardia, despois chamado Condecorado e Mina Oscura, un dos barcos mais grandes que entraban no río Miño, tiña que descargar parte da carga no canal do río en gabarras, pola súa envergadura. A dereita o Hernani, entre o Galicia e La Guardia, o remolcador do peirao e unha gabarra da serraría cargada de tablilla.

 

O mesmo semanario en 17 de setembro do mesmo ano publica: según manifestaciones del Sr. Alcalde en la última sesión, por lo visto sólo hay existencias de carbón para este mes. LA ELECTRICA GUARDESA, que produce el alumbrado público y sirve de molienda de harinas. De no llegar a tiempo el codiciado combustible quedaremos a oscuras y el pueblo si tener donde moler el maíz. Vaya una perspectiva que se nos presenta...

Moitas veces, durante as invernías os buques tiñan que fondear fóra da  da Barra á espera da mellora dos temporais, para poder entrar ó  porto do Pasaxe, ó haber  gran oleaxe de alto risco para a navegación nas bocas da entrada do río. Así en xaneiro de 1919, o Heraldo Guardés publica: Se halla a la boca del puerto el pailebot Constantino Candeira esperando a que la barra permita la entrada.

 

 

11 de febreiro de 1918- Botadura do velero-pailebot Constantino Candeira de tres mástiles, nome do seu propietario e construido nos seus astaleiros do Pasaxe.Cortaría as amarras  Doña Consuelo Pérez, dona de D. Constantino ao son da Banda de música de Tabagón. Eslora 44,41 m. Manga 9,36 m. Puntal 4,84 m. Neste barco fixera as prácticas de piloto o poeta Manuel Antonio onde escribiría o seu poemario De catro a catro.

 

A Aduana de La Guardia, envía o seguiente escrito ao Sr Alcalde, o 21 de xunio de 1847:

 

Teniendo que proceder esta Aduana al despacho de un buque Yngles nombrado”Venus”, su Capitan William James que se halla a la carga en el puerto de Camposancos con destino a las costas de su nación por cuenta y riesgo de D. Francisco Baz, vecino de esta Villa, he de merecer de la atencion de V. se sirva decirme que precio tiene el Maíz en el mercado de este pueblo.

 

En 25 xuño de 1847, a Aduana de La Guardia emite o seguinte escrito:

 

Por esta Aduana no hay reparo para que se entreguen los despachos para la salida del puerto al capitan JAMES ANDERSON de la Balandra Ynglesa nombrada “Habe” por hallarse corrientes los Documentos de su viage y haber satisfecho los Derechos de navegacion


 

Barcaza do Miño, na que se podía desprazar a remos, a vela, a vara e a cordear, ou a combinación deses sistemas de propulsión, según vento, marea, profundidade... Estas barcazas servían de “lanzadeiras” para os cargamentos, dende os galeóns e buques grandes atracados no Pasaxe ou outros portos ós aserradeiros, almacéns de sal, telleiras, fornos de cal... que estaban polas ribeiras do río, tanto levando a mercancía dende o barco grande, como dende a fábrica ou almacén para cargar no barco atracado ou fondeado no canal

 

 

Debuxo de Praxíteles, no que representa o tipo Barca de Candeira, transportando sal, propulsada “a cordear”por media ducia de cordoeiros un vareiro e outro ó leme, propulsión usada cando non había vento e as varas non chegaban o fondo do río.

uxo

 

 

Dibuxo dunha barcaza do Miño, nas que se transportaba madeira, movidas a vela e con varas. (Foto sacada na sala de oficias da patrulleira Cabo Fradera.)

 

 

Serradoiro do Tamuxe. Poden apreciarse os troncos a beira do río, que eran traídos en barcazas, así como tamén era levada a madeira elaborada. As barcas para pasar por debaixo dos “ollos” da ponte, tiñan que sacar o mástil da vela.

A principios do pasado século, o corresponsal de Camposacos do semanario guardés de La Voz del Tecla enviaba os moventos dos barcos no porto do Pasaxe. Transcribo sólo algúns envíos aillados, que basta para ver o gran movemento comercial que se realizaba por barcos dende O Pasaxe:

  

- 9 de febreiro de 1918. BOTADURA.- Efectuarase en el Pasaje la botadura del nuevo pailebot “Constantino”, que acaba de construirse en el astillero del señor Candeira. Dícese que amenizará el acto una banda de música. Si el tiempo lo permite espérase que el acto resulte concurridísimo y grandioso.

- 16 de febreiro de 1918. PUERTO.- Durante la semana no hubo movimiento máritimo. Se halla fondeado el nuevo“Constantino Candeira” que en breve cargará de madera elaborada para el Sur.

