Tui, xullo 2020 - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Tui, xullo 2020

PUBLICADAS
Un centenar de veciños contan xa cun composteiro individual
Tui. Xoves, 30 de xullo de 2020.  Un centenar de veciños e veciñas de Tui contan xa nos seus domicilios cun composteiro individual, COIN, distribuído polo concello de Tui nos últimos meses. O pasado venres dez persoas recibiron o seu composteiro tras asistir á charla sobre a compostaxe que impartiu a mestra composteira municipal. Estas persoas tiñan presentado previamente a solicitude dun COIN para a súa vivenda.
Coa distribución de composteiros individuais o Concello de Tui aposta pola reciclaxe, e neste caso concreto pola redución da fracción do lixo que vai ao contedor verde.
A mestra composteira realiza ao longo do ano un seguimento de cada un dos composteiros entregados, para comprobar que se está a realizar o proceso de xeito correcto. Ao tempo resolve aos veciños e veciñas calquera dúbida que lles poida xurdir na utilización do COIN.
As persoas que desexen contar cun composteiro individual nos seus domicilios poden presentar a solicitude, no modelo accesible en tui.gal, a través do correo compostaxe@tui.gal, por rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica.
Amais dos composteiros individuais cómpre lembrar que en Tui hai tres composteiros comunitarios situados na rúa Compostela, no Camiño do Parador e no aparcamento municipal.
.

Pleno ordinario en Tui
Tui, 29 de xullo de 2020. Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o xoves día 30 de xullo ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:
ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1o.- Aprobación, se procede, de borradores das actas de sesións anteriores no 4 de 28/05/2020 e no 5 de 15/06/2020.
2o.- Toma de posesión de María del Pilar Besada Barahona á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (RE 4188 do 07/07/2020).
3o.- Expediente 799/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 03/07/2020, de rectificación do acordo de Pleno da sesión ordinaria do 28/05/2020 en relación ao expediente de suplemento de crédito no 1/2020 (modificación de créditos 16/2020).
4o.- Expediente 811/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 03/07/2020 , de rectificación do acordo de Pleno da sesión ordinaria do 28/05/2020 en relación ao expediente de crédito extraordinario no 4/2020 (modificación de créditos 17/2020).
5o.- Expediente 1320/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 23/07/2020, relativa a aprobación do expediente de crédito extraordinario no 5/2020 (Modificación de créditos 23/2020) financiado con remanente líquido de tesoureria paga gastos xerais".
6o.- Expediente 366/2019. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta de Alcaldía, de data 16/07/2020, relativa a aprobación definitiva do "Inventario de vías e camiños municipais do Concello de Tui".
7o.- Expediente 1114/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 01/07/2020, relativa a modificación bases de execución do Orzamento 2020.
8o.- Expediente 2987/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, de proposta da concelleira-delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 16/07/2020, relativa a aprobación de bonificación de ICIO correspondente a obras que realizan os afectados de Paramos.
9o.- Expediente 1207/2020. Proposta da concelleira de Fadenda, de data 20/07/2020, relativa a a bonificación de ICIO correspondente as obras de "Limpeza e cambio de tellas rotas" sito na rúa San Telmo, 66.
10o.- Expediente 1267/2020. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, do 23/07/2020, de proposta de Alcaldía, de data 17/07/2020, relativa a adhesión do Concello de Tui á Rede de Concellos ÁGORA polo Espazo Público.
11o.- Expediente 1308/2020. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deportes, do 23/07/2020, de proposta de Alcaldía, de data 22/07/2020, relativa ás "Bases reguladoras para concesión de axudas municipais de material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (2a etapa), Educación Primaria e Secundaria do Concello de Tui - Curso 2020-2021".
12o.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, do 23/07/2020, relativo a proposta de Alcaldía, de data 20/07/2020, de adaptación da normativa tributaria co fin de poder modificar as ordenanzas fiscais municipais.
13o.- Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais, do 23/07/2020, relativo a "Moción do Sr. Palacín Rodríguez con RE no 2020-E-RE-1417 do 23/07/2020, sobre a Estrada PO 404 e a necesaria abordaxe urxente dos tres puntos negros máis graves".
14o.- Mocións de Urxencia.
B) Actividade de control:
15o.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía do no 553, do 25/05/2020, ao no 814, do 23/07/2020.
C) Rogos e preguntas:
16o.- Rogos e preguntas.
.

 
O alcalde e o concelleiro de Servizos Sociais felicitaron a Leonor Martínez Gándara no seu centenario

 
Tui. Luns, 27 de xullo de 2020. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, felicitaron o sábado, en nome da poboación tudense, a Leonor Martínez Gándara, no seu centenario.  O rexedor e o concelleiro obsequiárona cun ramo de flores na data do seu 100 cumpreanos.
Leonor Martínez Gándara, naceu o 25 de xullo de 1920, aínda que no seu DNI figura o 16 de agosto.  Aos seus 100 anos Leonor Martínez conta con boa saúde.  Casou con Domingo Sestelo Gonzalez, que tocaba o trombón na Banda de Música Popular de Tui. Tivo 6 fillos, 3 homes e 3 mulleres, 16 netos e 21 bisnetos.   Na actualidade vive en Caldelas cunha das súas fillas, pero anteriormente residía en Baldráns.
 
Cinema, teatro e música propostas esta semana en “Volvemos á rúa”
Tui. Luns, 27 de xullo de 2020.  Cinema, música e teatro de monicreques centra a oferta para esta derradeira semana do mes de xullo na programación “Volvemos á rúa”.
A primeira das propostas desta semana é chega da man da charanga tudense Cantos Somos que ofrecerá un pasarrúas o mércores dende ás 21 h.
Xa o xoves, ás 21 h, no Paseo da Corredoira actuarán Fantoches Baj co espectáculo de teatro de monicreques "Os romeiros do caracol". Poderán asistir 100 persoas que poden reservar a súa entrada, de forma gratuíta, en www.enterticket.es até o xoves ás 12 h.
Trátase dun espectáculo de monicreques e música no que Inacio Vilariño, director, actor e manipular, e Carlos Quintá, músico, achégannos ás historia do camiño de San Andrés de Teixido baseándose na obra "Romarías e Santuarios de Galicia" de Antón Fraguas.   Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos que empregan. A escenografía é un enorme caracol no que cantan e contan as lendas de San Andrés.
O venres será a quenda do cinema coa proxección do clásico “E.T.” será ás 22.15 h no Paseo Fluvial.  Poderán asistir 300 persoas tras reservar entrada, até o venres ás 12 h, en enterticket.es.
Por último dentro de Música na Rúa o sábado dende ás 21 h fará un pasarrúas polo centro urbano a Asociación do Traxe de Tui.

