A Guarda, xullo 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

A Guarda, xullo 2020

PUBLICADAS
Concentración ante o Centro de Saúde da Guarda

 A Guarda, 30 de xullo de 2020. Preto dun centenar de persoas concentráronse na primeira convocatoria tras o confinamento e as eleccións autonómicas, fronte ao Centro de Saúde da Guarda convocadas pola Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública.
No acto despregouse unha pancarta coa lema “Contra os recortes na Sanidade Pública”, e Serafín Fernández, membro da plataforma, explicou as razóns que obrigan a continuar con esta reivindicación. Así, entre outras declaracións, manifestou que os oito médicos iniciais que exercían no Centro de Saúde  da Guarda, quedaron reducidos a catro, e un destes tivo que deixar a consulta a causa do contaxio por coronavirus, polo que nestes momentos só hai tres médicos dispoñibles no centro, o que supón demoras, na petición de citas para Atención Primaria, que se alargan até un mes. A situación podería agravarse nos próximos meses por mor de baixas programadas por maternidade ou paternidade. E aludiu tamén a que resulta inaceptable a teleasistencia, que pode ser desta maneira na expedición de receitas, pero non para consultas.
Ante esta situación de deterioración da Sanidade Pública, a concentración volverá repetirse o próximo 13 de agosto ás 12 do mediodía: “non nos queda outra que seguir pelexando para pedir o que necesitamos”, concluíu Serafín Fernández entre os aplausos dos concentrados.
.
A Guarda intensifica a presenza policial e adopta novas medidas fronte ao Covid-19
Na reunión mantida na xornada de hoxe entre o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Seguridade, Miguel Ángel Español; un representante da Policía Local; o Capitán da Guardia Civil da Comandancia de Tui, Francisco Javier Martínez e o Comandante do Posto da Guardia Civil da Guarda, Elicio Rivas Freiría, tomáronse unha serie de medidas que entrarán en efecto a partires desta mesma fin de semana, co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19.
Destacando que, polas datas nas que nos atopamos e pola coincidencia da suspensión das Festas do monte 2020, se vai intensificar a vixilancia policial nocturna dende esta mesma fin de semana en colaboración entre a Policía Local e a Guardia Civil, para que todas as noites exista presenza policial para disuadir das tentativas de botellón e de que estes non se celebren.
Ademais, por parte da Alcaldía se puxo en coñecemento da próxima publicación dunha Resolución de Alcaldía, onde se decreta o corte de tráfico rodado e peonil o domingo 9 de agosto ao longo de todo o día no Monte Santa Trega e, así mesmo, contempla tamén a prohibición de acceso rodado e peonil ao Monte Santa Trega dende o luns 3 ata o domingo 9 de agosto de 2020, todos os días a partir das 22:00h da noite.
Dende o Concello da Guarda se quere facer un chamamento á poboación a cumprir coas normativas vixentes e ser consecuentes coa situación que estamos a vivir, agradecendo de antemán a colaboración de todos os veciños e visitantes, así coma aos corpos e forzas de seguridade do estado, polo esforzo que están a facer para protexer a saúde de todos.
.
Presentación do libro das Festas do Monte 2020
A Guarda, 30 de xullo de 2020. Como xa se anunciou en datas pasadas, este ano as Festas do Monte Santa Trega están suspendidas, non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.
Na mañá deste xoves día 30 de xullo de 2020, o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a Presentación do Libro conmemorativo das Festas do Monte 2020, ao que acompaña outra edición cunha selección de cartelería e programacións dende o ano 1946 ata a actualidade, ámbolos dous exemplares libres de publicidade e que terán un custo de 10€ cada un. Os libros poderá mercarse nos puntos habituais de venda e coa compra dos dous exemplares se agasallará cunha rifa para a edición 2020 das Festas, nas que se sorteará un vehículo.
No acto de presentación participou o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; o representante da Comisión de Festas, Manuel Castro e o representante de Infomaxe, Celso Rodríguez.
Neste acto tamén se aproveitou a ocasión para dar a coñecer o cartaz da vindeira edición, cunha fotografía obra de Arturo Martínez, destacando que as Festas do Monte 2021 celebraranse do 9 ao 16 de agosto.
Neste acto tamén se quixeron dar a coñecer as actividades de animación programadas para este ano 2020, que se levarán a cabo a pesar da cancelación dos platos fortes da festa, para manter con garantías as medidas de seguridade e hixiene pola pandemia do Covid-19.
Entre as actividades programadas destacan os pasarrúas que terán lugar todos os días da vindeira semana a media mañá polas rúas do pobo e nos que participarán diversos grupos de música tradicional do municipio.
No hall da Casa dos Alonsos colocarase unha pantalla onde se proxectarán diversos vídeos e fotografías sobre as Festas do Monte ao longo de toda a semana.
Coma acto conmemorativo e, debido a suspensión desta edición 2020 das Festas do Monte, os balcóns da Praza do Reló lucirán as bandeiras das Bandas Mariñeiras que participan cada ano no Desfile tradicional de bandas mariñeiras.
Na xornada do Sábado día 8 de agosto a Praza do Reló acollerá a emisión en directo por streaming dun magazine a través das redes sociais, con entrevistas a diferentes convidados, músicos, historiadores, representantes municipais e das bandas mariñeiras, de cara a lembrar o significado das Festas do Monte, a súa tradición, o día do desfile, o día do monte, e en xeral, todo o que acontece nas festas, cunha duración aproximada de dúas horas.
.
A Guarda da a benvida ao mes de agosto con música, visitas guiadas, e moito máis

 
A Guarda, 30 de xullo de 2020. O Concello da Guarda despide esta fin de semana o mes de xullo cunha chea de propostas para todas as idades e gustos, recollidas na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as actividades culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que están a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo do verán.
Estas actividades están xestionadas a través de diferentes departamentos municipais e xa se iniciaron a pasada semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que teñen lugar en espazos abertos e ao aire libre e cun aforo limitado.
Continúan deste xeito as visitas á embarcación O Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.
Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es
Este venres destacan as propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán no Castelo de Santa Cruz, con horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es)
Tamén na xornada deste venres a Sala de Exposicións do Centro Cultural amosará unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos, unha acción enmarcada no “Música nos Xardíns” que arranca na xornada deste venres no Centro Cultural co concerto do grupo Milhomes ás 21:00h, concerto apadriñado polo Interlude Fest.
Milhomes é un dúo instrumental guardés con influencias de Fu Manchú, The Sword, Kyuss, Napalm Death, Black Sabbath, Immortal, Entombed...
A programación continúa na noite do venres coa Visita de astronomía “Noite de estrelas” no Puntal, actividade que xa conta co aforo completo.
O vindeiro sábado 1 de agosto, en xornada de mañá, terá lugar a segunda Actividade de Orientación do Concello da Guarda. Máis información e inscricións: http://www.xestanatureza.com/inscricions/aguarda2020
O domingo 2 de agosto continúan os “Domingos de natureza e auga”, ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
.

Rosa Quintana espera un consenso das forzas políticas para evitar o desprazamento de determinadas industrias da liña de costa

 
A Guarda, 29 de xullo de 2020. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou as instalacións da empresa Viveiros Manuel Vicente Lomba, na Guarda, por invitación dos xerentes da mesma, agradecendo aos propietarios a oportunidade da visita así como o traballo que desde esta empresa se realíza “promocionando a riqueza do noso mar, da nosa costa e facendo apoloxía do bo produto que temos en Galicia”, como centola, bogavante e lagosta, fundamentalmente.
Quixo destacar o labor das cetarias e viveiros aos que, ás veces, non se lles dá a importancia que teñen, e a Elena Vicente, que rexe os destinos desta empresa que se creou a finais dos anos setenta, agradeceu “o seu compromiso coa sustentabilidade dos recursos preocupándose de que as centolas e bogavantes ovados’ non saian de aquí ata que non conclúan o desova e se poida contribuír á riqueza do noso mar”.
A visita está en relación coa reforma da actual Lei de Costas que se impulsa desde o goberno central, e que está en consonancia cos impactos do cambio climático, e en consecuencia a necesidade de transformar a xestión da franxa do litoral que sacaría, da liña máis próxima ao mar, determinadas construcións ou a prórroga doutras, como é o caso deste viveiro.
Para Rosa Quintana a reforma da Lei de Costas debe facerse con sumo coidado porque en Galicia “son moitas as persoas que viven deste sector, e en toda a cadea mar-industria son máis de corenta mil postos de traballo en Galicia, de modo que todas as reformas que se fagan á Lei deben ser acordadas co sector e favorecer o desenvolvemento desta actividade”.
Noutro momento referiuse á incerteza do empresariado a facer investimentos cando existe unha inseguridade xurídica como é este momento “en que se debate a reforma da Lei que fai que os investimentos se retraían”, e lembrou que está aberto o prazo de emendas no Congreso a esta reforma “esperando que se chegue a un consenso entre as diferentes forzas políticas e se teñan en conta as diferentes necesidades e pretensións que o sector puxo de manifesto”.
Pola súa banda a empresaria viverista, Elena Vicente, remitiuse a un “haber que pasa”, aludindo a esa incerteza do momento. Lembrou que esta empresa ten concesión até o 2041 e “sobre a marcha temos que ver que é o que vai pasar”, defendendo que este tipo de industria non ten sentido noutro lugar máis que na proximidade ao mar “non ten lóxica que sexa no interior. Pode telo unha industria destinada á produción de fariñas, pero non aquí”, xustificando esta localización pola necesidade intrínseca do produto que traballan pois “o marisco está a comer peixe fresco”, utilízase auga do mar, e os desoves devólvense directamente ao mar.


