Roque Camilo Carrero Lorenzo - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Roque Camilo Carrero Lorenzo

PUBLICADAS
ROQUE CAMILO CARRERO LORENZO
por José A. Uris Guisantes



       Camilo Carrero, nome como era coñecido pola maioría dos veciños daquela, se chamaba en realidade Roque Camilo Carrero Lorenzo, nado en Camposancos ás 11 da noite do 16 de agosto de 1884, sendo inscrito no Rexistro Civil da Guarda polo seu avó materno D. Casimiro Carrero Domínguez de 59 anos e de profesión labrego. [Folio nº 1574953/02 anotación nº 153].
       Figura cómo “hijo ilegítimo” de María Carrero Lorenzo de 19 anos de idade, solteira, de profesión xornaleira. Avoa materna Dona Tecla Lorenzo. Indicar que naquelas datas os fillos de solteira figuraban no rexistro con un só apelido, e neste caso Roque Camilo Carrero.
       Naturalmente o nome do pai do recén nacido non figura no rexistro, caíndo todo o peso “moral”??? do “pecado” ca pobre xornaleira con soamente 19 anos. ¡Diante de todo gardalas formas! nunha sociedade clasista da que en dous anos xurdiría -debido a moitas situacións vexantes en tantos anos-a Revolución de 1886 chamada La Gloriosa....[isto en un inciso].
       Emigrante na República Dominicana, traballa na capital, Santo Domingo, na firma comercial MUNNÉ &Co., máis tarde funda a sociedade García&Carrero [almacén de importación e exportación de artigos alimenticios], logo Camilo Carrero Lorenzo asóciase con Vega, Pérez & Co., [Laureano Vega, Manuel Pérez Carrero e Camilo].
       Antes de volver a Camposancos recoñece a dúas fillas habidas dunha relación sentimental, anos máis tarde de ser fusilado en Tui [un 7 de decembro de 1936] recibiron a herdade de seu pai, entre elas a Casa das Torres que logo venderon a D. Camilo Pérez Vicente.
       Sinalar que Camilo – solteiro empedernido – tivo outros dous fillos en Camposancos Generoso [finado fai pouco en Valencia] e Eloy [nas Illas Baleares],quen no momento de repartir a herencia quedaron sen nada polas supostas influencias de  terceiras persoas.
       Esta Casa das Torres fora edificada despois de chegar Camilo da República Dominicana en 1930, encargando ao contratista de Camposancos D. Teodoro Sabariz Pérez [1848-1927], obra que non chegou a rematar D. Teodoro por discrepancias nos conceptos da edificación, seguindo outro contratista cas obras.
       Un 15 de abril de 1931 A Guarda celebrou a proclamación da IIª República con unha gran manifestación popular que rematou [despois dos discursos de rigor] nunha festa-baile na Alameda a cargo da Banda de Música de Tabagón.
       De seguido a Agrupación Republicana de A Guarda nomea unha Xunta Xestora [Corporación Municipal] presidida por D. Manuel Álvarez Vicente como alcalde, D. Celso Candeira Pérez Iº Tte.Alcalde, D. Dámaso Ramón Trigo IIº Tte. Alcalde, D. Roque Camilo Carrero Lorenzo 3º Tte. Alcalde e D. Antolin Silva Vicente como Síndico, pero o 26 de abril o Gobernador Civil nomea outra Xestora: Alcalde D. Celso Candeira Pérez, Iº Tte. Alcalde D. Honorio Brasilino Álvarez Sobrino, 2º Tte. Alcalde D. Roque Camilo Carrero Lorenzo e responsable da Comisión de Obras D. Juan Noia Xil.
       A Federación Obreira de A Guarda, dirixida por Manuel Noia Xil  fora creada en 1931, aproveitando os dirixentes da federación os bos oficios do concelleiro socialista D. Roque Camilo Carrero Lorenzo para presentar preguntas e proposicións nas Sesións de Pleno.
