José Luis Lomba Alonso - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

José Luis Lomba Alonso

ARQUIVO
In memoriam
Por José A. Uris Guisantes

O amigo e compañeiro José Luís Lomba Alonso “Salero”. Fotografía de 2006 de Antonio Lomba Baz

--------------------------
 
Este amigo e compañeiro ven de falecer de repente no seu domicilio da Armona (Camposancos), lugar que quería e donde calquera amigo e compañeiro sempre era ben recibido. Ningún membro da familia, amigos e compañeiros  tiñamos idea do que ía acontecer con José Luís, pois ainda que levaba uns anos “pachucho”, ultimamente atopábase bastante ben, levando varios meses pescando (súa gran pasión), indo aos cogumelos nos lugares que coñocía dende mozo.
Foi un auténtico mazazo, non solo para a familia, senon para todas aquelas persoas que o queríamos de verdade. Personalmente para min José Luís “Salero” era unha auténtica institución como persona, como mestre e como sabio da vida. Sempre con bo humor, ávido de relatar contos e chascarrillos, excelente conversador e amigo de seus amigos.
José Luís Lomba Alonso, nace un 13 de xaneiro de 1936 no lugar de Mazaracos en pleno barrio da Marina, fillo de Manuel “O Salero” e Maria Alonso “A Margares”, personaxes populares do barrio mariñeiro. Fixo as primeiras letras na Escola de Orientación Marítima dirixida polo Mestre D. Francisco López Moure. Bacharelato en Balmaseda (Viscaia) e Aranda del Duero (Burgos). Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra para seguir na Universidade de Compostela onde estuda Filosofía e Letras, mais tarde pasa a Universidade Complutense en Madrid onde acada a Licenciatura de Pedagoxía, era o ano 1965.
Debeu facer o Servicio Militar Obligatorio en Melilla en 1959. Como era un romántico e chegaban as Festas do Monte, escrebe dende Melilla […]  Y hoy de nuevo, al pensar en la Guardia, en el Tecla, brota dentro de mi una sensación honda, fuerte como un golpe seco de mar, porque quisiera sentir los latidos de un pueblo que está lejos – demasiado lejos – y que en mi sangre siento crecer…
Tiven o placer de conocer a José Luís en 1959, cando recibin clases de latin para seguir co Bacharelato elemental, dende esa a amistade foi en aumento ata conectar social e politicamente cas mesmas ideas.
Comeza a vida socio política o 25/06/1963 como Secretario da Entidade Local Menor de Camposancos, ó lado do Alcalde Pedáneo da Entidade D. Nicolás Gutiérrez, e do outro vocal Camilo Pérez Vicente. Vive o falecemento de D. Nicolás (10/12/1964), seguindo no cargo como Secretario da Entidade con D. Antonio Aira Gallego de Presidente, ata o 16/10/1965, día no que presenta a dimisión para poder rematar seus estudios de Filosofía e Letras na Universidade Complutanse en Madrid.    
Como Mestre Nacional foi pioneiro dun estudo promovido polo Ministerio de Educación, que levou adiante a Delegación e Inspección provincial sobre Alfabetización, con resultados óptimos. Director durante seis anos do Colexio Público M. R. Sinde, mais tarde pasa a dirixir o novo Colexio Público de A Sangriña, para pasar a dar clases da ESO no Instituto de A Sangriña ata súa xubilación en 2001.
Xunto o padre Somasco, Orestes Caimotto foron artífices do homenaxe a memoria do poeta local Feliciano Rolán, ao que por subscripción popular se lle adicou un monumento do escultor Magin Picallo e uns xardins na subida ó Trega en agosto de 1972.
Foi Presidente da Asociación Veciñal da Guarda dende 1976 ata a disolución en 1978 con sede na Casa dos Alonso. Como presidente, convoca as primeiras manifestacións de cidadáns na Guarda dende a Guerra Civil, pola falta de auga e instalación dun grande transformador eléctrico instalado por FENOSA dentro da Alameda de A Guarda, para dar mais potencia a mazan de edificios construídos por Moreira e Cia. O slogan era “A Guarda é nosa é non de Fenosa” movementos que lle custan uns cantos desgustos ca Garda Civil e Concello.
A raiz de matricular meus fillos no Colexio Público M.R.Sinde o Claustro de Profesores e a APA, da que eu formaba parte, e José Luís Lomba como Director, comezamos a loitar pola dignidade na que deberan estar os alumnos, ata aquela en locais provisionais como o antigo Casino o antigo Colexio das Carmelitas ou as Escolas de Orientación Marítima no Pescador. Non había calefacción, os patios non eran adecuados etc. Logo xa José Luís se trasladou para o novo Colexio Público de A Sangriña, sendo substituído por Pedro Borrajo na Dirección, mais tarde chegaría a consecución das Escolas de Pre Escolar de Solanas, o Colexio Público de Solanas, o novo Colexio de M.R. Sinde e finalmente o IESP de A Sangriña.
Sabendo da súa valía personal, a Agrupación Local do PSdeG-PSOE creu que José Luís Lomba Alonso debera encabezar a lista nas  eleccions municipais de 1983, con varias personas significativas do pobo integradas na lista como independientes. Era a primeira vez que o PSOE presentaba unha candidatura na Guarda dende 1936, acadando catro concelleiros, dun total de trece (1 Alagua- 4 PSOE- 8 A.P.). José Luís fixo unha excelente labor como único representante na Comisión Municipal Permanente, diante da maioría que representaban  Raúl González Puebla e Manuel Diaz González.
 

