Biblioteca - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Biblioteca

ARQUIVO
"Marcas e siglas dos mariñeiros da Guarda" de Agustín Ferreira Lorenzo



146 páxinas. Fotografías a toda cor.
Ano publicación: 2020
Un exahustivo estudo e recopilación das marcas que utilizaban os mariñeiros da Guarda para sinalar a propiedade das súas pertenzas. O sistema de transmisión das marcas e un recopilatorio daquelas que se utilizaron pola comunidade mariñeira ata que foron sustituídas polo nome, apodo ou siglas dos propietarios, recollense nesta publicación que contou, para a súa edición, cos apoiuos da Asociación Naturalista Baixo Miño (Anabam), e da Asociación Cultural de Embarcfacións Tradicionais (Piueiro), e unha subvención da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 2021.
Este libro contribúe a preservar unha parte importante do patrimonio inmaterial da Guarda
“De Oporto a Santiago. Por el Camino Portugués de la Costa”, de Jesús Ángel Yela Gómez

366 páxinas. Fotografías en B/N.
Ano publicación: 2019- AACHE Ediciones.
Jesús Ángel Yela Gómez (1949), natural de Guadalajara, foi dos primeiros peregrinos que percorreu o Camiño Portugués da Costa. Despois de realizar diferentes itinerarios, saíu de Porto con destino a tumba do apóstolo, aínda que coa dúbida constante de se ía a axeonllarse diante de Santiago ou de Prisciliano. Só cando chegou á catedral de Compostela o seu corazón resolveu aquela dúbida. A experiencia daquela peregrinaxe, realizada en 2010, plasmouna en “De Oporto a Santiago. Por el Camino Portugués de la Costa”, no que xunto a persoaxes reais, con nomes ficticios, aparece algún peregrino que só o acompaño no maxín, necesario para compartir as inquedanzas que a veces o arrincoaban na soedade e no silencio.
Salcidos en Branco e Negro. Álbum fotográfico da parroquia de Salcidos I”, de Antonio Fontenla Martínez e outros

192 páxinas. Fotografías en B/N
Ano publicación: 2017
Estamos diante dun deses libros nos que prima a fotografía agarimosa e explicativa; que non precisa de palabras para describir escenas, acontecementos, costumes; a vida en definitiva dunha parroquia que recupera a memoria. Unha obra colectiva que o autor (autores) achega como testemuña de tempos pasados, de xentes e persoaxes que construíron unha parte do rural guardés e levantaron, para mellor, os cimentos sobre o que hoxe é San Lourenzo de Salcidos. É tamén esta unha publicación que para os que xa temos uns poucos de anos énchenos de nostalxias, de miradas atrás, de recordos dun tempo xa vivido que non quixéramos perder, pero que tampouco polas penurias desaxamos que regrese. Un tempo contradictorio.
“Salcidos en Branco e Negro. Álbum fotográfico da parroquia de Salcidos” de Antonio Fontenla Martínez e outros

192 páxinas. Fotografía en B/N
Ano publicación 2019
Continuando a liña do primeiro “álbum”, recopílase neste segundo libro un importante número de fotografías de veciños de Salcidos, pero tamén se incorporan interesantes páxinas biográficas dalgúns deses salcidenses que pola súa popularidade, traballo social ou profesional deixaron a súa impronta na memoria colectiva.
Ademais das fotografías de personaxes locais, hai outras nos que os veciños móstranse en determindos acontecementos, sexan festas, traballos no campo e mesmo na telleira que nos lembra que esta parroquia foi unha das zonas que máis contribuíu á producción de tellas e ladrillos nas “cabaqueiras”. De fácil e amena letura, “Salcidos en Branco e Negro” salva para as xeracións vindeiras aqueles homes e mulleres que contribuíron a “crear” pobo.
“Poesías”, de Juan Bautista Alonso