Un dos enfrentamentos mais grandes sendo Alcalde D. Manuel Álvarez Vicente [que tamén había sido na Dictadura de Primo de Rivera] foi a negativa da Corporación Municipal a pagarlle ao Inspector Farmacéutico Municipal D. Benito Vázquez Vázquez [sogro de D. Brasilino Alvarez  Sobrino, a filla era Carmucha Vázquez Palacios] unha cantidade fixa anuai –prestara ou non seus servicios- polémica que rematou ca dimisión da Corporación Municipal.
       Camilo Carrero presidía daquela La Casa del Pueblo, sendo membro activo da Agrupación Socialista Agraria de Camposancos que existíu ata 1936, cando os sublevados de Franco atacaron a IIª República Española. Esta foi a única Agrupación Socialista na Bisbarra do Baixo Miño ata o ano 1981, data na que se constitue a Agrupación do Partido P.S.deG-PSOE de A Guarda, un ano  mais tarde serían as de Oia, O Rosal e Tomiño.
       O Secretario da Corporación Municipal daquela D. Adolfo Mosquera Castro [gran amigo e defensor de D. Manuel Álvarez], escribíu un artigo no Heraldo Guardés atacando a Camilo Carrero e acusándoo de ser un “hombre funesto”, logo contestado pola Federación Obreira  [presidida por D. Manuel Noia Xil] como gran persoa e defensor do obrerismo local, quen se limitaba a levar os asuntos a Corporación o non tela Federación representación na Corporación.
       Podemos dicir que D. Roque Camilo Carrero Lorenzo como persoa e cómo politico está sen estudiar en profundidade o igoal que a etapa que vai dende os anos vinte do século pasado ata 1936 no Municipio de A Guarda.
       Fúndase na Guarda o Partido Pepublicano Radical en outubro de 1932, sendo a figura mais representativa o propio Alcalde D. Antolin Silva Vicente gran admirador de D. Alejandro Lerroux García. Este Alcalde seguíu no cargo incluso despois da caida do Goberno de Lerroux.
       Camilo Carrero era unha persoa preocupada por Camposancos e nesta Sesión propón o arranxo da fonte-lavadoiro de O Pasaxe [...] que se haya obstruida desde hace tiempo, saliendo el agua con dificultad...
       Tamén apoia a D. Eduardo Pantaléon Saúl na proposicion de [...] Traida de Aguas para La Guardia......... O Alcalde D. Antolin Silva Vicente manifesta sobre o asunto[...] la carencia de agua en éste Municipio es de todos conocida, no sólo en cantidad sino en calidad...
       Eduardo Pantaleón Saúl defende a proposición [...] la necesidad de la obra de la Traída de Agua es tan indispensable que sin ella, pasando algún tiempo llegaremos a que no haya forastero que nos visite. Que se debe ir a ello sin titubeos y hasta llegar al empréstito...Propoñendo [...] que para el próximo ejercicio se consigne, por lo menos, una cantidad que no baje de 4.000 pesetas para los gastos que pueda ocasionar el estudio del Proyecto...
       A proposición contou co apoio de D. Antolin Silva Vicente, D. Roque Camilo Carrero Lorenzo, D. Juan Álvarez Portela e D. Agustin Carrero.
       Na Sesión do 10 de agosto de 1.933 aparece o nome de Camilo Carrero Lorenzo como representante da Comisión Pro-Turismo de Camposancos, invitando a Corporación Municipal a inauguración da Praia de Camposancos [ hoxe Praia de O Muiño].
       O Alcalde D. Antolin Silva Vicente declina a invitación por ter que acudir a Pontevedra con motivo da visita a Guarda do presidente do Consello de Ministros D. Alejandro Lerroux García [ xefe do Partido Radical], nomeando a D. Marcial Rodríguez Rodríguez como representante da Corporación, acordando tamén contribuír con 100 pesetas para gastos.
       Na sesión do 29 de agosto de 1933 Camilo Carrero súmase aos demais concelleiros para aprobar con gran entusiasmo a Moción para a construcción [...] de una Carretera a La Canosa, solicitándo del Sr. Ministro de Obras Públicas con carácter de urgencia.