 

 

Barcaza  diante do serradoiro do Tamuxe, propiedade de Nandín e Cia. da Guarda.

Outra forma de traer os troncos para os serradoiros dende a parte alta do río: Arbo, Salvaterra... aproveitando a corrente, era en “xingadas”, que consistía en por tres toradas de base e cruzar enriba unha estiba atada con cordas, despois dous homes con varas, guiábanas  río abaixo. Pola súa lentitude,tanto con este sistema como con as gabarras, moitas das veces, os traballadores tiñan que facer noite por a zona de Carregal- Amorín.

 

 

Barcazas do Miño, que servían de “lanzadeiras” entre os buques fondeados no canal e a costa. Tamén ían a buscar toradas (troncos) a parte alta do Río (Salvaterra)... No medio da doca aínda se aprecia unha rampa, das tres que había para descargar sal, pedra de cal e outros materiais. Estas barcas levaban o nome das mulleres dos donos, unha era Candelaria. Nestas rampas había railes, polos que subían e baixaban as vagonetas que eran cargadas polas mulleres que carrexaban en cuncos na cabeza o sal dende as barcazas e despois eran arrastradas por parellas de bois. Sendo un dos últimos carreteiros Xé o Grande.

 

- 9 de marzo de 1918. EL PUERTO.- Hízose a la mar con rumbo a Levante con cargamentos de maderas, el pailebot Constantino Candeira en su primer viaje. Uno de estos días saldrá el vapor “La Guardia”.

- 8 de junio de 1918. EL PUERTO.- Está despachando el pailebot Constantino Candeira con madera elaborada para Málaga.

Asemesmo o semanario independiente Heraldo Guardés, tamén se fai eco do movemento no porto do Pasaxe:

 

- 19 de abril de 1919.Puerto.- Han entrado el cañonero Gaviota que prestará su servicio de vigilancia en el Miño; el vapor mercante Mardomingo 14º ; y el velero Delfina Amalia en lastre; hallándose ya despachados para su salida con madera elaborada.

 

 

Botadura do velero Carlos Candeira nos astaleiros do Pasaxe.

 

Os corresponsais en Camposancos do semanario  independente Nuevo Heraldo enviarían semanalmente o movemento de buques no porto do Pasaxe, dende decembro  de 1906 a novembro de 1922. Recollo só algún dos moitos publicados:

 

- 22 de diciembre de 1906. PUERTO DE CAMPOSANCOS.-Entrada: vapor “Galicia”, de Vigo en lastre. Despachados  

Polacra “Acansia” para Valencia con maderas, Polacra goleta “Joven Pepita para Buriana”.

 

- 12 de octubre de 1907. PUERTO DE CAMPOSANCOS.-Entradas: goleta “Acancia”, de Vigo en lastre. Goleta “Maria Asumpta” , de Bonanza con sal. Balandro portugués “Valladares II”, de Camiña, vacio. Salidas.- Vapor “Galicia”, para Santander, con madera, Balandro “Valladares II”, para Málaga con madera.

- 3 enero de 1917. PUERTO.- Durante la semana no hubo movimiento maritimo. Debido al mal tiempo reinente en la barra, no permite la entrada del vapor “París”.

 

26 de abril de 1919. Nº 710. Por Correo, de nuestros corresponsales.–CAMPOSANCOS siguientes: Veleros, ”Constantino Candeira” para Cádiz; “Saturnina”

 

 

1918. Construción do  velero Rio Miño nos estaleiros o aire libre de Antolín Silva y Compañia na ribeira da  Pasaxe, para os armadores Nandín, Silva y Vicente.

 

Como había anunciado, en la tarde del último domingo se realizó la botadura del velero “RIO MIÑO”. A las 4 de la tarde un gentío inmenso invadía los alrededores del Astillero del Pasaje, donde se hallaba el nuevo pailebot, como igualmente innumerables embarcaciones abarrotadas de personas para presenciar la botadura.

 

A las 5 y veinte el R.P. Rector del Colegio, auxiliado por el P. Ministro, procedió a la bendición del barco. A las 5 y media el maestro constructor D. Joaquín Moreira en representación de las senoritas María Vicente, Joaquina Troncoso, Amparo Silva y Lolita y Carmen Nadín, que se hallaban en el sitio oportuno corto la cinta bajando con mucha serenidad en medio de delirantes ovaciones y calurosos aplausos, dejandose oír al mismo tiempo el estampido de las bombas y los acordes de la afinada música de Tabagón que dirige el competente maestro D. Manuel Groba. Después de fondeado por el contramaestre de dicho barco D. Elias Duarte, recibieron los armadores Srs. Nandín, Silva y Vicente, muchas felicitaciones a las que también unimos las nuestras.

