Manolo de Frurtuoso e Pablo - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Manolo de Frurtuoso e Pablo

PUBLICADAS
por Victoriano Rodríguez


Manolo de Furtuoso e seu fillo Pablo, Festa das Mercedes, 2011 (Foto Vitoriano)
 
Manuel Álvarez González, fillo de Fructuoso e Felisa da Gándara, popularmente coñecido como Manolo de Furtuoso ou Manolo de Felisa, extraordinario veciño, o que  dende esta modesta publicación local,  facerlle unha especial mención e recoñecemento a súa entrega e dedicación có seu fillo Pablo, discapacitado psíquico e físico.
Resaltar e valorar moi positivamente de Manolo, esa faceta de pai implicado no vinculo afectivo- paternal,  tratando de facerlle a vida mais grata  ao seu fillo, polas súas limitacións psicofísicas.
Nace Pablo Álvarez no día  de San Xoán, o 24 de xuño de 1970, fillo de Manuel Álvarez (Manolo Furtuoso) e Carmen Portela, sendo o terceiro de tres irmáns varóns, Manolo, Juan e Pablo.
Según opinión dos médicos, a discapacidade de Pablo, produciuse no claustro materno, tal vez debida a estar demasiado tempo no mesmo, pois pasaban mais de  dez meses cando nacera. A os seis meses de nacer, seus pais se decatan de que os comportamentos corporais do rapaz son diferentes a uns dun neno normal.
De aí en diante comezaría  unha constante peregrinación con Pablo por especialistas  médicos de Vigo e Santiago,  tamén  dos cinco os quince anos o levarían  a Barcelona  a rehabilitación  dun grupo de especialistas en parálises cerebral que viñan de Filadelfia; daquela como estas terapias non estaban cubertas pola Seguridade Social, e ante o elevado coste das mesmas, faise cargo do  importe seu tío Sindo.

Manolo, súa  dona Carmen, seus fillos Pablo e Juan (Nin) en 19…


Manolo de Furtuoso con sua dona Carmen e  o fillo Pablo, en Agosto de 1983 (foto Manolo Álvarez).
 
Dende fai 25 anos asiste ao Centro de Educación Especial San Xerome  Emiliani de A Guarda, na área de adultos, onde participa nas tarefas de artesanía, lixado en carpintería, informática adaptada, formación sistemas alternativos de comunicación... Vai moi contento o centro, e as saídas  de ocio que organizan: a excursións, ceas, actuacións do grupo Xerok... actividades que lle permiten desenvolver mellor o nivel de comunicación e o estimulo da relación social.
 

Pablo con seu pai Manolo e seu tío Sindo en 19…

Dende sempre me chamou a atención a bela estampa  de ver a Manolo con seu fillo Pablo na  cadeira de rodas en  eventos públicos, tratando de que  desfrute de calquera acto social dentro das súas limitacións.


Julia Vaquero con Pablo, que foran veciños e amigos de infancia, adicalle unhas fermosas verbas

É habitual velos no bar cando Manolo bota a partida, no fútbol, na alameda, festas, comidas populares, espectáculos...Valorei aínda máis este mérito de Manolo, cando nas campañas da destilación da augardente na miña casa, traía tódalas noitiñas a Pablo ao pote a compartir o animado ambiente con os paisanos, observando con que naturalidade e compracencia atendía as suas necesidades, dándolle de beber, limpándolle a boca, póndolle o orinal…
E habitual velos no bar cando Manolo bota a partida, no fútbol, na alameda, festas, comidas populares, espectáculos...Valorei aínda máis este mérito de Manolo, cando nas campañas da destilación da augardente na miña casa, traía tódalas noitiñas a Pablo ao pote a compartir o animado ambiente con os paisanos, observando con que naturalidade e compracencia atendía as suas necesidades, dándolle de beber, limpándolle a boca, póndolle o orinal…


Manolo botando a partida e Pablo observando a xogada,  no bar Galicia en Xulio de 2012. (Foto Vitoriano)
 

Pablo disfrutando da xenial actuación dos Campelos na Gandra en 2011. (foto Vitoriano)


Pablo, o dia da final do Campeonato de Europa de Seleccións, diante da sua casa, saludando aos automovilistas.(foto Vitoriano  Xunio 2012)

