A Guarda, 20/05/20 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, 20/05/20

COMARCA
O concello da Guarda reactiva a obra pública e as contratacións de persoal

A Guarda, 19 de maio de 2020. As obras que se están desenvolvendo nestes momentos na localidade afectan a rúa San Queitano e a rúa Cal. Está pendente de rematar a primeira fase do plan de accesibilidade no seu tramo correspondente a rúa Galicia, nesta rúa están pendentes de elevar varios pasos de peóns.
Ademais iniciáronse as obras da rotonda da praia do Muíño, obra que licitou a Deputación de Pontevedra, que permite a unión da senda litoral coa senda da desembocadura do Miño.
O concello da Guarda está impulsando a contratación de obras, que contan con dispoñibilidade financeira, e que son importantes para o executivo local debido a que constitúen un revulsivo para a actividade económica, afectando de xeito directo á contratación e xeración de postos de traballo e, de xeito indirecto debido a incidencia que teñen noutros sectores pola adquisición de materiais, aluguer de maquinaria, etc.
Nestes intres dende o departamento técnico do concello se está a tramitar a obra da rúa Calvario (terceira fase), a renovación de beirarúas na baixada a Fedorento e fronte ao estadio municipal da Sangriña, peche perimetral do colexio infantil de Solanas, a reforma do entorno dos contedores soterrados no inicio da rúa Porto, asfaltado da rúa Pintán e do camiño do Campamento, dotación de luminarias en Bouza da Fonte e rúa Vigo, substitución de barandas no parque de Laxe Grande, melloras no interior da piscina municipal e a reposición dos tellados das dúas vivendas castrexas.
Por outra banda, retomouse o proceso de selección de persoal, dentro da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, persoal que é necesario para reforzar determinados servizos como a recollida do lixo, limpeza de praias ou desbroces de rúas.
Normalmente este persoal se contrata por un período de 9 meses pero ante a declaración do Estado de alarma suspendéronse os procesos selectivos, o concello ante a nova situación de desescalada decidiu reactivalos para posibilitar a contratación de persoal no prazo de tempo máis curto posible.
Con estas medidas o concello da Guarda manifesta o seu compromiso e impulso decidido, na medida das súas posibilidades, para reactivar a obra pública e o emprego.
Regreso al contenido