O Rosal, agosto 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

O Rosal, agosto 2020

PUBLICADAS
O Concello arranxa a ponte do Urgal tras obter os permisos da Confederación Hidrográfica
O Rosal, 27 de agosto de 2020. O Concello do Rosal rematou esta semana o arranxo da ponte do Urgal, unha ponte situada no río Carballas que amosaba un importante deterioro dende hai tempo e que estaba pendente de recuperación tras solicitar os permisos necesarios á autoridade competente, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Despois da mediación do Goberno e ao estar a ponte considerada como un ben protexido por parte de Patrimonio, a semana pasada a Confederación Hidrográfica concedeu a autorización soamente para a reposición das pedras caídas, xa que ao considerarse zona inundable non se obtén permiso nin para a remodelación nin para a mellora da zona.
Con esta actuación dáse solución a un problema que afectaba dende hai tempo a esta ponte, cada vez máis deteriorada ao non poder acometer obras de mellora ou reposición. Dende o Concello quérese poñer en valor o traballo dos operarios municipais, que están a facer un gran labor tamén non ámbito de vías e obras.

Terras Gauda brinda la experiencia de enoturismo “Del mar a la viña” con Orpagu
O Rosal, 27 de agosto de 2020. La fuerza del Atlántico llega a Terras Gauda el viernes 4 de septiembre para disfrutar de una actividad enoturística basada en el maridaje de tres vinos, acompañados por los selectos productos de la Organización de Palangreros Guardeses
Descubrir el origen de los vinos, la particularidad que aporta cada variedad autóctona, apreciar sus aromas, dejarse llevar por la magia del entorno…. El programa de enoturismo de Terras Gauda propicia experiencias guiadas por la autenticidad.
Pensando en despertar sensaciones únicas, la bodega y Orpagu Gourmet se han unido de nuevo para organizar “Del mar a la viña”. Una visita con dos sabores: el del mar y el de la tierra.
El viernes 4 de septiembre, entre las 18.00 y las 20.00 horas, Terras Gauda abre sus puertas para embarcarse en esta actividad que dará comienzo con una ruta por el viñedo para admirar la belleza del paisaje. Un recorrido por la bodega para conocer los procesos de elaboración dará paso a la cata-maridaje de Terras Gauda, La Mar, Abadía de San Campio y los aperitivos elaborados con los selectos productos del mar de ORPAGU, cuya especialidad es la conserva de pez espada.
Las plazas son limitadas y, para una mejor organización, es imprescindible reserva previa. Existen dos fórmulas: a través de la web https://www.terrasgauda.com/enoturismo/ o en el número de  teléfono 616 418 938.
“Terras Gauda para dos”, “Entre amigos” o “En familia” completan el programa de enoturismo de la bodega adaptado a los diferentes perfiles, que incluye visitas diarias.
Esta temporada se puede vivir otra experiencia con encanto: recorrer la viña a lomos de un caballo de pura raza gallega. Una especie equina que marca un ritmo suave, idónea para esta actividad, que se desarrolla en colaboración con los profesionales de Finca Moreiras y Senda Natura. Todos los sábados, a las 10.30 horas.
 