Pleno ordinario para este venres, 31 de xullo ás 20:00 horas
ORDE DO DÍA:
1.     Aprobación das actas das sesións ordinaria do 29.05.2020 e extraordinaria do 16.06.2020
2.     Expediente 1469/2020. DAR CONTA DOS DECRETOS AO PLENO
3.     Expediente 1524/2020. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN.
4.     Expediente 744/2020. PROPOSTA APROBACIÓN CONTA XERAL CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2019
5.     Expediente 1402/2020. PROPOSTA ALCALDÍA SUPLEMENTO CRÉDITO 1 2020
6.     Expediente 1275/2020. PROPOSTA ALCALDÍA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL CRÉDITO 2 2020
7.     Expediente 1235/2020. PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN ANEXO SUBVENCIÓNS
8.     Expediente 1463/2020. MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL TAXA LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
9.     Expediente 1290/2020. PROPOSTA DETERMINACIÓN FESTIVOS LOCAIS 2021
10. Expediente 1438/2020. PROPOSTA ADHESIÓN Á REDE DE CONCELLOS ÁGORA POLO ESPAZO PÚBLICO
11. Expediente 1500/2020. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A ELABORACIÓN DE NOVA TARIFA DE AUGA
12. Expediente 1521/2020. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A BONIFICACIÓN NO COBRO DO LIXO AOS COMERCIOS QUE PERMANECERON PECHADOS POLA PANDEMIA
ROGOS E PREGUNTAS


A  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca novas concentracións diante do centro de saúde

 
A Guarda, 27 de xullo de 2020. O próximo xoves día 30 de xullo a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde da Guarda.
Segundo manifestan os portavoces da plataforma “os vellos problemas continúan, ou vense incluso aumentados. A falta de médicos e persoal sanitario lonxe de solucionarse sufre novos recortes  neste periodo estival o que provoca que as consultas se demoren en algúns casos ata un mes. A esto hai que engadir a xeneralización da teleasistencia, feito que resulta altamente preocupante”.
Estes son os motivos polos que  a Plataforma reinicia as mobilizacións e chaman a todo o pobo da Guarda a participar nelas para impedir que continúe o deterioro da sanidade pública.
A plataforma pide a todos os asistentes á concentración que leven mascaras e que se manteñan as distancias de seguridade na concentración.


O alcalde guardés entrega en Portos o proxecto do acceso sur ao Porto da Guarda
A Guarda, 24 de xullo de 2020. O pasado día 23 de xullo Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montserrat Magallanes, tenente de alcalde, mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela con Susana Lenguas, presidenta do ente público Portos de Galicia.
Na reunión faláronse diferentes temas que o concello da Guarda ten sobre a mesa e que afectan a competencias de Portos.
O tema máis destacado, segundo os responsables municipais, é o que se refire ao acceso sur ao Porto da Guarda. O alcalde entregou o proxecto xunto con informes sectoriais dos que dispón e, unha vez máis, solicitou á presidenta a participación de Portos para sacar adiante esta obra, necesaria para o normal desenvolvemento da actividade portuaria.
Outro tema importante que se puxo sobre a mesa foi a demanda da sociedade guardesa de construción dun dique sur de abrigo para o Porto da Guarda, o que permitiría o seu uso durante todo o ano. Neste sentido, a presidenta comentou que xa existe un documento no que se contemplan diferentes alternativas e se aborda a súa viabilidade. Pola súa parte expresou que na actualidade Portos de Galicia non pode acometer esta obra polo seu elevado custo, ao que o alcalde lle respondeu que a seguirán demandando dada a importancia que tería para a vila esta infraestrutura.

O Concello da Guarda felicita ao Sporting Guardés polo seu ascenso a Preferente Sur

A Guarda, 24 de xullo de 2020. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, ven de facer público a súa felicitación ao clube de fútbol local Sporting Guardés polo recentemente recoñecido ascenso á categoría Preferente Sur.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, quere agradecer o enorme esforzo e traballo do equipo técnico e da Xunta Directiva deste clube, así como facer extensible estas felicitacións aos xogadores, os artífices deste desexado ascenso.
 
O Concello da Guarda pide á poboación un uso racional e responsable da auga
A Guarda, 24 de xullo de 2020. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ante o período de seca que levamos atravesando nas últimas semanas, con falta de precipitacións e temperaturas moi elevadas, ten decidido tomar medidas para que o abastecemento de auga chegue a todas e todos os veciños.
Por iso, dende o Concello, apelamos á veciñanza a facer un uso racional e responsable deste prezado recurso.
Recoméndase que certos usos da agua como: rego, baldeos, recheos de piscinas... adminístrense dun xeito apropiado á situación excepcional destes días.

“Música nos Xardíns” aposta pola cultura musical local da Guarda
A Guarda, 24 de xullo de 2020. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades baixo o proxecto “Música nos Xardíns” para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.
Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada verán diferentes espazos do noso municipio, é por elo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello da Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.
Deste xeito, e despois manter varias conversas coas asociacións encargadas da realización destes festivais, decidiuse realizar varios concertos con grupos locais en formato reducido e cun aforo limitado nos xardíns do Centro Cultural da Guarda, concertos que serán apadriñados por cada Festival musical. O emprazamento para a realización destes concertos foi elixido entre as asociacións involucradas como o máis axeitado para a súa realización, e terán lugar os días 31 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro ás 21:00h.
A Sala de Exposicións do Centro Cultural amosará tamén nestes días unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos.
PROGRAMA
Venres 31 de xullo
Concerto de Milhomes ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Interlude Fest.
Milhomes é un dúo instrumental guardés con influencias de Fu Manchú, The Sword, Kyuss, Napalm Death, Black Sabbath, Immortal, Entombed...
Venres 21 de agosto
Concerto de Ded Routines ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Galifornia Beat
Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos na Guarda, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal…
Venres 4 de setembro
Concerto de Helen & Shanna ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Rock Guardés
Cunha forte influencia folk, «Helen & Shanna» recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
Charla previa de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”
Para asistir a estes eventos é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 9:00h a 14:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es


A Guarda acolle o 1 de agosto unha actividade de  Orientación
A Guarda, 23 de xullo de 2020. O vindeiro sábado 1 de agosto, en xornada de mañá, terá lugar a segunda Actividade de Orientación do Concello da Guarda.
Esta actividade, dirixida por Xesta Natureza, levará aos participantes polo casco urbano da Guarda, contribuíndo ao coñecemento do noso patrimonio natural, histórico e arquitectónico pero tamén desvelará recunchos singulares.
A inscrición pódese facer de xeito individual ou en grupo (equipos), e existirán 3 categorías diferentes: Xestiñas (iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto), Xestas (adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica), e Xesteiras (categoría só pensada para persoas con altos coñecementos en Orientación).
A proba dará comezo ás 10:00h dende o Castelo de Santa Cruz, e consistirá en atopar, en orde, unha serie de puntos (denominadas balizas), espalladas polo entorno urbano do Concello. Para iso os participantes disporán dun mapa especificamente creado para este tipo de carreiras, e aínda que non se trata dunha proba competitiva, o equipo/persoa gañador será aquel que faga correctamente o seu percorrido no menor tempo posible.
Os participantes contarán para isto cunha tarxeta electrónica que lle facilitará a organización, para comprobar que o percorrido realizado é válido. Cabería salientar tamén que esta proba terá horarios de saída escalados, de xeito que ningunha persoa/equipo sairá ao mesmo tempo que outra co mesmo percorrido.
Ao rematar a carreira, a organización disporá dun pequeno avituallamento para tódolos participantes, onde poderán comprobar en tempo real os resultados, grazas a un código qr impreso no mapa.
Máis información e inscricións: http://www.xestanatureza.com/inscricions/aguarda2020


A Guarda continúa a embelecer con murais pintados diferentes espazos públicos do municipio

A Guarda, 22 de xullo de 2020. A pasada semana comezou o novo pintado do muro da praia de Fedorento dentro do proxecto “Recunchos con Arte”, unha iniciativa na que se teñen xa realizado outras actuacións no Conservatorio Municipal ou no pintado do Espigón do Porto con “A Guarda escrita nas Estrelas”. Esta proposta é unha das intervencións artísticas que se van realizar este ano e que debido a situación de emerxencia houbo que ir atrasando.
A artista local Tamara Baz comezou o pintado do mural o luns pasado e xa se pode contemplar algúns dos elementos do mundo mariño. No deseño destacan as figuras e os colores vivos no muro que pecha esta praia marítima sendo as dimensións uns 40m2.
Nos últimos anos apostouse polo embelecemento de espazos con diferentes intervencións artísticas todas enmarcadas dentro dun proxecto global definido como “Recunchos con Arte”.
Algunhas intervencións do “Recunchos con Arte” foron realizadas por artistas locais e outras coa colaboración de estudantes ou asociacións da vila. Algunhas das intervención formaron parte da programación de eventos como a Festa da Langosta ou o evento multicultural Galifornia Beat. Debido a cancelación destas festas acordouse realizar varias intervencións artísticas para apoiar os artistas locais e mellorar a imaxe dos espazos públicos para que sirvan tamén de atractivo turístico.


Suspéndese o mercadillo semanal deste sábado pola festividade do Día de Galicia
A Guarda, 21 de xullo de 2020. O Concello da Guarda informa da suspensión do mercadillo dos sábados do vindeiro día 25 de xullo pola festividade do Día de Galicia.
O mercadillo semanal dos sábados retomarase  o vindeiro 1 de agosto no entorno da Alameda da Guarda, como ven sendo habitual cos postos de roupa, complementos, froitas, hortalizas e embutidos.

Por fin llegó el matasellos turístico de A Guarda
A Guarda, 21 de xullo de 2020. Por fin llegó a la oficina técnica de Correos de A Guarda el MATASELLO TURÍSTICO. La puesta en circulación de éste será el día 23 de julio y estará a disposición de todo aquel que quiera llevar el nombre de A Guarda en sus envíos.
Este matasellos fue aprobado por Correos y estaba programada su presentación para el mes de junio pero por motivos de la COVID19 se retrasó hasta ahora. La fecha de presentación propuesta por la Sociedade Filatélica e N. Guardesa era coincidente con la llegada a la Villa de A Guarda  del técnico del estado Ignacio Calvo Sánchez el 1 de junio de 1914, que permanecería una semana en A Guarda iniciando las excavaciones en el Monte Santa Tecla.
Muchas poblaciones del territorio español ya tienen su MATASELLO TURÍSTICO. La imagen de este matasellos especial destaca lo más emblemático del lugar ya que, esta marca postal circulará anulando el sello adherido a cualquier efecto postal a cualquier parte do mundo y así, dar a conocer la cultura del lugar. La culpable de que A Guarda también tuviera este MATASELLO TURÍSTICO fue la Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa que, en Junta General Ordinaria celebrada el 16 de febrero de 2019 aprobó por unanimidad esta idea. La encargada de preparar el boceto del matasello fue la Tesorera de la Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, Marta Verde Rodríguez.
Para realizar este boceto se eligieron dos elementos para a su composición: el ya reconocido poblado castreño del Monte Santa Trega (una parte del poblado desde una perspectiva aérea y una vivienda reconstruida vista desde un lateral) y en la parte derecha del matasello la concha del peregrino ya que A Guarda es el primer municipio de Galicia del Camino Portugués de la Costa.
Este matasello es un pequeño agradecimiento de parte de la Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa a todas esas personas que lucharon, investigaron y quisieron que el poblado más grande del noroeste peninsular, el Castro de Santa Trega, lo conocieran y disfrutara todo el mundo de él.
Todo el que quiera que sus misivas lleven este matasello tiene que pedirlo expresamente en la oficina de Correos de A Guarda y especificar al funcionario que quiere el Matasello Turístico donde la carta tendrá que llevar un sello adherido de la tarifa correspondiente al envío.