El operativo especial de la Policía Local, con motivo del 25 de julio, se salda con dos conductores sancionados por conducción temeraria
Tui, 27 de xullo de 2020. La Policía Local de Tui desarrolló este pasado fin de semana un operativo de control y vigilancia del tráfico con motivo de la festividad del 25 de julio, que se inició el sábado por la mañana, interceptando los abgentes a un conductor que circulaba realizando trompos en el terreno de la nueva ubicación del mercado semanal, procediendo a sancionarlo por conducción temeraria.
Por otra parte, en el servicio nocturno los agentes de la Policía Local de Tui, detectaron a un conductor que circulaba con el permiso de conducción retirado por pérdida total de los puntos, y por conducir bajo la influencia de bebidas alcohólicas. Por estos hechos el conductor será investigado como presunto autor de un delito contra la seguridad vial.
Horas más tarde la Policía Local recibió el  aviso de un vecino tras registrarse un accidente de circulación en la calle Calvo Sotelo. El conductor del vehículo implicado dio positivo en drogas y estupefacientes.
Por último, el domingo a primera hora de la mañana, los agentes de la Policía Local interceptaron a un vehículo que había realizado una arrancada en la calle Augusto González Besada, al lado de las dependencias policiales. Procedieron a su denuncia administrativa por alcoholemia tras dar positivo en la prueba, y denuncia por conducción temeraria.


O Punto Limpo de Tui conta cun contedor específico para a recollida de xiringas e agullas de uso domiciliario
Tui. Venres, 24 de xullo de 2020. Dende esta semana o Punto Limpo, situado en Guillarei, conta cun contedor para a recollida xiringas e agullas de uso domiciliario. Aqueles pacientes que por tratamentos diversos precisan empregar agullas e xiringas dun só uso poden depositalas no Punto Limpo.  Para iso deberán solicitar cita previa no 629 70 64 36 e cando acudan comunicar ao persoal desta instalación o tipo de material que van depositar, de tal xeito que lles achegará o contedor correspondente para que eles mesmos o poidan depositar no interior.
Deste xeito o Concello de Tui continua a brindar servizos entorno a recollida de lixo, neste caso prestando a recollida deste tipo de produtos.
Convén recordar que o Punto Limpo abre de luns a venres de 8.30 a 14 h e os sábados de 9 a 13 h, pero sempre solicitando cita previa no 629 70 64 36.
Por outra parte lémbrase que tanto as luvas coma as máscaras débense tirar ao lixo no interior dunha bolsa depositada a súa vez na bolsa do lixo dirixida ao contedor verde.


A Biblioteca Municipal de Tui recibe axudas da Xunta para mellorar a súa colección bibliográfica
Tui, xoves, 23 de xullo de 2020. A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ten comunicado a resolución das axudas convocadas para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. A Biblioteca Municipal de Tui recibirá achegas nas dúas liñas de axudas convocadas
A primeira liña de axudas, que subvenciona a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico beneficiará a Tui cunha dotación de 1.949,33 €. Con esta medida a Consellería de Cultura e Turismo pretende ofrecer aos usuarios estas novidades editoriais no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais.
O segundo programa, dedicado á mellora das coleccións bibliográficas e no caso da Biblioteca Municipal de Tui a achega será de 2.415,46 €. Estas liñas de axudas enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por mellorar é incrementar a oferta e o servizo aos usuarios destes centros, actualizando as coleccións para que as bibliotecas planifiquen as adquisicións de novidades editoriais.
Tamén no mesmo ámbito, a Biblioteca Municipal tudense participará no programa de dinamización lectora que promove a Consellería de Cultura e Turismo, cunha achega de 859,03€ quen será destinada á realización de actividades de animación á lectura no mes de setembro/outubro, dedicadas especialmente á conmemoración do 50 aniversario da inauguración da Biblioteca Pública Municipal tudense que tivo lugar no ano 1970.
Para a responsable da concellería de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, a concesión de ambas axudas unida aos fondos propios que achega o Concello nesta mesma materia posibilita que o centro bibliotecario tudense continúe mellorando a súa dotación de libros para todos os segmentos de idade da cidadanía tudense, que teñen na biblioteca un lugar privilexiado de acceso á cultura e a información ao longo destes cincuenta anos de actividade.
    
El Consorcio llama a un uso responsable del agua en Tui
Tui, xoves, 23 de xullo de 2020. Las elevadas temperaturas de las últimas semanas han disparado el consumo de agua en Tui, registrando valores muy elevados de hasta 110 litros por segundo en las horas punta que podrían poner en riesgo el abastecimiento a la población si se registrase alguna avería en las conducciones.
Por este motivo el Consorcio de Augas do Louro y el Concello de Tui hacen un llamamiento al uso responsable del agua, limitándolo a lo estrictamente necesario y restringiendo los usos secundarios como riegos, baldeos o llenado de piscinas.   
     
O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxio pola COVID19
Tui. Venres, 17 de xullo de 2020. O Concello de Tui fai un especial chamamento á responsabilidade e ao cumprimento da normativa para evitar contaxios pola COVID19.  
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así o expón facendo especial fincapé na celebración de eventos privados ou públicos. Indica o rexedor que “estamos observando que os contaxios estanse producindo na realización de eventos, tanto de carácter público como privado, que supoñen a congregación dun determinado número de persoas”. Por este motivo fai un chamamento á responsabilidade dos organizadores deste tipo de eventos solicitando “moita cautela, sobre todo a aquelas concentracións familiares, xa que calquera tipo de concentración de persoas supón un risco serio e moi elevado de contaxio, sobre todo se non se gardan as normas establecidas”.  Engade o rexedor tudense que os eventos públicos son os máis preocupantes. Nese senso lembra que requiren de autorización municipal, declaración do compromiso do cumprimento dos protocolos para evitar o contaxio pola COVID19 ou de seguro de responsabilidade civil. Advirte o rexedor que dende o Concello se vai ser moi estritos con aqueles eventos que non estean autorizados, polo que darán aviso ás forzas de seguridade para que inspeccionen e fiscalicen calquera evento que se celebre nun espazo público para que cumpra coas normas establecidas.
Ao tempo dende o Concello de Tui faise un chamamento tamén á responsabilidade individual de cada un de nós para o uso de máscara, lembrando a súa obrigatoriedade, e para gardar a distancia de seguridade establecida.
      

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil conta cunha nova directiva

Tui, mércores, 22 de xullo de 2020. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui conta con nova xunta directiva froito das eleccións celebradas hai uns días. Así Juan Manuel González Estévez ocupa o cargo de presidente, María Fernanda Abreu Estévez é a secretaría e Adolfo Pérez Paramos o tesoureiro. Mentres os vogais son Nicolás Francisco Martínez Pazo, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal  e Cristina Álvarez Bernárdez.
A colaboración dos voluntarios de Protección Civil co Concello de Tui ten sido de gran  importancia durante o Estado de Alarma realizando un total de 477 horas en distintos servizos. A principal actividade estivo no reparto de alimentos, tanto a través do departamento de Servizos Sociais coma colaborando con SOS Tomiño Baixo Miño. A distribución de máscaras e  pantallas de protección, a desinfección de contedores e instalacións municipais foron outros dos labores realizados. Amais entregaron os cadernos de estimulación cognitiva da Asociación de Párkinson do Baixo Miño entre os usuarios deste colectivo. Tamén colaboraron na entrega de ordenadores a aqueles estudantes que carecían desta ferramenta para poder seguir as clases en liña, e realizaron a colocación de carteis informativos, entre outras tarefas.
Dende o Concello de Tui quérese amosar publicamente o agradecemento polo labor realizado ao longo dos últimos meses a María Fernanda Esteves Abreu, Alberto Solleiro Álvarez, Isaac Estévez Carballal, Adolfo Pérez Paramos e Juan Manuel González Estévez.
    