En Viñas e Terras do Pazo diseñan a viticultura do futuro
O Rosal, 28 de agosto de 2020. Co apoio da startup biotecnolóxica Nostoc Biotech estanlle faendo frente, de maneira totalmente ecolóxica, a Armillaria e a diversos hongos patóxenos e plagas que atacan ós seus viñedos.
A pasión de Quin pola agricultura, e en especial pola viticultura, empezou de pequeno cando ó salir da escola iba as leiras a  axudar ós maiores.
Correteou entre os viñedos de Goián e As Eiras e aprendeu a inxertar, plantar, podar, como diseñar un viñedo en función das características de cada leira…
Seus maestros foron seu padriño Joaquín e os maestros viticultores das Eiras e Goián. Xente que sentía a viticultura como algo íntimo.
Eles fixeron que Quin se enamorase da viticultura.
Estes viticultores falaban coas vides, interpretaban a orografía, o chan… leían no vento e na chuvia e deixaronnos un patrimonio inmaterial e material de valor incalculable, con auténticas obras de arte en pedra: muros, latadas… que hoxe en día, lamentablemente, en muitos casos están abandonadas.
Ó largo da sua vida Quin formou parte de infinidade de proxectos relacionados coa viticultura e a agricultura e que hoxe en día ou son unha realidade ou forman parte da historia da nosa comarca.
·                Vocal polo Rosal xunto con Ángel Suárez no equipo fundador da D.O. Rías Baixas.
·                Socio fundador de Terras Gauda.
·                Fundador de Torroxal, primeiro proxecto de tintos autóctonos do Baixo Miño baixo o amparo da D.O. Rías Baixas.
·            Traballou durante varios anos na localización de cepas de Castañal e Caiño Blanco no Baixo Miño, evitando a desaparición destas variedades endémicas da Subzona de O Rosal e que xa forman parte do Banco de Xermoplasma da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.
·                Fundador de Viñas e Terras do Pazo.
·                Socio fundador de Pazo Valdomiño, Viveiros Río Tollo e Vivaz Plant.
E seu último proxecto merece unha mención especial: Teimosía, no que está volcado en corpo e alma.
Este proxecto de viños tintos é xa unha realidade e está sacandoo adiante xunto con Martín Crusat de Adega do Vimbio e o enólogo francés afincado en Galicia Dominique Roujou.
O primeiro logro de Teimosía é que seus viños tintos da colleita do 2017 conseguiron, na sua primeira cata, 91 puntos na Lista Parker, na edición do 2020.
Conseguir máis de 90 puntos na primeira ocasión en que un viño é catado por un técnico da Lista Parker é algo solo reservado para viños excepcionales, eses que nacen para faer historia, para marcar un antes e un despois.
Falar de Quin é falar de viticultura e agricultura con maiúsculas, un referente ó que muitos viticultores e agricultores piden consello.
Faer viticultura é unha carreira de fondo na que hai que faer frente a infinidade de problemas todos os días.
A lista de enfermedades e plagas que afectan ós viñedos na D.O. Rías Baixas é cada vez máis amplia, algúns, como a Armillaria, son letais para as cepas.
E como a Quin sempre lle gustou innovar, co apoio de Nostoc Biotech e o seu Colaborador para Galicia, Benito Guerreiro, fai 2 anos empezou a faer probas no control do Fusarium, Mildiu… na sua horta e nunha leira de fabas de media ha, por aquilo de poder comer un pouco máis sano e intentar cultivar as fabas de maneira ecolóxica.
Os resultados que obtuvo foron espectaculares.
Nostoc Biotech elabora productos a partir do humus das miñocas. Básanse nas interaccións que teñen os microorganismos do chan coas plantas, utilizando esas bacterias e fungos como un método preventivo e curativo para plagas e enfermedades.
Os traballos en Viñas e Terras do Pazo están protocolizados, baixo o asesoramento dos técnicos e a experiencia de Quin, as colleitas van salindo adiante, incluso en anos coma este nos que o Mildiu atacou máis ca nunca.
Pero logo nos viñedos hai outros problemas que non teñen solución, como é o caso da Armillaria, coa que hai que convivir e o único que queda é repor as cepas que van morrendo e esperar a que o avance da Armillaria sea o máis lento posible.
Un día Benito mostroulle a Quin unhas fotos dun ensaio que fixera no Rosal, no que  frenou o avance da Armillaria nunha leira de froiteiras.
E Quin tardou un pestañeo en propor un reto: faerlle frente a Armillaria que campaba as suas anchas por algún dos seus viñedos.
Foron meses de traballo, experimentando, buscando a maneira de faerlle frentre a un enemigo silencioso que cando se fai visible xa te está matando as cepas.
E cuando unha cepa enferma e empeza a morrer, as que están a seu lado serán as seguintes en cair, a Armillaria avanza silenciosa polo chan de maneira imparable.
Co paso do tempo Quin e Benito foron mirando que os resultados eran esperanzadores: cepas prácticamente mortas volvían a vida, e as que estaban a seu lado xa non eran atacadas.
Quin explica que “traballar con microorganismos non é aplicar un producto químico, é semear vida, e necesitas xerar as condicións para que eses microorganismos fungos e bacterias non morran, colonicen os viñedos e lle faian frente ós fungos patóxenos, algúns como a Armillaria, letais.”
Pasear polos viñedos de Quin e ver rodales de cepas rescatadas das garras da Armillaria é, 2 anos despois, algo normal.
Cepas que o ano pasado estaban prácticamente mortas e sin un solo cacho, este ano teñen unha caixa de uvas.
Traballar con microorganismos é regresar a sua nenez. Escoitar as cepas e a terra, en tempos convulsos, no que o cambio climático é unha realidade, é necesario volver a conectarse coa terra.
Quin está mui contento porque un problema mui grave como a Armillaria, co que levaba anos loitando, ahora mira que ten solución.
De forma paralela, en Viñas e Terras do Pazo levan feito infinidade de ensaios cos productos de Nostoc no control do Milidiu, co que están peleando pero inda non conseguiron dominar.
Están conseguindo mui bos resultados no control da Botritis e outros fungos patóxenos.
Coa ventaxa de que non ten que guardar ningún prazo de seguridade.
Non queda outra que seguir traballando e intercambiando as suas experiencias con outros viticultores.
Como así fixeron neste 2020 co propietario dun viñedo na Ribeira Sacra, que tamén ten bodega.
A este viticultor da Ribeira Sacra foille un pouco mellor no control do Milidiu e o Black rot cos productos de Nostoc e dun pequeno viñedo sacará unha serie limitada de botellas, o primeiro viño de Galicia procedente dunhas uvas tratadas solo con microorganimos, fungos e bacterias, sin usar ningún fitosanitario, nin Azufre nin Cobre.
O que Quin está faendo nos seus viñedos é regresar ó pasado para avanzar hacia un futuro sostible que xa está aquí. Unha homenaxe ós seus maestros.


Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará O Rosal o vindeiro martes 1 de setembro
O Rosal, 26 de agosto de 2020.- Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia volverá visitar O Rosal o vindeiro martes 1 de setembro. O autobús estará situado na Praza do Calvario e permanecerá aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.
Para o Centro de Transfusión a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que continúa extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, todas as persoas que desexen doar sangue deberán pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para escalonar a afluencia axeitada e ordenada dos e das doantes.
Aínda que o persoal do Centro de Transfusión fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén ás persoas doantes agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.
Ademais, en cada unidade móbil o persoal segue uns protocolos de seguridade exhaustivos, usando luvas novas con cada doante, limpando as padiolas despois de cada doazón, utilizando material esterilizado e dun só uso con cada paciente e facendo unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección. Cada unidade conta tamén con líquido desinfectante á entrada e saída do autobús para que as persoas doantes o empreguen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.
Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos...

O Rosal sortea a “BMW 1000 cc”, nunha cesta valorada en máis de 25.000 €
O Rosal, 26 de agosto de 2020. A terceira edición do “Sorteo da Macrocesta de Nadal” que celebra a cafetería Skape 30 de O Rosal vén de sorprender a clientes, amigos e veciños da contorna, xa que sextuplica o premio inicial de 4.000 € de hai uns anos.
Nesta ocasión, os seus activos xerentes Dani Rodríguez e Celia Carrera, presentarán oficialmente ao público o evento este sábado, 29 de agosto, de 16:00 a 19:00 horas, coa exposición no local da impresionante motocicleta BMW 1000 cc, RR versión 2020, ademais de descontos en consumicións e merchandising do fabricante alemán, que conta coa colaboración de Celtamotor BMW de Vigo.
Os “Moteiros do Baixo Miño” tamén veñen de confirmar a súa presenza nesta exhibición, que ofrecerá, ademais de diferentes produtos, cañas, refrescos e cafés a 1€. O aforo é limitado e será obrigatorio o uso de máscara. Este sorteo está regulado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.
Dende Skape 30 lembran que o premio da cesta, valorada en máis de 25.000 €, aparte da moto BMW, consta sempre de artigos de primeira calidade adquiridos no comercio local de O Rosal e do Baixo Miño, como son unha TV de 55’’, unha secadora, unha Play Station 4 Pro, un ordenador portátil I3, un xamón, unha cesta de productos típicos da zona, 300 € en rascas da ONCE, 10 décimos de Lotería Nacional de Nadal, 10 décimos de Lotería de Nadal da ONCE e un cambio de rodas de ata 300 € en MGV Automoción.
 Máis información no perfil da cafetería SKAPE 30 na rede social Facebook.


Comezan as obras de acondicionamento do acceso ao aparcamento Xulio Sexto
O Rosal, 25 de agosto de 2020.- O Concello do Rosal comezou xa esta semana as obras de acondicionamento e urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano da vila. Trátanse de obras para a mellora da zona de entrada ao recinto, que permaneceu pechado nas últimas datas debido aos problemas técnicos derivados da formulación inicial do proxecto, creado no pasado mandato.
Durante os vindeiros días desenvolveranse os traballos para a pavimentación da entrada, creando un acceso rodado e outro peonil, ademais de executarse a canalización de augas pluviais e as condicións eléctricas necesarias para dotar de iluminación a zona. Todas estas actuacións teñen por obxectivo corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento.
O uso habitual do aparcamento Xulio Sexto permitirá ademais dotar as inmediacións da Praza do Calvario de maior espazo para o estacionamento de vehículos.
Este proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, conta con financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e coa autorización da sectorial de Estradas de Galicia.
Música tradicional e jazz para por punto e final á programación de verán do Rosal
O Rosal, 24 de agosto de 2020.- O Rosal pon esta semana punto e final á súa programación de verán con dous concertos nos barrios este 27 e 28 de agosto nos que a música tradicional e o jazz serán os protagonistas.
O xoves 27 a música tradicional chegará da man do grupo Os Folieiros, da que todos os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar a partir das 21.00 horas na Capela de San Vicente de Marzán. Mentres, pola súa banda, o venres 28 Xacobe Martínez Antelo Trío fará soar jazz galego de primeira liña, sen límites e sen complexos a partir das 21.00 horas no lateral da Igrexa das Eiras. Saxofón tenor, contrabaixo e batería para vivir a tradición jazzística con este trío renovado.
Nestas dúas actuacións a entrada será de balde e libre ata completar aforo. Os concertos forman parte dunha programación de verán ao aire libre pola que apostou o Concello do Rosal, achegando actividades de rúa para todos os públicos e en pequeno formato aos distintos barrios.
   

