Varios - galiciasuroeste

Title
Vaya al Contenido

Varios

ARQUIVO
SABÍAS QUE…?
O Monte Trega acolleu unha antiga cidade que menciona Plinio.
Eso é o que pensaba o crego Juan Domínguez Fontela que non dubidou en darlle o nome de Abóbriga ao castro de Santa Trega. Abóbriga é unha cidade que menciona Plinio. En realidade, ata agora, non hai ningunha evidencia de que o Trega fose esa cidade. Outros investigadores "vén" esta Abóbriga nos castros de Borreiros e outros en Sabarís ou en Baiona.



SABÍAS QUE…?
Na Guarda rodáronse algunhas escenas de "El Camino de Santiago".
En 1999 a cadena de televisión Antena 3 e a produtora d'Golden-Pro S.A., rodaron a serie "El Camino de Santiago", con algunhas escenas que se desenvolveron na Guarda a onde se desprazou un equipo o 10 de agosto do mencionado ano, permanecendo case unha semana na vila. No reparto desta serie participaron, entre outros, Anthony Quinn, Charlton Heston, Imanol Arias, Juan Echanove, Loles León, José Luis Gómez e Robert Wagner. A Serie non tivo unhas criticas tan excelentes, malia o elenco de actores. "O esoterismo e os ritos medievais son a base da serie de crímines sanguentos que investiga a policía..."


SABÍAS QUE…?
O Trega posúe una obra do importante escultor galego Asorey.
A única obra do escultor galego Francisco Asorey no Baixo Miño é un medallón que foi inscrustado, en 1939, no obelisco que se levanta preto da capela de Santa Trega. O medallón reproduce o busto do primeiro presidente da Sociedade Pro-Monte, Manuel Lomba Peña, que tamén foi alcalde da Guarda.



SABÍAS QUE...?
Houbo en Salcidos o colexio de Xesús e María.
Alá polos anos de 1890 existía en Salcidos un colexio chamado dos Sagrados Corazóns de Xesús e María (o nome era en castelán: "Sagrados Corazones de Jesús y María") dirixido polo crego da parroquia don Juan Portela, que asinaba moitas das súas colabolracións literarias co seudónimo de Juan Moledo.



SABÍAS QUE...?
O Coto de Camposancos dependía de San Vicente de Barrantes (Tomiño)
Segundo o Catastro do Marqués da Ensenada (1753) o Coto de Camposancos dependía xurisdiccionalmente de San Vicente de Barrantes, de modo que elexían cos daquel lugar de Tomiño xuíz, procurador xeral e dous xurados, estes representaban ao xuíz de Barrantes. Malia esta pertencia xurisdiccional, os camposinos pagaban os diezmos e primicias ao pçarroco de San Lourenzo de Salcidos.
De modo que o Coto de Camposancos xeográficamente pertencía á Guarda; xurisdiccionalmente, dependedía de Barrantes, e espiritualmente a Salcidos.



SABÍAS QUE...?
Durante case tres anos A Guarda foi “territorio” portugués
O 21 de novembro de 1665, despois de oito días de asedio, o gobernador do Castelo de Santa Cruz. Jorge de Madureira, viuse obrigado a renderse aos portugueses que se apoderaron do Castelo e da vila da Guarda. Ata o 1º de maio de 1668 os portugueses non abandoaron A Guarda. Polo Tratado de Paz asinado en 13 de febrero dese anos, España e Porrugal comprometíanse a devolver mutuamente os pobos, prazas e facendas conquistadas durante a guerra e a dar liberdade a todos os prisioneiros da nación contraria.



SABÍAS QUE...?
A Guarda foi o primeiro concello do Baixo Miño cun Rexistro de Parellas de Feito
O 29 de setembro de 2000 o Pleno da Corporación da Guarda aproba a "Organización e funcionamento do Rexistro de Parellas de Feito do Municipio da Guarda", e pouco máis dun ano despois, o 10 de decembro de 2001, inscribíase no Libro-Rexistro a primeira parella.



SABIAS QUE...?
A Guarda chegou a ter máis habitantes que Vigo
A finais do século XVIII, concretamente no censo de 1797, a vila e xurisdicción da Guarda (que comprendía tamén o actual O Rosal) era de 3.421 habitantes, mentres que a xurisdicción de Vigo (engadíndolle tamén Bouzas), alcanzaba 2.592 veciños. Pouco máis de 200 anos despois, A Guarda conta con 9.977 habitantes (datos do INE de 2019) e Vigo rexistra 295.364 habitantes.