José Luís en 2001
------------
 
En 1985 tivo a satisfacción de que o Tribunal Constitucional fixera por primeira vez unha Vista Oral (Sentencia nº 032/1985), sobre  a reclamación dos concelleiros socialistas e do Grupo Alagua da Guarda, por considerar que estabamos discriminados na composición das Comisions Informativas impostas polo Alcalde Raúl González Puebla. Esta Sentencia viña dada polo Recurso de Amparo nº 573/1984 contra Acordo do Pleno do Concello de A Guarda, rexeitado polo Tribunal Contencioso Administrativo e aprobado logo polo Tribunal Supremo,  con cuia sentencia non estivemos de acordo e acordamos facer un Recurso de Amparo.
Cando dende o Tribunal Constitucional chamaron a José Luís para que asistíramos os Concelleiros socialistas e o representante de Alagua a “Vista Oral” en Madrid xa non daba tempo de coller o avión, polo que a inmensa alegría que José Luís recibíu quedou un pouco empañada por no poder acudir a Madrid.
Pai de numerosa prole tivo que dar clases particulares para seguir adiante, pero sempre con ese excelente humor, que o levou a asistir ao Entroido deste ano en Goián, pasando unha tarde feliz contemplando e fotografíando as “mascaritas” e carrozas.
Casa un 29 de setembro de 1962 ca moza camposina María Jesús Sobrino Vicente, froito do cal naceron seus fillos/as: Marisol; Lali; Restituto; Senén; Silvia; Sexto; Maxi e Nuño, xunto as fillas/os políticos: Antonio; Miguel; Diego; Fernando; Conchi e Ana facían, como me dicía José Luís “un equipo ben conxuntado”.  
.

En primeiro plano José Luís Lomba Alonso nunha procesión oficial en 1983. Fotografía de AntónFerrerira Lorenzo.
---------------------------
 .
Nas Eleccións Municipais de 1987 a Agrupación Local do PsdeG-PSOE pedíulle, unha vez mais, a José Luís que formase parte da lista e como sempre fixo estivo a enteira disposición.
 .

Candidatura as Eleccions Municipais ao Concello de A Guarda en 1987. José Luís está de cuarto pola dereita. Fotografía de Victoriano Rodriguez González.
--------------------
 .
No ano 2001 xubílase como profesor de ESO no IES de A Sangriña, recibindo un grande homenaxe dos compañeiros de profesión e de outras personas relacionadas con él, como este que escribe.
Se presenta como candidato da Agrupación do PsdeG-PSOE de A Guarda as Elecions Municipais do 25 de maio de 2003 como candidato a Alcalde Pedáneo da Entidade Local Menor de Camposancos. Foi nomeado ofcialmente o 20 de xuño de 2.003 como Alcalde Pedáneo da Entidade Menor de Camposancos.
Acadara a maioría absoluta con 378 votos, quedando a moita distancia o candidato do Partido Popular con 194, é o de Independentes Guardeses con 66.
En abril de 2006 José Luís Lomba leva unha grande alegría cando a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia aproba a construcción dun depósito e mellora da rede de abastecemento de auga para Camposancos, así como a futura instalación da rede de saneamento, xestions nas que tivo parte o Secretario Xeral José M. Domínguez Freitas.
A Entidade Local Menor de Camposanc é unha parte do territorio Municipal administrada polo propios veciños que elixen a seus representantes –o marxe dos  demais concelleiros da Corporación Municipal – democraticamente.
Antes da democracia era elexidos a dedo, teñen seus propios estatutos, administran tódolos bens que lle pertencen e o mesmo Concello debe atender os gastos deste Ente Territorial co 25% dos impostos, ordenanzas,etc,etc, que se recaden en Camposancos. Lembro que a obtención deste 25% dos impostos era unha teima que tiña José Luís ata que o Alcalde o aceptou.
 
Outra fotografía da candidatura as Eleccions Municipais de 1987. Autor: Victoriano Rodríguez González. A esquerda Prudencio e Martin dous compañeiros xa falecidos prematuramente. José Luís Lomba está de séptimo pola dereita.
 
-------------------------------------
Lembro tamén que foi Xuíz de Paz na Guarda durante seis anos. Tamén foi perito calígrafo xudicial, chamado para dar fe da autenticidade das sinaturas no Xulgado.
Recopilador de datos históricos, investigador de arquivos, colaborador en revistas e libros. Autor de artigos no Libro Programa das Festas do Monte. Investigador da toponimia da bisbarra con moitos artigos publicados. Un deles publicado pola Deputación provincial “A microtoponimia da Guarda”, estando a espera de poder publicar “Microtoponimia do Rosal”.
Foi correspondente de Faro de Vigo, onde tamén publicaba artigos sobre a historia guardesa. Colaborador do Instituto de Hagiografía, Toponimia e Onomástica de Santiago. Hoxe José Luís está dedicado ó estudio de documentos dos séculos XVIII e XIX no Arquivo Histórico Provincial. Alguns traballos son: “Alcumes da Guarda”; “O apelido Adrover”; “El reino animal en los apodos de La Guardia”; “Evocación de Orestes Caimotto e Feliciano Rolan”; “Matrimonios, separacions, divorcios...na Guarda”; “La Guardia villa veraniega”; “Contrastes; El ocio como necesidad e Límites de la parroquia de Santa María de La Guardia”.  
 
José Luís e María Xesús no “Día da Paletada” dos comuneiros de Camposancos, o 16 de xaneiro. Ese día foi un día feliz para esta parella de amigos. Fotografía de Antón Ferreira Lorenzo


Caminha o 16 de xaneiro de 2010, día no que varios compañeiros/as acudimos con José Luís e María Jesús para toma run café despois do xantar da “Paletada”. Pensei que tirara unhas fotos de José Luís neste día pero por desgracia dediqueinas ao paisaxe.
-----------------------
Regreso al contenido