Inícianse os trámites para a recuperación do entorno da ermida de San Vicente
O Rosal, 21 de agosto de 2020.- O goberno municipal mantivo unha reunión esta semana con distintas personalidades coa intención de traballar conxuntamente na posta en valor e recuperación do entorno da ermida de San Vicente, situada no lugar de Marzán. Á reunión acudiu a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, xunto cos concelleiros Carlos Villanueva, Ramón Fernández e a técnica forestal como representación do Concello. Estiveron presentes tamén na xuntanza veciñas de Marzán da Comisión de San Vicente, membros da asociación forestal “A Jalleira” e o párroco da ermida, Don Julio.
A ermida de San Vicente, da época medieval, posúe un entorno cun importante valor patrimonial, xa que nel se atopan tamén dous sartegos medievais escavados en pedra, un conxunto de catro muíños e un lavadoiro. A recuperación deste espazo e a limpeza forestal das súas inmediacións son de vital importancia para o concello, especialmente nunha situación de risco para o patrimonio existente na área, posto que son ocasionais os desprendementos de pólas de árbores que poden ocasionar danos estruturais.
O proceso de recuperación viuse dilatado no tempo debido á complexidade dos procesos burocráticos necesarios para tal fin, ao ser unha área na que son necesarios permisos de varias sectoriais (Patrimonio, Confederación Hidrográfica, Estrada Provincial e Medio Rural). Isto tórnase mais complexo ao estar a propiedade do entorno da ermida en mans de múltiples propietarios forestais, os cales precisan dirixirse a Medio Rural para solicitar unha corta dos eucaliptos das súas fincas.
Ante esta situación, o Concello do Rosal decidiu dar un paso á fronte establecéndose como un mediador, creando un modelo de autorización para que os propietarios lle cedan a súa autorización para xestionar o trámite con Medio Rural de forma conxunta. O obxectivo desta acción é axilizar o proceso e conseguir que teña viabilidade, colocando o primeiro chanzo deste obxectivo na reunión mantida esta semana.
Dende o Concello agradecen profundamente a colaboración das veciñas de Marzán da Comisión de San Vicente, membros de asociacións e demais partes presentes na xuntanza por colaborar coa recuperación e posta en valor dunha parte patrimonial fundamental para o municipio como o é a ermida de San Vicente e todo o seu entorno.


O Concello do Rosal dá luz verde ao inicio das obras no aparcamento do núcleo urbano
O Rosal, 14 de agosto de 2020.- Esta semana foi adxudicado o contrato para a urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano do Rosal, estando previsto o inicio das mesmas para a próxima semana. Este aparcamento foi creado no pasado mandato para desconxestionar o volume de coches que habitualmente aparcan na Praza do Calvario. Debido a cuestión técnicas no acondicionamento inicial do aparcamento, pavimentado con saburra, este non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen que iso xerase un prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao mesmo.
Fronte a esta situación e debido a ausencia dun proxecto previo que paliase a problemática, o Concello do Rosal elaborou un proxecto desde a área de urbanismo para corrixir estas deficiencias técnicas e permitir que poida ser empregado de xeito normalizado. A actuación consistirá na pavimentación dun acceso rodado e outro peonil, xunto coa execución das canalizacións de augas pluviais e as conducións eléctricas necesarias para dotar de iluminación ao proxecto.
O citado proxecto foi enviado a comezos de ano para optar á ser financiado mediante o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Dada a situación de parón administrativo derivada da pandemia da Covid-19, a resolución favorable do orzamento por parte da administración provincial foi remitida ao concello en recentes datas por importe de 34.363,21 euros. Ademais, o proxecto  conta coa autorización da sectorial de Estradas de Galicia polo que se poderá dar inicio ás obras do aparcamento. Para o concello este acondicionamento é importante para dotar as inmediacións da Praza do Calvario de maior espazo para o estacionamento de vehículos.