Play-Doc se incorpora al recién creado Rías Baixas Film Fest, marca de calidad para relanzar y fortalecer los festivais de cine de la provincia

Tui, 22 de xullo de 2020. “Hai poucas provincias no conxunto do Estado que teñan tantos festivais audiovisuais e de tanta calidade como a de Pontevedra”, declaraba la presidenta da Deputación, Carmela Silva, al dar a benvida á nova marca provincial de calidade para o cinema da provincia, “Rías Baixas Film Fest”, que integra aos festivais máis importantes: Cans (O Porriño, 2-5 de setembro), Primavera de Cine (Vigo, 15-20 de setembro), FIC Bueu (11-19 de setembro), Play-Doc (Tui, 23-27 de setembro), Festival Again de Cine Inclusivo (Vigo, 13 ao 17 de outubro), Curtas Festival do Imaxinario (Vilagarcía, 23 de outubro ao 1 de novembro), Galicia Freaky Film (Vigo, 28 ao 31 de outubro), Novos Cinemas (Pontevedra, 15 ao 20 de decembro) e Curtas Armadiñas (Poio).  
Para o director de Play Doc, Ángel Sánchez, que agradeceu en nome de todos os festivais, “o diálogo fluído” coa Deputación para “construír novas ideas” e subliñou o papel do cinema para “formar espectadores críticos e lograr a transformación social nas nosas contornas”. Sánchez ensalzou a súa incidencia na economía e na proxección da provincia “fóra das nosas fronteiras” e, en canto á marca, destacou a importancia do “traballo conxunto para incrementar a visibilidade, dignificar a cultura, profesionalizar o sector e ser máis fortes no relato cultural”. No que respecta aos representantes municipais, agradeceron a colaboración da Deputación para “unir esforzos” e “ser máis fortes”, para “chegar máis lonxe”, así como pola posta en marcha do protocolo sanitario para garantir a seguridade das persoas que se acheguen aos eventos.
     
El Partido Popular de Tui critica o cambio de ubicación do mercado dos xoves no Pleno extraordinario celebrado no día de hoxe

Tui, 22 de xullo de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que o Pleno Municipal celebrado en sesión extraordinaria no día de hoxe e que foi solicitado en conxunto co resto de grupos da oposición  rematase sen un acordo plenario claro acerca da nova localización do histórico mercado semanal dos xoves.
A postura do Partido Popular no devandito Pleno foi cuestionar a nova localización por razóns tanto de fondo como formais.
No aspecto formal o cambio realizouse sen un proceso de negociación claro do goberno local tanto co sector da venda ambulante como co comercio local impoñendo unilateralmente os seus criterios.
A nova localización que supuxo  un  gasto importante de cartos públicos innecesarios para o erario público municipal, uns perto de 50.000 euros.
O grupo municipal popular insiste na necesidade de valorar todas as posibles localizacións deste mercado semanal que ben podería ocupar toda a zona da recentemente peonalización do paseo da corredoira contribuíndo á súa dinamización. A recente peonalización deste espazo unido ao cambio de direccións e restricións de tráfico están a acabar co comercio local no centro da nosa cidade  circunstancia que implicará, senón se remedia, a desaparición dos poucos negocios que quedan.
No Pleno extraordinario púxose de manifesto que incluso os propios veciños teñen tomado a iniciativa para recoller sinaturas para solicitar que o mercado volte á localización orixinaria pois moita xente non está de acordo con esta nova situación, pola incomodidade que supón de desprazarse ata alí, a baixada das vendas, afectación ao comercio local do centro, e o desamparo do lugar en época invernal.
O portavoz municipal insistiu no feito de que o cambio de situación se fixera as costas do Pleno Municipal sustraéndolle as súas competencias ao tratarse sen dúbida dunha competencia plenaria, tal e como recolle a Ordenanza Municipal da Venda Ambulante. Ademais de realizarse sen a preceptiva comunicación por escrito aos interesados.
Tamén se criticou a asignación arbitraria dos postos incumprindo o disposto na devandita ordenanza reguladora.
Outro aspecto formal criticado polo noso Grupo no devandito Pleno extraordinario foi o custe do acondicionamento dos terreos que en parte non son de dominio público, así como a posible exención das taxas que se perciben, cuxa exención de momento non ten sustento xurídico algún.
En cuanto ás cuestións de fondo o noso Grupo Municipal referiuse á esencia do mercado tradicional dos xoves, vixente dende o século XVII, entendendo que é un elemento importante na vocación comercial de Tui no que semanalmente se congregan un importante número de persoas que dinamizan de xeito importante a economía tudense.
Compartimos co colectivo de vendedores, a súa enorme preocupación pola deslocalización do mercado da súa tradicional ubicación, pois despois de tres meses de paralización da súa actividade o vendedores  son reubicados nunha zona fora do centro urbano provocándolle unha diminución das súas vendas e abocándoos a unha crise definitiva dos seus negocios. Un sector que xa foi excluído ata o de agora das medidas de reactivación económica local e que agora sofren por contra esa dobre crise.
Entendemos que o mercado dos xoves xoga un importante papel dinamizador da vida comercial tudense, retroalimentándose co comercio local da zona e que alonxar o mercado do centro supón un  grave erro que prexudicará a ambos sectores.
Indicar tamén que no Pleno non se permitiu a asistencia de público cuestión  que foi solicitada polo conxunto dos grupos da oposición no escrito de solicitude, polo que non viamos obstáculo xurídico algún máis ben todo o contrario pois as sesións son públicas e debe motivarse convenientemente. Incluso se achegaron veciños afectado que sí querían acudir á sesión extraordinaria respectando loxicamente as medidas sanitarias oportunas para escoitar de primeira man o que alí se dicía por canto está en xogo o seu traballo e o seu xeito de gañarse a vida.
Circunstancia que entendemos como unha mostra máis de pechar as institucións aos veciños. Este feito contrasta coa actitude mostrada no eslogan da axenda cultural para este verán que publicou o Concello onde  reza: “volvamos á rúa”. Nembargantes, tristemente a rúa non volta ás institucións.....
Por último indicar que o noso Grupo Municipal valora muy positivamente a acción, o interese e o traballo de tódolos Grupos da Oposición neste asunto cas aportacións realizadas, as súas propostas e posicionamento neste Pleno que deixa en solitario ao grupo de goberno e as súas decisións unilaterais.
    
