Ayuntamiento Constitucional de A Guarda (continuación) - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Ayuntamiento Constitucional de A Guarda (continuación)

ARQUIVO
O Gobernador<>Xefe Político da provincia emite distintos Oficios aos Concellos para marcar a censura de prensa e de calquera publicación, apróbase un novo Plan de Estudios nas Universidades, comeza unha represión feroz sobre calquera intento de sublevación, ca complacencia de Fernando VII no exército francés[1] que permañecerá en España durante varios anos mais, co fin de protexer os intereses do rei, pagados cos cartos dos paisanos…
Substitución da Milicia Nacional [2]por outro corpo chamado  Voluntarios Realistas[3], e comezo das sublevacións carlistas a partir da promulgación da Pragmática Sanción de 1830, que permitiría suceder a Fernando VII a súa filla, futura Isabel II, contra as lexítimas aspiracións do irmán do rei D. Carlos María Isidro de Borbón, herdeiro lexítimo da coroa segundo a Ley Sálica.
A morte do rei Fernando VII o 29 de setembro de 1833 ( que non quixo derogar a Pragmática) truxo consigo o nomeamento da reina Isabel II[4], e as tres Guerras Carlistas que tanto desangraron a España.  
Créase a Vigilancia Pública que era unha auténtica Policía Real de Fernando VII por toda España, a partir do 8 de xaneiro de 1824, sendo escollidos aqueles elementos mais radicais do absolutismo, ca única finalidade de perseguir, deter e investigar a todas aquelas persoas de pensamento liberal, utilizando calquera clase de medios ou artimañas.
O primeiro Intendente de Vixilancia Pública en Galicia foi D. Pedro Regalado Magdalena que tomou posesión o 8 de abril.
Estas eran as ideas do Intendente chegadas ao Ayuntamiento Constitucional de la Guardia y su Jurisdición:
[...]...La España, modelo de fidelidad a sus reyes y señores, y católica por excelencia, fue presa de los llamados filósofos, que con el mentido título de ilustración, querían privarla de su Religión Santa, de su rey y de su sosiego...

Bandeira oficial do Concello de A Guarda
E unha vez mais o Concello Guardés <> O Rosal[5] non ten mais remedio que acatar as órdenes transmitidas polo Gobernado civil:
... en cumplimiento de lo mandado por la Real Cédula de S.M. y Sres. del Consejo de diez y siete de Octubre de mil ocho cientos veinte y cuatro, por la cual se sirvió S.M. fixar las reglas que deben observarse para la elección de Alcaldes ordinarios y demás Capitulares y oficiales de los Ayuntamientos y acerca de los sugetos que sean de providad y amantes del Gobierno Monárquico, conducta moral y política, su idoneidad, opinión pública que gocen y libres de toda tacha legal: acordaron uniformemente proponer tres individuos en cada uno de los expresados oficios para servir en el año próximo venidero de mil ocho cientos treinta y dos en la manera siguiente:
Acordaron uniformemente proponer tres individuos en cada uno de los expresados oficios para servir en el año próximo venidero de mil ocho cientos treinta y dos en la manera siguiente:
Para Alcalde: Bernardo Villa, vecino de la Parroquia de San Juan Bautista de Tabagón: José Álvarez, mayor de la de San Miguel de Tabagón y a Roberto Antonio Álvarez de la misma.
Para primer Regidor: José Manuel Sobrino vecino de esta mencionada Villa: Benito Sobrino de esta Villa de la Cruzada y a José Vicente de Sobrelavilla.
Para segundo Regidor: José Rafael Español: Jacinto Vicente Minguillo: y á Francisco Benito Portela, todos vecinos de la Parroquia de San Lorenzo de Salcidos.
Para tercer Regidor: Juan Francisco González Carril de Marzán: Juan Francisco Fernández: y á Laureano Rodríguez uno y otro del mismo Barrio, y todos de la Parroquia de Santa Marina del Rosal.
Para cuarto Regidor: Domingo Martínez, da Carrasca: Manuel Álvarez de Fornelos y a José Dorna de Martín: todos de la Parroquia de Santa Marina del Rosal.

Selo de caucho do Ayuntamiento Constitucional del Rosal, maio de 1896.

Para quinto Regidor: José Carrera de Valdemiñotos: Juan Blanco: y Vicente Blanco: todos de la Parroquia de San Miguel de Tabagón.
Para el primer Diputado: José Benito Rodríguez alias Verdello: Francisco María Rodríguez: y Bernardo Rodríguez alias también Verdello: todos vecinos de esta referida Villa.
Para segundo Diputado: Francisco Pérez da Lomba: José Pérez de Fornelos: y á Juan Francisco Villa de Ferreyros: todos de la Parroquia del Rosal.
Para Sr. Síndico de la Villa: Francisco Álvarez: Benito Ramón Rodríguez: y á Francisco Salcidos: todos de esta vecindad de la Guardia.
Para Sres. Síndicos de la Jurisdicción: Domingo Carballo: y Froylán González de la Parroquia de las Eyras: y á Julián Martínez Pallares: de la de San Juan Bautista de Tabagón.

[1] Os 100.000 hijos de San Luís.
[2] Organización de cidadás armados, similar a unha Garda Nacional, Milicia Urbana ou Garda Cívica. Con grande protagonismo nas revolucións liberais europeas e americanas.Para os liberais españois representaba a base organizativa do Estado participativo de cidadáns armados (fora do exército e da policía), con capacidade para controlar as autoridades, se estas se saían do mandato Constitucional. Era, nunha palabra, a “Virtud Cívica” incorruptible e invencible.
[3] Creada por Fernando VII un 10 de xuño de 1823. Seu obxectivo era evitar o restablecemento de gobernos constitucionais ou liberais. Composto por elementos intransixentes do mais rancio absolutismo. En 1826 tiña mais de 100.000 elementos armados e outros tantos a expectativa. Foi disoluto en 1833, pasando unha grande parte destes elementos aos carlistas, o non admitir o talante de Isabel II.
[4] Como era menor de idade foi nomeada Reina Rexente súa nai dona María Cristina de Borbón – Dos Sicilias que se serviu dos liberais por iso os Voluntarios Realistas de Fernando VII se pasaron logo aos carlistas.
[5] Sesión do 1º de outubro de 1831.
Regreso al contenido