Elexida a nova Xunta Directiva dos comuneiros de Camposancos na que repite como presidente José Fernando Martínez
Acta de Asemblea Xeral Extraordinaria da Xunta da Comunidade de Montes de Camposancos, que se reúne no salón de actos o 10 de xullo de 2020, en segunda convocatoria ás 20,00 horas, coa asistencia de 80 comuneiros e comuneiras, dos 198 que compoñen o censo, quórum máis que suficiente.
Por ausencia da Sra. Secretaria Dna. María Lucía Martínez Diz, actúa como secretario accidental: José Manuel Malleiro Gutierrez.
Orde do día:
1.    Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
2.    Moratoria contrato concesión Hotel Pazo.
3.    Eleccións Xunta reitora.
4.    Rogos e preguntas
·         Información á Asemblea, por parte do Presidente, da conveniencia de establecer unha moratoria de 12 meses de vixencia á empresa Hoteles Alda, que xestiona a concesión do Hotel Pazo, debido ás dificultades que acarrea o estado de pandemia.
·         Convócanse eleccións á Xunta reitora, cuxa mesa eleitoral se constitúe cos seguintes membros: Presidenta: Ana Serrano; Secretaria: Esther Rodríguez; Vogal: Mario Baró.
Interrómpese a Asemblea para proceder á elección da nova Xunta reitora.
·         Infórmase da concesión dunha subvención da Deputaciòn de Pontevedra por importe de cantidade 24.703,84 euros.
·         Imfórmase da actividade que están a desenvolver os traballadores forestais contratados pola Comunidade.
·         Infórmase do adiamento das actividades regulares das casa de Montes ata que mellore a situación de pandemia.
Acordos adoptados, logo de seren sometidos a votación pola Asemblea:
 1. Aprobación da Acta anterior por unanimidade.
2. Aprobación por unanimidade da moratoria por 12 meses á empresa Hoteles Alda. Empezará a pagar a concesión o día 1 de abril de 2021.
3. ELECCIÓN POR UNANIMIDADE da nova Xunta Reitora, sen abstencións nen votos en contra. A dita Xunta queda formada polos siguintes membros:
           José Fernando Martínez Martínez. Presidente.
          José Manuel Malheiro Gutierrez. Secretario.
          Domingos Portela Lorenzo. Tesorero.
          Mario Baró Pereira. Vicepresidente.
          Gloria Portela Loureiro. Vocal.
          María Lucía Martínez Diz. Vogal.
          Esther Rodríguez Sobrino. Vogal.
          Juan Carlos González González. Vogal.
          Eduardo M. Alonso Rodríguez. Vogal.
          José Antonio Vázquez Fernández. Vogal.
4. Dase conformidade ao adiamento de actividades da casa de Montes e ao seguimento de labores por parte dos traballadores.
Celebrada a votación dos puntos referidos, e sen máis asuntos a tratar, levántase a sesión sendo arredor ás 20:20 horas.
                V. P.  Presidente                                                                       Secretari
 Asdo. José Fernando Martínez Martínez                                Asdo. Xosé M. Malheiro Gutiérrez


O Alcalde da Guarda entrega á Consellería o anteproxecto da senda de circunvalación ao Monte Santa Trega

A Guarda, 20 de xullo de 2020. O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ven de remitir unha misiva á Conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na que se adxunta o anteproxecto da Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega da Guarda, encargado dende o propio consistorio ante a necesidade deste vial, que permita unha circulación segura de vehículos motorizados, bicicletas e peóns.
Nesta misiva tamén se solicita novamente unha xuntanza coa conselleira para definir as actuacións que é necesario acometer en relación á senda, posto que na última xuntanza que mantivo o rexidor guardés co Director de Infraestruturas, Francisco Menéndez, en decembro de 2018, se comunicou a publicación dunha liña de subvencións para sendas para o ano 2019, liña que nunca se habilitou e tamén en outubro de 2019 se enviou un escrito solicitando unha nova xuntanza sobre a senda, xuntanza que nunca tivo lugar.
Antonio Lomba reclama unha actuación por parte da Xunta de Galicia na Guarda, para por unha solución o antes posible a unha vella demanda que se ten reclamado dende fai moitos anos, “falamos dun problema de mobilidade que afecta á seguridade vial nunha vía competencia da Xunta de Galicia, polo que se ten que realizar esta actuación á maior brevidade”, indicou o rexidor.
A PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e a Parroquia de Camposancos, tanto polo Oeste como polo Este, amén de subliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila.
Con estas referencias resulta fácil entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable. Ao mesmo tempo, e dado que a paisaxe pola que discorre é moi fermosa, atrae a multitude de peóns que pasean por ela.
O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da PO-352 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado oeste, Cruzada-Camposancos como no lado este Camposancos ata intersección PO-355 (que conduce á Pasaxe) consistente en un ancheamento da calzada de rodadura, a construción dunha senda, para facela máis segura para os peóns e os vehículos.

Orpagu, Premio Alimentos de España 2019
 
A Guarda, 20 de julio de 2020. La labor de Orpagu ha sido galardonada por el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación con el Premio Alimentos de España en la categoría de Producción de la Pesca y de la Acuicultura 2019, la más alta distinción del Gobierno en este segmento. En su decisión, el Ministerio ha valorado la trayectoria de la organización, que ha sabido adaptarse a los cambios durante generaciones, su apuesta firme por la sostenibilidad y la diferenciación de los productos que comercializa.
La Organización de Palangreros Guardeses cumplirá el próximo año un cuarto de siglo. Desde sus inicios en 1996 hasta ahora, han pasado por Orpagu al menos dos generaciones de pescadores, unidas por un mismo espíritu emprendedor y empeñadas en dignificar la actividad que ha sido el sustento de cientos de familias en la localidad que las vio nacer: A Guarda. De hecho, el cordón umbilical con sus raíces geográficas se mantiene en plena vigencia, como demuestra la implicación de la asociación en iniciativas deportivas -como el club Balonmán Atlético Guardés, el Club de Remo A Robaleira y diversos torneos de fútbol infantil- o lúdicas como la popular Festa do Peixe Espada.
Reconocida como Organización de Productores Transnacional en 2016 -en la Unión Europea sólo hay cuatro- gracias a la incorporación de varios buques portugueses, Orpagu destaca por ofrecer a sus asociados las mejores herramientas, implicándose desde hace años en proyectos de innovación para constituir una flota moderna y sostenible. Buena prueba de ello es su apuesta por las velas rígidas diseñadas especialmente para los palangreros de la organización con varios objetivos: minimizar el impacto en el medio marino, el ahorro de combustible y la disminución de la contaminación acústica, entre otros.
Orpagu, junto con otras organizaciones del sector, impulsó en 2018 el primer proyecto de mejora pesquera que incluye a una especie de tiburón. El FIP Blues reúne en dicha iniciativa a productores y comercializadores de pez espada y especies afines, y trabaja en un Plan de Acción que garantice el futuro de la pesquería, con la implementación de medidas que superan en exigencias las normativas existentes.
La Organización de Palangreros Guardeses también ha llevado a cabo otras actividades para contribuir a la sostenibilidad de los océanos y el cuidado del medio como talleres formativos para minimizar la captura accidental de tortugas marinas o la implantación de sistemas de observación electrónica a bordo de sus buques.
Comercialización de sus productos
En 2012, los guardeses crearon su primera línea de productos Orpagu Gourmet, cuya gama ha ido aumentando en estos años, consiguiendo conquistar el mercado de la alimentación delicatessen. En la actualidad, la organización comercializa conservas de pez espada y atún de anzuelo en aceite de oliva virgen extra, productos elaborados de forma totalmente artesanal. Recientemente ha comenzado a comercializar hamburguesas de pez espada, el primer producto de su gama de congelados, en la cual está trabajando para poder ofrecer una mayor variedad de formatos y productos dirigidos a todas las edades.
La materia prima utilizada en todos estos productos es pescado capturado pieza a pieza por los palangreros de Orpagu y asociados, y congelado a bordo entre -35ºC y -40ºC inmediatamente tras  su captura, lo que le permite mantener toda su frescura y propiedades nutritivas. Una vez en tierra, se escogen las mejores unidades para la elaboración de sus productos gourmet.
La presencia de estos productos en el mercado internacional se reforzó en el último año y ya se pueden encontrar sus conservas en Portugal, Suiza, Reino Unido, República Checa, Dinamarca y Alemania. El objetivo a corto plazo es seguir conquistando el mercado europeo y atravesar el Atlántico para probar suerte en Estados Unidos y México.
Orpagu, además, se preocupa de que su labor sea conocida para dar valor al trabajo de los pescadores y para poner en común los avances en la mejora de la trazabilidad del producto pesquero. De ahí que apueste por una política de comunicación en la que prima la transparencia, colaborando con los medios de comunicación que lo solicitan, conscientes de la importancia de los profesionales del periodismo como vínculo con la sociedad.
El Premio Alimentos de España, que por segundo año consecutivo recae en una organización gallega, será entregado en el transcurso de una gala que tendrá lugar, previsiblemente, en el mes de octubre en Madrid.
Orpagu, en cifras
La asociación, que mantiene su sede en A Guarda, cuenta a día de hoy con 71 barcos asociados, tanto españoles como portugueses. En cifras, los barcos españoles de Orpagu facturaron el pasado año cerca de 32 millones de euros (31.977.966,54 euros) y descargaron un total de 12.269,06 toneladas de pescado, principalmente pez espada.