Para estes desprazamentos, Manolo con gran habilidade e compenetración de ambos, acerca a cadeira con Pablo a porta dianteira do seu ZX -e non sei como- pero sen esforzo, séntao facilmente, despois prega e garda a cadeira no maleteiro; tempo atrás, desprazábanse na moto.
Ten dificultade e risco desprazalo polas beirarrúas da Gandra, debido a que uns zoquetes mandaronas facer con constantes e pronunciados badéns e inclinacións cara a estrada, onde volcan as cadeiras de rodas e os carros dos crios. Manolo cambiaría a traballar no turno de noite  nas Cachadas, para  poder dedicarlle o día  a Pablo
Aos lugares a onde vai Manolo con Pablo, as persoas trátano con gran afecto, así o dia da festa da zorza, o primeiro prato que se sirve e para Pablo, tamén asiste aos partido do  C. F. Rivera do que é  socio...
Para estes desprazamentos, Manolo con gran habilidade e compenetración de ambos, acerca a cadeira con Pablo a porta dianteira do seu ZX -e non sei como- pero sen esforzo, séntao facilmente, despois prega e garda a cadeira no maleteiro; tempo atrás, desprazábanse na moto.
Ten dificultade e risco desprazalo polas beirarrúas da Gandra, debido a que unhos zoquetes mandaronas facer con constantes e pronunciados badéns e inclinacións cara a estrada, onde volcan as cadeiras de rodas e os carros dos crios. Manolo cambiaría a traballar no turno de noite  nas Cachadas, para  poder dedicarlle o día  a Pablo
Aos lugares a onde vai Manolo con Pablo, as persoas trátano con gran afecto, así o dia da festa da zorza, o primeiro prato que se sirve e para Pablo, tamén asiste a os partido do  C. F. Rivera do que é  socio...
                                                                                          

Manolo con gran habilidade e xeito, senta a Pablo no seu coche para os seus desprazamentos. (foto Vitoriano)

 
Nos primeiros tempos, como Manolo non tiña carné de coche, desprazaba a Pablo na súa moto.

E para el, unha gran distracción, cando o poñen na súa cadeira diante da casa ao lado da estrada, e saudar aos condutores, que tamén o saúdan e lle tocan a bocina  Na casa gústalle ver na tele as películas de vaqueiros, ver mozas bailando e cantando, e escoitar música da súa cantante favorita: Xaquira.
Pablo padece tetraplexía espástica  por parálises cerebral, trastorno que aféctalle a súa psicomotricidade que o ter a súa capacidade intelectual e afectiva normais, ocasiónalle sufrimento e impotencia o non poder expresarse oralmente nin con xestos, debido a súa rixidez muscular de movementos.
Así ea todo, con seu pai Manolo, súa nai Carmen, con seu irmán Nin, e cuñada Mari, o entendemento e comunicación e normal, compréndendo nas súas necesidades, sentimentos e no seu estado emocional.


¡Pablo recibindo terapia na piscina de Valença, axudado polo voluntario Manolo Conde de Pazos de Reis  (Tui), dentro das actividades do centro San Xerome. Os dous son grandes  amigos. Admirable a solidaria e desinteresada labor de Manolo de Tui.  Manolo: Gracias ¡¡Salú, benestar e felicidade!!
 
O facerse adulto e debido a súa normal percepción da situación social, o verse limitado de desfrutar fisicamente de satisfaccións propias da súa idade, esa impotencia ocasiónanlle estados de tristeza e depresións. De neno  fora moi feliz, basta ver as fotos desa época. A súa familia trata de  que comparta e desfrute  dunha vida o mais normal posible; vemos habitualmente a Manolo con él, facendo vida social na rúa; e na súa casa, unha atención especial por parte de todos, destacando a implicación e comprensión  de sua cuñada Mari, no benestar de Pablo.

Habitual estampa, de Manolo con seu fillo Pablo (foto Vitoriano).
 
Aínda que esta reportaxe, sexa en homenaxe e recoñecemento a Manolo de Furtuoso, pola súa exemplar dedicación con amor e naturalidade con seu fillo discapacitado, vaia o mesmo recoñecemento para todas aquelas outras familias que se atopen en situación similar.

Vitoriano da Saladina
Na Gándara, Xulio de 2012
Regreso al contenido