A Guarda, 22/05/20 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, 22/05/20

COMARCA
Unidade Móbil de inspección técnica de turismos na Guarda en maio e xuño
A Guarda, 21 de maio de 2020. A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de turismos desplazarase ao concello da Guarda do 25 ao 29 de maio e do 01 ao 05 de xuño, situándose na Estación de Servicio San Roque.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas e 15.15 a 18.00 horas, de luns a venres agás o último día, que será só de mañá.
Pódese concertar cita previa chamando ao número de teléfono: 902 30 90 00, ou a través da web: www.sycitv.com - Cita previa.
A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Policía Local retomará o control da Zona Azul a partires do 25 de maio
A Guarda, 21 de maio de 2020. A Concellería de Tráfico e Mobilidade do Concello da Guarda informa que a partires do vindeiro luns día 25 de maio, retomará o funcionamento habitual do sistema de aparcamento con horario limitado da Zona Azul na vila.
Debido ás limitacións de mobilidade impostas dende a declaración do estado de alarma pola pandemia do Covid-19, decidiuse deixar sen efecto temporalmente esta zona de aparcamento con horario limitado.
A Zona Azul da Guarda permite un aparcamento limitado de unha hora en varias rúas do casco urbano da vila, favorecendo deste xeito a rotación de vehículos para facer compras e xestións. Os reloxos da Zona Azul se poden recoller de xeito gratuíto nas dependencias da Policía Local na Praza do Reló s/n ou nos comercios da zona.
A maiores da Zona Azul, dende a Concellería de Tráfico e Mobilidade do Concello da Guarda recórdase das zonas de aparcamento disuasorio existentes na Rúa Coruña, Campo de Fínola ou o aparcamento da “Eléctrica” con accesos dende as rúas Mariano Ordóñez e Rúa Brasil.
Regreso al contenido