Continúa a programación de verán na Guarda con cinema, visitas guiadas, actividades en familia e moito máis
O Concello da Guarda continúa esta semana co calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as propostas culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que están a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo dos meses de verán.
Estas actividades están xestionadas a través de diferentes departamentos municipais e xa se iniciaron a pasada semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que teñen lugar en espazos abertos e ao aire libre e cun aforo limitado.
Continúan deste xeito as visitas á embarcación O Piueiro que se repetirán os martes e xoves do verán (agás o 23 de xullo), as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo de xullo e agosto.
A programación continúa con novas propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán no Castelo de Santa Cruz, con horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es)
Destacan as novas propostas culturais para esta semana, entre elas o Cinema na Rúa, na Praza do Reló coa proxección o xoves día 23 de “La Gallina Turuleca” ás 22:30h e un espectáculo de Cabaret no Auditorio de San Benito o sábado 25 de xullo ás 20:30h. Inscrición previa para estas actividades culturais no Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)
O venres 24 de xullo celebraráse a Visita de astronomía “Noite de estrelas” no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina da turismo (986 614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
O domingo 26 continúan os “Domingos de natureza e auga”, ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com


A Guarda acolle o 26 de xullo un encontro de Ioga ao aire libre
A Guarda, 17 de xullo de 2020. O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, un encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 26 de xullo ás 10:30h.
Cada participante deberá traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.
Esta actividade é totalmente de balde, pero é preciso unha inscrición previa no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScFkPjZ8qL95m9G3VNl1g9Zw4JyKBsqgWTPZCaTeIB5Rw0AKQ/viewform?vc=0&c=0&w=1
Os interesados en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello da Guarda chamando ao 690928751 ou contactando en deportes@aguarda.es

El C.C.A celebrará la Feria de Oportunidades de A Guarda
A Guarda, 17 de xullo de 2020. Mañá, sábado, A Guarda Centro Comercial Aberto, celebrará junto a un grupo de comerciantes locales la Feira de Oportunidades  autorizada por el Ayuntamiento, contando con medidas recomendadas por el ISGGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia) sobre el coronavirus.
El evento tendrá lugar durante todo el día en la plaza Avelino Vicente, “As de Copas”, entre las 9.00 y las 22.00 horas.

O Concello da Guarda felicita ao Clube de Xadréz Albatros polo ascenso á Primeira división autonómica
A Guarda, 17 de xullo de 2020. O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes que dirixe Montserrat Magallanes, quere facer un recoñecemento público ao Clube de Xadréz Albatros por ter acadado un importante logro deportivo como é o ter logrado o ascenso á Primeira división autonómica.
O  Xadrez Albatros ten a súa orixe hai case vinte e cinco anos nunha cafetería que lle deu nome, nun autobús que lle deu forma e dunhas persoas inquietas por este deporte. A cafetería é o Albatros, o autobús e o que sae tódolos días da Guarda cara Citroën e os xogadores, uns amigos entorno un café.
Posteriormente, estes veciños da vila decidiron formar un club de xadrez. Tiñan ideas, tiñan desexos, pero o que máis lles sobraba era ilusión e ter a sorte de aparecer un xogador que emigrou dende Rusia ata Galicia por motivos laborais. Iso foi o espoldrarao definitivo ó proxecto. Dita persoa aportou uns coñecementos que descoñecían os seus fundadores. Coñecementos que hoxe quedarían obsoletos e de nivel incipiente, pero deu certa credibilidade a idea e permitiu o desenvolvemento do proxecto coa aprobación duns estatutos, creación dunha xunta directiva e a incorporación e alta nos organismos competentes. Acababa de nacer a Asociación Cultural e Deportiva Albatros de mans do seu presidente Vladimir Stoujinski (ano 1995).
No ano 2000 créase a Escola de Xadrez Albatros, despois de varios intentos previos que non acadaron continuidade no tempo. Comeza o ensino do xadrez a partir dun pequeno grupo de rapaces onde se promove o aprendizaxe do xogo e a participación en Torneos infantís. Torneos que foron o embrión de todo o que hoxe acontece. Constituísen uns equipos federados que participarán na Liga de Clubs Galegos  na Terceira División Rexional, e Cuarta División. Tamén debemos subliñar que a Escola de Xadrez Albatros tivo a súa evolución; Novos profesores aportaron estudos e estratexias na concepción de aperturas e unha mellora substancial neste deporte.
Hoxe, estes “nenos” teñen preto de vinte e cinco anos, xogaban en segunda división que tras tocar cos dedos varias veces esa categoría terminaban fracasando na derradeira xornada, agora con certa “facilidade” ascenderon á primeira División autonómica. Un éxito sen dúbida máis que salientable. Nestes intres, rapaces que “naceron” no club, son os responsables de ditas clases que xestionan baixo a súa responsabilidade trala supervisión da xunta directiva.
Tódolos responsables do fito histórico de ascender á Primeira División Autonómica ó club Albatros son os mesmos nenos que comezaron a xogar ó xadrez a principios do novo século, iso hai que salientar porque son da vila, non fichaxes exteriores.
Ter un equipo en primeira división autonómica para una poboación coma a da Guarda debe ser motivo de envexa e orgullo porque non moitas vila poden dicilo, e se enriba todos os xogadores son antigos alumnos do Club, formados polo Albatros, e por extensión da Guarda, soamente se pode dicir : GRACIAS !!!
Hoxe este club ten máis de corenta nenos en clase, máis de sesenta fichas federativas, e desenvolve cinco torneos anuais no contorno do Baixomiño cunha gran participación.
XOGADORES QUE FIXERON ISTO POSIBLE: Javier Castillo, Sergio Lomba, Germán Vilaplana, Daniel Lomba e Antonio Castro.
 
Últimas prazas dispoñibles para a obra de teatro infantil –Lázaro de Tormes- deste sábado na Guarda
A Guarda, 17 de xullo de 2020. Mañá sábado día 18 de xullo o Auditorio de San Benito será o escenario da representación teatral de “Lázaro de Tormes”, unha actividade destinada principalmente para público familiar e que terá lugar ás 20:00h da tarde.
Concello fai fincapé na realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións.
Para a obra de teatro “Lázaro de Tormes” deste sábado é preciso inscribirse no Centro Cultural da Guarda (986611850 - centrocultural@aguarda.es), quedando xa as últimas prazas libres.
Haberá un protocolo COVID para garantir a seguridade e a hixiene no recinto, con asentos numerados e separados entre si.
A representación teatral de “Lázaro de Tormes” corre a cargo da Compañía Pedras de Cartón, que aterran na Guarda este sábado despois de participar no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Pedras de Cartón presenta a historia do Lazarillo de Tormes contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionáis cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola, esta coñecida peza da literatura que ademáis forma parte do currículo educativo nas escolas.


A Guarda presenta unha App para a creación de cartas dixitais en establecementos de hostalaría

 
A Guarda, 15 de xullo de 2020. O Concello da Guarda presentou este martes 14 de xullo unha APP dirixida ao sector da hostalaría e restauración para a creación de cartas dixitais.
Esta APP gratuíta foi deseñada para dar apoio ao sector ante as novas medidas obrigatorias para a prevención do risco do COVID-19.
Esta aplicación facilita a creación de cartas online sempre cun funcionamento simple e mediante poucos pasos permite a xeración de QR para a visualización da carta ofertada nos establecementos e que pode ser actualizada segundo conveña ao establecemento. Ademais permitirá que os establecementos estarán localizables nun mapa interactivo.
A xestión desta aplicación é a través da web https://qr.aguarda.es/gl/ O primeiro paso é darse de alta como establecemento e despois de cumprimentar os datos poderá deseñar a información que estará dispoñible en función da oferta do local: carta, menu do día, menu fora de carta e carta de viños. Esta información poderá actualizarse en cada momento dun xeito automático e polo xestor do local. Por exemplo, se durante a fin de semana non se ofrece o menú do día tan só hai que desactivar esa opción.
 
O Concello da Guarda informa do prazo de consulta pública do Rexistro Municipal de Asociacións
A Guarda, 15 de xullo de 2020. O Concello da Guarda informa dos prazos para a consulta pública na que se solicitará a opinión dos suxeitos e as organizacións mais representativas afectados pola futura norma, con carácter previo á aprobación do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Guarda.
A consulta pública estará aberta dende o día 20 de xullo de 2020 ata o día 31  de xullo de 2020, os eventuais interesados poderán participar remitindo as súas contribucións na sede electrónica do concello: https://aguarda.sedelectronica.gal/
Se trata de establecer o marco xurídico regulador do Rexistro Municipal de Asociacións, como instrumento que permita recoller documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, dentro do marco territorial do Concello da Guarda, para coñecer a situación real das asociacións existentes, definir as liñas que impulsen a consolidación dun tecido social organizado e moderno que busque vías e se axuste mellor aos intereses dos cidadáns de hoxe, para participar e actuar nos asuntos que lles preocupan.
Para a  creación do Rexistro Municipal de Asociacións no Concello da Guarda fai necesaria a aprobación dun regulamento que estableza o seu contido, finalidades, dereitos e obrigas das asociacións que soliciten a súa inscrición, así como fixar o seu obxecto, que será permitirlle ao Concello da Guarda coñecer o número de entidades existentes no municipio, os seus fins, representatividade e incidencia, para os efectos de posibilitar unha política municipal adecuada que contribúa a fortalecer o tecido asociativo do noso Concello.
Respecto da súa oportunidade, a ausencia dunha regulación municipal sobre a materia fai recomendable o inicio da tramitación do procedemento de aprobación do regulamento, para regularizar a situación obxecto do mesmo e que se poida cumprir a finalidade do Rexistro Municipal de Asociacións.

Proposta de obradoiros e xogos en familia na Guarda
A Guarda, 15 de xullo de 2020. A OMIX do Concello da Guarda oferta dúas xornadas/obradoiros especialmente pensadas para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos que buscan realizar actividades xuntos e ao aire libre ou  para familias tamén que buscan recursos de ocio para nenos e nenas.
O día 24 de xullo realizarase “Xogos e movemento”, unha acción destinada a xogar ao aire libre, realizando xogos por equipos, xogos populares, xogos de ioga etc. Para poder orientar axeitadamente cada actividade a cada rango de idade realizaranse dous grupos: Grupo de 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h, neste caso será imprescindible a participación ou o acompañamento dunha persoa adulta. Grupo de 7 a 12 anos, de 16:30h a 17:30h, neste caso os nenos e nenas poden quedar sen persoa acompañante se así o desexan.
O día 31 de xullo, terá lugar o “Obradoiro: manualidade natural, cabeza de pasto”, nesta ocasión a proposta será a realización dunha manualidade creativa e divertida e que ademais poderán levar para a casa. Os grupos de idade participantes volven a ser de: 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h coa participación dunha persoa adulta e no caso de 7 a 12 anos poden acudir sen persoa acompañante, no horario de 16:30h a 17:30h.
Para os obradoiros cada familia achegará unha manta ou similar para poder xogar ou realizar o obradoiro no chan. Ademais para a manualidade natural as persoas participantes traerán: rotulador permanente negro, tesoiras, culler grande e para o grupo de maiores unha agulla de la.
Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es