O BNG de Tui defende a ubicación do mercado dos xoves no centro da cidade
Tui, 22 de xullo de 2020. No pleno extraordinario celebrado onte a portavoz municipal, Carmen Núñez, acusou ao goberno municipal de saltarse a mesma ordenanza que obriga a cumprir aos vendedores baixo a ameaza de retirarlles as licenzas. A ubicación do mercado é competencia plenaria, pero o goberno municipal utilizou a desculpa da seguridade pola Covid 19 para trasladar o mercado, sen acadar aprobación plenaria e comprometéndose ante os ambulantes a reubicalo en caso de non dar resultado nesta nova localización. Onte afirmou no pleno que a súa intención é que esta ubicación sexa definitiva.
Para o BNG o goberno local mostra as mesmas formas impositivas e pouco dialogantes que criticaba do anterior goberno cando era oposición. Esta forma de actuar autoritaria e pouco democrática, negándose por unha parte a valorar outras  localizacións alternativas, que permitirían cumprir as normas de seguridade necesarias pola Covid-19 e que permitirían manter o mercado no casco urbano, favorecendo así a hostelería e o comercio local. Ademais, acusan ao goberno municipal de negarse a debatir en pleno o asunto, forzando a solicitude de pleno extraordinario por parte dos grupos da oposición. Neste sentido o BNG defende manter o mercado na súa anterior ubicación, extendéndoo á rúa Augusto González Besada, facéndoa peonil os xoves, o cal sería unha verdadeira humanización, e permitiría unificar todos os espazos que anteriormente ocupaba o mercado. Ademais esta proposta podería supor unha ubicación definitiva, toda vez que o lugar agora determinado polo goberno local será forzosamente de carácter transitorio ó non ser os terrenos de titularidade municipal.


Chega a Tui a exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”
Tui. Martes, 21 de xullo de 2020. Dende hoxe e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra “Río Miño: memorias transfronteirizas”. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro sete de agosto.
Na exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas” os visitantes poden contemplar primeiro as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Despois, mergullarse no seu interior para coñecer unha trampa de pesca da lamprea e as súas especies acuáticas máis icónicas.
En itinerancia por dez municipios transfronteirizos durante o ano de 2020, esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan na súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.
Os 75,5 km finais do río Miño están plenos de memorias e lugares marabillosos. Antes de chegar ao mar, o río asume aquí a tarefa de dividir dous países mais une unha cultura. Unha cultura plena de Tesouros Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.
Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente, esta mostra acada en Tui unha singular relevancia, por canto a nosa cidade, xunto con Valença, conforman un espazo transfronteirizo único, pois o río Miño achega aínda mais a dúas cidades unidas polo territorio, pola cultura, pola vida común dos seus cidadáns. Non existen outras dúas cidades na fronteira hispano portuguesa cunha continuidade física como a que posúen Tui e Valença. O proxecto da Eurocidade trata de afondar nesta relación e interdependencia enriquecedora, e símbolo das relacións entre Galicia e Portugal.

C 21 considera co Goberno Local non actuou conforme a procedemento no traslado do Mercado do Xoves
Tui, 21 de xullo de 2020. Tralo pleno extraordinario monográfico sobre o mercado do xoves  celebrado onte, o concelleiro de C21, José Manuel Palacín, afirma co  Goberno Local PSOE – EN MAREA no actuou conforme a procedemento, ao trasladar os postos dende a Corredoira e outras rúas céntricas de Tui ata a prolongación de Casal Aboy e terreos de Cam-Fram, debido a que a ordenanza determina que dita decisión é de competencia plenaria.
Do mesmo modo, o concelleiro liberal laméntase de que o Goberno non lle facilitase a información que tiña solicitado por rexistro de entrada referente a situación xurídica das rúas nas que se asenta agora o   mercado.  
Noutro orde de cousas, Converxencia 21 avala a enorme utilidade deste  pleno porque entre outras cuestións, afirma o seu representante: “Serviu para revelar o feito de que o Sr. Cabaleiro utilizou a Crise do COVID como escusa para liquidar o mercadillo do centro da cidade, de forma unilateral, con visos de opacidade e con actuacións que, unha vez mais, afectan de maneira implacable aos petos do contribuínte, por implicar un custe de 46.000 euros so en concepto de acondicionar o firme nun espazo que podería resultar inviable durante o inverno debido as inclemencias climatolóxicas”.               
Por último, xa que o mercado mudou para esta zona, os liberais volven a pedir asegurar de forma real o perímetro do edificio municipal lindeiro e a limpeza dos seus cristais por considerar este entorno como  perigoso e antiestético.


Un detido, unha alcoholemia positiva e denuncias por incumprimento da obrigatoriedade do uso de máscara entre as actuacións da Policía Local na fin de semana
Tui. Luns, 20 de xullo de 2020. Un detido por agresión a axentes, unha denuncia por duplicar a taxa de alcohol permitida, e outras por non usar a máscara foron parte das actuacións esta fin de semana da Policía Local de Tui.
O venres, axentes da Policía Local, deron o alto ao condutor dun vehículo que circulaba de forma errática, procedendo a denuncialo en vía administrativa ao dar resultado positivo na proba de alcoholemia en aire expirado realizada co etilómetro de precisión debidamente homologado. O resultado final foi de 0,58 mg/l en aire expirado, superando o dobre da taxa permitida regulamentariamente.
Por outra parte, o sábado pola noite a Policía Local detivo a un home por un delito de atentado contra os axentes da autoridade e negativa a identificarse en reiteradas ocasións. Os axentes foron requiridos por un particular debido a unha pelexa na que se viu involucrado do detido. Esta persoas, presuntamente baixo os efectos de bebidas alcohólicas, debido aos síntomas de embriaguez que presentada, arremeteu contra os axentes causándolles lesións aos dous policías locais que practicaron a detención.
Tamén o sábado pola noite a Policía Local denunciou a dous clientes dun establecemento hostaleiro por incumprimento da nova obrigatoriedade do uso da máscara. Amais á última hora da noite  desaloxaron un establecemento de ocio nocturno debido ao incumprimento do horario de peche. O local estaba en plena actividade, con gran afluencia de persoas no seu interior, nalgúns casos sen manter a distancia de seguridade.
Por último, durante a fin de semana, os axentes da Policía Local tiveron que intervir ante a comisión de distintos actos vandálicos en distintos puntos do termo municipal. Así rexistráronse pintadas na estatua de Calvo Sotelo, rexistrou un pequeno incendio nunha arqueta logo de que prenderán lume a uns papeis no interior, e que os axentes sufocaron cun extintor,  e tiraron vallas ao río no Paseo Fluvial que se empregaran para delimitar a zona do cinema ao aire libre.

Sesión extraordinaria de Pleno
Tui, 20 de xullo de 2020. Martes, día 21 de xullo, ás 09:00 horas, no Salón de Sesións da Casa do Concello e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, a solicitude de concelleiros da Corporación segundo solicitude con R.E. no 2020-E-RC-4064 do 01/07/2020, e de acordo co disposto no artigo 46.2 a) da Lei 7/1985, coa seguinte
ORDE DO DÍA
ÚNICO.- Cambio de localización do Mercado dos Xoves por parte do Goberno actual.
 
