Capilla domiciliaria - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Capilla domiciliaria

PUBLICADAS
Capilla domiciliaria
por Victoriano Rodríguez

Capilla domiciliaria ou veciñal, tamén chamada «o santo», «a santa», ou polo nome das imaxenes relixiosas presentes, como a Sagrada Familia, «a Dolorosa», «a Fátima»… Son unhas hornacinas imitando a pequenas capelas de madeira protexidas cun cristal, con dúas portiñas aproximadamente de 25 x 50 cm, que albergan no interior a imaxe dun santo, dunha Virxe ou un conxunto, como a Sagrada Familia.
 

Capillas domiciliarias que recorren casas na Gándara. A esquerda a da Sagrada Familia e na dereita a da Virxe Milagrosa

Estas capillas portátiles recorren os domicilios das persoas que figuran nun listado que normalmente está nun lateral da mesma, permanecendo nesa casa vintecatro horas, o cabo dese tempo e transportada por un membro da familia ao seguinte domicilio, que normalmente son entre 25 e 30, para que coincida a rotación unha vez ao mes na mesma vivenda;  aínda que esa era a norma, na actualidade en moitos caso está máis tempo a capilla nos fogares, xa que van indo a menos os inscritos, ao non facérense cargo da continuidade as novas xeracións.
A capilla con súa imaxe é colocada nun lugar destacado da casa a modo de altar, para que protexa ao fogar e seus moradores, onde é venerada, se lle acende unha vela, se reza algunha oración, e nalgúns casos (xa poucos) a familia reza o rosario.

Á esquerda, Lito, veciño da Gándara, trasladando a Virxe Milagrosa; á dereita unha veciña portando unha capilla pola rúa Xunqueiriñas da Gándara

A capilla na parte derriba ten un asa para transportala e na de abaixo un peteiro con chave, onde os da casa aportan as esmolas, as cales cando  tócalle estar na casa da maiordoma encargada, son recollidas é entregadas ao señor abade da parroquia a que pertenzan, para culto ao propio santo, sufraxio de misas en favor dos membros vivos do grupo, pola alma dalgún falecido, axudaen arranxos concretos na igrexa parroquial ou a disposición e criterio do abade.. En algún caso e tempos atrás, o importe xuntado era invertido pola cofradía ou familia propietaria da capilla nos festexos na honra dese Santo.
A orixe desta tradición de arraigo popular ven do século XV. As ordes relixiosas de San Vicente de Paúl, San Francisco de Asís, Virxe do Carmen… implantaron esta costume, sendo trasladada polos evanxelizadores a América, para desta maneira os nativos que quedaban en zonas alexadas e dispersas mantiveran a relación con a nova relixión establecida. Esta costume aínda que nos pareza que é da nosa zona, está instaurada en Hispanoamérica, Centroeuropa e en toda España.
                                                               

Á esquerda, unha veciña da Gándara con a Sagrada Familia; a dereita A veciña da Gándara, Celia da Brasileira transportando a Virxe Milagrosa


De esquerda a dereita: Sagrado Corazón de Jesús, María Auxiliadora e San Roque

Aínda que todo este movemento histórico e, o que queda desta costume se desenvolvía no ameto da igrexa parroquial, non foi esta a que implantou, distribuíu e coordinou este movemento, a pesar de que o mantemento da fe dos veciños e o recadado na maior parte ían a parar a parroquia e os seus fins.
A creación e posta en rotación destas capillas veciñais, deuse de varias maneiras: nos seus orixes foron as Ordes da Cabalaría; en séculos pasados foron as Irmandades ou Cofradías; e as máis por algunha familia a causa dun ofrecemento ou promesa. Existe constancia de capillas moi antigas, pero outras teñen que ser de creación no pasado século, polo menos as dedicadas a Virxe de Fátima. O procedemento para por en rotación unha capilla domiciliaria consistía en comprar a imaxe desexada, ir a un carpinteiro a facerlle a hornacina para colocala dentro, levar o conxunto ao abade para súa bendición e buscar un colectivo de veciños disposto a presencia e rotación da nova capilla nos seus fogares.
Na actualidade a rotación das capillas sigue de forma distinta según zonas, en algúns barrios con moita actividade e en outros con moi baixa ou desaparecida. Vemos que na zona de Buxán–Castro–Cividáns continúan as capillas de Santa Rita, Corazón de Jesús, Santa Tecla, San Roque e Virxe do Carmen; no Coruto dúas da Sagrada Familia, Virxe de Fátima e Santa Gema, sendo entregada unha da Sagrada Familia na parroquia por haber ardido; en Salcidos: a Sagrada Familia e Santa Gema, desaparecendo Santa Rita; na Gándara sigue a Virxe Milagrosa e a Sagrada Familia.


A capilla da Sagrada Familia da zona do Coruto despois de ser remozada con nova decoración interior, misteriosamente ardeu. A dereita xa reconstruida ao non ser danadas as imaxes polo lume


Capillas en desuso no almacén da abadía do Rosal, que foron entregadas a parroquia polas persoas encargadas de distintas xuradías ao non haber continuidade no seu cometido domiciliario. Pola esquerda: Virxe de Fátima, Virxe de Fátima, Sagrada Familia, San Antonio e Virxe de Fátima .
 
Santa Rita. Inmaculada Concepción e Virxe da Guía, esta rota pola zoa urbana da Guarda.
 
Normalmente as encargadas-maiordomas son mulleres que recibiron ese encargo de súas nais e estas das súas. Na actualidade non hai continuidade de relevo xeracional. Visita da tenda de Antonio do Cruceiro Pinto me di que en canto ela viva e poida, levará con agrado este cargo, onde ten exposta a imaxe na tenda– taberna; o mesmo a encargada Carmen do Coruto que recibe na súa casa tres imaxes distintas. Na Gándara, na actualidade Chita do Canario leva o cargo da capilla da Virxen Milagrosa e María Dolores a da Sagrada Familia, antes tiveran ese cargo a mestra Dona Marina e Sara, e anteriormente Elenita de Rosita que pasárallo Tía Julia (nai de don Paulino), parece que o orixen desa capilla ven dunha ofrenda desa familia en tempos pasados.
 
Victoriano Rodríguez
A Gándara, xullo de 2019
Regreso al contenido