Proposta de obradoiros e xogos en familia na Guarda
A OMIX do Concello da Guarda oferta dúas xornadas/obradoiros especialmente pensadas para familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos que buscan realizar actividades xuntos e ao aire libre ou  para familias tamén que buscan recursos de ocio para nenos e nenas.
O día 24 de xullo realizarase “Xogos e movemento”, unha acción destinada a xogar ao aire libre, realizando xogos por equipos, xogos populares, xogos de ioga etc. Para poder orientar axeitadamente cada actividade a cada rango de idade realizaranse dous grupos: Grupo de 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h, neste caso será imprescindible a participación ou o acompañamento dunha persoa adulta. Grupo de 7 a 12 anos, de 16:30h a 17:30h, neste caso os nenos e nenas poden quedar sen persoa acompañante se así o desexan.
O día 31 de xullo, terá lugar o “Obradoiro: manualidade natural, cabeza de pasto”, nesta ocasión a proposta será a realización dunha manualidade creativa e divertida e que ademais poderán levar para a casa. Os grupos de idade participantes volven a ser de: 3 a 6 anos de 18:30h a 19:30h coa participación dunha persoa adulta e no caso de 7 a 12 anos poden acudir sen persoa acompañante, no horario de 16:30h a 17:30h.
Para os obradoiros cada familia achegará unha manta ou similar para poder xogar ou realizar o obradoiro no chan. Ademais para a manualidade natural as persoas participantes traerán: rotulador permanente negro, tesoiras, culler grande e para o grupo de maiores unha agulla de la.
Máis información e inscricións na OMIX no teléfono 676347890 ou no mail informacion@aguarda.es


Os Quinquilláns retoman as visitas teatralizadas na Guarda
A Guarda, 13 de xullo de 2020. O Concello da Guarda repite a experiencia das visitas teatralizadas despois do grande éxito acadado no verán de 2019, a cargo da Compañía de teatro Os Quinquilláns. Cada mércores deste verán entre o 15 de xullo e o 26 de agosto, dous personaxes peculiares visitarán o Castro de Santa Trega, nunha actividade que pretende sorprender a todos os asistentes.
Estas visitas teatralizadas forman parte do programa O Camiño Aguárdate, que dentro da convocatoria O Teu Xacobeo busca a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño de Santiago. A compañía Os Quinquilláns, será a encargada de realizar esta actividade que nos transporta a época mais tardía do Castro da man da primeira muller peregrina, Exeria, quen trouxo ata a Península Ibérica o culto a Santa Trega. As visitas teatralizadas misturan a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
O aforo de cada visita está limitado a 25 persoas, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de protección.
Se queres acompañalos inscríbete neste formulario, indicando os teus datos.
 https://forms.gle/FszaE4ocSLBGqJQZ6
 
Abertas as inscricións para a obra de teatro infantil “Lázaro de Tormes”
A Guarda, 13 de xullo de 2020. O vindeiro sábado día 18 de xullo o Auditorio de San Benito será o escenario da representación teatral de “Lázaro de Tormes”, unha actividade destinada principalmente para nenos e nenas e que terá lugar ás 20:00h da tarde.
Concello fai fincapé na realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións, para a obra de teatro “Lázaro de Tormes” é preciso inscribirse no Centro Cultural da Guarda (986611850 - centrocultural@aguarda.es), haberá un protocolo COVID para garantir a seguridade e a hixiene no recinto, con asentos numerados e separados entre si.
A representación teatral de “Lázaro de Tormes” corre a cargo da Compañía Pedras de Cartón, que aterran na Guarda este sábado despois de participar no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Pedras de Cartón presenta a historia do Lazarillo de Tormes contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionáis cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola, esta coñecida peza da literatura que ademáis forma parte do currículo educativo nas escolas.


O alcalde da Guarda asina o convenio da nova escola infantil municipal

 
A Guarda, 8 de xullo de 2020. O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asinou o Convenio da Escola Infantil Municipal que compromete o investimento necesario por parte da Xunta de Galicia para a súa posta en marcha e xa pode comezar dende o Consorcio Galego de Benestar o procedemento de licitación.
Está previsto que se faga a licitación antes de finais do presente ano e que as obras se executen entre as anualidades 2020 e 2021.
O financiamento da nova escola infantil da Guarda, realizarase entre a Administración autonómica, que achegará 410.000€ e o consistorio local, que achegará os fondos restantes ata os 690.000€ do custo total.
A futura escola infantil da Guarda integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul e estará dotada con tres unidades e un total de 41 prazas nas vellas vivendas dos mestres do antigo Sinde.
 
A OMIX da Guarda oferta Obradoiros de fotografía e vídeo para a mocidade
A Guarda, 8 de xullo de 2020. Para este mes de xullo a OMIX da Guarda oferta para a mocidade a partir de 12 anos dous obradoiros: un de fotografía e outro de vídeo.
Os dous obradoiros tratarán de dotar de ferramentas e coñecementos sobre o manexo da cámara do teléfono móbil. Os obradoiros levaranse a cabo no exterior do Castelo de Santa Cruz e emprazamentos similares e singulares, tratando de aproveitar ao máximo os espazos ao aire libre.
O obradoiro de fotografía desenvolverase os días 14 e 15 de xullo de 11 a 13 horas e o de vídeo os días 21 e 22 de xullo tamén de 11 a 13 horas.
Para participar pódese remitir un mail a informacion@aguarda.es, chamando á OMIX ao 676 347 890 ou a través das redes sociais da OMIX da Guarda
Verán cargado de actividades para todas as idades na Guarda
A Guarda, 8 de xullo de 2020. O Concello da Guarda ven de publicar o calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as propostas culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que estarán a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo dos meses de verán.
Estas actividades están xestionadas a través dos departamentos de Cultura, Información Xuvenil, Deportes, Patrimonio e Turismo e terán inicio xa a vindeira semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, polo que a ampla maioría delas terán lugar en espazos abertos e ao aire libre, ou ben cun aforo limitado.
A programación arranca a partires da vindeira semana cunha proposta de formación da Omix para a mocidade e coas visitas teatralizadas no Castro de Santa Trega que se viron suspendidas no pasado mes de marzo. Xa na fin de semana, o sábado 18 de xullo as familias poderán acudir no Auditorio de San Benito á representación teatral de “Lázaro de Tormes” da Compañía Pedras de Cartón, que estivo recentemente no Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Tamén darán comezo as visitas á embarcación O Piueiro que se repetirán os martes e xoves do verán (agás o 23 de xulllo), as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo de xullo e agosto.
A programación continuará a partir de aquí con novas propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán no Castelo de Santa Cruz e novas propostas culturais entre as que destaca o Cinema na Rúa, na Praza do Reló con tres citas diferentes, un espectáculo de Cabaret no Auditorio de San Benito o 25 de xullo e actividades culturais para os pequenos protagonizadas pola Gramola Gominola (30 de xullo) e Peter Punk o 15 de agosto. Un concerto da Orquesta Clásica de Vigo e súa sección de Corda e a obra tetral Pelos na Lingua serán as propostas culturais para pechar o mes de agosto: os sábados 22 e 29.  No ámbito deportivo o 1 de agosto está prevista a segunda edición da Carreira de Orientación, pensada para participar en familia e unha travesía en Kayak para o 27 de agosto
Ademais destas propostas aínda estase a traballar en concretar concertos para a mocidade e algunha nova proposta deportiva, das que informaremos proximamente.
Programa:
Actividades xullo
Martes e mércores 14-15 xullo.- Obradoiro de fotografía co móbil para a mocidade. De 11:00h a 13:00h no Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix (informacion@aguarda.es)
Sábado 18 xullo.- Teatro infantil “Lázaro de tormes”, 20:00h. No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)
Martes e mércores 21-22 xullo.- Obradoiro de vídeo para a mocidade. 11:00h a 13:00h.  No Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix (informacion@aguarda.es)
Xoves 23 xullo.- Cinema na rúa: La gallina turuleca. Na praza do Reló, ás 22:30h.
Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 - centrocultural@aguarda.es)
Venres 24 xullo.-
1.    Xogos e actividades en familia: xogos e movemento. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es)
Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina da turismo (986 614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
Sábado 25 xullo.- Espectáculo “Flashtop cabaret”, no Auditorio de San Benito ás 20:30h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Xoves 30 xullo.- Concerto da Gramola Gominola, no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es
Venres 31 de xullo.-
·         Xogos e actividades en familia: Manualidade natural. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscrición na Omix (informacion@aguarda.es)
·         Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo (986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)
Actividades agosto
Sábado 1 agosto.- Carreira de orientación. De 10:00h a 15:00h. Información e inscricións en deportes@aguarda.es
Venres 14 agosto.- Cinema na rúa “O último verán na escocia” (versión dobrada en galego). 22:30h. Na Praza do Reló.  Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Sábado 15 de agosto.- “Punkdemia” no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Venres 21 de agosto.- Noite de estrelas no Puntal ás 23:h. Inscrición previa na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Sábado 22 de agosto.- Concerto da Orquesta Clásica de Vigo, sección de corda. No Castelo de Santa Cruz, ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Venres 28 de agosto.- Cinema na rúa “Mr.Link” . 22:30h. Na Praza do Reló.  Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Sábado 29 de agosto.- Teatro “Pelos na lingua”. No Auditorio de San Benito ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)
Actividades regulares durante xullo e agosto, a partir do 14 de xullo
Martes e xoves (agás 23 de xullo).- Visitas ao Volanteiro O Piueiro. Ás 20:00h. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Mércores “A viaxe de Exeria ao castro”, Visitas teatralizadas no Monte Santa Trega ás 18:00h. e ás 20:00h. Inscrición previa en https://cutt.ly/9oNlvCL
Venres, sábados e domingos.- Visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es
Domingos.- Domingos de natureza e auga, ás 10:00h. (Diversos percorridos polo litoral guardés). Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

A Comunidade de Montes de Camposancos celebra Asemblea Xeral e eleccións á Xunta rectora. O acto celebrarase na casa de Montes de Camposancos o vindeiro 10 de xullo
A Guarda, 07 de xullo de 2020. O vindeiro venres día 10 de xullo terá lugar a reunión de Xunta xeral extraordinaria da Comunidade de Montes veciñais en man común da parroquia de Camposancos (A Guarda), convocada polo seu Presidente, José Fernando Martínez Martínez, para as 20,00 horas en segunda convocatoria.
A reunión terá lugar na Casa de Montes de Camposancos, e celebrarase nas súas instalacións cumprindo coas normas de seguridade e a distancia preventiva que dicta a normativa, como consecuencia do Covid19.
Ademais dos asuntos a tratar que figuran na Orde do día, dos que xa se deu conta mediante convocatoria de 20 de xuño, procederase á elección da nova Xunta rectora. Unhas eleccións que xa deberon de ser celebradas no mes de marzo e que foi necesario adiar a causa do confinamento provocado pola pandemia.
Non se presenta ningunha lista alternativa e a actual xunta reitora preséntase en pleno a reelección con a salvedade de Ana Belen Serrano que por motivos laborais deixa o cargo e a sustitue o mozo José Antonio Vázquez Fernández.
Por tanto a Xunta si a asamblea o confirma quedará formada así:
J. Fernando Martínez Martinez, Presidente.
Xosé M. Malheiro Gutierrez,      Secretario
Domingos Portela Lorenzo,       Tesourero.
Mario Baró Pereira,                   Vicepresidente
Vocais.
Gloria Portela Loureiro
Esther Rodríguez Sobrino
M. Lucía Martínez Diz
Eduardo Alonso Rodríguez
Juan Carlos González González
José Antonio Vazquez