 
256 páxinas.
Reedición do concello da Guarda, 2001
En 1834 Juan Bautista Alonso Español publicaba “Poesías”. Seguindo ao profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro, que escribiu o limiar da reedición, “Poesías” é a única obra en verso do ilustre avogado nado en Salcidos en 1801. Consta de catro partes: Odas, Romances, Sonetos e Letrillas, anacreónticas, cancións, una producción con influencias neoclásicas de Anacreonte, Ovidio, Virxilio, Horacio, Catulo, Tibulo e Propercio, así como  de Frei Luís de León, Garcilaso, Lope de Vega e Góngora, e más preto de nós, de Meléndez Valdés.
Como poeta do amor, en Juan Bautista Alonso, achamos a miúdo latexos emocionantes, verdadeiros e fondos.
Maruxía” de Francisco Álvarez, Koki


Poemario. 58 páxinas
Editado polo co ncello de Tomiño. 1989
“Na miña praia, só viven as saudades / os aloumiños e os bicos que te din / Hoxe presinto...” Así comeza o primeiro dos poemas de “Maruxía”, edición do autor (1987), finalista no II Certame da Casa Cultural Dominicana e reeditado polo concello de Tomiño (1989). Con portada de Alicia Alonso e Limiar de Eliseo Alonso, “Maruxía” recolle distintas composicions de verso libre, dedicadas cada unha delas a alguén relacionado co poeta. Son poemas que xurden da intimidade descarnada do autor que teñen como nexo común o mar da Guarda, aquel mar que cantara moitos anos antes Feliciano Rolán a cuxa memoria dedica Koki “Maruxía”.
Os Bolechas queren saber… como vivían no castro do Trega
de Pepe Carreiro



32 páxinas. Debuxos a cor
Publicado en 2009
Trátase dunha publicación dirixida ao público infantil con textos sinxelos, pero ben explicados, e debuxos en consonancia con eses textos.
Un libriño para introducir, doadamente, aos máis pequenos nos inicios da historia da Guarda, trasladando aos lectores á época castrexa: ás formas de vida, os animais que se utilizaban nos labores domésticos, a producción, ás vivendas, os adornos, as crenzas, os menciñeiros... Sen lugar a dúbidas un bo comezo para motivar á lectura e introducirse no coñecemento das orixes do noso pobo.
E se se ten a oportunidade, o mellor proveito da lectura faise mentres se visita o poboado castrexo de Santa Trega e se completa a estadía achegándose ao museo arqueolóxico.
El canto del sentimiento”, de Chuny Vázquez


82 páxinas. Edición da autora. 1987
Terceiro libro de poemas da autora guardesa, con portada e ilustracións interiores da propia poetisa, tamén pintora, quen nos explica no Prólogo que “El Canto del sentimiento”: “es un conjunto de poemas que giran en su mayoría alrededor del amor en todas sus vertiente; sin discriminación ni deslealtad hacia las distintas tendencias que en este campo existen.
Es mi mano estrechado todas las manos, ante la mirada del mundo; es una revolución frente a la mediocridad de tiranas ideas; es un paso más hacia el triunfo de que el amor seguirá floreciendo de corazón a corazón, porque es un sentimiento libre, sensible y hermoso.”
Más allá de las metas. La azarosa vida de un estudiante”, de Generoso Álvarez Seoane

 
220 páxinas. Fotografías en B/N. Edición do autor. 2015
Se narran de manera sucinta en este libro, algunas de las numerosas vicisitudes por las que ha pasado el autor en su vida de estudiante, desde los años 20 del siglo pasado, hasta comienzos de los 80.
Podemos decir que empezó la “azarosa vida” con la dictadura del general Primo de Rivera, en el reinado de Alfonso XIII, bisabuelo del rey actual, continuando durante la Segunda República, la Guerra Civil de 1936-1939, la dictadura del general Franco…, terminando con los primeros balbuceos de la Democracia, pocos días después del golpe de Tejero en el Congreso de los Diputados, en el año 1981. Tiempos muy duros, con muchos sacrificios e inquietudes. En diversas ocasiones las dificultades parecían insalvables, pero, como suele decirse, “valió la pena”.
Talasonimia da costa sur de Galicia”, de Xosé Lois Vilar Pedreira.