O autocine chega este venres a Tui coa proxección de “Grease”

 
Tui. Luns, 20 de xullo de 2020.  Cinema, música  e maxia estarán presentes esta semana na programación “Volvemos á rúa” en Tui.
Unha das novidades deste verán é o autocine. A primeira proxección será este venres ás 22.30 h coa película “Grease”. Esta mañá abriuse a reserva de entradas, pero debido a un problema técnico tivo que paralizarse e volverá activarse este mércores ás 12 h, co número de prazas que quedan dispoñibles. A reserva realizarase para un coche e até un máximo de catro ocupantes, dos que se deberá facilitar os datos de contacto.  O autocine contará cunha pantalla de 150 metros cadrados, emprazada diante da fachada posterior da Área Panorámica, e o son difundirase a través dunha canle de FM, que se deberá sintonizar na radio do coche.  “Grease” foi rodada en 1978 baixo a dirección de Randal Kleiser. Está ambientada nos anos 50, e conta a historia de amor entre Danny Zuko e Sandy Olsson.
O domingo ás 22.30 h a rúa Compostela acollerá o concerto “Cantarelas” de Leilía. Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez celebran os seus trinta anos interpretando algúns do seus temas máis emblemáticos con outros menos coñecidos, cun percorrido polas distintas sonoridades do grupo. Poderán asistir ao concerto 300 persoas sentadas e 150 persoas de pé.
Previamente o mércores, ás 21 h, na Praza de San Fernando a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o seu segundo concerto deste verán baixo a dirección de Eloy Carrera Bernárdez.  O aforo está limitado a 100 persoas.
A maxia chegará o xoves, ás 21 h, ao Paseo da Corredoira con Dani García e o seu espectáculo "Don Gelati", do que poderán gozar 100 persoas.  Achéganos a un curioso vendedor de xeados, Don Gelati, que chega á praza principal do pobo, pero sofre constantes infortunios co seu carriño que terá que solucionar rapidamente.
As entradas para estes espectáculos poden reservarse de forma gratuíta en enterticket.es até o día do evento ás 12 h, salvo no caso do autocine que volverán activarse o mércores ás 12 h. En cada unha destas citas hai establecido un protocolo COVID19 que se pode consultar en tui.gal.
Amais, o sábado, ás 21h fará un pasarrúas a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos dentro de “Música na rúa”.


O patrimonio das parroquias tudenses centra a exposición “Pérdete polo rural”
Tui. Venres, 17 de xullo de 2020. Unha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición “Pérdete polo rural” que dende hoxe se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando en Tui.  Permanecerá aberta até mediados de agosto.
Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Cultura, Laureano Alonso, participaron na apertura da mostra canda aos promotores da mesma Telmo Alfaya e Antonio Lago.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou o seu agradecemento ao polifacético Telmo Alfaya nunha iniciativa que pon en valor todo o  patrimonio existente ao longo do termo municipal de Tui. Pola súa parte o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacaba esta iniciativa de Telmo Alfaya e Antonio Lago á que dende o Concello de Tui foron sensibles dende o primeiro ante o interese que ten recompilar e recuperar o patrimonio existente nas distintas parroquias.  
Diferentes pezas prehistóricas con talla lítica, os bosquexos dos que partiu o mapa visual, unha maqueta da conca do Miño cos petróglifos máis representativos en cada municipio, conforman esta mostra, que pretende tamén servir de guía para que o visitante poida despois realizar o roteiro polas parroquias tudenses. Así pódense coñecer os petróglifos, as fontes, as igrexas, os cruceiros, os muíños… que forman parte do noso legado patrimonial. O pintor Antonio Lago percorreu este lugares do rural tudense, ao longo de case un ano, para logo poder plasmar este elementos no mapa visual.
Amais o domingo 26 realizarán a “Ruta das Augas”, un percorrido guiado por  Cristian Lago para o que se ofertan 25 prazas. Comezarán ás 18 h cunha charla a cargo de Alberto Romero, e logo a ruta guiada. Contarán con todas as medidas de seguridade. Os interesados poden anotarse no 636 82 26 02.
Telmo Alfaya ideou esta exposición “Percorrendo o rural” dentro do proxecto que ten de crear un Museo da Prehistoria e un Museo do Rural Galego, no entorno do Pancho Cultural na Guía en Randufe.
 
C21 solicita a reparación da rexilla que protexe o ventilador do aire acondicionado da Área Panorámica
Tui, 17 de xullo de 2020. O Concelleiro de C21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a inmediata reparación da rexilla protectora do ventilador que se atopa no motor do aire acondicionado da Area Panorámica.
Dita rexa protectora, que se atopa nunha caixa no exterior, pola cara que da a Rúa Ourense, presenta un aspecto deplorable, e ao estar a baixa altura, supón un serio perigo para os nenos, porque se algún metera a man, esnaquizaría os dedos.
C21 pide a reposición da rexilla, e si é posible rodear tamén o artefacto cunha protección.

Este verán poden volver visitarse os Sambenitos no Museo Diocesano

 
Tui. Venres, 17 de xullo de 2020.  Os  Sambenitos atopados nos anos 80 na Catedral de Tui, pezas destacadas do patrimonio xudeu tudense, poden visitarse de novo este verán no Museo Diocesano.  No terceiro andar do edificio expóñense cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais atópanse agora no Museo Catedralicio.
O Museo Diocesano, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, custodia valiosas pezas do patrimonio tanto de Tui coma da comarca do Baixo Miño. Este verán pode visitarse de luns a venres en horario de 11 a 14 h e de 18 a 20 h, cun donativo de 1€ polo acceso.
Na visita podemos realizar un percorrido pola historia a través de pezas coma o casco celta do século III-II a.c atopado en Caldelas, xunto a outros achádegos de escavacións realizadas na zona expostas na planta baixa.
O Museo Diocesano acolle tamén outras pezas vinculadas á cultura xudía coma é o caso da cruz parroquial do Porriño do século XVII do prateiro converso Joâo de Sousa. Forma parte da colección de pratería onde destaca tamén a cruz parroquial de Mos.
Posúe o Museo Diocesano unha importante colección de arte sacro procedente das igrexas da Diocese de Tui-Vigo, destacando a pintura renacentista de Juan de Juni da “Virxe co neno”. Tamén conta cunha colección de cadros con retratos de bispos, entre eles Rosendo Salvado.
Cómpre lembrar que Tui é unha das cidades que forman parte da Red de Juderías de España. Amais dos Sambenitos do Museo Diocesano outros elementos destacados deste patrimonio sefardí son a menorá gravada no claustro da Catedral, a Casa de Salomón ou a sinagoga. A Ruta Xudía está sinalizada dende a Praza da Inmaculada podendo seguirse a través de códigos QR por todo o conxunto histórico.


O Concello de Tui presenta aos clubs deportivos tudenses a nova aplicación para a tramitación das subvencións

 
Tui. Mércores, 15 de xullo de 2020. Os clubs deportivos tudenses teñen ao seu dispor unha aplicación móbil para a xestión das subvencións nominativas do Concello de Tui.
Hai uns días o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Rafael Estévez e o responsable da empresa Cluber, Diego López, presentaron ás entidades deportivas tudenses esta aplicación contratada polo concello, para facilitar a tramitación destas subvencións. En concreto a través desta app os clubs poden ir completando toda a documentación que precisarán no momento de solicitar a achega municipal. De xeito moi sinxelo e visual poden subir á APP os estatutos, directiva, fotografías… e outros documentos requiridos. No momento en que se abra o prazo para a presentación de solicitudes das subvencións nominativas o club poderá xerar o documento a través de Cluber e descargalo para presentalo a través da sede electrónica do Concello de Tui.
Con esta aplicación facilítase a tramitación, converténdose nun proceso sinxelo que se pode ir avanzado coa compilación de toda a información para ter todo listo no momento da convocatoria das achegas por parte do Concello. Amais, a través desta aplicación os clubs poderán realizar toda a xestión da entidade de forma gratuíta durante un ano.  Así poderán dende dar de alta aos xogadores, cobrar as cotas de socios, enviar comunicacións a xogadores e xiareiros, entre outras funcionalidades.
Na reunión celebrada hai uns días, á que asistiron representantes de 19 entidades deportivas tudenses, tanto o alcalde, Enrique Cabaleiro, coma o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, comunicaron que, pese as excepcionais circunstancias que estamos a vivir, se van a manter dende o Concello as subvención nominativas a clubs deportivos. En canto á achega municipal para probas deportivas que non se puideron celebrar nos últimos meses debido á pandemia da COVID-19, os responsables municipais avanzaron que ese importe económico se destinará á mellorar as instalacións deportivas.


