As costureiras da Gándara - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

As costureiras da Gándara

PUBLICADAS
 
A COSTURA
AS COSTUREIRAS DA GÁNDARA
por Victoriano Rodríguez
 
A costura e a labor de unión de dúas ou mais telas con un fío, ben manualmente con unha agulla ou a máquina de coser.
O ser humano e o único animal racional que se viste. O arte de coser é tan antigo como a propia civilización, xa que os primitivos, tiñan que unir as peles para vestirse e abrigarse, evolucionando a través dos tempos con mellores telas e xá con certos estilos, formas, modas e adornos, de acordo as culturas e clases sociais de cada momento histórico.
A moda na vestimenta ven de tempos moi antigos, variando constantemente as súas tendencias. É condición innata do ser humano lucir vestimentas e adornos para realzar a súa estética e elegancia, diferenciar sexos, ou distinguirse socialmente: no plano relixioso, político, militar… En Exipto, Mesopotamia se confeccionaban túnicas de lino de diversos cores e debuxos. En Grecia e Roma, con lino, lana, algodón e mais tarde aplicarían a seda en certas vestimentas. Co paso do tempo foron mellorando as telas, as formas, tendencias e complementos, habendo modas de duración por xeracións e etapas históricas; o concepto de moda que hoxe prevalece, nace no Renacemento, destacando a Italia renacentista con telas e formas moi elaboradas e rechamantes, destacando o corsé nas mulleres e os homes traxes espectaculares de vivos cores e vistosos bordados; no pasado século predominou para homes a tendencia inglesa e para mulleres a costura francesa. Ca invención da máquina de coser industrial e doméstica, telas e tintes sintéticos, se abaratou e xeneralizou a produción de roupa. Hoxe en día a moda é por temporadas de cortas duracións e con variadísimas opcións de todo tipo, implantándose roupas unisex, de aspecto deportivo e económicas. A maior implantación en tempo como en uso xeneralizado son os pantalóns vaqueiros, jeans, de ascendencia dos Estados Unidos.
Aparte da confección das vestimentas, dende sempre se complementaba con todo tipo de adornos, destacando a arte dos bordados. Existen pinturas e testemuñas en escritos da Idade Antiga, onde en Babilonia, Exipto, Grecia, Roma se utilizaban os bordados a base de fío da propia tela, ou utilizando seda, ouro, prata. O Antigo Testamento se refire en varios pasaxes a existencia de bordados nas cortinas do Tabernáculo, os velos do templo e noutras citas máis.

Vestimentas medievais, ricamente adornadas con bordados da época

A civilización bizantina sería a base dos bordados na Idade Media, motivos nesta Idade de tendencia cristián, por influencia das Cruzadas, así como a partir do século XIV a utilización de abelorios de orixe arábigo. Vemos en museos elaboradísimos bordados en roupas usadas pola nobreza e o clero, e aínda hoxe podemos aprécialo nos mantóns que cobren as imaxes das Virxes nas Igrexas e Catedrais e procesións.
Usando nestas vestimentas os fíos de ouro, prata, seda, sós ou mesturados con os distintos puntos de: pasado, cruzado, de cadeneta, llano, canutillo, cordoncillo, realce a bastidor...
O sistema de bordado máis utilizado dende séculos é o de punto de cruz que pode ser de Ida e volta que remata por os dous lados, continuo para bordar cenefas, sendo moi utilizado o pespunte punto lineal.
Ante a necesidade vital de confeccionar as roupas de vestir e para usos domésticos (de cama, mantelerías cortinas...) xeneralizase o oficio de costureira, que cosería para os veciños e para súa familia. Había a costureira que se desprazaba a casa de quen demandaba o seus servizos. Recordo, sendo rapaz, que á nosa casa viña varios días a Tía Isabel de Valderrús, cunha máquina a manivela que remendaba a roupa de vestir e as sábenas, facía roupa de camas, de vestir: chambras, saias, mandiles, pañueletas, calzoncillos, pantalóns curtos con xareta, toda a roupa de meu pai e irmán para telleira... Antes ía noso pai no carro a Vila, os comercios de Salcidos Hnos. Os Manuelóns ou do Os Roubados, Los Muchachos  Pacheco... a buscar o mahón, a pana, o panocrú, o dril e outras telas. Destes comercios de telas era de onde se surtían as costureiras. Para facer as chaquetas e roupa de domingar íamos a Jaime O Coxo no Muro, a Pácifico na Guía, xastraría Celso, Agustín Cadilla...