San Xerome retoma o proxecto Xe-Mente”
A Asociación San Xerome Emiliani pon en marcha o proxecto “XE-mente Innovación – Los brotes de la diversidad”, financiado pola FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) con fondos FSE, no marco do PROGRAMA EMPLEAVERDE 2019, que conta cun orzamento total de 105.904,51€.
XE-mente Innovación ofrece un Itinerario formativo con 7 Accións formativas gratuítas, dirixidas a persoas desempregadas, con e sin diversidade intelectual e/ou funcional. O obxectivo do proxecto é xerar perfís profesionais cualificados e "emprego verde inclusivo".
Do 21 ao 31 de xullo 2020 realizaremos un curso de GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS. Este innovador curso cualificará ás persoas participantes para poder exercer como Guías en visitas guiadas a Bosques e Espazos Naturais; por exemplo en proxectos como o recentemente posto en marcha pola Deputación de Pontevedra denominado Bosques Terapéuticos, que contempla a realización dunha serie de Baños de Bosque gratuítos en 5 Comunidades de Montes da provincia de Pontevedra, entre as cales a de Camposancos (A Guarda) Costa de Oia e Serra da Groba (Oia).
Achegamos información e cartel do curso, agradecendo a máxima difusión do mesmo, para que poida chegar a todas as persoas interesadas.
Curso de formación gratuíta para persoas desempregadas: GUÍA DE BAÑOS DE BOSQUE BIOSENSITIVOS
Datas de realización: Do 21 de xullo ao 31 de xullo 2020 N. de horas: 20 horas (teoría e práctica)
Prazas limitadas: 10 PARTICIPANTES
Lugar de realización: Centro Cultural do Concello da Guarda - Rúa Rosalía de Castro, 14 - A Guarda (Pontevedra)
Máis información e inscricións: xemente@sanxerome.com // Tlf. 656 565 630



A Guarda promove o consumo local
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Fátima Rodríguez, ven de lanzar unha campaña de dinamización do tecido comercial e hostaleiro da vila de cara a fomentar entre a poboación o consumo local e incentivar as vendas nestes sectores económicos, tan importantes para a vida diaria da nosa vila.
A través dunhas infografías, que se publican nas redes sociais do Concello(Facebook, Instagram e Twitter), se pretende por de manifesto que o consumo local favorece a toda a poboación e trátase dun círculo de suma importancia no que cada un de nos ten un papel fundamental, destacando ademais as vantaxes de consumir en local, como o trato personalizado, produto fresco e diferenciado…
As infografías, realizadas por unha ilustradora local, están ambientadas en diferentes espazos da vila da Guarda, tentando captar a atención dos guardeses e guardesas para que realicen as súas compras no comercio e na hostalaría local.
A campaña de promoción do comercio local emprega ademais varios hashtags como: #ComercioLocal #NonRompasOCirculo #MercaNaGuarda e #EuConsumoLocal e terá una continuidade no tempo empregando diferentes canles de comunicación.
Incentivar as vendas tamén na rede
Dende o Concello da Guarda se puxo en marcha a inicios de xuño o Marketplace www.mercanaguarda .com unha iniciativa que pretende funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal.  
Arestora se conta xa cunha quincena de empresas adheridas e máis de 80 produtos dispoñibles para mercar de sectores tan diversos como a artesanía, manualidades, xoiería, servizos, marketing, idiomas, viaxes, agasallos, xoguetes, alimentación, entre outros.
Realizáronse xa 3 xornadas formativas nas que participaron preto dunha trintena de empresarios e ao longo do ano, a medida que se adhiran novas empresas, continuarase formando ao empresariado para que teña a oportunidade de empregar esta canle de venda online exclusiva para as empresas da vila, creada para favorecer a reactivación económica da localidade.
Esta plataforma está deseñada para que tanto compradores como vendedores podan manexala con facilidade e os vendedores terán que abonar unha única cota inicial de 20€ no momento da formalización da alta e que lles dará acceso ao uso da plataforma durante o primeiro ano, e de 30€/ano durante os posteriores.
As empresas que desexen adherir os seus negocios á plataforma deberán facelo directamente premendo na pestana “Vendedores” do menú e a continuación “Rexístrate aquí” ou a través do icono de “Mi cuenta”. Unha vez recollidos uns primeiros datos recibirán no seu correo electrónico a información para continuar co proceso de alta e no que se convocará a unha sesión de formación inicial para o uso da plataforma.
Calquera dúbida poderá ser enviada a través do mail mercanaguarda@gmail.com

Bará pide en A Guarda “non conformarse” e acudir a votar o 12X sumando no BNG de Ana Pontón o voto de país que permita un “cambio de era”

A Guarda, 7 de xullo de 2020. O cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en A Guarda que é preciso “non conformarse nin caer na rutina” e acudir a votar o vindeiro 12X sumando no BNG de Ana Pontón o voto de país que permita un “cambio de era”. O nacionalista, acompañado do tamén candidato Xosé Manuel Méndez e do portavoz municipal Anxo Baz, protagonizou un mitin no concello do Baixo Miño no que dixo que non hai nada decidido e que “hai que rachar coas enquisas para facer historia poñendo á fronte da Xunta á primeira muller nacionalista”.
Bará, acompañado do tamén candidato Xosé Manuel Méndez, e do portavoz municipal Anxo Baz, salientou a onda de cambio galego que percibe arredor do BNG e pediu unha gran mobilización nas urnas de todas as persoas que queren abrir un tempo novo en Galiza. “Non se pode perder nin un só voto, que ningún voto da xente que lle quere a este país quede na casa porque iso é como darlle o voto ao Partido Popular. Se nos mobilizamos haberá un cambio real, un cambio de era que fará que Galiza desenvolva as súas potencialidades converténdose nun país próspero, moderno, produtivo, que sexa a envexa de Europa, da man dun proxecto solvente “, subliñou.
O nacionalista subliñou que “hai partido”, xa que con que o PP perda un escano por provincia caerá a súa maioría absoluta. Fixo fincapé en que o voto do BNG valerá doble, porque servirá para “derrotar dun golpe á dereita reaccionaria e insolidaria do PP e derrotar ao mesmo tempo o centralismo e a dependencia que nos afoga e que nos paraliza”. Ademais, insistiu, permitirá facer historia poñendo á fronte do país unha muller nacionalista, a primeira presidenta da historia de Galiza, Ana Pontón.
En clave local, Bará destacou que o BNG traballará dende o goberno para integrar a comarca do Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para que a súa veciñanza se beneficie de maiores frecuencias e prezos máis baixos. Lembrou que é fundamental a conexión dos concellos miñotos con Vigo como cabeceira e tamén núcleo onde están o hospital de referencia ou a universidade. Avogou por un plan integral de transporte, sustentable, eficiente, e seguro integrando tamén o transporte ferroviario, dada a proximidade da liña de Vigo-Porto que, ao seu entender, debería ser un eixo fundamental de conexión e comunicación co exterior.
Neste sentido, o cabeza de cartel tamén salientou que o BNG se porá á fronte da cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal, territorio que cualificou como unha “plataforma” para impulsar a Galiza de cara ao país veciño. Destacou que é preciso considerar prioritaria a relación con Portugal e insistiu na necesidade de mellorar infraestruturas, nomeadamente, da necesidade “da saída sur na estación de Vigo e dun tren Vigo-Porto do século XXI, moderno e seguro é fundamental”, dixo.
Segundo dixo, é preciso poñer fin aos once últimos anos perdidos de Núñez Feixóo para a Eurorrexión, e traballar arreo polo territorio miñoto transfronteirizo e a súa recuperación socioeconómica tras a crise sanitaria. Puxo enriba da mesa a proposta de colaborar dende a Xunta do BNG coa AECT Río Miño e os concellos para desenvolver un Investimento Territorial Integrado (ITI) que unifique todos os fondos das diferentes administracións co fin de reactivar a zona tras o “agresivo” peche das fronteiras.
Por outra parte, Bará tamén fixo referencia a que un goberno do BNG traballará en favor da xente da pesca (que considerará actividade esencial e prioritaria), ao necesario impulso para o sector dos viveiros e a planta ornamental, ou do desenvolvemento do rural.

San xerome sigue apostando por el empleo verde inclusivo
A Guarda, 07 de xullo de 2020. En 2018 la Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda inicia su apuesta por la formación dirigida a la generación de Empleo Verde inclusivo para personas con y sin diversidad intelectual con el proyecto “XE-MENTE – Las semillas de la diversidad”. El gran éxito alcanzado con éste, que ha formado a 137 personas residentes en el Baixo Miño en perfiles profesionales “verdes”, y generado 10 empleos, 6 de ellos de forma directa y otros 4 a través del Programa de FP DUAL en Limpieza Ecológica puesto en marcha por la Asociación en 2019, ha motivado la decisión de continuidad en esta línea de trabajo.
Formación inclusiva, empleo verde, innovación social, naturaleza y bio-diversidad son los ingredientes fundamentales del nuevo proyecto que acaba de poner en marcha la Asociación, el proyecto “XE-MENTE INNOVACIÓN – Los brotes de la diversidad”.
XE-MENTE INNOVACIÓN prevé formar a personas con y sin diversidad intelectual en perfiles profesionales verdes innovadores, ofreciendo 7 acciones formativas inclusivas y gratuitas, dirigidas a personas desempleadas que, desde julio 2020 hasta enero 2021, podrán formarse de forma presencial. El proyecto representa una fuente de oportunidades de enseñanza-aprendizaje, de generación de empleo y de apertura a nuevos perfiles y nichos profesionales, que enriquecerán tanto a las personas participantes como al sector.
Temáticas como la Formación de Formadores Verdes, la Agricultura Ecológica Biointensiva, las Hierbas Medicinales o la innovadora figura del “Guía de Baños de Bosque”, son algunas de las propuestas con las que podrá contar el sector verde del Baixo Miño tras la realización del proyecto.
San Xerome cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico), que cofinancia el proyecto con fondos del Fondo Social Europeo, a través del Programa Empleaverde 2019. También cuenta con la colaboración de TEIGA TMI SL, empresa de ingeniería y servicios electromecánicos industriales que apoya el proyecto con recursos, tanto técnicos como financieros.
Hoy comienza la andadura de esta nueva aventura, con la puesta en marcha del curso de FORMACIÓN DE CO-FORMADORES VERDES que, de forma presencial y con todas las medidas de seguridad y prevención necesarias, se impartirá en las instalaciones del Centro hasta el próximo 17 de julio. A continuación dará comienzo el segundo de los cursos presenciales ofrecidos, que formará a lo/as GUÍAS DE BAÑOS DE BOSQUE que desarrollarán su actividad profesional en proyectos vinculados a los Bosques Terapéuticos, de impresionante acogida y gran repercusión en los últimos tiempos.
El resto de cursos, basados en la agricultura ecológica biointensiva se impartirán a partir de septiembre, hasta el mes de enero 2021.
Todas las personas interesadas en la temática y en participar en el proyecto, pueden ponerse en contacto con la Asociación para ampliar información y formalizar inscripciones.