Once traballadores incorporáronse este mes ao Concello de Tui para a realización de tarefas de desbroce

 
Tui. Martes, 14 de xullo de 2020. Once novos traballadores incorpóraronse ao longo deste mes á plantilla do Concello de Tui. Teñen coma cometido fundamental a realización de labores de desbroce ao longo de todo o termo municipal. En concreto estes contratos están subvencións pola Xunta de Galicia a través de varios programas, entre eles o APROL Rural. A duración do contrato será de 9 meses.
 
Por outra parte mañá comeza o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao dous procesos selectivos que se veñen de convocar, logo de ser publicadas as bases no día de hoxe no BOPPO. Trátase do proceso para o nomeamento interino da praza de Técnico de Xestión e formación de lista de reserva e das bases de selección para formación de lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de Arquitecto. As solicitudes poden presentarse até o 24 de xullo.

 
 
A Policía Local detivo o sábado a un condutor por agresión a un axente

 
Tui. Martes, 14 de xullo de 2020. Esta fin de semana a Policía Local de Tui detivo a un condutor por agresión a un axente. Os feitos tiveron lugar o sábado pola tarde cando axentes da Policía Local deron o alto a un varón por conducir de forma errática, o que fixo sospeitar que podería conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.  Ao realizarlle a proba de alcoholemia cun alcoholímetro indiciario deu unha taxa que cuadriplicaba a taxa legalmente permitida. Por este motivo o acompañaron ás dependencias policiais para sometelo á proba no etilómetro regulamentario. Nese momento o detido negouse a someterse á proba e comezou a agredir a un dos axentes. Por este motivo procederon a súa detención por un presunto delito de atentado contra un axente da autoridade, e investigado por un delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, negándose a someterse ás probas de detección de alcohol.
 
Amais o domingo a última hora da tarde Policía Local incautouse de varias de doses de sustancias estupefacientes nun vehículo. O condutor foi denunciado administrativamente ao dar positivo na proba de drogas.


O BNG de Tui agradece a confianza da sociedade Tudense, que os catapulta ata a segunda forza no concello, con todo lamenta a continuidade do Partido Popular no goberno da Xunta
Tui, 13 de xullo de 2020. No dia de onte os nacionalistas consolídanse como segunda forza en Tui, logrando os 25,6% dos votos. "Agradecemos a confianza da sociedade Tudense, no noso proxecto, nas nosas persoas, e nas nosas ideas para mudar este País. A todas as non se resignaron e colleron con dignidade a papeleta do BNG, non vos fallaremos. Seguiremos dando batalla ata converter Galiza nun país no que vivir con dignidade, con vós, conseguirémolo." - indica Carme Núñez, portavoz municipal do BNG de Tui.
Chaman ademais a canalizar esta forza e apoio social do BNG a lograr un cambio no concello de Tui. “Ser segunda forza significa moito, temos que ser valentes e dar tamén un cambio nun concello no que tanto o Partido Popular como o PSOE carecen de proxectos serios. A alternativa é clara e está no BNG, só cun goberno liderado polo nacionalismo galego poderemos mudar as cousas.”
Con todo, lamentan a continuidade outros 4 anos de goberno de Feijoo e do Partido Popular, algo que indican, é -"A peor noticia para a sociedade galega." "Catro anos mais de desmantelamento dos nosos sectores produtivos, de ataque ao ensino e sanidade públicas, de ataques á clase traballadora, e emigración e precariedade para a mocidade, non son unha boa noticia." Tamén critican a organización e a imposición criterios políticos e non sanitarios na organización da xornada electoral. A voceira indica que "Partíamos da base de que eran unhas eleccións que se celebran nun contexto realmente complexo. Feijoo antepuxo o manterse no goberno á saúde das persoas, unha vez mais. O BNG xa o indicou no seu momento."
Finalmente Carme Núñez chama a continuar traballando durante estes 4 anos. "Nós non paramos, desde xa estamos traballando para mellorar a vida das traballadoras, para cambiar a sociedade. Creemos que iso pasa por reforzar o BNG, nutrilo de mais militancia e que sexa unha ferramenta aínda máis forte que logre tombar a Feijoo e traer os cambios que a sociedade galega tanto precisa." Remata cunha mensaxe para a sociedade civil: "Precisámosvos."

Música e cinema na primeira semana da programación “Volvemos á rúa”

 
Tui. Luns, 13 de xullo de 2020.  Con tres eventos esta semana comeza a programación cultural do verán “Volvemos á rúa” en Tui.
O mércores, ás 21 h, na Praza de San Fernando ofrecerá o seu primeiro concerto deste verán a Banda de Música Popular de Tui baixo a dirección de Eloy Carrera Bernárdez.  A banda tudense afunde as súas raíces a finais do século XIX e mantén unha actividade estable dende os anos 80’. Este mércores ofrecerá o primeiro dos catro concertos que brindará nesta programación. O aforo está limitado a 100 persoas.
O xoves, ás 21 h, no Paseo da Corredoira será a quenda de Píscore baixo a dirección de Fran Rei. Música, humor, ritmo e comedia xestual son os elementos de “Concerto Singular”, un espectáculo no que Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas dan vida a catro prestixiosos solistas, que son convocados para dar un único concerto. Ao seu dispor teñen 16 baquetas e unha soa marimba, que farán soar dun xeito orixinal e abraiante.
Xa o venres, ás 22.30  h, no Paseo Fluvial terá lugar a primeira das proxeccións de cinema ao aire libre. Será “Súper López” dirixida por Javier Ruiz Caldera e interpretada por Dani Rovira, Alexandra Jiménez, Julián López, Maribel Verdú, Pedro Casablanc, entre outros. O protagonista, Juan López, chegou á Terra dende o planeta Chitón. Non é sinxelo non destacar cando se pode voar, ler a mente, ter supervisión… Porén juan non precisa máis que un cruasán no almorzo para ser feliz, pero a aparición de Luisa, un antigo amor, pode facer cambiar as cousas.
Para o concerto da Banda de Música Popular de Tui e o espectáculo de Píscore o aforo está limitado a 100 persoas, e para o cinema a 300 espectadores. As entradas poden  reservarse xa en www.enterticket.es de forma gratuíta.
Amais, esta fin de semana comezan os pasarrúas dos grupos folclóricos, de gaitas, de pandereteiras… Así o sábado dende ás 21 h actuará polas rúas de Tui o grupo folclórico Seixos Albos de Areas, e o domingo, á mesma hora, o grupo folclórico “Refaixos e Polainas” de Baldráns.


