Ayuntamiento Constitucional de A Guarda (continuación) - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Ayuntamiento Constitucional de A Guarda (continuación)

ARQUIVO

La Junta del Reyno de Galicia decreta un Bando con data 21 de xuño de 1808.

BANDO
El Reyno por decreto del día de ayer, acordó, en representación de su Monarca el señor Don Fernando VII, preso y detenido en Francia, se le dé el tratamiento de Alteza. Lo que avisa á V.S., para su noticia, y que comunique esta resolución aquien corresponda.
Reyno de Galicia 21 de Junio de 1808. Fdo: El Conde de Sismonde; Josef de Quiroga y Quindós; Domingo Velado de Largaxío.
Constituíse en Santiago o Batallón Literario, formado por estudantes universitarios co obxectivo de loitar contra as tropas francesas. O xefe era don Ignacio Armada Montenegro, marqués de Santa Cruz de Rivadulla. A primeiros de xaneiro de 1809 comeza a invasión de Galicia por parte das tropas francesas ó mando dos mariscais Soult[1] e Ney[2]
O 30 de xuño de 1808 o pobo da Coruña maniféstase contra a ocupación francesa, asaltando o parque de artillería, levándose os fusiles e municións. O día seguinte en Santiago, o pobo encheu a praza do Obradoiro, constituíndose mais tarde La Junta de Armamento y Defensa. O 30 de decembro de 1808 comeza a retirada dos dous exércitos ingleses en Galicia. O exército mais numeroso estaba o mando do xeneral Moore[3], e o 2º exército ó mando dos xenerais Crawford e Von Alten que embarcan en Vigo, mentres o xeneral Moore trata de embarcar cas tropas no porto da Coruña.
O 16 xaneiro 1809, ten lugar a batalla de Elviña, enfrontandose os exércitos inglés <> español contras os franceses, cando defendían A Coruña para gañar tempo con que embarcalos ingleses, o xeneral Moore falece desangrado debido a unha gran ferida no brazo.
No día seguinte embarca o resto do exército inglés chegando as costas de Inglaterra o día 21. As tropas francesas apodéranse de Santiago, de Padrón, Caldas de Reis e no 22 Pontevedra.
1 xaneiro 1820, comeza o Trienio Liberal ca sublevación do xeneral don Rafael del Riego y Núñez[4], triúnfa a sublevación e procédese a restauración da Constitución[5].
Fernando VII non ten mais remedio que acatar a Constitución. En 1823 a Santa Alianza[6], acorda enviar a España un exército francés de 130.000 homes[7] que se pasean por toda España devolvendo o poder absoluto a Fernando VII “El Deseado”.

D. Rafael del Riego y Núñez.
D. Rafael del Riego foi – segue sendo – un dos grande mitos dos españois como martir da libertade. Como heroe tivo un sin fin de cancions, romanceiros e sobre de todo un himno a el dedicado a seu nome “ O Himno de Riego” que foi adoptado como Himno do Estado en substitución da Marcha Real.
“Soldados, la Patria
nos llama  a la lid.
Juremos por ella
vencer o morir…”
Os liberais premen ó rei para que asine un Manifiesto de aceptación da Constitución en marzo de 1820.

Folleto entregado en man aos paisanos do Baixo Miño.


Copia do Manifesto asinado por Fernando VII enviado a tódolos Ayuntamientos Constitucionales y Jurisdicionales de España.


[1] Jean de Dieu Soult 1769 – 1851.
[2] Michel Ney, 1769 – 1815. Coñecido como el mas valiente de los valientes en Francia.
[3] John Moore Simson nado un 13 de novembro de 1761, finado na Coruña un 16 de xaneiro de 1809.
[4] En Cabezas de San Juan. (Sevilla) Nado en Asturias en 1785 e falecido en Madrid en 1823.
[5]La Pepa” de 1812.
[6]  Francia, Austria e Rusia.
[7] Coñecidos como “Los Cien Mil Hijos de San Luís”.
Regreso al contenido