 
Publicación do Instituto de Estudos Miñoranos
264 páxinas. Foitos a cor e B/N. 2008
Trátase dun deses libros imprescindibles para coñecer “o noso”. Para situar os topónimos os autores empregaron 58 fotografías correlativas desde Patos, en Nigrán, ata Camposancos, na Guarda sobre as que situaron eses topónimos.
“O lector ten nas mans una extraordinaria contribución ao coñecemento da cultura tradicional mariñeira. En rigor trátase de dúas contribucións, estreitamente relacionadas máis diferentes. A primeira é a publicación de parte dos resultados dun pormenorizado traballo de campo que recolleu in situ, directamente da boca dos informantes locais, toda a toponimia da parte más meridional da costa galega. A segunda é a edición dun documento excepcional: a caderno de marcas de Selegante”. (Gonzalo Navaza)
Gallaecia. Actas do 1º Congreso”. Varios autores
 


 
320 páxinas. Fotografía en B/N
Editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.1990
Recolle 23 ponencias con temática que vai desde a arqueoloxía á etnografía, pasando pola historia, a literatura, a antropoloxía e o patrimonio, presentadas no 1º Congreso Gallaecia, celebrado en novembro de 1989, organizado polo Concello da Guarda.
Autores tamén diversos: Antonio de la Peña Santos, que escavou en Santa Trega; Xoán Martínez Tamuxe, estudoso do Baixo Miño; Eliseo Alonso, literato e etnógrafo; Fernando Alonso Romero, con interesantes traballos sobre etnografía; Ernesto Iglesias Almeida, profundo coñecedor da comarca; Xavier Costa Clavell, para que a literatura non tiña segredos… En resume, nomes que “saben do que falan” e que nos achegaron algúns dos coñecementos cos que desfrutaban.
La emigración guardesa a la República Dominicana (siglos XIX y XX)”, de Joaquín Miguel Villa Álvarez

84 páxinas. Fotografías en B/N
Edita Concello da Guarda. 2005
En novembro de 2005 A Guarda e Santo Domingo irmanáronse con sendos actos promovidos desde as respectivas institucións locais. O autor deste estudo ilústranos sobre a presencia dos guardeses desprazaos, como emigrantes, á República Dominicana na procura dun mellor futuro para eles e para as súas familias, deixando tamén en moitos casos a súa impronta e bo saber facer naquel país que os recibiu. “Este estudio que aquí presentamos pretende ser un pequeño acercamiento a la singladura de los guardeses que vinieron a parar a este país después de su independencia en 1844, siempre dentro del conjunto de los demás españoles y gallegos que llegaron hasta esta nación caribeña.” (Joaquín Miguel Villa Álvarez)
“Gameleiros”, de Manuel Álvarez e Miro Villar

124 páxinas. Fotografía B/N. Edicións Xerais, 2002
Gameleiros é a imaxe dos mariñeiros da Guarda representados por 28 personaxes locais, que faenaban, e faenan aínda algúns (outros xa non está entre nós, ou están xubilados), a bordo das gamelas, a embarcación tradicional da Guarda.
Manuel Álvarez é o autor da fotografías e Miro Villar, responsable dos textos, textos poéticos nos que se reflicte a alma dos fotografados.
Son fotos persoais, fotos sen vestimentas de exhibición. O fotográfo tentou reflectir a realidade duns homes tal e como se presentan logoda largar as redes ou de subilas a bordo. Rostros curtidos polas sales e auga marcando relevos nunha pel traballada desde o comezo da mocidade.
Regreso al contenido