Tui presenta unha programación “segura” e comprometida coa cultura este verán
Tui. Venres, 10 de xullo de 2020.   “Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende  o mércores 15 de xullo.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba que “nin a COVID-19 puido coa programación cultural de Tui” e indicaba que a axenda cultural presentada hoxe reflicte “o compromiso coa cultura, que é fundamental, e o compromiso con todos aqueles axentes e actores culturais do  noso concello que están pasando por un momento complicado e dende a administración temos o deber e a responsabilidade de prestarlles canto apoio necesiten, como fixemos xa con outros sectores”. Nese senso lembraba que a “cultura tamén é un elemento de dinamización sociocultural e económico”. Facía fincapé en que esta axenda cultural manifesta “o noso compromiso coa cultura, será un axente importante para a reactivación económica e será un incentivo para aqueles que nos visitan estes días”. Facía amais o rexedor un chamamento á responsabilidade individual e colectiva cumprindo as normas establecidas en cada evento, que suporán tamén un esforzo importante para a organización desta programación.
Precisamente a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou as medidas con limitación de aforos, reserva previa de entrada,… que se porán en marcha para desenvolver esta programación con toda seguridade.  Incidía Sonsoles Vicente en que  “volvemos á rúa con sentidiño” engadindo que  “pretendemos que a nosa cidadanía e as persoas dos arredores se acheguen a Tui, e sempre cumprindo coa normativa, poidamos disfrutar da nosa cultura na Praza de San Fernando, no Paseo da Corredoira, no Paseo Fluvial, na rúa Compostela e no aparcadoiro municipal”.
A  Axenda Corredoira Cultural recolle a véntena de eventos previstos este verán xunto a un avance da programación de outono.
Semanalmente están programados espectáculos os mércores, xoves e venres, actuacións de rúa os sábados e domingos, e concertos os domingos 26 de xullo e 16 de agosto.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá catro concertos este verán na praza de San Fernando cun capacidade limitada a 100 espectadores. Será os mércores 15 e 22 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Amais no eido musical actuarán as charangas Cantos Somos e A Tu Ritmo o mércores 29 de xullo e o mércores 5 de agosto, respectivamente.
No Paseo da Corredoira os xoves haberá espectáculos de rúa con música e teatro con Píscore con “Concerto Singular” (16 de xullo), maxia con Dani García con “Don Gelati” (23 de xullo), teatro de monicreques con Fantoches Baj  con “Os romeiros do caracol” (30 de xullo), novo circo con Sempre Arriba con “C´est pas possible” (6 de agosto), teatro con Ghazafelhos con “Acuario” (13 de agosto), e danza con Pistacatro con “Baila un vestido verde” (20 de agosto). A capacidade está limitada a 100 espectadores.
O cinema estará tamén presente nesta programación con dúas propostas. No Paseo Fluvial, con capacidade para 300 espectadores proxectarase “Súpez López” (17 de xullo), “E.T.” (31 de xullo), “Peter Rabbit” (7 de agosto) e “Mascotas” (21 de agosto). Coma novidade haberá autocine no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica con capacidade para 100 coches poderá visionarse “Grease” e “Jocker” os venres 24 de xullo e 14 de agosto, respectivamente. Será nunha pantalla de 150 m2 con sistema de son a través da sintonización da frecuencia FM que se indicará en cada proxección.
Para os domingo 26 de xullo e 16 de agosto están programados dous concertos a cargo de Leilía e Roi Casal con capacidade para 300 persoas e 150 de pé na rúa Compostela.  Leilía celebra os seus 30 anos no mundo da música con “CantarElas” no que repasan os seus temas máis emblemáticos xunto a outros menos coñecidos. Mentres Roi Casal presentara “Son Galego, son Cubano”.
Do 1 ao 7 de agosto celebrarase o XIV Música no Claustro, Festival de Música, Patrimonio e Creación no claustro gótico da Catedral de Tui, cunha programación que se dará a coñecer proximamente.
A música estará moi presente os sábados e domingos ás 21 h, entre o 18 de xullo e o 20 de setembro, con pasarrúas a cargo de grupos de gaitas, folclóricos, pandereteiras… nunha aposta pola nosa cultura tradicional e os nosos grupos.
Reserva previa de entradas gratuítas en www.enterticket.es
Para acudir a cada un destes espectáculo do verán será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de tres por persoa, en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns da semana do espectáculo, até o mesmo día ás 12h.
Os accesos a cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do comezo salvo para o cinema que será 60 minutos antes, e para os concerto de Leilía e Roi Casal nos que o acceso será dende 90 minutos antes. Cómpre destacar que as entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa.
En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.
Protocolo COVID19
Establécese amais un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espectáculo. No mesmo recóllese a desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, e o uso obrigatorio de máscara, que só se poderá quitar unha vez sentado, salvo no Teatro Municipal onde se deberá permanecer coa máscara posta todo o espectáculo.  O percorrido de entrada e saída estará debidamente sinalizado, e débese ocupar a cadeira asignada, non podendo cambiar o seu  emprazamento  nin a cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo.
Avance da programación de outono
A Axenda Corredoira Cultural presentada hoxe recolle tamén un avance a programación do outono.
Do 23 ao 27 de setembro poderemos gozar dunha edición especial de Play Doc, con propostas orixinais para todos os públicos, do 23 ao 27 de setembro.  E en outubro o IKFEM celebrará a súa oitava edición para reactivar a cultura transfronteiriza.
Amais en outubro e novembro no Teatro Municipal está programados oito espectáculos. Parte dos mesmos foron reprogramados xa que estaban previstos para a primavera e tiveron que ser adiados debido ao confinamento.  Así Samuel Diz presentará o 16 de outubro o seu novo traballo “Memoria da melancolía”. Redrum representará o 23 de outubro “Idiota” e o 24 de outubro Galeatro Producións Escénicas “Carabela”. Xampatito Pato porá en escena o 30 de outubro “Só”, o 6 de novembro Teatro do Atlántico “Dúas donas que bailan” e o 7 de novembro Perez&Fernández “Aguratrat. Por último Teatro Avento Produccións achegará “Ummm! Unha comedia para chupar os dedos” e  La Macana “Pink unicorns” o 20 e 21 de novembro, respectivamente.


Tui amplía a recollida selectiva no rural coa instalación de 10 colectores de vidro

Tui. Mércores, 8 de xullo de 2020.  O Concello de Tui amplía a recollida selectiva do lixo no rural coa colaboración de dez novos colectores verde para vidro que foron recibidos no día de hoxe.
Co obxectivo de reforzar a recollida selectiva no ámbito rural en breve serán colocados nas distintas parroquias 90 novos colectores de reciclado.
Estas actuacións súmanse á colocación de contedores para a recollida de aceite de cociña usado e de roupa, calzado e complementos, que se ten realizado nos últimos meses. Así coma tamén ao novos colectores de material 100% reciclando que se están empregando xa en distintos, un deles no mercado do xoves.


