Oia, xullo 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Oia, xullo 2020

PUBLICADAS
Oia acolle esta fin de semana o evento “A emoción dos viños”
Oia, 30 de xullo de 2020. O Real Mosteiro de Oia acollerá esta fin de semana a décima edición do evento “A emoción dos viños”, un escenario impresionante no que achegarse á esencia da terra a través dunha ampla variedade de caldos do país.
“A Emoción dos viños” presentará proxectos indispensables para a vida no rural, sementeira para o futuro da viticultura, e proxectos xa consagrados no olimpo vitivinícola mundial. Elaboracións especiais dun grupo de viticultores que representan, coas súas creacións, os mil matices da viticultura.
Defendendo sempre con firmeza un viño producido dende o respecto, cun traballo sostible na viña e cunha clara idea de calidade e identidade por riba de cantidade e mercado, os viticultores reivindican a sinceridade dos viños limpos elaborados con honestidade e respecto ao entorno e ao consumidor. A través deste evento a organización promove a difusión do pracer e a alegría de gozar duns viños que falan de territorios, de persoas e de emocións.
O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas tanto o sábado 1 de agosto como o domingo día 2. O prezo da entrada é de 15 euros para unha xornada e de 20 euros para as dúas. Os asistentes recibirán unha copa serigrafiada coa que poderán degustar todos os viños e ademais instalarase unha tenda para todas as persoas interesadas en adquirir algunha botella.
O evento desenvolverase na súa maior parte ao aire libre, nos xardíns e no claustro do Mosteiro, coas máis estritas medidas de seguridade e hixiene. Haberá dispoñibles 250 entradas (reservas en emociondosvinhos@gmail.com), que é o 60% do aforo permitido, co obxectivo de facilitar o mantemento das distancias de seguridade.
Ademais, e tal como di a orde publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 18 de xullo, o uso de máscara será obrigatorio.
.

 
O Concello de Oia formaliza a compra dos terreos do antigo Camping Pedra Rubia

Oia, 24 de xullo de 2020. O Concello de Oia adquiriu os terreos do antigo camping Pedra Rubia para recuperalos e destinalos a unha área de lecer e deportiva. Este xoves a alcaldesa, Cristina Correa, formalizou ante notario a escritura de compravenda da parcela correspondente a 17.012,90 metros cadrados, situados na zona do Aguncheiro (Mougás) en solo rústico común, a carón do Camiño Portugués da Costa.
O pasado 21 de xullo, o pleno municipal aprobou por unanimidade a compra, que se materializou este xoves.
O Concello, que recibiu 80.000 euros da Xunta de Galicia e 120.000 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correspondendo o montante total ao importe da compra, xa é propietario da parcela do antigo camping.
A adquisición da parcela é o primeiro paso para comezar a traballar nun proxecto de recuperación dos terreos degradados, tendo como obxectivo destinar o espazo a usos de esparcemento, deportivos e de lecer, en consonancia coas instalacións que xa existen e que presentan un importante estado de deterioro.
Entre estes equipamentos atópase a antiga recepción do camping, os vestiarios e almacéns, a zona de aseos e duchas, o edificio da que fora a cafetería-restaurante e unha pista polideportiva, así coma unha piscina.
A actuación tamén incluirá a recuperación e posta en valor das salinas romanas que se atopan no seu contorno.
Rueda e Rajoy percorren un tramo do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso por Oia

 
Oia, 06 de xullo de 2020. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, percorreron esta mañá un tramo do Camiño Portugués ao seu paso polo Concello de Oia, acompañados pola alcaldesa, Cristina Correa, e outros membros da candidatura, para poñer en valor a importancia do Camiño Portugués e do Camiño Portugués pola Costa, polos qeu cada ano chegan case 100.000 peregrinos, o segundo itinerario máis transitado despois do Francés.  “Unha fonte de orgullo, de tradición e cultura, pero tamén de riqueza e de emprego para a provincia”, sinala Rueda.
Despois do percorrido, Rueda e Rajoy visitaron os concellos de Baiona, O Rosal e A Guarda.
Regreso al contenido