       O 12 de outubro de 1.934 por desexo do Gobernador Civil D. Alberto Martínez toma posesión dos cargos unha nova Xestora na Guarda:
       Alcalde: D. Antolin Silva Vicente, D. Emilio Álvarez, D. Manuel Álvarez Vicente, D. Dámaso Ramón Trigo, D. Brasilino Alvarez Sobrino, D. Camilo Carrero Lorenzo, D. Marcial Rodríguez, D. Eduardo Pantaleón Saúl, D. Norberto Gándara Álvarez, D. Ricardo Fernández e D. Rodrigo Pacheco Lomba.
       Na Sesión Ordinaria do 31 de maio de 1.935, Camilo Carrero Lorenzo vota tamén a favor de que as Sesións teñan lugar os martes as cinco da tarde para que os cidadáns poidan asistir, nestas datas era Comandante do Posto de Carabineiros de O Pasaxe D. Miguel Torrón Fernández quen na guerra civil se manifestou acérrimo partidario das tropas sublevadas contra a IIª República.
       O Presidente do Consello de Ministros D. Alejandro Lerroux foi recibido en A Guarda o 3 de agosto de 1.935 con tódolos honores. Primeiro aterrou no aerodrómo de A Canosa diante de miles de persoas, monta na gasolineira de O Pasaxe para ser recibido na Casa Consistoria.
       O xantar de confraternidade ten lugar no restaurante de D. Angel Jurado Romero, asistindo “la flor y nata” dos representantes do Partido Republicano Radical do Baixo Miño.
       Antes o Alcalde de A Guarda D. Antolin Silva Vicente emitira un Bando conxuntamente co alcalde de O Rosal D. Generoso Lagarejos Rivas [outro Lerroxista de pro e dirixente do Partido Radical en O Rosal, así cómo o Sindicato Agrario de “Los Tabagones”], invitando aos cidadáns achegarse ao aerodrómo de A Canosa para recibir con tódolos honores a D. Alejandro Lerroux.
       Na Sesión do 29 de agosto de 1935 Camilo Carrero súmase aos demais concelleiros con gran entusiasmo apoiando a Moción para a construcción...
                                         [...] de una Carretera a la Canosa, solicitándola del Sr. Ministro de Obras Públicas con carácter de urgencia, obra tan útil como necesaria, que vendrá a completar las incomparables condiciones de nuestro Aerodrómo...
       A Moción fora presentada polo alcalde D. Antolin Silva Vicente e os concelleiros D. Dámaso Ramón Trigo Vicente, D. Juan Álvarez Portela e D. José Lomba.
       Debido a que neste BIENIO NEGRO dimitiran algúns concelleiros e outros non querían asistir as sesións, atopamos que nesta sesión soamente asisten: D. Antolin Silva Vicente, D. Dámaso Ramón Trigo, D. Agustin Carrrero, D. Camilo Carrero Lorenzo e D. Juan Álvarez Portela.
       Asiña a acta o secretario da Corporación D. Herminio Amigo Fernández.
O 3 de setembro de 1935 Camilo Carrero figura como 3º Tte. Alcalde, sendo el quen propón a Moción: “ Carretera de Sestás a Barra del Miño
                                                  [...] Se acuerda  enviar atto. Oficio al sr. Ingeniero Jefe de Obras Públicas de la Provincia, interesándose por el alquitranado de dicha carretera, como tiene ya la que de esta Villa va a El Pasaje, manifestándole a la vez que el arreglo que actualmente le están haciendo, resulta estéril, dadas las malas condiciones en que lo hacen, al emplear en el recebo más tierra que piedra, que la convertirá en un lodazal en cuanto vengan las épocas de lluvias...
       Camilo Carrero volve a insistir na sesión do 25 de setembro/35 [...] Carretera de La Guardia a Barra del Miño.... enterada la Corporación del Proyecto de Presupuesto para la construcción de la carretera de esta Villa a la Barra del Miño, acuerda prestarle su aprobación, comprometiéndose además a hacer entrega del 5% del importe total de la obra con arreglo a lo dispuesto en el artículo 13 de la Orden Ministerial de 20/ag/35....       