 

Después de la botadura fueron muchos los señores y señoras que asistieron al Lunch, en una parte de la huerta del Colegio de este pueblo.

 

El pequeño pailebot tiene de quilla 26 m., 8 de manga y 3,50 de puntal, con un desplazamiento de 25 toneladas. La esplendidez del día y lo pintoresco del lugar contribuyeron mucho para que de esta villa y de los pueblos circunvecinos acudiesen a presenciar el acto, enorme concurrencia.”

 

- Entrados: veleros “DOS HERMANAS”, “JESUS MARIA” y “SAFFI”. Salidas. “DOS HERMANAS” “JESUS MARIA”, para idem y vapor MARDOMINGO para Gijón, todos con cargamento de madera elaborada.

 

- Puerto.- Ha entrado el vapor “OCTUBRE” en lastre, hallándose ya despachado para la salida con cargamento de madera elaborada pares Santander. Interesante pares todos los que deseen presenciar la botadura del grandioso pailebot “CELSO CANDEIRA”, que se efectuará el próximo dia 29 a las tres de la tarde en el astillero principal del Pasaje, con la misma solemnidad del anterior. 

 

 

Forno da cal, próximo ao río en As Neves,polo que se pode entender que a pedra subise ata ese lugar polo río en barcazas (Foto de Xosé Alvarez, OBuraco).

 

NOTICIAS

BOTADURA DEL “CELSO CANDEIRA”

 

Según nuestras noticias el jueves 29 del corriente sera botado al agua en el Pasaje de Camposancos el magnifico pailebot de cuatro palos, propiedad de nuestro amigo y convecino D. Constantino Candeira que lleva el nombre de “CELSO CANDEIRA”.

 

 

29 de maio de 1919. Botadura do pailebot Celso Candeira de cuatro mástiles, nos astilleros do Pasaxe de D.  Constantino Candeira González  Este velero, ademais dos habituais viaxes pola peninsula, iría a levar un cargamento de tella a Cuba para o Centro Galego. Este barco naufragaría nas augas do Cantábrico, desaparecendo varios veciños de Camposancos.

 

Dicho buque, que desplaza unas 510 toneladas de registro neto y que cargara mess de 730 de peso bruto, es el segundo que

construye el Sr. Candeira y es la admiración de propios y extraños, por la solidez de los materiales empleados y por su esbelto corte producto de una delicada concepción de arquitectura naval. El acto será amenizado por una banda de música y gaitas del país, obsequiando su armador con una suculenta comida a todos los operarios que intervinieron en su construcción y con un Lunch a sus amigos. Agradecemos su atenta invitación y hacemos votos por el mejor éxito de la botadura.

 

- 30 julio de 1921.- Puerto: A salido el velero “Vicente Suarez”, con carga de madera elaborada para Gandía. Ha entrado el velero “España”. En lastre; se espera el pailebot “Constantino Candeira”.

 

- 18 de noviembre de 1922 Puerto.- Ha entrado el pailebot “Constantino Candeira” con cargamento de sal; se espera el velero “Saffi” en lastre de sal.

 

 

Na Foto, Juan Barcia González (O Xaco), con funcións de práctico do Cabo Fradera e movementos no interior da ensenada do río. Outros expróximos prácticos de río e da barra foran: O Tío Carmindo, Gil de Salcidos, sendo o último Juan Loureiro. (Foto de Ricardo Videira Barcia)

 

O semanarío HERALDO GUARDÉS, publicaba do seu corresponsal en Camposancos os movementos do porto do Pasaxe. Solo algún exemplo:

 

22 de diciembre de 1906. MOVIMIENTO MARITIMO. PUERTO DE CAMPOSANCOS

 

Entradas: Vapor “Galicia”, de Vigo en lastre. Despachados: Vapor “Galicia” para Bilbao con maderas. Polacra “Acansia”, para Valencia con maderas. Polacra goleta “Joven Pepita”, para Buriana.

 

12 de otubre de 1907: Entradas goleta “Acancia”, goleta “María Asumpta” con sal. Balandro portugués “Valladares II”. Vapor “Galicia” para Santander con madera y el balandro “ValladaresII” con madera para Málaga

 

 

A polacra-goleta “María Asunta” ,asidua do porto do Pasaxe nos primeiros decenios do século pasado. Fora propiedade de varios armadores,facendo travesías comerciais con America ata ser adquirida pola compañía Candeira, que sería dedicada a levar tablilla para Levante e traer sal para os almacéns do Pasaxe.

 

anterior       seguinte