A figura da costureira a domicilio era pouco habitual na nosa zona, tal vez debido a cercanía das moitas existentes que traballaban nas súas casas cara o publico.
Na era industrial, ca aparición da máquina de coser doméstica e a súa implantación xeneralizada cambiarían as formas lentas e laboriosas da confección e bordados das roupas, por outros máis rápidos e cómodos.
En 1790, Thomas Saint inventa unha rudimentaria máquina de coser que sería modificada e mellorada por Isaac Merrit Singer en 1850, 6 adaptarlle o sistema de agulla vertical con movemento alternativo. As funci6ns e calidade das máquinas foron en constante progreso, desde simples máquinas que só cosían a manivela, pasando a dedal, bordadoras, eléctricas, semiautomáticas, mixtas, industrias... e hoxe guiadas por ordenador.


As costureiras eran persoas moi habilidosas que, dende remendar e facer simples pañueletas, confeccionaban todo tipo de roupa a medida, chegando a facer os traxes de noiva (que eran azul mariño ou negro) das mozas do pobo ata mediados do pasado século. Para os traxe de home  íase a Vila, onde había boísimos xastres.
A casa-taller da costureira profesional acudían as mozas do pobo en xeral, a aprenderen o básico deste oficio, para exercer en uso propio no seu futuro fogar, entre as función destas ensinanzas era facer o ajuar (roupas de cama e mantelerías bordadas...) para a futura casa.
Estes lugares tamén servían de reunión social para as mozas, onde comentaban os temas propios da idade: das festas, cos mozos que bailaran, das orquestas; comenta Ovidia que os luns era día de penas e alegrías: unhas habían logrado ligar o mozo que lle botaran o ollo, outras non o conseguirían e, en casos, que algunha quitarallo a outra. Escoitar a radio na costura era de gran satisfacción: os discos dedicados, as radionovelas, os consellos de Doña Elena Francis...
As costureiras e modistas profesionais dispuñan das mellores máquinas de coser, as que lles adaptaban complementos, e ían cambiando por modelos mais avanzados, aínda que sempre con gran nostalxia e cariño para a anterior (en algúns casos herdadas de súas nais.) Puiden observar con a paixón con que te falan da súa primeira máquina, conservada como una reliquia. Dicir que os materiais e mecánica das máquinas de coser era de altísimacalidade. Consérvanse impecables as primeiras Singer, Sigma... Pero a mais popularizada foi a Refrey, tanto en profesionais como en uso doméstico, tal vez pola cercanía da súa fabricación en Vigo. As marcas das máquinas, impartían cursillos do seu funcionamento e coñecementos de confección aos compradores.


Mozas da Gándara en 1963 aprendendo o elemental do arte da costura no taller de María Celeste Vicente,
Leste, filla de Perfecto, para despois utilizaren no seu fogar. Pura (irmán de Leste,) Carmen de Celso, Leste
na máquina, Paulina de Celinda, Vina da Tía Conceución, Paulina de Nieves e Ofelia de Pereira.
 
Fora famoso na Guarda, o establecemento de KINA representante da marca Refrey, onde aos compradores (mulleres)se impartian os cursillos de manexo da máquina e nocións de cosido e bordado.
As costureiras que cosían para o público aprenderan o oficio de diversa maneiras: das súas nais, doutras costureiras, a través de cursos en academias, impartido polas marcas das máquinas, por correspondencia, revistas... pero sempre perfeccionando os seus coñecementos a través da práctica diaria.
Pódese definir en distintas modalidades este oficio:
Costureira remendona: remendaba as roupas, arranxos en xeral e facía prendas sinxelas, como xarjóns, chambras, saias, mandiles pañuelos e pañueletas ...
Costureira: remendaba, facía arranxos e case que todas las prendas de uso diario, excepto algunhas como chaquetas e traxes de homes.
Modista: dentro do corte e confección, dominaba o patronaxe: Tomaba medidas e realizaba os patróns en papel, para despois cortar as telas a coser. Facía todo tipo de vestidos e traxes de noiva.
Bordadoras: dominaban o arte do bordado. Bordaban roupas de cama e mantelerías, e os adornos e remates dos vestidos que realizaban as modistas.
Estas distintas artes da costura, podían ser exercidas solas ou en conxunto pola mesma persoa.