       Un 3 de outubro/1935 Camilo Carrero e demais concelleiros presentes: D. Antolin Silva, D. Dámaso Ramón Trigo González [este ademais era mestre de obras, construíu a capela de San Roque en 1914 é as Escolas Públicas de A Portela, entre outras obras]  e D. José Álvarez Portela APROBAN o PROXECTO para a construcción de Escolas Unitarias de Niños y Niñas y Viviendas de Profesores....
       Camilo tamén é protagonista na sesión do 10 de outubro/1935 [...] Estudio del Proyecto para una Traída de Agua ó Acueducto para ésta Villa. La mayor necesidad que actualmente siente el pueblo de La Guardia, es sin duda alguna una traída de aguas y teniendo esto en cuenta la Corporación ACUERDA encargar de hacer el Estudio del Proyecto de Traída de Aguas ó Acueducto para La Guardia, al ingeniero de Caminos D. Casimiro Juanes Diaz Santos, cuyos trabajos del proyecto se pagarán por trimestres con la consignación que figure en presupuesto, comprometiéndose dicho estudio y a entregar además al Ayuntamiento un plano de la Villa que comprenda desde el Coruto a la fuente de los Casás....                           
Secretario accidental.
Teodosio Sesto.
       Camilo Carrero na sesión do 31 de outubro/35 en calidade de 2º Tte. Alcalde pon no coñocemento dos demais membros da Corporación Municipal..
                                        [....] según referencias fidedignas el funcionario del Centro Sanitario D. Eduardo Pantaleón Saúl (*) a sido destituído de su cargo, sin más explicaciones y sabiendo de su competencia y laboriosidad y honradez le habían granjeado las simpatías de todos los vecinos del término municipal, que comentan de manera enérgica dicha destitución....
       El Ayuntamiento haciéndo suyas las palabras del Sr. Carrero, ACUERDA telegrafiar al Sr. Secretario de Sanidad, manifestando el disgusto con que esta Corporación ha visto la destitución de un empleado que como el Señor Pantaleón era no solo el funcionario de confianza de todo el cuadro de personal técnico de aquel centro, sino de todos los vecinos que en dicho establecimiento buscan alivio a sus males, y notificar asimismo éste ACUERDO al Señor Inspector Provincial de Sanidad y al Director del expresado Centro Secundario..
       Nesta Sesión a proposta do Tte. Alcalde D. Dámaso Ramón Trigo acórdase celebralas sesións os domingos as 10 da maña e as supletorias os martes as 5 da tarde.
       En novembro de 1.935 D. Roque Camilo Carrero Lorenzo figura  na acta da Sesión cómo 2º Tte. Alcalde apoiando ao Presidente e Secretario da Entidade Menor de Camposancos [D. Basilio Carrero e D. Bernardo González] para que a Corporación Municipal recoñeza oficialmente a existencia da Entidade Menor, cuestión que non logrou ao quedar enriba da mesa a decisión.
....................................
 
(*) Nota: D. Eduardo Pantaleón Saúl fora destituído polo Xefe Provincial de Sanidade Sr. Guisasola a instancias dos médicos locais D. José Jurado Romero [personaxe funesto e fundamental nos primeiros meses da represión falanxista] e D. José Álvarez Novoa [alcumado “O Cagarrucho”].
...................................
 
       Nuevo Heraldo Guardés recolle:
                                    [....] la arbitraria destitución de Eduardo Pantaleón produjo en la opinión pública efectos contrarios a los calculados por los manejos caciquiles.... presentaron la renuncia de sus cargos los médicos del cuadro de personal del Centro Sanitario (en solidiariedade con Eduardo Pantaleón), entre ellos D. Julio Casal Casdell [logo Xefe de Sanidade Exterior en Vilagarcía, fusilado nos primeiros meses da guerra civil], se suman a la protesta la Corporación de La Guardia, Oya, El Rosal, Tuy y Tomiño...