Chega este xoves ao Rosal o espectáculo do Circo Chosco: ‘Riscando o ceo’
O Rosal, 12 de agosto de 2020.- Este xoves 13 de agosto a veciñanza do Rosal terá a oportunidade de desfrutar da actuación do Circo Chosco, un espectáculo circense pensado para todos os públicos pero que sen dúbida fará as delicias dos máis cativos e cativas. A actuación está encadrada dentro da programación cultural do Concello do Rosal para o verán e terá lugar ás 20.00 horas no torreiro de San Xián. A entrada será de balde ata completar o aforo e terá unha duración de 45 minutos.
Nesta ocasión o Circo Chosco interpretará a función ‘Riscando o ceo’, un espectáculo que nos leva a un mundo cheo de humor, maxia, risco, malabares, acrobacias e equilibrios imposibles, cun ton absurdo e reflexivo que procura que nos cuestionemos o fondo das cousas. Inspirado pola mundialmente coñecida obra de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo moi visual que mergulla ao espectador nunha viaxe que vai dende a risa ao perigo.
Ao remate da actuación do Circo Chosco, ás 21.00 horas, comezará no propio torreiro de San Xián o segundo dos concertos de ‘O Rosal Cámara Fest’, protagonizado polo ensemble de saxos ‘Emilio Rodríguez’.


O goberno municipal adxudica un contrato para a redacción dunha auditoría enerxética que avalúe a situación do municipio
O Rosal, 11 de agosto de 2020. O Concello do Rosal deu esta semana o primeiro paso dun plan estratéxico que procurará camiñar cara un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Trátase da adxudicación dun contrato para a redacción dunha auditoría enerxética co que coñecer o estado actual do municipio, tanto no consumo da iluminación pública exterior coma no conxunto das instalacións municipais, co obxectivo de establecer un conxunto de reformas e melloras encamiñadas a facer un uso racional da enerxía.
A auditoría terá un custo total de 16.552,80 euros, aportados nun 50% pola Consellería de Presidencia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, sendo o outro 50% provinte de fondos propios do concello.
A auditoría representa un primeiro paso dunha estratexia planificada, a medio e longo prazo, para mudar por completo o consumo enerxético do concello, e que precederá a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) co fin de establecer un modelo de consumo eficiente e sustentable. Este plan está encadrado no denominado “Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas polo Clima e a Enerxía”, ao que está adherido o Concello do Rosal, un movemento no que se agrupan milleiros de gobernos locais que se comprometen a afrontar retos coma o cambio climático, a enerxía sostible e que pretende garantir un entorno estable dende o punto de vista económico, social e medioambiental para as xeracións actuais e futuras.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, sinala a importancia desta acción non como unha medida para o presente senón como unha aposta para o futuro. “A idea non é pedir unha subvención para repoñer ou mudar algunhas luces, senón para mudar o sistema por completo de forma estratéxica e planificada, e isto non se debe só a criterios de eficiencia económica e de consumo senón tamén a criterios éticos e de compromiso co medio ambiente”, sinala a rexedora.
Esta aposta decidida por un sistema enerxético responsable e sustentable pretende tamén acompañar as políticas ditadas pola Unión Europea en materia de lexislación medioambiental e enerxética, e axudarán a mellorar a posición do concello en previsión de escenarios futuros nos que as esixencias teñan un carácter máis restritivo.


O Concello do Rosal amplía a información turística na súa web
O Rosal,7 de agosto de 2020.-O Concello do Rosal vén de implementar unha nova área de información turística na súa web coa que dar a coñecer os puntos de interese do municipio rosaleiro. Esta actualización adquire maior importancia ao permanecer fechada na actualidade a oficina de información turística municipal debido á situación de crise pandémica.
A web achega ademais nova información sobre localizacións e puntos de interese e propón cinco plans imprescindibles para todo aquel que queira coñecer as virtudes naturais e patrimoniais do Rosal. Neles pódese atopar información de emprazamentos de alto valor paisaxístico e natural como os miradoiros da Portela e do Niño do Corvo, as áreas recreativa das Aceñas e do Tamuxe, as sendas homologadas dos Muíños do Folón e do Picón ou da Senda dos Pescadores entre outros moitos.
Durante o mes de agosto continúan a ofrecerse as visitas guiadas  ás sendas dos muíños do Folón e do Picón e á senda dos pescadores.
Ademais de información adicional, na web ofrécese información sobre as ubicacións dos puntos de interese, coa posibilidade abrilas en calquera aplicación de mapas, datos sobre a ficha técnica e o nivel de dificultade das rutas de sendeirismo ou a posibilidade de descargar un documento “pdf” para poder consultar todos estes datos sen necesidade de conexión a internet. No caso por exemplo da ruta dos muíños do Folón e do Picón pódese acceder tamén a vídeos explicativos en galego, español e inglés, accesibles tamén durante a ruta mediante códigos QR.
Aparte de poder consultar estas novas achegas presentes na web, calquera persoa que precise información adicional pode pasar polo concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.


