PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

AXENDA

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

Calendario

CAIXÓN DE SASTRE

ENLACES

 EMPREGO

Predición de MAREAS

*

 
 
 

 

galiciasuroeste                                                          Vilma Teresa Franco Roque,  ‘Vilma Libana”

 

O Centro Cultural expón ata o 18 de abril unha das mellores mostras que se teñen ofrecido neste marco: pezas de vidro gravadas ao ácido

            Ata o 18 de abril poderá visitarse no Centro Cultural da Guarda a exposicón de cristal gravado da autoría de Vilma Teresa Franco Roque, máis coñecida como ‘Vilma Libana”.

            Natural de Marinha Grande (Portugal), Vilma Libana aprendeu a técnica de gravura á acido co seu pai, o mestre vidreiro José Manuel Roque de Jesus ‘Libano, recoñecido a nivel mundial por ser o único artista que utilizaba esta técnica sobre cristal dobre (pero tamén meste na especialidade de gravador á roda, lapidario, foscador a ácido e pintor), quen preparaba a mostra que se exhibe na Guarda xunto con Vilma, e que non puido realizar ao finar en xaneiro pasado.

Na mostra da Guarda expóñense obras con motivos relixiosos, pero tamén de personaxes coñecidos como Manolete, Luís de Camões, Eça de Queiroz, Amália Rodrigues, Salazar, o Papa Xoán Paulo II, Elvis Presley ou Freddy Mercury, e grupos como os Beatles, entre outros deseños que se reproducen en cálices e xerras de distintos tamaños.

 

Cando principiou Vilma Libana a súa carreira artística?

Estas obras que aquí se mostran estiven facéndoas cerca de catro anos, desde 2004, pero non só estas, senón tamén outras, que foron expostas xa en Portugal, de norte a sur. Esta é a primeira vez que expoño fóra de Portugal, e quero agradecer á Cámara da Guarda esta oportunidade que me brinda.

 

Vostede dedícase pois a gravura ao ácido?

Non, eu teño outra profesión. Son Axente de Viaxes e este é un hobby que tal vez espertou en min un pouco tarde, vendo a meu pai realizar estas obras.

            Foi meu pai quen me ensinou e ao que eu vin sempre traballando, mais eu pensaba que non era capaz de facer o que el realizaba, e nunca me atrevín a experimentar. Un día meu pai empeñouse en que tiña que aprender a técnica. E comecei e xa non parei.

           

Os personaxes que aparecen nos cálices e xerras son mesmo fotografías. Cal é a maior dificultade para conseguir deixar no cristal as imaxes tan perfectas?

A maior dificultade destas obras atópase nos rostros de persoas coñecidas, porque se o ácido que se lle aplica actuara máis tempo do adecuado, ou menos tempo, pode comer a cor e a expresión da cara non queda igual que o orixinal. Polo tanto, o máis difícil son os rostros.

           

Non sei se é posible que explique a técnica que vostede emprega

Podo explicala. Este traballo é gravura ao ácido, realizada sobre cristal ou vidro que teña dúas capas: unha interior, incolora, e por fóra a de cor. Eu pinto con verniz o deseño que decido facer, e o ácido actúa comendo a cor exterior que non está protexida polo verniz. A operación repítese varias veces ata conseguir as tonalidades das cores que se pretenden. Esto supón que as pezas poden demorarse en rematalas entre un mes e seis meses, dependendo do tamaño e complexidade do gravado.

 

Vostede adquire as xerras, non as fabrica.

Si. Eu merco as pezas de cristal, aquelas que se adaptan ao que quero realizar. As pezas prodúcense en catro cores: azul, morado, vermello e verde. Persoalmente prefiro o azul, ten máis ‘cor’, máis vitalidade; o verde tal vez sexa menos favorábel, é resulta máis apagado.

           

As obras que vostede presenta tamén está á venda

Estas pezas son obras de arte e están a venda. Son pezas únicas existindo coleccionistas delas. Algunhas están nas cámaras municipais, e nas exposicións sempre se producen vendas. Pezas miñas encóntranse en varios países, como Alemaña e Inglaterra. Unha das miñas obras pode verse no Museo do Vidro da miña cidade, Marinha Grande, que supón para min un orgullo.

 

Hai algunha peza especial que vostede nunca venderá?

Si. Por exemplo –non está aquí exposta-, teño na miña casa unha peza pequeniña, moi simple, que é a primeira peza coa que experimentei recollendo a sabedoría do meu pai. Téñolle un cariño especial. E un cariño especial téñolle tamén á de Xoán Pablo II que está aquí na exposición e á venda, porque foi das primeiras obras que fixen. Esta é unha peza que supuxo seis meses de traballo.

 

Vemos que entre os moitos motivos, hai un importante compoñente relixioso nas súas obras.

Si, pero porque os motivos relixiosos presentan moita fermosura que me atrae. Non hai outra connotación na realización destas gravuras, nas que tamén se recollen personaxes do mundo moi coñecidos como se pode ver percorrendo a exposición. E debo dicir que, polo proceso de realización, estas pezas son únicas. Eu non consigo facer dúas pezas iguais

(Reportaxe exposición AQUÍ)

 

Abril, 2009