Prendas bordadas a man polas alumnas asistentes ao cursillo de bordado da A.VV. O Percamino en 2008. (Foto Vitoriano)

Ca industrialización, diseño e fabricación asistida por ordenador, a confección resultou mais económica e variada, tendendo a desaparecer a demanda das costureiras, modistas e bordadoras, quedando na actualidade moi poucas, que simultánean a costura tradicional con a confección en serie de prendas para marcas comerciais.
COSTUREIRAS–MODISTAS–BORDADORAS DE A GÁNDARA

Ordalia Portela (1916-2005).
Comezaría de costureira aos 17 anos en 1933, cosendo hasta 1981, traballaría na súa casa da Carreira, confeccionando toda clase de roupas de cama e de vestir, incluso vestidos de noiva e abrigos. Súa filla María Teresa Vicente Portela aprendería con ela, máis con Celeste, ademais de cursos de Corte y Confección no establecemento de KINA de A Guarda, traballando con súa nai Ordalia no taller de costura do seu domicilio.

Ordalia Portela cas alumnas da Gándara que iban aprender a coser ao seu taller de costura: Irene, M. Teresa (filla),
Carmen de Matilde e Chita do Canario, no medio seu fillo Rafael. Foto aportada por M. Teresa.
 

Maquina de coser a manivela, unha das primeiras utilizada por Ordalia. Propiedade de M. Teresa. Foto Vitoriano.

Erundina González Álvarez- Tía Erundina. (1911-1986)
Cosería na súa casa, que estaba entre a casa da Tía Matilde e a tenda de Félix. Faía todo tipo de prendas, deixando esta labor por 1980. Con ela aprendería entre outras: Elena filla do Tío Abilio, que con o tempo se establecería como bordadora na Gándara.

 
Á esquerda: subida e entrada a costura da Tía   Erundina por 1960. Á dereita: Erundina Gonzáles Álvarez   en 1976.
  
Catalina Silva González (23/11/1916 – 17/05/2003).


Catalina Silva González, costureira, modista e tendeira
 
Exerceu o oficio de costureira/modista na súa casa da Gandradarriba, cosía todo tipo de roupas, dominaba o patronismo e xa faía vestidos de noiva e para primeiras comunións en branco, compartindo esta actividade coa tenda de ultramarinos que tiñan na propia casa. Inicíarase neste arte con a Tía Erundina e perfeccionaríase en corte de traxes de noiva e primeira comunión con Elisuca da Guarda, para a que despois confeccionaría ese tipo de prendas. Traballaba con unha maquina de coser Refrey. Deixou a actividade a mediados dos noventa.
Domitila González Carrera Tila. (1927- 1972)
 
Domitila González Carrera Tila en 1958, enseñando a bordar a mozas do pobo, nos patins da casa da súa nai Tia Rosalia na Cunchada
Tila en 1956, con súa flamante máquina de coser Refrey, diante do canizo da súa nai Tía Rosalía na Cunchada, con Dina e Estela.

Comeza Tila a coser con a máquina de súa nai Tía Rosalia, na Cunchada e no lugar de Villa no Rosal. Cásase en 1958 con Vicente O Ferrador, pasan a vivir para A Gándara na rúa Redondiña, onde Domitila cosería de 1963 ata 1971, falecendo nova, en xaneiro de 1972, con 45 anos de idade.
Cosía todo tipo de prendas, dominaba o patronaxe e facía vestidos de noiva. Tiña dúas máquinas Refrey, unha normal e outra de coser e bordar. Fixera en 1953 un curso de corte e confección na academia de Nieves Ribeiro de Vigo que a titulaba para dar clases nesta especialidade.

Titulo otorgado a Domitila González, Tila , de maestra modista en Corte y Confección en 1953
 
Avelina Adrover Díaz A Conda. (1932- 2014).