Izado do distintivo de Bandeira Azul na praia de Area Grande na Guarda
Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.
Na xornada deste luns día 6 de xullo de 2020 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Turismo, María Elena Baz e a Técnica de Turismo, Rosalía Verde, achegáronse ata a praia da Area Grande para realizar o izado da Bandeira Azul neste areal costeiro da vila, que ao igual que o areal do Muíño na desembocadura do Río Miño, recibiu este ano este importante distintivo. Cumpre sinalar que, aínda que a praia do Muíño conta xa con todos os requisitos que esixe a Bandeira Azul, esta non se vai a izar ata que rematen as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño, que se tiñan previsto rematar antes da tempada estival, e que sufriron un retraso por mor da situación provocada polo Covid-19, unha vez rematadas ditas obras izarase a Bandeira Azul neste areal.
A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán
Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comezou xa co arranque estival.
María Elena Baz, Concelleira de Turismo, quixo resaltar nesta visita aos areais galardoados co distintivo de Bandeira Azul o esforzo realizado a nivel municipal para a súa concesión, no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.
Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.  A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.
En total, 688 bandeiras azuis ondean este ano en España: en 589 areais; 98 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 5 embarcacións turísticas sostibles. Para A Guarda outorgáronse este ano dúas Bandeiras azuis, que forman parte do total de 107 areais con este distintivo en Galicia.

Bará aposta pola creación dun Plan de apoio ao sector da planta ornamental e a flor cortada no Baixo Miño
A Guarda, 6 de xuño de 2020. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, avogou na súa visita a A Guarda por poñer en marcha dende a Xunta de Galiza un Plan de apoio aos viveiros, á planta ornamental e á flor cortada, actividades fundamentais para a comarca do Baixo Miño que están a ser especialmente afectadas pola crise da COVID-19. Bará indicou a necesidade de consensuar as medidas e axudas coas empresas e asociacións do sector para que sexan plenamente eficientes.
Acompañado polos tamén candidatos Montse Prado e Xosé Manuel Méndez e o portavoz municipal Anxo Baz, Bará visitou as instalacións da empresa ‘Toxal’, a firma máis importante de flor cortada en Galiza pola súa produción, con 30.000 metros de superficie de cultivo, e pertencente á Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam). O cabeza de cartel coñeceu de primeira man a difícil situación pola que están a pasar pola crise da COVID-19, que apareceu creando unha ‘tormenta perfecta’ por tratar cun producto precedeiro, que ten un ciclo largo de produción e estar en plena campaña de venda.
O sector, segundo recoñeceu Bará, estivo parado durante toda a corentena perdendo datas importantes de saída comercial como as festas tradicionais, os días do pai, da nai, a Semana Santa e o Sant Jordi, e facendo que a produción fose para o lixo, xa que a exportación tamén estivp paralizada polo peche de fronteiras. As perspectivas de futuro a día de hoxe tampouco son optimistas, segundo manifestan dende o sector, xa que a ausencia de eventos (bodas, bautizos, comunións...), cancelados na súa meirande parte ata o ano próximo, non aumentarán as vendas no inmediato.
Bará destacou a necesidade de que a Xunta de Galiza xestione plans de axudas e apoio, e así o comprometeu unha vez o BNG estea no goberno despois do 12X. Subliñou que a planta ornamental e a flor cortada son actividades económicas estratéxicas para a comarca, pola súa creación de emprego (arredor de 400 postos de traballo) e a súa facturación (uns 20ME no Baixo Miño), polo que “é fundamental un acompañamento do goberno galego para o seu mantemento e potenciación”.
Por outra banda, o cabeza de cartel destacou a necesidade de apostar polo rural dende a Xunta de Galiza. Propuxo traballar para recuperar 100.000 hectáreas de superficie agraria galega de cara ao 2030 “para abrir un tempo novo no rural galego”, dándolle un xiro ás políticas “retomando o impulso que o BNG lle deu ao goberno da Xunta cando Alfredo Suárez Canal estivo ao mando da consellería de Medio Rural”.
Para levar a cabo esta política dende o goberno galego o cabeza de cartel do BNG puxo sobre a mesa un decálogo de medidas e orientacións estratéxicas. Ademais de recuperar 100.000 hectáreas abandonadas, Bará, avogou por impulsar unha nova Lei de Estruturas Agrarias, por reactivar o banco de terras (Bantegal), así como por desenvolver políticas para os distintos sectores que teñan en conta as súas características -para o leite, carne, viño, pataca, horta e flor, madeira e outros produtos do monte-, e ao mesmo tempo elaborar un novo Plan de Agricultura Ecolóxica consensuado co sector cun horizonte temporal máis amplo que actual e que impulse todo o potencial que ten esta produción.
Como sexta liña, Bará apuntou un novo Plan Forestal que aposte decididamente polo carácter multifuncional do monte e que se marque como obxectivo reducir a superficie ocupada polo eucalipto e ampliar, pola contra, a plantación de especies autóctonas de calidade. Tamén nomeou  unha nova Lei de Montes. En séptimo lugar Bará afirmou que a produción de alimentos e madeira  e as políticas de fomento de desenvolvemento rural faranse con perspectiva de sustentabilidade ambiental tendo en conta o cambio climático.
Como oitava grande liña de actuación está reverter a tendencia de desmantelamento de servizos no rural que redunda no abandono e na perda de poboación. “É preciso apostar por un rural vivo e con futuro, con servizos na vivenda, ensino, saúde e servizos sociais, nas telecomunicacións, no transporte e lecer”, afirmou.  Como novena grande liña propuxo potenciar a investigación, a formación e a innovación e a contribución da ciencia e do coñecemento ao desenvolvemento e á transformación e a gañar valor engadido no rural.
Por último, Bará sinalou que o BNG promoverá directamente que Galiza teña participación nos foros onde se dirimen cuestións que afectan ao medio rural galego.



A Guarda acogió la XL sesión plenaria de la Comisión Permanente Internacional del rio Miño (CPIRM)

 
A Guarda, 03 de xuño de 2020. El pasado jueves se celebró en A Guarda la XL sesión plenaria de la Comisión Permanente Internacional del Río Miño (CPIRM), órgano colegiado que se encarga de discutir las propuestas encaminadas a la mejora de las condiciones biológico-pesqueras, conservación de los recursos y de protección del hábitat en el Tramo Internacional del Río Miño (TIRM), además de discutirse otros asuntos relacionados con el río.
La CPIRM se encuentra subordinada a la Comisión Internacional de Límites y está copresidida por el comandante naval del Miño (Armada Española) y por su homólogo portugués, el capitán de Puerto de Caminha (Marinha Portuguesa), y sus delegaciones están constituidas por representantes de los sectores de la administración de ambos países reuniéndose, al menos, una vez al año alternando España y Portugal.
La delegación española contó con la participación de representantes de la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra, del Servicio Provincial de Costas, Capitanía Marítima de Vigo, Consellería do Mar de la Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de la Xunta de Galicia y de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Por parte portuguesa, asistieron representantes del Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas, de la Direção-Geral de Recursos Naturais, Segurança e Serviços Marítimos, del Instituto Português do Mar e da Atmosfera y del Aquamuseu de Vilanova de Cerveira. Asistieron, además, los alcaldes de los municipios ribereños, 8 españoles y 5 portugueses, y representantes de la Agrupación Europea de Cooperación Transfronteriza Río Miño. El resultado de la sesión fue la ratificación de las decisiones acordadas en las Comisiones Mixtas, España-Portugal, de pesca y de caza.
En relación con la pesca, se incluyen los periodos establecidos para su ejercicio profesional y recreativo para la temporada 2020/21. Es de destacar como novedad, el establecimiento de cupos para la pesca recreativa y la continuidad de la pesca de salmón y angula. En el Edicto de Caza no ha habido grandes novedades, manteniéndose limitaciones, fechas, número de pases de caza y especies permitidas.
Además, se trataron los asuntos relacionados con el acometimiento de obras en las márgenes del río, que requieren autorización de ambos países, el estado de conservación de la anguila europea y algunas medidas tomadas para conservar los recursos pesqueros.
La Comandancia Naval del Miño y sus cometidos
La Comandancia Naval del Miño, creada en 1989, tiene sus orígenes en el Tratado Internacional de Límites firmado en 1864 entre España y Portugal. Como consecuencia de ese Tratado y su Anexo sobre ríos limítrofes para evitar conflictos entre pescadores de ambos países, en el año 1882, la Armada destacó por Real Orden al cañonero “Segura”. A este buque le sucedería el cañonero “Perla” (1898-28), el cañonero “Cabo Fradera” (1928-63) y el patrullero “Cabo Fradera” (en servicio desde 1963). El “Cabo Fradera” es el buque más antiguo de la Armada tras el Buque Escuela “Juan Sebastián de Elcano”.
Dichos buques estarían adscritos a un Destacamento Naval en Tui (1882-1952), posteriormente a una Ayudantía de Marina en Tui (1952-1989), y finalmente a una Comandancia Naval, desde 1989 hasta el día de hoy.
El área de responsabilidad de la Comandancia incluye los 77 km de río Miño desde la desembocadura en A Guarda, hasta la confluencia del río Troncoso, donde finaliza el conocido como TIRM o Tramo Internacional del Río Miño (fronterizo con Portugal).
Los cometidos que tiene asignados esta comandancia incluyen la Presidencia de la Delegación Española de la Comisión Permanente Internacional del Río Miño, organismo subordinado a la Comisión Internacional de Límites con Francia y Portugal (CIL) y cuya presidencia corresponde a un embajador del Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación; la regulación, fiscalización y sanción de pesca profesional y recreativa; la regulación y fiscalización de la caza; la fiscalización de actividades de náutica de recreo, medioambiental y en general, cualquier actividad que se desarrolle el TIRM, y la coordinación de medios en caso de emergencia, desastre natural o desaparición de personas en las aguas del río.
Todas estas funciones se realizan de manera homologa por la Marinha Portuguesa, a través de la “Capitanía de Porto de Caminha” con la que las relaciones de colaboración son inmejorables.