Continúa a posta en marcha do proxecto da ‘Explanada do Horizonte’
O Rosal, 06 de agosto de 2020.- Logo dun intenso período de tramitacións burocráticas e consecución de permisos, as obras de adecuación e remodelación do lugar continúan avanzando. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, estivo facendo unha visita de seguimento das obras do proxecto levado a cabo pola arquitecta e paisaxista María Fandiño. Na área foron feitas xa varias actuacións como a colocación do pavimento, a instalación de mobiliario urbano ou a creación da área de xogos infantís. Tamén se procedeu á plantación de vexetación autóctona seguindo os criterios da administración autonómica.
A execución das obras foi posible grazas a moitos meses de intenso traballo por parte do goberno municipal á hora de conseguir acordos cos distintos entes sociais implicados na realización das mesmas. Para isto foi preciso traballar coa propietaria dos terreos nos que se están desenvolvendo as actuacións para conseguir a súa cesión, a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, así como coa traída de augas, as percebeiras ou o veciño propietario da parcela na que está situado o petroglifo ‘Laxe do Lapón’, de gran valor cultural, onde tamén se pensa realizar unha actuación.
Do mesmo xeito tamén foi preciso tramitar os permisos coas sectoriais de Augas de Galicia, Estradas de Galicia, Patrimonio Cultural e Costas. Neste sentido a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, quixo agradecer “a implicación e a boa disposición dos veciños e veciñas, que colaboraron en todo o posible para que este proxecto poida ser unha realidade”.
O proxecto da explanada constitúe unha obra emblemática de gran valor pola súa posición xeográfica e o seu valor simbólico para o Concello do Rosal, ao estar encadrada nun tramo do Camiño de Santiago Portugués pola Costa. A remodelación, que parte da arquitectura paisaxista, pretende remodelar a preexistente explanada de formigón buscando a integración medioambiental e evitando o “feísmo” coa posta en valor do potencial paisaxístico do emprazamento e a recuperación dos ecosistemas da área.
.
Continúan as mobilizacións en defensa da sanidade pública no Rosal
O Rosal, 6 de agosto de 2020.- Por cuarto mércores consecutivo, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal volveu concentrarse diante do centro de saúde do municipio para reivindicar melloras na asistencia sanitaria. Dende a organización declaran que non pararán de mobilizarse ata que as súas reivindicacións sexan atendidas. Afirman que a falta de cobertura das baixas por vacacións, que deixan ao municipio con dous médicos en lugar dos tres habituais, segue sen solucionarse malia estar en pleno mes de agosto, situación que se podería prolongar ata chegado o outono.
Esta situación está provocando que as consultas médicas teñan unha demora media de 15 días, o que está precarizando substancialmente a atención á cidadanía. Dende a alcaldía din estar pendentes da constitución do novo goberno galego co fin de solicitar novamente unha reunión co conselleiro de Sanidade para que dea unha solución a este problema.
Un problema que vai máis alá do verán
Malia que o estado da atención sanitaria se viu agravado especialmente nestes meses coa redución de persoal por vacacións, a problemática no concello rosaleiro vai máis alá, ao ter unha das ratios de pacientes por médico máis altas entre os municipios da contorna, cunha cifra de máis de 1.500 pacientes por médico. Segundo as recomendacións para o cumprimento de ratios de organizacións como a OMS ou a Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), o Rosal debería ter, independentemente da situación actual, un médico, dous enfermeiros e unha matrona máis, alén de poder contar cun pediatra con dedicación completa en vez de tres días por semana como agora.
Esta situación agrávase se sumamos ás deficiencias de persoal os problemas e carencias das instalacións e dos equipamentos, algo que foi detalladamente explicado nun informe enviado á consellería de sanidade o mes pasado e do que aínda non se obtivo resposta.
.

