Tui, 20/05/20 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tui, 20/05/20

COMARCA
Non se poderá estacionar nin circular pola rúa Augusto González Besada

 
Tui, 19 de maio de 2020.  Este mércores, 20 de maio, vaise proceder ao pintado da sinalización horizontal na rúa Augusto González Besada, como paso previo ao establecemento do sentido único de circulación nesta vía.
 
Por este motivo dende ás 8 horas non se poderá estacionar neste rúa, e tampouco se poderá circular salvo para o acceso á rúa Rosa Bahamonde ou Foxo.
 
O pintado da sinalización horizontal comprenderá tanto a sinalización do sentido único de circulación coma das prazas de aparcamento.
 
Unha vez rematen estes traballos a rúa Augusto González Besada pasará a ter un único sentido de circulación que irá dende o cruzamento entre a rúa Martínez Padín, Colón e Ourense cara ao Paseo da Corredoira. Coma consecuencia deste cambio nvo tráfico outras dúas rúas no entorno da Praza de Galicia cambiarán de sentido de circulación. A circulación na rúa Camilo José Cela irá dende o Paseo da Corredoira cara a Praza de Galicia, e a rúa que comunica esta praza con Augusto González Besada pasa a ter este sentido.
 
 
Tui contrata a 17 persoas para diversos servizos ao abeiro do Plan Concellos 2020
 
Tui, 19 de maio de 2020.  O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra para diversos servizos municipais.
 
Esta semana incorpóranse xa os primeiros traballadores unha vez se completaron os procesos selectivos. Trátase dun oficial de segunda soldador a tempo parcial e dous oficiais condutores a tempo completo..
 
Nos próximos días incorporaranse tamén seis peóns de horticultura e xardineiría a tempo parcial.
 
Mentres continua o proceso selectivo para a contratación de dous auxiliares administrativos a tempo completo, catro animadores turísticos a tempo parcial, dous auxiliares da biblioteca e arquivo a tempo parcial.
 
A duración de todos os contratos será até o 31 de decembro deste ano.
Regreso al contenido