Rueda anima a votar “con contundencia para apostar pola experiencia de Feijóo fronte a un experimento”
A Guarda, 03, xullo, 20. O candidato e presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, anima a votar o 12 de xullo “con contundencia para apostar pola experiencia de dez anos de Goberno de Feijóo fronte a un experimento”. Pide non caer nin na confianza de que todo está feito nin no medo, porque ir a votar será totalmente seguro.
“É o que están esperando o resto de partidos que se presentan contra Feijóo. Que nos confiemos, que pensemos que todo está feito e que un voto non vai influír no resultado. Pero todos sabemos que as eleccións se gañan coas papeletas que entran na urna, e polo tanto cada voto é decisivo para que Galicia continúe cun Goberno experimentado ou, pola contra, co experimento dun multigoberno”. Foi durante os mitins que se celebraron hoxe na Guarda e Pontevedra, na parroquia San Andrés de Xeve, e nos que tamén participaron os presidentes locais do partido, Roberto Carrero e Rafa Domínguez, respectivamente.
Rueda recordou que nestas eleccións se vai elixir a quen vai xestionar agora a pandemia económica. “Nestes tres meses comprobouse diferenza de ter un goberno e outro”, e destacou que o programa do Partido Popular apoia ás persoas que máis o necesitan, ás familias, aos emprendedores e aos traballadores. Ademais, preguntou cantas consellerías farán falta aquí para contentar a catro partidos si no Goberno central fixeron falta 22 ministerios para satisfacer a dous socios. “Isto non é o que necesita Galicia, e aínda menos neste momento. Precisa dun Goberno único e cohesionado, que mire cara adiante, non un que mire cara os lados por se o traizoan ou por si hai descoordinación”.
Por último, puxo en valor a xestión do Goberno galego nos últimos meses. “Demostramos a nosa capacidade de resposta e respondemos con máis eficacia e anticipación”. Así, explicou que quince días antes de que se decretase o Estado de Alarma Galicia tomou decisións que foron decisivas para ter un mellor comportamento que outras comunidades. “Pelexamos por cada vida, e por iso houbo moitos maiores de 100 anos que recibiron a alta. E Galicia está orgullosa dese traballo, dos seus profesionais e do seu sistema sanitario”.

Reapertura do MASAT e Museo do Mar da Guarda

A Guarda, 3 de xullo de 2020. Coa entrada do mes de xullo estase procedendo a apertura de varios servizos e infraestruturas turísticas como o Museo Arqueolóxico de Santa Trega e o Museo do Mar.
Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT)
O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda. Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente.
O horario de apertura é de martes a domingo de 9.00h e 20.30h nos meses de xullo e agosto.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Tasas de acceso:
•1 € adulto
•0,50 € menores de 14 anos
•Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
O horario de verán ata o 15 setembro, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

Orpagu e Abanca renovan a súa colaboración co propósito de garantir a sostibilidade do sector
A Guarda, 3 de xullo de 2020. A Guarda. A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) e Abanca veñen de renovar un ano máis o seu convenio de colaboración, buscando preservar e impulsar o desenvolvemento da actividade. O convenio pon o acento no crédito, xusto nun momento clave para o colectivo. Logo da crise sanitaria, que xerou un importante impacto na economía, os profesionais de Orpagu  contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA tanto para poñer en marcha novos proxectos, como para  promover a mellora competitiva dos actuais.
De feito, nas últimas semanas, o equipo de Abanca Mar mantivo un contacto fluído con Opagu para coñecer de primeira man as súas necesidades máis perentorias e as perspectivas cara ao futuro. Unhas comunicacións a distancia que permitiron adaptar a oferta financieira ás súas demandas e que se materializan en produtos específicos, con carencias no financiamento ou a tramitación máis rápida e sinxela de expedientes.
Unha das liñas máis destacadas de traballo consiste en garantir a mellora da sostibilidade do sector. Grazas a produtos como a hipoteca naval, que busca contribuír no proceso de renovación da frota, as dúas entidades impulsarán a substitución por embarcacións máis eficientes o por tanto cunha menor pegada no medio ambiente.
O acordo tamén inclúe outras opcións como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming, avais ou liñas de desconto. Todo iso sen esquecer os seguros personalizados para este colectivo ou as opcións de financiamento a través de convenios oficias que a entidade mantén con ICO, Igape e as SGR galegas.
O presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla Castro, e o director de Abanca Mar, Javier Fraga, rubricaron na Guarda o acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego,. No acto tamén estivo presente Juan Jesús González, director da oficina de Abanca na Guarda.

Rueda anima a votar “con contundencia para apostar pola experiencia de Feijóo fronte a un experimento”

A Guarda, 03, xullo, 20. O candidato e presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, anima a votar o 12 de xullo “con contundencia para apostar pola experiencia de dez anos de Goberno de Feijóo fronte a un experimento”. Pide non caer nin na confianza de que todo está feito nin no medo, porque ir a votar será totalmente seguro.
“É o que están esperando o resto de partidos que se presentan contra Feijóo. Que nos confiemos, que pensemos que todo está feito e que un voto non vai influír no resultado. Pero todos sabemos que as eleccións se gañan coas papeletas que entran na urna, e polo tanto cada voto é decisivo para que Galicia continúe cun Goberno experimentado ou, pola contra, co experimento dun multigoberno”. Foi durante os mitins que se celebraron hoxe na Guarda e Pontevedra, na parroquia San Andrés de Xeve, e nos que tamén participaron os presidentes locais do partido, Roberto Carrero e Rafa Domínguez, respectivamente.
Rueda recordou que nestas eleccións se vai elixir a quen vai xestionar agora a pandemia económica. “Nestes tres meses comprobouse diferenza de ter un goberno e outro”, e destacou que o programa do Partido Popular apoia ás persoas que máis o necesitan, ás familias, aos emprendedores e aos traballadores. Ademais, preguntou cantas consellerías farán falta aquí para contentar a catro partidos si no Goberno central fixeron falta 22 ministerios para satisfacer a dous socios. “Isto non é o que necesita Galicia, e aínda menos neste momento. Precisa dun Goberno único e cohesionado, que mire cara adiante, non un que mire cara os lados por se o traizoan ou por si hai descoordinación”.
Por último, puxo en valor a xestión do Goberno galego nos últimos meses. “Demostramos a nosa capacidade de resposta e respondemos con máis eficacia e anticipación”. Así, explicou que quince días antes de que se decretase o Estado de Alarma Galicia tomou decisións que foron decisivas para ter un mellor comportamento que outras comunidades. “Pelexamos por cada vida, e por iso houbo moitos maiores de 100 anos que recibiron a alta. E Galicia está orgullosa dese traballo, dos seus profesionais e do seu sistema sanitario”.



Alfonso Rueda participa nos mitins de A Guarda e Xeve, en Pontevedra
A Guarda, 2 de xullo de 2020. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, participa nun mitin na Guarda, acompañado polo Conselleiro de Sanidade e candidato, Jesús Vázquez Almuíña, e o presidente local do partido, Roberto Carrero.
Día:     3 de xullo
Hora:  19:00 horas
Lugar: Hotel Novo Muíño-Camposancos



La exposición interactiva Dinosaurs live - The Exhibition- llega al pabellón de A Guarda este fin de semana

A GUARDA. 01/07/2020. El mundo de los dinosaurios llega al Baixo Miño de la mano de Dinosaurs live - The exhibition-, una exposición de dinosaurios animatrónicos con movimiento real y actividades para disfrutar en familia que estará en el Pabellón de A Sangriña de A Guarda este fin de semana. Una expedición al pasado que se podrá disfrutar desde este viernes, de 17:00 a 20:00 horas, y el sábado y domingo de 11:00 a 14:00 horas y de 17:00 a 20:00 horas, con pases cada hora. Las entradas, a un precio de 9€ adultos y 7€ niños, ya están a la venta en el portal ataquilla.com, y también se podrán conseguir en la taquilla física del pabellón los días del evento.
Dinosaurs Live - The Exhibition-  es una exposición interactiva compuesta por una veintena de réplicas animatrónicas de los gigantes que habitaron la tierra hace 200 millones de años. Un viaje al pasado en el que los niños de todas las edades descubrirán cómo eran, cómo vivían y hasta cómo se movían estos gigantes prehistóricos. Al inicio del recorrido, cada pequeño recibirá un cuestionario lleno de pruebas y preguntas que tendrán que completar durante la exposición. Una aventura en la búsqueda del tesoro que los animará a aprender y estudiar cada una de las especies expuestas, así como desenterrar fósiles o retratarse dentro de un huevo de dinosaurio.
Además de hacerse fotos y vídeos con las réplicas, el público podrá conocer a las crías de Triceratops y Velociraptor, presentadas por el equipo de animación en el Teatrillo Jurásico. Los más atrevidos también tendrán la oportunidad de subir a lomos de una cría de Tiranosaurio Rex. La duración aproximada de la visita es de 45 minutos, y además de enseñar a los más pequeños los misterios de esta época histórica, se pretende contribuir a un aprendizaje significativo de otros contenidos del currículum escolar.
Actividad segura frente al COVID-19
La muestra, que llega a A Guarda después de una gira por toda España y que se ha visto alterada por la pandemia, cumple con todos los protocolos de seguridad e higiene marcados por la Xunta de Galicia, y que han sido adoptados en colaboración con el Concello. El aforo por pase será de un máximo de 80 personas, una cifra inferior a la exigida en la Nueva Normalidad, pero con la que se quiere garantizar la seguridad y comodidad de los usuarios. Las visitas se realizarán cada hora, y tendrán una duración máxima de 45 minutos, con la correspondiente desinfección y limpieza antes de dar entrada al siguiente grupo.
Se exigirá entrar con mascarilla a todos los visitantes mayores de 6 años, que también tendrán la obligación de desinfectarse las manos con gel hidroalcohólico antes de entrar al recinto. Una vez dentro, se fijarán marcas en el suelo para delimitar la distancia de 1,5m entre familias, y se establecerá un sentido único de visita. Todos los materiales suministrados a los usuarios durante el desarrollo de la actividad serán desinfectados antes de cada uso.
Regreso al contenido