SABIAS QUE...?
o nome A Sangriña non procede dos fusilamentos relacionados coa Guerra Civil
Así o explica o profesor José Luis Lomba Alonso, que estudou a toponimia guardesa: "Debemos ter en conta, dunha vez por todas, que o topónimo Sagriña non vén porque alí na Guerra Civil española (1936-1939) se fusilase a varias persoas, senón que procede dun arbusto chamado sangriño/sanguiño e que dito topónimo existía moitos séculos antes da Guerra Civil"



SABIAS QUE...?
unha guardesa participou en 1994 no certame de Mis España con notable éxito
A guardesa Laura Marina Vicente Barreto, Miss Costa Galega1994, foi elexida coma segunda dama de Honra de Mis España 1994, nunha gala celebrada nunha sala de festas de Benidorm, na que a cordobesa Raquel Rodríguez Hidalgo foi galardoada con título de Miss España, mentres que Miss Cataluña, Virginia Pareja, foi primeira Dama de Honra.



SABÍAS QUE...?
Na Guarda había moitas supersticións podemos recordar algunhas
na Guarda había moitas supersticións, unha delas era que cando a alguén se lle rompía unha taza, un prato, unha fonte ou un vaso debuxábase cos dedos unha cruz no ar ao tempo que se proniunciaba 'requiem æternam dona eis'. Outra superstición era que nas tendas non se entraba na salgueira para encher o sal. Outra máis: era de má sorte deixar as tesoiras abertas enriba da mesa. Tamén era de má sorte pasar de noite por unha encrucillada. E mesmo saír despis das 12 da noite á rúa "de las doce hasta las tres deja la noche para quien es", decían os vellos.
(NOTA: ¿coñeces outras que sexan propias da Guarda? Por favor, non copiadas de libros senón que escoitases no vecindario ou na familia. ¿Queres enviánoslas: galiciasuroeste@gmail.com)



SABÍAS QUE...?
nalgúns plenos do concello da Guarda chegáronse a tratar asuntos que trascendían a política local, incluso a autonómica e a estatal.
Lembramos algunas daquelas cuestión máis chamativas, como propostas do tipo: “Inicio urxente por parte do Goberno Español da tramitación da extradición do ditador chileno Augusto Pinochet”. Outra: “Condonación da débeda aos países centroamericanos”. Unha terceira: Sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos”. Unha máis: "Apertura de fronteiras dos territorios palestinos". E outra: "Recoñecemento e homenaxe ás Brigadas Internacionais". Aínda que a lista sería moi longa, rematamos con un par de exemplos: “Creación da Corte Penal Internacional para que os criminais de guerra sexan xulgados agora e sempre” e "sobre a encelopatía esponxiforme"



SABÍAS QUE...?
a porta sur da igrexa parroquial da Asunción de Santa María da Guarda era a entrada principal do templo
De tradición grega, noutra época en que o actual templo era de máis reducidas dimensións, e non existía a entrada hoxe "principal", os fieis pasaban ao interior da igrexa por esta porta lateral (dquela, entón a principal) e suponse, por algún resto que se observa na fachada, que debeu ter un cuberto como se ve en tantas capelas, por exemplo a da Virxe da Guía.



SABÍAS QUE...?
o pavillón do colexio Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo, leva o nome de "Antonino Torrón"
O 19 de xuño de 1998, a presidenta da APA "Os Muíños" do CEIP D. Nicolás Gutiérrez Campo-Solanas, dirixe un escrito ao Concello da Guarda no que explica que dado que o pavillón do colexio non ten nome, se lle denomine como "de Antonino Torrón" polo que el tanto loitou, e solicitaba a devandita APA autorización para instalar unha praca conmemoritava como homenaxe ao profesor Antonino Torrón.
A Comisión de Goberno municipal, presidida por Purificación Álvarez Álvarez, e da que formaban parte Antonio Cividanes Gómez, Raúl González Puebla, Francisco Ferreira González, Cesáreo Conde Iglesias e José Vicente Ferreira, "por unanimidade acorda acceder ao solicitado".
Regreso al contenido