A Guarda, 18/05/20 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, 18/05/20

COMARCA
Piueiro iza ao vento a Rosalía de Castro no Día das Letras Galegas
 
Baiona, 17 de maio de 2020.  "Lieders" de Rosalía de Castro é unha declaración de liberdade e está considerado como o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia. Desde hoxe, Día das Letras  Galegas, a autora desta oda ondeará nos mares galegos grazas ao tributo que lle brindou a Asociación  Piueiro da Guarda,  que esta mañá estreou a súa nova vela coa imaxe de Rosalía e a lenda " Eu son libre". Joaquín  Cadilla, presidente da Asociación e home de mar, explica que elixiron a figura da poetisa padronesa como emblema por ser  "a atadeira da nosa cultura e, desde o ano pasado,  tamén  estrela non firmamento que nos guiará  nos roteiros polo océano da  nosa Cultura, de porto en porto. Da Guarda a Ribadeo".
A estrea da vela coincidiu tristemente na mesma semana da morte de  Staffan Mörling, etnógrafo e antropólogo sueco que, desde a súa primeira visita a Galicia en 1964, converteuse nun gran coñecedor, defensor e divulgador da cultura mariñeira galega. O seu recordo tamén foi izado coa simbólica vela de Piueiro tras un sentido minuto de silencio.
O acto desta mañá, no que se recitou un fragmento de Cantares Galegos mentres as gaitas clamaban o himno do antigo Reino de Galicia antes de soltar ao vento o himno oficial, tivo lugar no Monte Real Club de Iates de Baiona, onde  hiberna o  volanteiro, o barco reconstruído pola Asociación Piueiro, á espera de volver a casa: o porto da Guarda. Desde alí partirá, cando a pandemia o permita, en viaxes educativas e culturais.
No acto participaron, ademais dos membros da asociación, a madriña e o padriño da embarcación: Paula Alfonso e Javier de la Gándara.
O  volanteiro é un tipo de embarcación tradicional do que se ten referencia desde o século  XVII, que viviu o seu momento de maior gloria no  XIX e que desapareceu a comezos do XX coincidindo coa aparición dos arrastreiros.
Fragmento de "Lieders"
....Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árboles en el desierto y el pirata en la mar ...

Sergio Fernández Rodríguez advirte da presenza de cerámica e cuarcitas nun sendeiro por debaixo do Cancelón



 
A Guarda, 17 de maio de 2020. O domingo, 11 de maio, mentres Sergio Fernández corría polos sendeiros do Trega practicando deporte, chamoulle a atención, por debaixo do Cancelón, una acumulación de seixos dispostos coma un enlousado sobre o terreo así coma a presenza de cerámica, integrada na terra, a modo de “estratos”.
 
Fotografouna e foise para a casa teimando se “aquilo” tería algún valor arqueolóxico. O que tiña claro é que os cantos rodados no chegaron sós alí, e tampoco a cerámica “xurdiu” naquel lugar. Alguén, máis preto a nós ou máis ou menos loxe de 2020, os levou. Serán os arqueólogos os que dirán o posible valor, ou ningún valor, histórico/arqueolóxico da presenza deses restos de “barro cocido” e cuarcitas por debaixo do Cancelón.
 
Non moi lonxe de alí, indo polo sendeiro cara ao sur, atópase o lugar de Bouzas, onde previamente á construcción do colexio M. Rodríguez Sinde, no ano 1993, se localizaron restos de cerámica así como dunha construcción de entre os séculos II e IV d. de C. que levou a pensar que Bouzas  puido ter sido a orixe da Guarda.
Regreso al contenido