A Banda da Agrupación Musical do Rosal adapta o seu Festival de Músicos Xoves á nova realidade
O Rosal, 4 de agosto de 2020.- A Banda da Agrupación Musical do Rosal adapta o seu tradicional Festival de Músicos Xoves á nova realidade que trouxo a crise sanitaria por mor da COVID-19. Ante a imposibilidade de xuntar nun mesmo espazo e mantendo a distancia de seguridade aos seus máis de 70 compoñentes, a agrupación decidiu modificar o formato deste festival que se viña celebrando dende hai xa 30 anos para seguir levando a música a cada recuncho do municipio rosaleiro.
Para conseguilo, a dirección decidiu formar grupos reducidos de músicos que durante os meses posteriores ao levantamento do estado de alarma ensaiaron diferentes repertorios. Neste sentido, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, destacou “a capacidade de innovación e adaptación da agrupación para seguir facendo do Rosal un pobo cultural e musicalmente activo”. Nacen así 6 ensembles instrumentais que toman o seu nome homenaxeando a personaxes senlleiras na historia da Agrupación Musical, como Pepe Flores, José Vicente Simeó, Nani Matos ou Emilio Rodríguez. A estes grupos hai que sumar o grupo de cámara formado polo alumnado máis novo da escola de música e o grupo de clarinetes ‘Klason’, de longo percorrido na Agrupación. O director  da Banda da Agrupación Musical, Javier Alonso, destacou a importancia desta acción formativa. “Queremos traballar tamén cos rapaces da escola e dedicámoslles un día da programación, no que farán un concerto o día 20”, afirmou.
Así, a Agrupación programa un ciclo de dez concertos repartidos polas distintas parroquias do concello, cos que levar a súa música á veciñanza rosaleira mantendo sempre as medidas de seguridade ás que obriga a actual situación sanitaria. O concelleiro de cultura, Carlos Villanueva, sinalou as cousas positivas que o novo formato pode deixar, sinalando que lle gustaría que “o formato dos ensembles non morrese ao volver á normalidade, senón que servisen para darlle unha nova vitalidade á agrupación”. Pola súa parte o presidente da Agrupación Musical, Andrés García, anunciou que teñen pensado facer unha campaña de captación de socios “aproveitando que percorrer moitos barrios aos que levabamos tempo sen ir, o que é unha oportunidade para darse a coñecer”.
Os concertos concéntranse na segunda e terceira semana de agosto, comezando o martes 11 no campo de balonmán de Novás e rematando o sábado 22 cun concerto na Praza do Calvario, conmemorando así o día no que se tería celebrado o Festival de Músicos Xoves.
PROGRAMACIÓN DE VERÁN DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL:
11 DE AGOSTO: NOVÁS (CAMPO DE BALONMÁN)
               21:00 BRASS BAND   “José Vicente Simeó”
12 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
               21:00 Quinteto de metáis "Alfonso Ulloa"
13 DE AOGOSTO: SAN XIÁN (TORREIRO)
               21:00. Grupo de saxos “Emilio Rodríguez”
14 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
               21:00  Ensemble de ventos “Nani Matos"
15 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)
               21:00 Ensemble de madeira “Pepe Flores”   
16 DE AGOSTO: SAN MIGUEL (ALAMEDA)
               22:00 Grupo de saxos "Emilio Rodríguez"
                         Grupo de clarinetes Klason
18 DE AGOSTO: FORNELOS (ADEGA LAGAR DE CERVERA)
               21:00 Ensemble de madeira “Pepe Flores
20 DE AGOSTO: TABAGÓN (PRAZA DO MAIO)
               21:00  Cámara da escola
21 DE AGOSTO: O CALVARIO (IGREXA PARROQUIAL)
               21:00  DEXTRUM ENSEMBLE. Cuarteto de saxofóns
22 DE AGOSTO: O CALVARIO (PRAZA)
               22:00 BRASS BAND  "José Vicente Simeó"
.

A Deputación de Pontevedra aproba máis de 160.000 euros para o reacondicionamento do mercado de abastos do Rosal
O Rosal, 01 de agosto de 2020. A Praza de Abastos do Rosal, unha obra do arquitecto Enrique Álvarez Sala y Moris que data do ano 1954, verá reformado o seu espazo interior grazas a unha actuación cun orzamento superior aos 200.000 euros, dos cales 161.261,01 euros foron concedidos ao concello pola Deputación de Pontevedra. A partida foi aprobada este venres pola Xunta de Goberno do ente provincial e enmárcase dentro da liña 1 do Plan Concellos.
A reforma estará centrada no espazo interior do edificio histórico, que forma parte do catálogo de bens culturais do concello, e non afectará a súa estrutura nin á súa fachada. O seu obxectivo é adecuar o interior da Praza de Abastos ás novas necesidades funcionais, espaciais e sensoriais, este fin acadarase  mediante a redistribución dos postos, a reforma dos servizos existentes e o cambio de iluminación e materiais de acabado. As actuacións comprenderán tamén pequenas accións no exterior do edificio coa substitución de elementos de carpintaría e traballos para a reparación de deficiencias e elementos deteriorados en cuberta e terraza. Amais, tamén se realizarán melloras na rede de saneamento, fontanaría, electricidade e dotarase ao espazo con novo equipamento.
Con estas actuacións daráselle unha nova vida ao mercado e impulsarase o comercio local de proximidade facéndoo máis atractivo para a cidadanía. A Praza de Abastos contará no seu espazo principal con cinco postos: na illa central situaranse dous postos de froita, horta e flores e na franxa lateral as e os clientes atoparán unha carnicería, unha peixería e un despacho de pan.
.