O Concello de Tui instalou un fío musical para apoiar a actividade comercial nas rúas do centro urbano
Tui. Martes, 7 de xullo de 2020.  As rúas do centro urbano tudense contan dende esta fin de semana con fío musical instalado polo Concello de Tui. A música ambiente soa de 10.30 h a 14 h e de 16.30 a 21 h, salvo as fins de semana que comezará ás 11.30 h. Deste xeito quérese apoiar a actividade comercial durante a época estival.
No fío musical instalado buscouse que sexa música ambiente, coidando o volume do mesmo. Ante calquera incidencia neste sistema de megafonía a cidadanía pode comunicar o problema a través da APP do Concello de Tui no apartado de incidencias, ou directamente na casa do concello a través do 986 60 36 25.



A Biblioteca Pública Municipal de Tui reabriu hoxe con todos os servizos
Tui. Luns, 7 de xullo de 2020.  A Biblioteca Municipal de Tui recuperou esta mañá o seu horario de apertura de mañá e tarde e o funcionamento de todos os servizos bibliotecarios.
Dende hoxe a Biblioteca tudense volve contar co servizo de préstamo e devolución de obras; consulta, lectura e estudo en sala; información bibliográfica e bibliotecaria; préstamo interbibliotecario e intrabibliotecario; colección en libre acceso; hemeroteca; actividades culturais presenciais e dixitais e información e referencia presenciais.
Establécense unha serie de medidas de prevención e funcionamento para un normal funcionamento do servizo e unha axeitada prevención sanitaria. Así as persoas usuarias e o persoal deben seguir as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade covid-19, así como a propia exposición aos estes riscos:
·         A distancia interpersoal entre usuarios e entre estes e o persoal da biblioteca será de polo menos 1,5 metros. Poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira
·         Será obrigatorio o uso de máscara agás cando se permaneza sentado nun posto de lectura
·         Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento, agás os supostos excepcionados. Os usuarios/as deberá desinfectar as mans antes e despois do seu uso ou manipulación.
·         O lavado ou desinfeccións de más debe realizarse no acceso á Biblioteca, amais de antes e despois de manipular cada material de préstamo.
·         No caso de usar a sala de lectura ou un posto de acceso a ordenadores, cada usuario realizará a limpeza e a desinfección do posto de lectura (cadeira e mesa) empregado tras o seu uso ou do ordenador e posto de consulta utilizado, solicitando os produtos requiridos ao persoal da Biblioteca.
·         A capacidade máxima da Biblioteca establécese nun 75%
·         Establécese un sentido único de circulación dos usuarios no edificio, estando debidamente sinalizado
·         O ascensor só será empregado por persoas con mobilidade reducida.
Recoméndase non usar os aseos         
O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade individual no cumprimento das normas sanitarias ante a COVID-19
Tui. Luns, 6 de xullo de 2020. O Concello de Tui fai un chamamento á veciñanza a respectar as medidas de seguridade establecidas ante a pandemia da COVID-19.  Lembran así a obrigatoriedade do uso da máscara e de manter a distancia de seguridade.
Dende o Concello o alcalde, Enrique Cabaleiro, sinala que “é fundamental que se cumpra a normativa sanitaria” polo que fai un “chamamento á responsabilidade individual e tamén colectiva”.
A Policía Local realizará unha estrita vixilancia do cumprimento das normas por parte da veciñanza, sobre todo no uso de instalacións públicas coma parques infantís e zonas comúns. Explicaba o rexedor que no caso de rexistrarse un uso indebido estas instalacións poderían volver pecharse. Por outra parte indicaba que tamén se vixiará o cumprimento das normas nas terrazas tanto no referido á distancia entre mesas, coma ao número de mesas e cadeiras.  
Enrique Cabaleiro indicaba que naqueles lugares públicos susceptibles de aglomeracións de persoas “se vai vixiar que se está cumprindo coa normativa”.  Sobre todo farase especial fincapé dicía “no uso da mascarilla porque unha parte da poboación non a esta usando”.  Indicaba que este control se vai intensificar porque amais “temos unha recomendación das autoridades sanitarias e do propio Ministerio de Interior de que se reforcen as medidas de seguridade neste senso”.



O novo pavillón municipal de Tui acollerá a próxima semana as probas da ABAU para o alumnado do Baixo Miño

Tui. Venres, 3 de xullo de 2020.  A próxima semana, o martes 7, mércores 8 e xoves 9 de xullo, o novo pavillón deportivo municipal de Tui acollerá aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda, do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño,  do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, para a realización das probas da ABAU.
No pavillón está xa todo preparado para acoller ao alumnado conforme as medidas de seguridade establecidas. Este ano debido á pandemia da COVID-19 descentralizáronse as probas de acceso á universidade evitando así grandes aglomeracións e permitindo gardar a distancia social establecida.
A Universidade de Vigo e o Concello de Tui coordinaron a montaxe de todo o mobiliario necesario para a celebración das probas, así como o establecemento dun protocolo diario de desinfección e limpeza dos mesmos.
De xeito xeral en toda Galicia, os alumnos e alumnas deberán levar obrigatoriamente máscara e terán limitado o número de obxectos que poderán levar consigo.
O Concello de Tui vén de adxudicar a primeira fase da humanización da rúa Colón
Tui. Venres, 3 de xullo de 2020. O Goberno Municipal do Concello de Tui vén de adxudicar o proxecto para a execución da primeira fase de humanización da rúa Colón, por un importe de 314.000 euros. É un dos proxectos do Plan Concellos da Deputación do ano 2018. As obras contemplarán o ensanchamento de beirarrúas, pavimentado, colocación de mobiliario urbano e zonas verdes.
O Goberno Municipal ten xa licitado o 90% das actuacións previstas no Plan Concellos dos anos 2018 e 2019, que quedaran pendentes do anterior goberno municipal. Previamente o actual equipo de goberno tivo que licitar e executar a metade do Plan Concellos do ano 2017.  Por outra parte en breve presentarase o Plan  Concellos do ano 2020.
Actualmente están en execución xa as primeiras obras financiadas con cargo ao Plan Concellos 2018 e 2019. É o caso da remodelación das pistas deportivas de Areas co obxectivo de ampliar a superficie de xogo e mellorar o revestimento deportivo, renovar os peches de malla e pintar os campos de xogos.
Tamén se está levando a cabo o cambio de tellado da nave de maquinaria de Guillarei, onde está prevista tamén a remodelación dos vestiarios do persoal laboral, cara a mellorar as condicións laborais dos mesmos.
Por outra parte en breve darán comezo as obras de acondicionamento do parque do CEIP de Rebordáns, a elaboración da cartografía SIG, Ortofoto dixital e rede topográfica do concello de Tui, a pavimentación ao núcleo da Malladoura en Baldráns e en Areas. Tamén en breve iniciarase a subsanación de deficiencias no Centro Municipal de Remo, o saneamento das vivendas do antigo cuartel de Caldelas, a reparación da pista polideportiva do novo pavillón municipal de Tui e dos vestiarios do pavillón vello, así coma a reparación de módulos do cemiterio municipal.
Mentres están pendentes de licitar as obras de acondicionamento dos parques das Bornetas, Areas e Guillarei.
Está xa rematada a renovación e dixitalización dos equipos da radio municipal financiada ao abeiro do Plan Concellos.
Regreso al contenido