       En xaneiro de 1936 o Subsecretario de Traballo en Madrid D. José Varela resolve o asunto e obriga a repoñer nos seus cargos a tódolos represaliados....
       En Sesión  do 14 de novembro de 1935 a Corporación era a seguinte: Alcalde: D. Antolin Silva Vicente, 1º Tte. Alcalde D. Dámaso Ramón Trigo, 2º Tte. Alcalde D. Camilo Carrero Lorenzo, 3º Tte. Alcalde D. Marcial Rodríguez Rodríguez. Concelleiros: D. Rodrigo Pacheco Lomba, Agustín Carrero, D. Juan Álvarez Portela, D. José Lomba, D. Santiago González, D. Eduardo Pantaleón Saúl e D. Ricardo Fernández.
       Nesta Sesión permutan os cargos de secretarios dos Concellos D. Antonio Vidal Pérez que estaba en A Baña –A Coruña- con D. Herminio Amigo Fernández que está en A Guarda.
       A Corporación Guardesa acorda conceder “un voto de gracia” a D. Herminio Amigo Fernándezpor la laboriosidad y competencia demostrada al frente de su cargo”.
      Dende o momento da entrada das tropas na Guarda [27 de xullo de 1936] Camilo Carrero ponse a disposición do Alcalde Brasilino e do Comité Local de Defensa da República, sendo detido -xunto a outros moitos republicanos guardeses e do Baixo Miño – nos primeiros momentos, trasladado a Tui e xulgado por un tribunal militar en consello de guerra sumarísimo [...] acusado de ser el jefe de los Socialistas y propagandista de tales ideas socialistas, ser un activo miembro del Frente Popular y haber viajado a Rusia....   
       O 10 de agosto [xusto despois de xantar no restaurante de Angel Jurado Romero] o capitan Teresa da Garda Civil, o Tte. Salvador Buhigas Novo, presionan ó Alcalde Francisco Antonio Moreno Alvarez e parte da dereita guardesa para que aproben unha lista de mais de trinta persoas que serían “pasadas polas armas”, os presentes asustados consiguen que soamente sexan cinco, e poucas horas despois do xantar, foron fusilados en Paraños-Sestás  os representantes da clase obreira D. Antonio Domínguez Pacheco, D. Angel Domínguez Pacheco, D. José Alonso Portela, D. Herminio Domínguez Pérez e D. Julio Saavedra Galiñanes.
      O 25 de agosto de 1936 foi masacrado polos falanxistas en San Xián (O Rosal) D. Manuel Noia Xil presidente da Federación Obrera  da CNT de A Guarda e a primeiros de setembro tamen foi “paseado” o sindicalista goianés D. Daniel Carrera Martínez.
      D. Roque Camilo Carrero Lorenzo [republicano, católico e socialista] foi fusilado en TUI o 7 de decembro de 1936 xunto a D. Honorio Brasilino Álvarez Sobrino [Alcalde republicano e presidente do Partido Galeguista de A Guarda], D. José Manuel Vicent, D. Francisco Lloret [dono do Bar El Argentino sito no nº 1 da rúa Calvario] e D. Juliano Díez [empregado de Correos].
      No Consello de Guerrra Sumárisimo o Tribunal Militar acusouno de [...] ser el jefe de los Socialistas y propagandista de tales ideas socialistas, ser un activo miembro del Frente Popular y haber viajado a Rusia....   
      D. Roque Camilo Carrero Lorenzo era un apasionado socialista e un fervente católico practicante, defensor da clase obreira e dos máis humildes conveciños, ata tal punto que os curas e predicadores que acudían a Camposancos eran aloxados sempre na súa casa, comían e durmían na mesma Casa das Torres. Camilo daquela era rico podendo permitirse o luxo de  ir a Rusia para comprobar “in situ” como era realmente a vida social, económica e política, pero de seguido vai directamente a Roma, ó Vaticano co fin de darse unha idea de como era a realidade do catolicismo e da cabeza da igresia mundial.
 
José A. Uris Guisantes
Regreso al contenido