Avelina Adrover Diaz A Conda
 
Aprendera a coser en Vigo onde vivira de rapaza. Cásase con Rafael Santiago da Gándara para onde virían a residir, curiosamente para a casa onde vivira outra gran costureira: a Tia Erundina. Exerce nesa casa
o   oficio de costureira/modista na década dos sesenta/setenta hasta que pasan a vivir para a Praza do Reló da Guarda, onde seguiría ca súa profesión ata principios do 2000. Confeccionando todo tipo de prendas a medida, mesmo chaquetóns e abrigos.
Nos seus comezos, como non dispoña de máquina de coser, ía a coser a aquelas casas que dispuñan dela. Despois mercaría unha máquina Refrey, que mais adiante e debido a gran demanda de traballo que tiña, a transformaría a motor. No seu taller da Gándara sería lugar de aprendizaxe das mozas do pobo, recibindo incluso clases Celeste Vicente Leste, que posteriormente montaría o seu propio taller de costura nas Patas.


Na actualidade, vivenda onde viviran e traballaran de costureiras Tia Erundina e Avelina
 
María Celeste Vicente González, Leste (28/10/1942 –07/04/2008)

1964. María Celeste Vicente González Leste, no seu taller de costura,nas Patas, rodeada de mozas da Gándara, que iban aprender a
coser e facer o ajuar para seus futuros fogares. Pola esquerda: Paulina de Celinda, Carmen de Modesto, Pura de Perfecto, Carmen de Celso,
Paulina de Nieves, Ofelia de Pereira e Vina da Tía Conceución
 
Aprendera o oficio de costura, con Avelina A Conda e con Mucha na rúa Cervantes de modista, ademais no tempo que estivo en Ferrol fixera Corte e Confección.
Montaría o seu taller de costura, no baixo da casa de seus país nas Patas en 1962, dedicándose a esta labor hasta principios da década dos setenta. Como noutras costuras da época, era lugar onde ían as mozas a aprender os coñecementos básicos e facer os ajuares para seus futuros fogares, tamén lles servía de esparcemento, onde escoitaban con gran paixón as radionovelas e comentaban temas das festas e dos mozos.
Ovidia Pérez González.

Á esquerda: Ovidia Pérez González no seu taller nas Cachadas, con a súa inseparable Refrey
Á dereita: Ovidia, probándolle o vestido a Sra. Manola de Tabagón Dos Barriles

Nace Ovidia o 1 de Abril de 1936. En 1955 realiza un curso de Corte e Confección por correspondencia, posteriormente asiste a clases nunha academia en Madrid titulándose nesta especialidade. Instala o seu taller de costura en 1956, nos baixos da casa de seus país nas Cachadas, traballando activamente hasta os anos noventa.
Comeza con a máquina Singer de súa nai Consuelo, máis adiante os seus país Manolo e Consuelo,  cómpranlle unha Refrey que solo cosía, a que co tempo adáptanlle un dispositivo para facer festón, zig-zag, oxales, follas e bordado... Aínda que domina o patronaxe, por experiencia, media e cortaba directamente sobre as telas. Confeccionaba faldas plisadas.
Como era habitual nesa época as mozas ían aprender os locales das costureiras–modistas– bordadoras do lugar, polo taller de Ovidia pasaron moitas mozas de Pías, A Gándara ,Salcidos, A Cunchada...a formarse nestes labores. Na actualidade aínda sigue facendo labores, para uso propio, e admira a súa Refrey de “toda a vida”, que non a cambiaría por unha das modernas.

Elena Rodríguez González.

Á esquerda: Primeira máquina de coser e bordar de Elena do ano 1957 que ainda conserva e utiliza para as súas labores particulares(foto enviado por Elena dende Vitoria).
Á dereita: Segunda maquina de coser e bordar de Elena

Nace o 4 de decembro de 1941, dedicándose na especialidade de bordadora nun local anexo a casa de seus pais (Tío Abilio e Tía Isaura), comezando en 1958 e deixando a actividade na Gándara por 1963, aínda que seguiría co a súa actividade en Camposancos e no Pais Vasco ata o ano 2000. Aprendería o oficio con Tía Erundina e con KINA da Guarda. Era das poucas bordadoras da zona, polo que as modistas locais levaban os vestidos que confeccionaban a engadirlle os bordados ao taller de Elena, ademais de bordar as sábanas e manteis a man e a máquina. Como a maioria dos locales de costura era lugar onde ían as mozas a aprender, e as tertulias de mocedade, A Chiña de Teodora, Saladina e Libia de tía Oliva, Delfina de Freilón... Dispuxo dunha primeira máquina de coser normal, comprando despois una Refrey especial para bordar.