O Rosal aproba a licitación do contrato para a redacción do proxecto básico e de execución para a remodelación da Praza do Calvario
O Rosal, 31 de xullo de 2020.- O Concello do Rosal aprobou este xoves en xunta de goberno a licitación do contrato para a redacción do proxecto construtivo, básico e de execución para a remodelación da Praza do Calvario. Danse así os primeiros pasos para unha remodelación integral deste núcleo urbano coa que se busca recuperar espazos públicos de calidade para veciñanza.
As empresas interesadas terán 15 días naturais para presentar as súas propostas desde a súa publicación este mesmo venres. Pasado este prazo, e tras a adxudicación, a empresa elixida terá cinco meses para a redacción do proxecto básico. Para a elaboración deste proxecto o equipo de Goberno vai contar coa veciñanza, ás que se lle dará voz a través dun proceso participativo para que sexa a propia sociedade civil a que opine, faga suxestións... sobre o futuro da praza.
A Praza do Calvario representa o centro social e administrativo do Rosal e está baixo afectación e protección da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, polo que calquera actuación debe contar co seu visto e prace. Ademais, no proxecto de reforma debe conservarse o uso polivalente da praza, pero cun marcado carácter peonil servindo de espazo de convivencia e lecer da veciñanza, incrementando o dinamismo comercial da zona e garantindo o acceso a residentes e carga e descarga dos establecementos comerciais.
O proxecto final presentado deberá de dotar de identidade a zona, reforzando o espazo como punto de revitalización urbana e comercial da contorna, propoñer novos usos e actividades que dinamicen a zona. Na reurbanización deberanse usar materiais construtivos que preserven e potencien o carácter patrimonial e arquitectónico existente e melloraranse as condicións de mobilidade peonil e as condicións ambientais e paisaxísticas da Praza e a súa contorna.
.
O Rosal súmase á Rede de Concellos Ágora polo espazo público
O Rosal, 31 de xullo de 2020.- O Rosal aprobou este xoves en pleno ordinario a súa adhesión á Rede de Concellos Ágora, unha rede de acción institucional entre concellos e Deputación de Pontevedra que ten como prioridade a revalorización do espazo público e a súa recuperación para o desfrute da veciñanza. O obxectivo desta rede é que, de aquí a xuño de 2023, os Concellos Ágora incrementen de forma substancial o espazo reservado para as persoas, itinerarios peonís e ciclables. “Continuamos a dar pasos cara unha transformación do Rosal en termos de mobilidade, implicándonos en proxectos que buscan devolverlle a prioridade á veciñanza e recuperar espazos para as persoas”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.
Trátase dunha rede estable de traballo promovida e coordinada pola Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos Urbanos. Baséase no principio de considerar o espazo público de calidade como un dereito ao mesmo nivel que a sanidade ou a educación que as administracións deben garantir, colocando ás persoas primeiro e avogando por unha mobilidade inclusiva na que nenos e nenas, persoas maiores e persoas con diversidade funcional teñan prioridade.
Os Concellos Ágora tamén se comprometen a promover a mobilidade natural e activa fronte á motorizada tanto nos núcleos urbanos como nos rurais, creando espazos de preferencia peonil nas rúas e prazas centrais e itinerarios peonís e ciclables no ámbito rururbano e interurbano, incentivando políticas de calmado de tráfico, reducindo a presenza de vehículos e creando espazos públicos amables e de calidade. Estes espazos servirán ao mesmo tempo para o fomento do comercio local e os concellos deberán promover nestes espazos recuperados actividades sociais, culturais, deportivas e de lecer que sirvan tamén como recurso turístico.
Durante este pleno tamén se aprobou unha modificación de crédito para a reestruturación do orzamento municipal co obxectivo de afrontar novos proxectos de futuro, como o ecoparque de Viso dos Eidos e Martín. Con esta reestruturación o Concello do Rosal contará co financiamento para poder licitar este proxecto. O equipo de Goberno fomentará a participación cidadá presentando o proxecto en exposición pública á veciñanza de Viso dos Eidos e Martín para recoller as súas apreciacións, suxestións... Na orde do día do pleno tamén se incluía a modificación de representantes do goberno municipal.
.

Regreso al contenido