María Gloria Guisantes Rabelo.

 
Nacida na Guarda en 1955, iníciase na costura aos 13 anos na súa casa, da man da súa nai que era costureira, Josefina Rabelo Das Faras.
En 1976 cásase con Marcial Martínez Vicente de Pintán onde se establecería como modista e bordadora na súa casa, confeccionando todo tipo de vestidos: roupas de bebé, traxes para festas e bodas, traxes de noiva e de primeiras comuniós, vestimentas para grupos folclóricos, bordados a man... Ao mesmo tempo facía para unha tenda de decoración: cortinas, estores, colchas, fundas... O último traxe de noiva que confeccionou foi para o casamento da súa filla María. Tivo tres máquinas de coser: Singer, Sigma e Refrey. Tería que abandonar toda esta actividade en 2013, por enfermidade.
Ofelia Pereira González.


Nacida na Gándara en 06/05/1949.
Aprendeu o oficio de modista na academia de Corte y Confección NENITA no Coruto e de bordado no taller de Celeste Vicente Leste. Dominaba o patronaxe.
Comezaría a coser de modista en 1973 na súa casa na Gándara, con a máquina de súa nai Isaura, adquirindo mais tarde unha Refrey semiautomática, confeccionando todo tipo de roupas, en especial vestidos de muller e prendas para marcas como Pili Carrera, Adolfo Dominguez, Creaciones FOQUE, Gene Cabaleiro... Deixaría esta actividade en 2006.




María Cividanes Alvarez.

Maria Cividanes no seu taller de costura na Bisorca, con o Monte Trega ao fondo, en Xulio de 2015 (foto Vitoriano)

Nacida en 1959, se instala de modista en 1980 na súa casa da Bisorca. Aprendeu o oficio con Ovidia das Cachadas e sacaría o título de Corte e Confección na academia CEBEM de Vigo, ademais un curso de bordado con KINA de A Guarda.
Comezaría con a máquina de coser Singer da casa, comprando máis adiante unha Refrey e na actualidade dispón dunha Brother automática industrial.
Comeza facendo costura en xeral para ó público; no ano 2000, xunto con outras modistas forma unha sociedade na que confeccionarían traxes de noiva para comercios desta especialidades e traxes rexionais Mais tarde sigue de modista en xeral, compartindo a costura cara o público ca confección de prendas para as firmas: Adolfo Domínguez, Zara, Prenatal, Corte Inglés... actividade que sigue realizando na actualidade. Sendo unha das poucas costureiras/modista en activo na Gándara cara  ó  público.
 
María Teresa Soutos Álvarez, Marité.


Nacida o 1 de xulio de 1958 en Tomiño, comeza o aprendizaxe do oficio con súa nai Flora aos 12 anos na casa, en Estás.
Casa con Florindo Lomba de A Gándara en 1986, onde instalaría o su taller de costura na súa vivenda das Patas, dedicándose ao público en todas as variantes de este oficio: costureira, modista, bordadora a man e a máquina, destacando na confección de traxes rexionais para os grupos folclóricos locais: Xamaraina, Boalleira, Churumbelas..., para os desfiles do Monte e eventos de realce do traxe galego, pertencendo dende o ano 2007 a Asociación pola recuperación do Traxe Galego de A Guarda.
Comezaría con a máquina de súa nai, despois compraría unha máis moderna, na actualidade dispón dunha Alfa semi-industrial. Xunto con M. Cividanes, son as dúas que actualmente cosen para o público.


Grupo de Gaitas A Boalleira da A. VV O Percamino de A Gándara, vestindo traxes tradicionais populares
confeccionados por Marité. ( Foto Vitoriano)
 
Que este escrito sirva de homenaxe a todas as mulleres que se dedicaron a este nobre oficio da costura no noso pobo.

Victoriano Rodríguez
Gándara, xullo de 2015
Regreso al contenido